Subgrupo lingüístico asturleonés

O asturleonés é un grupo lingüístico Romance pertencente ao grupo Iberooccidental, falado nas provincias españolas de Asturias (Lingua asturiana), e nalgunhas aldeas de León, Zamora e Salamanca (Lingua leonesa) e nalgunhas aldeas dos concellos de Braganza e Miranda do Douro, en Portugal, onde é chamado Mirandés.

Os dialectos do Asturleonés (altamente mesturados co castelán) son tamén falados en Estremadura (chamado alí Estremeño) e en Cantabria (chamado Cántabro ou Montañés). Hoxe en día hai aberto un debate sobre se estas falas son dialectos do castelán, ou ben unha variedade do asturleonés.

A lingua leonesa foi considerada como un dialecto informal do castelán, mais, no 1906, Ramón Menéndez Pidal demostrou que naceu do resultado da evolución do latín vulgar no Reino de León, considerándose agora unha lingua separada. En Portugal o Mirandés acadou un recoñecemento de lingua oficial.

Asturlliones; estensión xeográfica
Mapa da extensión do asturleonés (só inclúe o asturiano, o leonés e o mirandés).

Linguas derivadas do Asturleonés

Falas de transición

Anstituto de la Lhéngua Mirandesa

O Anstituto de la Lhéngua Mirandesa (Instituto da Lingua Mirandesa) é a institución encargada da representación, investigación, promoción, normativización e divulgación da lingua mirandesa, a variedade do asturleonés falada na localidade portuguesa de Miranda do Douro, lugar no que se atopa a sede da institución.​A decisión de formar o instituto foi o resultado dunha reunión celebrada en setembro do 2000 en Miranda do Douro, onde se reuniron varias persoas interesadas polo idioma. A partir desa reunión tomóuse a decisión de avanzar cara a creación de dito instituto, e tamén para afiliar ao mirandés á Oficina Europea de Linguas Minoritarias.

Miranda do Douro

Miranda do Douro (en mirandés Miranda de l Douro) é unha vila portuguesa, pertencente ao Distrito de Braganza, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, Terra de Miranda, con preto de 2.100 habitantes.

É sede dun municipio con 488,36 km² de área e 7 482 habitantes (2011), subdividido en 17 freguesías. O municipio está limitado ao noroeste e sueste por España, ao suroeste polo concello de Mogadouro e ao noroeste por Vimioso.

Os habitantes de esta rexión, alén do portugués, falan unha lingua propia chamada mirandés, unha variedade do subgrupo lingüístico asturleonés.

Montañés

O cántabro (cántabru), xacando denominado montañés, é unha fala asturleonesa empregada no occidente de Cantabria e nalgunhas zonas dos vales do Pas e o Soba, na parte oriental. É característico, pois, das bisbarras de montaña de Cantabria, e de aquí o seu nome. O cántabro é xa que logo unha variante do asturiano e do leonés.[Cómpre referencia]O cántabro, como tamén o estremeño, ten características comúns tanto co castelán como co diasistema asturleonés, que integra ás variedades lingüísticas coñecidas comunmente polos glotónimos mirandés, asturiano e leonés. Diversas cuestións tales como o substrato, as influencias de adstrato (zona de contacto co éuscaro e forte relación con territorios de fala castelá) a incorporación máis temperá á Coroa de Castela fronte a outros territorios do diasistema, fan que o cántabro adquira certas diferenzas e personalidade fronte ás outras modalidades lingüísticas de devandito diasistema. Con todo, a Unesco considera ao cántabro como un dialecto asturleonés, lingua que incluíu en 2009 no seu "libro vermello" de linguas en perigo como "en perigo claro de desaparición".O declive do montañés xa sinalado por Pidal e outros autores maniféstase na restrición do seu uso a zonas rurais e a persoas de avanzada idade, ou algunhas voces e localismos xa recollidos no dicionario da Real Academia. Así en Cantabria fálase un castelán común, con algunhas características especiais en zonas onde aínda quedan residuos da fala montañesa, case limitados ao uso dalgunhas palabras concretas (normalmente relacionadas con actividades rurais) e a que nalgunhas zonas de Cantabria (sobre todo as máis próximas a Asturias e no Pas), pronúnciase máis ou menos arbitrariamente a "u" final nos substantivos, adxectivos e participios singulares do acusativo da segunda e cuarta declinacións do latín - sufixo um-, con perda da "m".Gran parte das características propias do cántabro perdéronse, de maneira que as variedades lingüísticas faladas en Cantabria foron consideradas por algúns autores como dialectos do castelán influenciados polo asturleonés.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.