Subdivisións das Honduras

As Honduras divídense en 18 departamentos, e cada departamento ten a súa cabeceira departamental ou capital, ademais do seu gobernador designado directamente polo presidente da República.

Os departamentos compóñense de municipalidades, 298 en total, que se agrupan en 52 Mancomunidades. Para propósitos estatísticos, as municipalidades debúllanse máis a fondo en 3731 aldeas, e en 27969 caseríos. Algúns destes pártense en barrios ou colonias, 3336 en total.

Departamentos de Honduras

Honduras, administrative divisions - Nmbrs - colored
Departamento Cabeceira Poboación (2001)[1]
1. Atlántida La Ceiba 344.099
2. Colón Trujillo 246.708
3. Departamento de Comayagua Comayagua 352.881
4. Departamento de Copán Santa Rosa de Copán 288.766
5. Cortés San Pedro Sula 1.202.510
6. Choluteca Choluteca 390.805
7. El Paraíso Yuscarán 350.054
8. Francisco Morazán Distrito Central (Tegucigalpa e Comayagüela)[2] 1.180.676
9. Gracias a Dios Puerto Lempira 67.384
10. Intibucá La Esperanza 179.862
11. Illas da Bahía Roatán 38.073
12. La Paz La Paz 156.560
13. Lempira Gracias 250.067
14. Departamento de Ocotepeque Ocotopeque 108.029
15. Olancho Juticalpa 419.561
16. Santa Bárbara Santa Bárbara 342.054
17. Valle Nacaome 151.841
18. Yoro Yoro 475.414

Notas

  1. Censo do 2001 Arquivado 13 de novembro de 2009 en Wayback Machine..
  2. Xuntas forman a capital hondureña, segundo a Constitución de Honduras, Art.8.
Honduras

Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo Mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.

A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.

Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.

A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.