Suíza

Coordenadas: 46°50′N 8°20′L / 46.833, -8.333

Confederación Suíza1
Bandeira de Suíza
Escudo de Suíza
BandeiraEscudo
Switzerland (orthographic projection)
Lema: Unus pro omnibus, omnes pro uno
(Latín: Un para todos, todos para un)
Capital
 Poboación
Berna
122.658 (2007)
Cidade máis poboadaZúric
Linguas oficiaisAlemán, francés, italiano e romanche2
Forma de gobernoRepública federal
Alain Berset
Ueli Maurer
Independencia do Sacro Imperio Romano
• Declarada
• Recoñecida
1 de agosto de 1291
24 de outubro de 1648
SuperficiePosto 132º
 • Total41 285 km²
 • % auga3,7%
Fronteiras1 852 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 99º
 • Total (2016)8 401 120 hab.
 • Densidade203,49 hab./km²
PIB (nominal)Posto 20º
 • Total (2007)415 516 millóns US$
 • per cápita53 352 US$
PIB (PPA)Posto 38º
 • Total (2007)300 186 millóns US$
 • per cápita41 128 US$
MoedaFranco suízo (CHF)
IDH (2007)0,960 () – Moi alto
XentilicioSuízo, -a
helvecio, -a
helvético, -a
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.ch
Prefixo telefónico+41
Prefixo radiofónicoHEA-HEZ, HBA-HBZ
Código ISO756 / CHE / CH
Membro de: ONU, EFTA, OCDE, OSCE
1 Nome oficial en latín. Nas outras linguas oficiais do país o nome do estado é:
Alemán: Schweizerische Eidgenossenschaft
Francés: Confédération suisse
Italiano: Confederazione Svizzera
Romanche: Confederaziun svizra
Tamén en galego: Confederación Helvética.
2 Lingua nacional, considerada localmente oficial nos Grisóns

Suíza (en alemán: Die Schweiz[1], en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).

A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.

É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinte e seis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.

O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, ao parecer variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.

Historia

Bundesbrief
A Carta Federal de 1291

A Antiga Confederación Suíza foi unha alianza entre as comunidades do val central dos Alpes, que facilitaba a xestión dos intereses comúns e garantía a paz na montaña das rutas comerciais máis importantes. A Carta Federal de 1291 asinada polos representantes dos cantóns rurais de Uri, Schwyz e Nidwalden, é considerada o documento fundacional da confederación, malia ser probable que as alianzas xa existisen décadas antes.

Un dos motivos deste acordo foi unirse fronte ao dominio da foránea casa dos Habsburgo, entón detentores do trono do Sacro Imperio Romano Xermánico. Na Batalla de Morgarten en 1315, os suízos derrotaron o exército dos Austria, garantindo así a súa independencia de facto como a Confederación Suíza. Na Paz de Westfalia de 1648, os países europeos recoñeceron a independencia helvética do Sacro Imperio e a súa neutralidade.

En 1798, os exércitos da Revolución francesa conquistaron Suíza, constituíndo un novo estado centralizado e abolindo os cantóns. O novo réxime, coñecido como a República Helvética era moi impopular, xa que foi imposto por un exército invasor que destruíu séculos de tradición, para pasar a ser un estado satélite francés. En 1815, o Congreso de Viena restableceu de novo a independencia do país e as potencias europeas concordaron en recoñecer a súa neutralidade de xeito permanente.

Suíza adoptou unha constitución federal en 1848, na cal elixiuse Berna como capital. Até entón a sede do goberno rotábase cada ano e máis tarde cada dous anos para non menosprezar a ningún cantón da confederación. As outras dúas cidades candidatas eran Zúric e Lucerna. A idea da necesidade dun equilibrio entre os cantóns nun sistema federado (argumento en contra de Zúric como a cidade máis forte e capital industrial) e os resentimentos debidos á guerra separatista do Sonderbund (Liga Separada ou A Outra Alianza) de 1845 (á cal Lucerna pertencía) levaron á elección final de Berna como sede do Goberno.

A constitución sufriu extensas emendas en 1874, estabelecéndose responsabilidade federal para os asuntos legais, de defensa e comercio. Dende entón, melloras continuas nos campos político, económico e social teñen caracterizado a historia do país. Historicamente neutros, os suízos non participaran en ningunha das guerras mundiais. En 2002, de acordo coa constitución federal de 1999, Suíza finalmente tornouse membro integral das Nacións Unidas.

Política

Bern, Federal Palace, 1857
O Primeiro Pazo Federal en Berna
Bundesrat der Schweiz 2013
O Consello federal suízo en 2013. Os seus membros actuais son (de esquerda á dereita): CF Johann Schneider-Ammann, CF Simonetta Sommaruga, CF Didier Burkhalter (Vicepresident), CF Eveline Widmer-Schlumpf, CF Ueli Maurer (President), CF Alain Berset, CF Doris Leuthard, Chanceler federal Corina Casanova
Swiss parlement house South 001
Sede da Asemblea Federal

De acordo coa constitución de 1999, os cantóns deteñen todos os poderes non especificamente delegados á Confederación. O parlamento bicameral suízo, a Asemblea Federal, é principalmente quen exerce o poder. As dúas cámaras, o Consello dos Estados e o Consello Nacional, teñen poderes iguais en todos os aspectos, inclusive canto á iniciativa lexislativa. Non existen o cargo de primeiro ministro nin o de presidente a Suíza. O Presidente da Confederación Suíza é soamente un primus inter pares do Consello Federal Suízo, un consello executivo de sete membros que constitúen o goberno e a prefectura de Estado de Suíza.

Os 46 membros do Consello de Estados (dous de cada cantón e un de cada un dos antigos semicantóns) elíxense directamente en cada cantón, mentres os 200 membros do Consello Nacional son electos directamente nun sistema de representación proporcional. Calquera cidadán pode oporse a unha lei que sexa aprobada polo parlamento. Se é capaz de recoller 50.000 firmas contra devandita lei en 100 días, hase de convocar un referendo a nivel nacional no que os votantes deciden por maioría sinxela se aceptan ou rexeitan a lei.

Ademais, calquera cidadán pode solicitar que se adopte unha decisión sobre unha emenda que queira facer á constitución. Para que tal emenda prospere, ten que recoller 100.000 firmas en 18 meses. Devandita iniciativa popular pode ser formulada como unha proposta xeral ou, máis frecuentemente, como un novo texto cuxo contido non poida ser mudado nunca polo parlamento e o goberno. Despois da recollida de votos, o Consello Federal (Goberno) pode crear unha contraproposta á proposta de emenda e realizar unha votación no mesmo día. Dita contraproposta adoita ser un compromiso entre o sistema actualmente vixente e a nova proposta. Os votantes decidirían de novo nun referendo nacional se aceptan a iniciativa, a contraproposta ou ámbalas dúas. Se ambas son aceptadas, o votante ten que asinar adicionalmente unha preferencia. As iniciativas teñen que ser aceptadas por unha dobre maioría dos votos populares e unha maioría dos cantóns.

O órgano executivo máximo é o Consello Federal, un colexiado de sete membros. Aínda que a constitución determine a responsabilidade da Asemblea Federal pola elección e supervisión dos membros deste Consello, el asumiu gradualmente un papel destacado na dirección do proceso lexislativo, alén da súa atribución na execución da lei federal. O Presidente da Confederación elíxeno os sete conselleiros pola Asemblea Federal, e por un ano asume funcións representativas especiais.

Dende 1959, os catro partidos maioritarios están representados no Consello Federal, proporcional á súa representación no Parlamento federal:

Esta distribución tradicional das cadeiras non está sustentada por ningunha lei, e nas eleccións de 2003 para o Consello Federal o CVP/PDC perdeu a súa segunda cadeira para o SVP/UDC.

O Tribunal Federal vela polo cumprimento da lei e resolución de conflitos oriúndos de violacións de autonomías cantonais e comunais, ben como de tratados internacionais; apreza aínda reclamacións por violación de dereitos constitucionais. Os seus xuíces son elixidos pola Asemblea Federal para mandatos de seis anos.

Cantóns

Artigo principal: Cantóns de Suíza.

A Confederación suíza divídese en 26 cantóns:

Suisse cantons

*Estes semicantóns están representados por un só representante no Consello de Estados (en lugar de dous).

As súas poboacións oscilan entre os 15.000 habitantes de Appenzell Interior e os 1.253.500 de Zúric. A súa área entre os 37 km² do cantón máis pequeno, Basilea-Cidade, e os 7.105 km ² dos Grisóns. Os cantóns comprenden un total de 2.889 municipios. En Suíza existen dous enclaves: Büsingen, que pertence a Alemaña e Campione d'Italia, que pertence a Italia.

Nun referendo celebrado no estado austríaco de Vorarlberg o 11 de maio de 1919 máis do 80% dos votantes apoiou a proposta de que o Estado debería unirse á Confederación Suíza. Con todo, finalmente foi impedido pola oposición do goberno de Austria, os aliados, os liberais suízos, os italo-suízos (persoas de nacionalidade Suíza que viven nas rexións de fala italiana) e o romands (suízos que viven nas rexións de fala francesa).[2]

Institucións internacionais en Suíza

Un número inusitado de institucións internacionais teñen a súa sede en Suíza, en parte debido á súa política de neutralidade. A Cruz Vermella foi fundada aquí en 1863 e aínda ten o seu centro institucional no país. Tamén ten a súa sede a Unión Europea de Radiodifusión, concretamente na cidade de Xenebra.

Aínda que Suíza non é membro da Unión Europea, xa que o pobo suízo rexeitou a súa adhesión nun referendo a comezos de 1990, forma parte do Acordo de Schengen, que permite a libre circulación polo estados da Unión. Suíza é un dos máis recentes países que se sumaron ás Nacións Unidas, no ano 2002, aínda que a segunda maior sede da Organización xa se atopaba en Xenebra. Ademais Suíza foi membro fundador da Liga das Nacións. A parte da sede das Nacións Unidas, Xenebra é sede de moitos organismos das Nacións Unidas, como a Organización Mundial da Saúde (OMS) ou a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) entre outros.

Tamén moitas das federacións e organizacións deportivas internacionais teñen a súa sede arredor de todo o país, como por exemplo a Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo. Os máis importantes son, probablemente, o Comité Olímpico Internacional, en Lausana, a FIFA (Federación Internacional de Fútbol Asociación), en Zúric, e a UEFA (Unión Europea de Fútbol Asociación).

A fundación do Foro Económico Mundial fundación tamén ten a súa sede en Xenebra, organización mellor coñecida pola súa reunión anual en Davos, reúne aos líderes económicos e políticos para discutir os temas importantes que enfronta o mundo, incluída a saúde e o medio ambiente.

Xeografía

705x466-Suisse topog 5°5 11° 45°5 48°
Mapa de Suíza

A paisaxe suíza caracterízase polos Alpes, unha alta cadea montañosa que se estende polo centro-sur do país. Entre os altos picos dos Alpes suízos, o máis alto dos cales é o Pico Dufour, de 4.364 m, encóntranse innúmeros vales, algúns con glaciares. En total, conta con 48 montañas que superan os 4.000 metros. Deles emerxen varios dos máis importantes ríos europeos como o Rin, o Ródano, o Inn, o Aar ou o Tesino, que adoitan desembocar en lagos como o Léman, o de Zúric, o Neuchâtel e o de Constanza, volvendo logo a descender. Á súa vez, estes e outros lagos son de orixe glaciar, os meirandes formados nas terminais dos antigos glaciares alpinos. O norte do país é máis aberto e máis habitado, mais tamén ten ondulacións como o macizo do Xura, unha cadea menor no noroeste, sonada pola súa abundancia en fósiles de dinosauros e que deu nome ao período Xurásico da era mesozoica. As súas maiores alturas rondan os 1.200 metros.

A meseta central é na que se concentran as maiores cidades do estado, coma por exemplo Zúric. Non é totalmente plana, acadando altitudes de case 600 metros nas inmediacións do Lago de Xenebra.

Clima

O clima suízo[3] é en xeral temperado, mais as variacións rexionais son grandes, dende as rigorosas condicións nas altas montañas ao agradábel clima mediterráneo no extremo sur. Está notablemente influenciado pola proximidade do Océano Atlántico, xa que, ao seren predominantes os ventos do oeste, estes traen o aire marítimo ao país, favorecendo un efecto refrescante no verán e un atenuamento do frío invernal, ademais de asegurar precipitacións abondas na maior parte das rexións ao longo do ano.

Os Alpes actúan como unha barreira climática entre o norte e o sur de Suíza. A zona máis meridional do país, influenciado pola proximidade do Mar Mediterráneo, posúe uns invernos moito máis suaves que o sector setentrional. Tamén son a causa de que os vales dos Alpes centrais teñan un clima máis seco, xa que se atopan protexidos das precipitacións polo obstáculo que representa a cadea montañosa tanto ao norte coma ao sur.

A altitude condiciona fortemente a climatoloxía suíza. A elevada altitude media do país, a maior de Europa, determina un endurecemento das condicións climáticas, con nevaradas continuas nos meses de inverno a partir dos 1.200 metros. En contraste, nas rexións baixas de Xenebra, Basilea e as do sur do país poden ter lugar invernos nos que a neve non chegue a callar.

Unha particularidade do clima suízo é o efecto Foehn. Os ventos do sur acadan a barreira alpina, ascendendo e condensándose, deixando abondosas precipitacións na aba sur do cordal e a predominancia de ventos fortes e secos na aba norte. Este fenómeno adoita acontecer entre outono e primavera.

A continuación expóñense os datos climáticos de Zúric, a principal cidade do país:

A maior temperatura rexistrada en Suíza foi tomada en Grono, na rexión sur do país, o 11 de agosto de 2003, ao se medir 41,5 °C. A máis fría data do 12 de xaneiro de 1987 en La Brévine, nos montes do Xura. Rexistráronse 41,8 °C baixo cero.

Flora e fauna

LeontopodiumAlpinum-3
Edelweiss fotografadas en Lac de Moiry, no cantón de Valais.

A variabilidade climática suíza, debida á súa vez á variablilidade na súa altimetría, condiciona fortemente a súa flora e fauna. Na zona sur, especialmente no cantón do Ticino, o clima con trazos mediterráneos permite o medre de especies vexetais tales coma piñeiros, castiñeiros ou mesmo eucaliptos. Cultivos de vides ou tomates son quen de se desenvolveren nesta zona. Na zona norte, o bosque componse dunha mistura de especies caducifolias e coníferas. Ata os 1.400 metros medran carballos e faias e a partir desa altura dominan os abetos. Por último, na zona alpina a vexetación está moi limitada pola altitude. Ata os 1.800 metros aínda atopamos especies arbóreas, pero a partir desa altura só medran os matos e algunhas raras especies de flores alpinas, entre as que cómpre salientar a edelweiss, Leontopodium alpinum, figura emblemática da vexetación europea de alta montaña.

No tocante á fauna, en Suíza abundan os raposos, cervos, corzos e martas. Osos, lobos, linces e castores desapareceron do país hai arredor dun século. Porén, o lobo volveu a entrar en datas recentes no país dende a veciña Italia, mentres que o lince e o castor foron reintroducidos deliberadamente. As zonas alpinas son o hábitat de especies coma o íbex e a marmota. Dentro das aves, cómpre salientar a reintrodución do quebraosos, extinta tamén no século XX[4].

Economía

WORLD ECONOMIC FORUM ANNUAL MEETING 2009 - Overview of Session
Reunión do Foro Económico Mundial en Suíza
Zürich Uetliberg
Zúric, centro económico de Suíza
NestleHQ
Sede central de Nestlé, ás beiras do lago Léman
Artigo principal: Economía de Suíza.

A pesar da ausencia de recursos naturais, a economía suíza figura dentro das máis prósperas e desenvolvidas do mundo. A taxa de desemprego é particularmente baixa así como a taxa de infiltración. A continuación pódese observar un pequeno resumo da economía helvética por sectores.

Sector primario

O sector primario ocupa un lugar mínimo na economía suíza. O custo da agricultura non permite a exportación sen a axuda do estado (subvencións), que utiliza miles de millóns de francos, o que permite a supervivencia dun gran número de agricultores. O consumo de produtos biolóxicos e as restricións de utilizar fertilizantes e pesticidas comeza a gañar a opinión suíza. Os controis son moi estritos e son un dos factores principais que beneficia a imaxe da agricultura suíza.

Os organismos xeneticamente modificados son aínda centro de polémica, as sondaxes demostran que a poboación suíza está de acordo coa procura científica nese dominio (o grupo Syngenta, filial agro de Novartis, é actualmente líder do sector), aínda que esta está en desacordo co consumo destes produtos.

A empresa suíza Nestlé, cuxa sede principal se atopa en Vevey, é o líder mundial da industria agroalimentaria.

Sector secundario

O sector secundario está en regresión desde os anos 70. As principais razóns son:

  • O traslado das actividades do sector, debido en parte aos custos extremadamente elevados.
  • O traslado da produción cara aos países asiáticos e de Europa Oriental.

A pesar disto, os sectores da mecánica, electrónica, da reloxaría, da tecnoloxía médica e da química son recoñecidos pola súa calidade e innovacións. Entre as empresas que exercen neste dominio, Novartis (líder mundial de medicamentos xenéricos) é unha das máis grandes empresas farmacéuticas do mundo, Hoffmann-A Roche (medicamentos) e Rolex (reloxos).

Sector terciario

Actualmente, a maioría dos empregos atópase no sector terciario e continúa avanzando neste sector grazas á importancia das actividades financeiras, de seguros, de transportes así como as empresas ditas de "consello" ou conselleiras. Ademais o aumento do nivel de vida, nada desprezable en Suíza despois de mediados do século XX, participa no progreso do sector grazas a unha ganancia de intereses nas actividades de entretemento da poboación (vacacións, cinema, actividades deportivas, entre outras). O turismo, os bancos e os estudos de enxeñaría son sectores de gran prosperidade.

Demografía

Karte Schweizer Sprachgebiete 2013.2
Linguas oficiais en Suíza (2013):[5]       Alemán suízo (62.7%; 72.5%)       Francés (20.4%; 21.0%)       Italiano (6.5%; 4.3%)       Romanche (0.5%; 0,6%)
Swiss scientists
Famosos suízos: Leonhard Euler (matemático), Louis Agassiz (xeólogo), Albert Einstein (físico), Auguste Piccard (físico)
Artigo principal: Demografía de Suíza.

Suíza atópase no cruzamento de diversas das principais culturas europeas, que influenciaron profundamente nas linguas e prácticas culturais do país. Hai catro linguas oficiais: o alemán no norte e no centro (62,7% da poboación), o francés ao oeste (20,4%), o italiano ao sur (6,4%) e o romanche, unha lingua románica falada por unha pequena minoría (0,5%) no cantón dos Grisóns.

O alemán falado en Suíza é fundamentalmente un dialecto suízo coñecido como alemán suízo (Schwyzerdütsch), mais os xornais e algúns programas de televisión usan o alemán estándar. Con todo, a meirande parte dos suízos falan máis dunha lingua e ademais estranxeiros, residentes ou traballadores temporais, suman aproximadamente o 21% da poboación.

A relixión maioritaria, practicada polo 43% dos suízos, é o catolicismo, seguido por diversas crenzas protestantes (35%). Debido á inmigración hoxe en día tamén se estabeleceron o islamismo (4%) ou o cristianismo ortodoxo (2%), o resto da poboación pertencen a minorías relixiosas máis pequenas ou non practica relixión algunha. A estabilidade e prosperidade da Suíza, combinada coa poboación lingüística e relixiosamente diversa, leva a algúns a describir o país como un estado consociacional. A esperanza de vida es de 81,3 anos (a terceira máis alta do mundo) e a media de fillos por muller é de tan só 1,44. A composición étnica actual é a seguinte (2007):

Cidades máis habitadas

Cultura

Vals06
Trompa dos Alpes
Chamanna Cluozza Wanderungen
Letreiro en romanche

Os suízos son quizais mundialmente famosos polos seus bancos, o seu chocolate, os seus queixos, as súas fondues, os seus reloxos, a súa neutralidade e os seus colexios internados privados. Con todo, o país helvético sempre foi influenciado por moitas das maiores culturas europeas, quedando dende as súas prácticas culturais ata os seus idiomas. A súa festa nacional é 1 de agosto.

Linguas

En Suíza hai catro idiomas nacionais[7]: o alemán, idioma máis falado, oficial fundamentalmente no norte e centro do país (62,7%), o francés no oeste (20,4%), italiano no sur (6,5%) e unha pequena minoría fala romanche no cantón dos Grisóns (0,5%). Porén, con respecto á súa oficialidade, a Constitución di na seu artigo 70 que As linguas oficiais da Confederación son o alemán, o francés e o italiano, o retorrománico é tamén unha lingua oficial nas relacións que a Confederación manteña con persoas desta lingua. Ademais, cada cantón determina cal é a súa lingua oficial, aínda que sempre baixo o mandato constitucional de preservar a harmonía entre as comunidades lingüísticas e protexer ás minorías idiomáticas. Con todo, os cantóns de Tesino e Xura, aínda que se definen lingüisticamente como italiano o primeiro e francés o outro, a maioría da comunidade é xermana.

Oficialmente hai rexións que se denominan bilingües: as comunidades de Biel-Bienne, Friburgo, Murten-Morat e Sierre-Siders. Nos Grisóns, pola súa banda, as comunidades defínense en moitas ocasións como retorromanas, aínda que o alemán domine como lingua de comunicación. Nestes casos, o retorromano é a lingua administrativa e escolar, mentres que na vida cotiá a lingua utilizada é o suízo alemán. Hai ademais tres cantóns bilingües, Friburgo, Berna e Valais, ademais do xa nomeado cantón trilingüe dos Grisóns.

O alemán falado é predominantemente o dialecto suízo, coñecido como alemán suízo (Schwyzerdütsch), que á súa vez está dividido en varios subdialectos que forman dous conxuntos: os dialectos alemánicos ao oeste e os saxóns ao leste, mais nos medios de comunicación úsase o alto alemán (Hochdeutsch ou Schriftdeutsch), é dicir, o alemán normativo.

En canto ao francés, o idioma estendeuse na idade contemporánea sobre o substrato de dialectos do arpitano.

O sistema escolar suízo obriga a cada cantón a ensinar como mínimo unha lingua nacional á parte da lingua oficial do cantón. O conxunto de cantóns e territorios nos que predomina o idioma alemán é chamada Suíza alemá, a parte francesa Suíza Romanda ou Romandía e a parte italiana Suíza Italiana. Pese a todo é preciso sinalar que a meirande parte dos suízos falan máis dun idioma.

Festas e días festivos

Soamente a festa nacional do 1 de agosto está inscrita na Constitución. Cada cantón é libre de fixar ata 8 días festivos ao ano, aínda que esta posibilidade é só utilizada por vinte e un deles. Legalmente os días festivos contan como un domingo, polo que hai as mesmas restricións en materia de transporte, salarios e a apertura de almacéns (prohibida os domingos, con excepción dos sitios autorizados, como as estacións de tren e aeroportos máis grandes do país, ou no caso de que o dono do almacén traballe tamén).

Os días festivos varían moito dun cantón a un outro. Soamente o Nadal e o Ano Novo son celebrados por todos. Outras festas, como Pascua, Luns de Pentecoste, Ascensión, Tódolos Santos, festas de relixiosas, varían dependendo da confesión do cantón, sexa esta católica ou protestante.

Data Nome Cantóns onde o día é festivo Cantóns onde o día é inhábil
1 de xaneiro Aninovo Todos
2 de xaneiro Berchtoldtag Argovia, Berna, Neuchâtel (soamente se o día 1 é domingo), Xura, Zug Argovia, Friburgo, Glaris, Lucerna, Neuchâtel, Obwalden, Schwyz, Soleura, Vaud, Xura, Zúric
6 de xaneiro Epifanía Schwyz, Tesino, Uri
1 de marzo Independencia Neuchâtel
19 de marzo San Xosé Lucerna (medio día), Nidwalden, Schwyz, Tesino, Uri, Valais
21 de marzo Santa Benedicta Lucerna
1 de abril Fahrtsfest Glaris
Variable Venres Santo Todos salvo Tesino e Valais
Variable Luns de Pascua Argovia, Appenzell Interior, Appenzell Exterior, Berna, Basilea-Campo, Basilea-Cidade, Glaris, Grisóns, San Galo, Schaffhausen, Schwyz, Tesino, Turgovia, Uri, Vaud, Xenebra, Xura, Zúric Lucerna, Neuchâtel, Nidwalden, Obwalden, Soleura, Zug
Variable Ascensión Todos
Variable Luns de Pentecostes Argovia, Appenzell Interior, Appenzell Exterior, Berna, Basilea-Campo, Basilea-Cidade, Glaris, Grisóns, San Galo, Schaffhausen, Schwyz, Tesino, Turgovia, Uri, Xenebra, Xura, Zúric Friburgo, Lucerna, Neuchâtel, Nidwalden, Obwalden, Soleura, Vaud, Zug
19 de abril Sechseläuten Zúric
1 de maio Día do Traballo Basilea-Cidade, Basilea-Campo, Schaffhausen, Soleura, Tesino, Uri, Xura, Zúric
23 de xuño Conmemoración do plebiscito Xura
Variable Corpus Christi Argovia, Appenzell Interior, Friburgo, Lucerna, Nidwalden, Obwalden, Schwyz, Soleura, Tesino, Uri, Valais, Xura, Zug
29 de xuño San Pedro e San Paulo Tesino
1 de agosto Festa nacional Todos (federal)
15 de agosto Asunción Argovia, Appenzell Interior, Friburgo, Lucerna, Obwalden, Nidwalden, Soleura, Schwyz, Tesino, Uri, Valais, Xura, Zug
xoves despois do 1º domingo de setembro Xaxún xenebrino Xenebra
luns seguinte ao 3º domingo de setembro Luns de xaxún federal Vaud Neuchâtel
2 de outubro Leodegar Lucerna
25 de setembro Festa de San Nicolás de Flüe Obwalden
1 de novembro Día de Tódolos Santos Argovia, Appenzell Interior, Glaris, Friburgo, Lucerna, Nidwalden, Obwalden, San Galo, Soleura, Schwyz, Tesino, Uri, Valais, Xura, Zug
O 4º luns de novembro O mercado de cebolas Berna
8 de decembro Inmaculada Concepción Argovia, Friburgo, Lucerna, Nidwalden, Obwalden, Schwyz, Tesino, Uri, Valais, Zug
12 de decembro A escalada Xenebra
25 de decembro Nadal Todos
26 de decembro Santo Estevo Argovia, Appenzell Interior, Appenzell Extarior, Basilea-Campo, Basilea-Cidade, Berna, Glaris, Grisóns, Lucerna, Neuchâtel (soamente se o 25 cae un domingo), San Galo, Schaffhausen, Schwyz, Tesino, Turgovia, Uri, Zúric Friburgo, Nidwalden, Obwalden, Soleura, Zug
31 de decembro Restauración da República Xenebra

Educación

Picswiss VS-67-20
Estación de esquí suíza
ETHZ
Escola Politécnica Federal de Zúric

Suíza conta con catro linguas, culturas variadas, unha fermosa paisaxe e completa calma política. Por iso ten un papel destacado no panorama da educación internacional.

Con todo, para o inmigrante con fillos pequenos, a diversidade de idiomas expón un problema. Tomando como exemplo os cantóns de fala alemá, o neno inmigrante vese confrontado cunha variedade de idiomas no ámbito escolar que lle esixen un esforzo para adaptarse correctamente. Este neno falará no seu fogar o idioma materno, cos nenos locais deberase comunicar no dialecto suízo, situación que se prolongará durante todo o kindergarten (xardín de infancia), e paulatinamente deberá incorporar o alemán normativo, que é a lingua de instrución, tanto falado como escrito, na escola primaria e superior.

É así que o dialecto suízo falado no xardín de infancia representa unha lóxica transición para o neno local, que deberá pasar do dialecto falado no seu fogar ao alemán normativo (linguaxe de instrución na escola primaria). Pero para o neno inmigrante, isto representa unha complicación, pois deberá facer o esforzo de aprender en dous anos (a habitual duración do kindergarten), o dialecto suízo que logo deberá substituír polo alemán normativo durante a duración das clases, e seguirse comunicando en dialecto local cos seus compañeiros locais durante os recreos. Debido a isto, moitos padren inmigrantes con medios suficientes envían aos seus fillos a xardíns de infancia de ensino en lingua exclusivamente alemá ou bilingües (inglés/alemán), para simplificar a aprendizaxe do idioma alemán, que é o idioma oficial da Suíza alemá. Aínda que isto facilita a aprendizaxe do alemán normativo (cuxo dominio é altamente apreciado polos locais), isto non resolve totalmente o complexo problema de integración, dado que os locais prefiren comunicarse informalmente en dialecto suízo, xa que idioma que segue sendo considerado por algúns un idioma estranxeiro. Isto crea unha división cultural entre locais e inmigrantes que non dominen o dialecto local. Hai canles de televisión (por exemplo TeleBasel) e radios (por exemplo Radio Basilik) que actualmente transmiten os seus programas en dialecto suízo.

Notas

  1. Na Lingua alemá de Suíza pode ser Schwyz ou Schwiiz
  2. "Centre for Research on Direct Democracy". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 de maio de 2009.
  3. "Páxina web de MeteoSwiss". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2011. Consultado o 27 de maio de 2011.
  4. Flora e fauna de Suíza (en inglés)
  5. Swiss Federal Statistical Office. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007. Consultado o 2009-11-09. O primeiro número refírese ao número de falantes totaism o segundo só aos cidadáns suízos.
  6. Nova que trata o censo electoral de galegos fora do país
  7. Artigo 4 da Constitución Suíza.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.ch

.ch é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Suíza.

Basilea

Basilea (alemán: Basel ['ba:zəl]; francés: Bâle [bɑl]; italiano: Basilea [bazi'leːa]) é a terceira cidade máis poboada de Suíza despois de Zúric e Xenebra. No ano 2017 tiña 176 117 habitantes e 537 100 habitantes na conurbación, que se espalla aínda polos cantóns veciños.

Charles Edouard Guillaume

Charles-Edouard Guillaume, nado en Fleurier, (Suíza) o 15 de febreiro de 1861 e finado o 13 de maio do 1938, foi un físico suízo.

Dicionario Histórico de Suíza

O Dicionario Histórico de Suíza (DHS), é unha enciclopedia de historia de Suíza, que ten o obxectivo de facer accesibles os resultados de investigación moderna para un público máis amplo.

A enciclopedia é publicada pola fundación baixo o patrocinio da Academia suíza de humanidades e ciencias sociais (SAGW / ASSH) e a Sociedade histórica suíza (SGG-SHH) e está financiado por doazóns nacionais de investigación. Ademais de ter a 30 funcionarios na oficina central, os seus colaboradores inclúen 300 conselleiros académicos, 2500 historiadores e 100 tradutores.

A enciclopedia está a ser editado simultaneamente en tres das linguas oficiais de Suíza: alemán (Historisches Lexikon der Schweiz - HLS), francés (Dictionnaire Historique de la Suisse - DHS) e italiano (Dizionario Storico della Svizzera - DSS). Os primeiros 12 volumes foron publicados no ano 2002. Propúxose publicar un novo volume anualmente. Tamén publicou un volume sinxelo cunha escolla de artigos en romanche (Lexicon Istoric RETICS - LIR).

FIFA

A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociación deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zúric, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo. Ademais, a FIFA organiza os campionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.

A FIFA agrupa 209 asociacións ou federacións de fútbol de distintos países, contando con 17 países afiliados máis cá Organización das Nacións Unidas, e catro menos que a Federación Internacional de Baloncesto.

Federación Internacional de Baloncesto

A Federación Internacional de Baloncesto (en francés: Fédération Internationale de Basket-ball), máis coñecida baixo o seu acrónimo francés FIBA (pronunciado [ˈfibʌ]), é unha asociación de federacións nacionais encargada de organizar e gobernar as competicións internacionais de baloncesto.

Orixinalmente coñecida como Fédération Internationale de Basket-ball Amateur, en 1989 eliminou a derradeira palabra do seu nome oficial, aínda que seguiu mantendo as iniciais. A súa sede actual está en Xenebra, Suíza, e o seu presidente é Bob Elphinston, de Australia.

Felix Bloch

Felix Bloch, nado en Zúric (Suíza) o 23 de outubro de 1905 e finado en San Francisco (E.U.A.) o 10 de setembro de 1983, foi un físico norteamericano de orixe suíza, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1952.

Heinrich Rohrer

Heinrich Rohrer, nado en Buchs o 6 de xuño de 1933 e finado en Wollerau o 16 de maio de 2013, foi un físico suízo.

Karl Alexander Müller

Karl Alexander Müller, nado o 20 de abril de 1927 na cidade suíza de Basilea, é un físico suízo que recibiu, xunto con Johannes Georg Bednorz, o Premio Nobel de Física de 1987, polas súas investigacións coas cerámicas supercondutoras.

Lausana

Lausana (en francés e oficialmente: Lausanne; en arpitano: Losena) é unha cidade suíza de 137.810 habitantes (2016), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras Zúric, Xenebra e Basilea. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de Vaud.

Lingua alemá

O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.

Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea. O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua), a segunda lingua máis común no eido científico así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés). Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo. Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua", algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".

Lingua francesa

O francés (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Lingua italiana

O italiano ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.

Organización das Nacións Unidas

A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial.

A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.

A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a Primeira Guerra Mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é António Guterres dende o 1 de xaneiro de 2017.

Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

UEFA

A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA.

Das confederacións, de longo é a mais forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional. Virtualmente todos os mellores xogadores do mundo xogan en campionatos europeos, particularmente en Inglaterra, Francia, Italia, España e Alemaña. Moitas das seleccións de maior forza están na UEFA. Dos 32 equipos participantes no Mundial de Suráfrica de 2010, 13 pertencen á UEFA.

A UEFA foi fundada o 15 de xuño de 1954 en Basilea, Suíza, como consecuencia de discusións entre as confederacións de Francia, Italia e Bélxica. A sede ficou en París ata 1959, cando a organización se mudou a Berna. Henri Delaunay foi o primeiro Secretario Xeral e Ebbe Shwartz o presidente. O seu centro administrativo dende 1995 é Nyon (Suíza). Foi inicialmente composta por 25 confederacións; actualmente son 53.

Unión Internacional para a Conservación da Natureza

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

Ia - Reserva Estrita da NaturezaÁrea de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.Ib - Área SalvaxeGrande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.II - Parque NacionalÁrea natural de terra e/ou mar, destinada a:

protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;

excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;

fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.III - Monumento NaturalÁrea contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.IV - Área de Manexo de Hábitat/EspecieÁrea de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.V - Paisaxe/Costa ProtexidaÁrea de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.VI - Área Protexida de Manexo de RecursosÁrea que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Xenebra, Suíza

Xenebra (en francés Genève [ʒəˈnɛv], en italiano Ginevra, en alemá Genf, en romanche: Genevra) é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra. En total, 201.813 persoas habitan no concello de Xenebra (2017). A lingua oficial é o francés.

Zürich

Zürich, ou Zúric, (en alemán: Zürich, en latín Turicum) é unha cidade suíza de 402.762 habitantes, segundo datos de decembro de 2016 (1,3 millóns no contorno urbano). É a cidade máis grande do país, e é a capital do cantón homónimo. Está dividida en 12 distritos (Kreise en alemán).

Nuvola apps kweather.png Parámetros climáticos promedio de Zúric
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 2,0 4,2 8,3 12,6 17,3 20,5 23,0 22,0 18,8 13,3 6,9 2,9
12,7
Temperatura mínima media (°C) - 2,8 - 1,9 0,6 3,7 7,7 10,8 12,8 12,4 10,0 6,2 1,4 - 1,7
4,9
Precipitacións (mm) 67 70 69 87 103 124 117 133 92 69 82 73
1.086
Fonte: Servizo de Información Meteorolóxica Mundial
Cidades en Suíza por poboación
máis de 300 000
máis de 100 000
máis de 30 000
máis de 15 000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.