Stellenbosch

Stellenbosch é unha cidade, capital do concello de Stellenbosch na provincia do Cabo Occidental, en Suráfrica. Constitúe o segundo asentamento europeo máis antigo logo da Cidade do Cabo.

Stellenbosch Eglise Sainte Marie
Igrexa anglicana de Santa María

Historia

FacadeStellenbosch
Casa típica de estilo holandés de Stellenbosch

O asentamento fundouse en 1679 por orde do gobernador do Cabo, Simon van der Stel de onde lle ven o nome, nas beiras do río Eerste, o asentamento medrou, en 1682 contaba coas súas propias autoridades locais e en 1685 converteuse na sede dun maxistrado con xurisdición sobre 25.000 km². Na vila asentouse un grupo de hugonotes franceses que foron claves no desenvolvemento da viticultura, converténdose Stellenbosch no centro da industria vitivinícola surafricana.

Economía e poboación

En 1859 abriuse na cidade un seminario da Igrexa Reformada Holandesa, e un centro de secundaria, het Stellenbossche Gymnasium, en 1866. En 1918 fundouse a Universidade de Stelllenbosch. A cidade é a sede da Universidade de Stellenbosch

Durante a Segunda Guerra Bóer, Stellenbosch foi unha das bases británicas. No sur da cidade construíuse o Technopark Stellenbosch, un polígono tecnolóxico que atraeu a numerosas empresas.

A cidade conta con 90.000 habitantes (2000). A maioría da poboación é de lingua afrikaans, o inglés e o xosa son as outras linguas que máis se poden escoitar na cidade. Dende o punto de vista étnico a maioría da poboación está formada polo que no censo surafricano se coñece como colorados, persoas mestizas de orixe europea, africana e asiática.

StellenboschPleinStreet
Pleinstraat, no centro de Stellenbosch
Anoeschka von Meck

Anoeschka von Meck, nada en Mariental en 1967, é unha escritora namibia en lingua afrikaans.

Barbara Fölscher

Barbara Fölscher, nada en Pretoria, é unha escritora, documentalista e directora de televisión suráfricana. É profesora na Universidade de Stellenbosch e como escritora gañou o premio Eugène Marais.

Caster Semenya

Mokgadi Caster Semenya, nada en Pietersburg o 7 de xaneiro de 1991 é unha mediofondista surafricana, campioa olímpica. Gañou a medalla de ouro nos 800 metros femininos nos Campionatos do Mundo de 2009 cun tempo de 1:55.45 e nos de 2017 coa súa mellor marca persoal, 1:55.16. Tamén gañou a medalla de ouro nos Campionatos do Mundo de 2011 e nos Xogos Olímpicos de 2012 e 2016.Trala súa vitoria nos Campionatos do Mundo de 2009, anunciouse que foi obxecto de test de sexo. Foi suprimida da competición internacional ata o 6 de xullo de 2010 cando a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) permitiu que volvese a competir. En 2010, a revista británica New Statesman incluíuna nunha listaxe das "50 persoas que importan 2010".

Cidade do Cabo

Cidade do Cabo (en inglés: Cape Town; en afrikaans: Kaapstad; e en xosa: iKapa), tamén coñecida popularmente en galego como Capetón, adaptación fonética do topónimo inglés realizada polos mariñeiros que pescaban nesas augas, é a segunda cidade máis poboada de Suráfrica despois de Xohanesburgo, con 3,481.156 habitantes (2008). A cidade é a capital da provincia do Cabo Occidental, así como a capital lexislativa de Suráfrica (dende 1910), e polo tanto acolle o Parlamento Nacional e outras sedes gobernamentais.

Trátase dun importante centro turístico e comercial.

Cuarcita

A cuarcita, ás veces chamada metacuarcita, é unha rocha metamórfica dura cun alto contido de cuarzo, de textura non foliada. A súa coloración pode ser branca, gris, rosada o avermellada.

Na súa composición, a maioría das cuarcitas chegan a ter máis do90 % de cuarzo e algunhas incluso 99 %.

O termo cuarcita a miúdo é usado erroneamente para designar á cuarzoarenita ou ortocuarcita, rocha sedimentaria cementada con sílice que precipitou de augas intersticiais durante a súa diaxénese.

Els Dottermans

Els Dottermans, nada en Lovaina o 16 de xaneiro de 1964, é unha actriz belga de teatro, cine e televisión. Estudou arte dramática no Studio Herman Teirlinck, gañou varios premios como o de mellor actriz no Nederlands Filme Festival ou no Shanghai International Filme Festival.

Hawa Jande Golakai

Hawa Jande Golakai, nada en Frankfurt (Alemaña) en 1979, é unha científica e escritora liberiana.

Historia do viño

A historia do viño entrelazouse coa historia doutras actividades humanas como poida ser a agricultura, a gastronomía, as actividades lúdicas das civilizacións, así como do devir do home mesmo. O viño é unha bebida alcohólica fermentada procedente do zume da uva (Vitis vinifera) que contén alcol etílico e que en cantidades moderadas provócanos a expresión sincera de sentimentos, mentres que en grandes cantidades trátase dun narcótico. A natureza humana estivo, desde os seus comezos, sedenta de viño e isto provocou que sexa unha mercancía de valor en diferentes culturas. Existen evidencias arqueolóxicas nas que se indica que as producións de viño máis antigas proveñen dunha extensa área que abarca Xeorxia (véxase: Viño de Xeorxia) e Irán (Montes Zagros), datando estes comezos no período que vai desde o 6000 ao 5000 a. C. Os primeiros cultivos da uva (vitis vinifera) ocorreron na idade de bronce en lugares próximos ao Oriente Próximo, Sumeria e Antigo Exipto ao redor do terceiro milenio a. C.A vide foise estendendo grazas ás súas características adaptativas desde a especie eurasiática (vitis vinifera L. subsp. sylvestris), requiriu poucos cambios xenéticos para adaptarse ao cultivo das diferentes zonas, posúe uns baixos requirimentos de auga e minerais, crece en terras onde outros froiteiros non crecerían, grazas á súa capacidade rexenerativa permite unha recolección intensiva. Esta adaptabilidade foi unha das claves da súa expansión ao longo de Europa, así como na maioría dos climas tépedos da terra. Un dos maiores cambios que sufriu a vide foi cando, na antigüidade, converteuse por selección artificial dunha variedade "salvaxe" (de sexualidade dioica na súa maioría) a unha "domesticada" (hermafrodita), descoñecesen hoxe en día as razóns deste cambio. Pronto se puido comprobar que o viño era a suma dun conxunto de factores ambientais: clima, latitude, altura, horas de luz etc.Moitas das grandes culturas do Mediterráneo así como Oriente Próximo reclaman inventar eles mesmos o proceso de vinificación atribuíndo o seu descubrimento a un heroe local ou a unha divindade agraria. Pero o caso é que o comercio e a expansión dalgunhas culturas e imperios fixo que o viño e o seu cultivo se fora estendendo por diversas rexións da Terra, adoptando novos sabores e aromas. O viño (do mesmo xeito que outros alimentos básicos) aparece na cultura cargado de simbolismo. O viño aparece na Biblia (Libro do Xénese) tras o Diluvio universal replantado por Noé (do que a tradición xudeu-cristiá aclama como inventor do viño), aínda que pode establecerse un paralelismo con Noé no personaxe do poema de Gilgamesh (narración de orixe sumerio) denominado Utnapishtim que igualmente planta viñas tras un diluvio. Nas diversas culturas da Terra existen outras bebidas fermentadas similares, como pode ser a hidromel e a sidra dos pobos do Norte de Europa, os kumis da Asia Central, os mesmos romanos fermentaron figos e dátiles para facer bebidas alcohólicas. A capacidade adaptativa da uva a diferentes climas e chans, o seu alto rendemento, é a única froita que retén na súa interior cantidades dun infrecuente ácido denominado tartárico que favorece a acción dos lévedos. Pódese dicir que hoxe en día a uva é a froita máis colleitada a nivel mundial, sendo o 70% da mesma dedicado á produción de viño.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Kimberley

Kimberley é a capital da Provincia Setentrional do Cabo, na República Surafricana. Segundo o plan urbano de Kimberley de 1998, a cidade conta cuns 210.800 habitantes e cuns 46.207 fogares, dos que o 65% o compoñen "coloureds" e brancos. O aeroporto de Kimberley está situado a sete quilómetros da cidade. A poboación atópase preto do río Orange e é famosa por ser a localidade onde se identificou por primeira vez a roca kimberlita.

Lanzamento de disco

O lanzamento de disco é unha proba do atletismo actual, onde o obxectivo é lanzar un obxecto pesado de sección circular denominado disco o máis lonxe posible. O disco tírase desde un círculo de 2,50 m de diámetro e debe aterrar dentro dun sector de ángulo de 34° 92'.

Melrose Sevens

O Melrose Sevens é unha competición anual de rugby 7 organizado polo Melrose Rugby Club, en Melrose, Escocia. É a competición de rugby seven, e data do ano 1883, cando o torneo foi suxerido polo antigo xogador do Melrose Ned Haig.

Disputado no mes de Abril, este torneo forma parte da competición Kings of the Sevens, e atrae a equipos doutras nacións coma Xapón, Uruguai e Suráfrica. Os actuais campións do torneo son os Glasgow Warriors.

SURFSAT-1

SURFSAT-1, acrónimo de Summer Undergraduate Research Fellowship SATellite, foi un satélite estadounidense lanzado como carga secundaria nun Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 4 de novembro de 1995.

Sumbandila

Sumbandila, tamén coñecido como SumbandilaSat, é un satélite surafricano construído por SunSpace para a Universidade de Stellenbosch e lanzado como carga secundaria nun Soyuz-2-1B desde o cosmódromo de Baikonur o 17 de setembro de 2009.

Sunsat

Sunsat foi un satélite surafricano construído pola Universidade de Stellenbosch e lanzado como carga secundaria nun Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 23 de febreiro de 1999.

Swift (observatorio espacial)

Swift é un observatorio espacial estadounidense lanzado nun Delta 7320 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 20 de novembro de 2004.

Thabo Mbeki

Thabo Mvuyelwa Mbeki (nado o 18 de xuño de 1942). Presidente de Suráfrica dende o 16 de xuño de 1999 ata 2008.

É un xosa orixinario da rexión de Transkei, na actual provincia de Cabo Oriental, fillo de Govan Mbeki, dirixente do Congreso Nacional Africano e o Partido Comunista de Suráfrica.

Técnica Levallois

A técnica Levallois é un procedemento complexo de lascado que, por medio dunha preparación especial da cara superior do núcleo (e, opcionalmente, da súa periferia e a súa plataforma de percusión) consegue preconcibir ou predeterminar, total ou parcialmente, a forma e o tamaño da lasca, antes de ser extraída. Deste xeito, a talla lítica segue uns pasos concretos que levan a uns resultados formais moi específicos. Empregouse na Prehistoria, en especial no Paleolítico Medio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.