Soutoxuste, O Viso, Redondela

Soutoxuste é un lugar da parroquia do Viso, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE[1], en 2012 tiña 295 habitantes (136 homes e 159 mulleres).

Neste lugar atópanse os restos do pazo de Soutoxuste.

Soutoxuste
Ensenada de San Simon dende as rochas
Vista da enseada de San Simón desde Soutoxuste.
ParroquiaO Viso
ConcelloRedondela
Poboación295 hab. (2012)

Lugares e parroquias

Parroquias de Redondela

Notas

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor".
Cesantes, Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.

A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Pazo de Soutoxusto

O pazo de Soutoxuste ou pazo de Soutoxusto é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia do Viso. A orixe do topónimo provén do lugar no que se atopa construído, tamén denominado do mesmo xeito.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.