Soutomaior

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».

Coordenadas: 42°19′58.8″N 8°34′1.2″O / 42.333000, -8.567000

Soutomaior
Escudo de Soutomaior
Soutomaior Galicia
Situacion Soutomaior
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación7.305 hab. (2018)
Área25,0 km²
Densidade292,2 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias
Capital do concelloSoutomaior
Política (2019[2])
AlcaldeAgustín Reguera Ocampo (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 7

Eleccións municipais en Soutomaior
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes41,61%
Na rede
soutomaior.com
alcaldia@soutomaior.com

Poboación

Censo Total (Habitantes) 7.356 (2014)
Menores de 15 anos 1.250 (17 %)
Entre 15 e 64 anos 4.849 (65.92 %)
Maiores de 65 anos 1.257 (17.08 %)

Xeografía

Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.

Economía

Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.

Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio minorista, empresas de transportes e restaurantes.

Historia

A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.

Patrimonio

O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa)[5].

Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Soutomaior.
EstatuaArcade

Estatua dunha mariscadora, obra do artista local Carlos Tesouro, nos xardíns do Peirao de Arcade.

Castelo II

Galería das damas do Castelo.

Casa consistorial de Soutomaior

Casa do concello.

Lugares de Soutomaior

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Soutomaior vexa: Lugares de Soutomaior.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Soutomaior". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior. AGCE, 2007
Apeadoiro de Arcade

Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.

Arcade, Soutomaior

Santiago de Arcade é unha parroquia que se localiza no concello de Soutomaior. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 5.064 habitantes (2.540 homes e 2.524 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un grande aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.086 habitantes.

Castelo de Soutomaior

O castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval, os Soutomaior.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Eleccións municipais en Soutomaior

Corporacións democráticas en Soutomaior desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Fernando Pereira Caamaño — CIV

1983 Alcalde: Fernando Pereira Caamaño — CIV

1987 Alcalde: Fernando Pereira Caamaño — CIV

1991 Alcalde: Fernando Pereira Caamaño — CIV

1995 Alcalde: Agustín Reguera Ocampo — PPdeG

1999 Alcalde: Agustín Reguera Ocampo — PPdeG

2003 Alcalde: Agustín Reguera Ocampo — PPdeG

2007 Alcalde: Agustín Reguera Ocampo — PPdeG

2011 Alcalde: Agustín Reguera Ocampo — PPdeG

2015 Alcalde: Agustín Reguera Ocampo — PPdeGCandidaturas: Agustín Reguera Ocampo (PP), Manuel Antonio Lourenzo Sobral (BNG) e Verónica Montero Pérez (PSdeG-PSOE).

Fornelos de Montes

Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".

Illas Alvedosas

Non confundir co río Alvedosa

As illas Alvedosas son un grupo de dous illotes rochosos situados na desembocadura do río Verdugo, no fondo da Ría de Vigo. Pertencen á parroquia de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Na actualidade están deshabitadas e son propiedade privada.

Irmandiños

Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla” (1431), e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña” (1467-1469).

As primeiras irmandades formáronse contra o bispo Diego Xelmírez[Cómpre referencia], contra quen se levantaron varias veces os burgueses e parte do clero de Compostela (1116 e 1140).

O Viso, Redondela

Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela. Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Soutoxuste e Saramagoso, onde convivían 1.504 veciños en 2014 (735 homes e 769 mulleres).

Ostra

O nome de ostra é usado para grupos diferente de moluscos que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde Ostreoida, familia Ostreidae.

Algunhas subespecies son capaces de producir perlas no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.

A ostra é un prato común na cociña litoral galega e doutros sitios da Europa Atlántica, onde se serven crúas cun pouco limón. Salientan Vigo e Arcade (do concello de Soutomaior) como vilas tradicionalmente ostreiras .

PO-264

A PO-264 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada N-550 en Paredes (Vilaboa) até a mesma estrada en Arcade (Soutomaior).

Paio Gómez de Soutomaior

Paio Gómez de Soutomaior, nado en Pontevedra e finado en Lantañón (Meis) en 1454, foi un nobre medieval galego, que viviu nos séculos XIV e XV.

Pedro Madruga

Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, tal vez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto escalafón da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo. Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa.

Ponte Sampaio, Pontevedra

Santa María de Ponte Sampaio é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2008 tiña 1.111 habitantes (590 mulleres e 521 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.244 habitantes.

Toma o seu nome da ponte sobre o río Verdugo que a une coa parroquia de Arcade (Soutomaior). Por ela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago, e nela foi librada a Batalla de Ponte Sampaio, decisiva na guerra da Independencia española contra os franceses o 7 e 8 de xuño de 1809.

Desde 1833 até abril de 1960 foi concello de seu xunto coa parroquia da Canicouva.

Nesta parroquia están a illa da Insuíña e o illote do Castelo, na desembocadura do río Verdugo.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Soutomaior, Soutomaior

San Salvador de Soutomaior é unha parroquia que se localiza no concello de Soutomaior. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.292 habitantes (1.139 homes e 1.153 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.244 habitantes.

Na parroquia está o castelo de Soutomaior, no monte Viso. Construído no século XII e transformado no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

Soutomaior, Taboadela

Santiago de Soutomaior é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 202 habitantes (98 homes e 104 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 18 habitantes en relación ao ano 2000.

Sueiro Gómez de Soutomaior

Sueiro Gómez de Soutomaior, (nalgunhas publicacións aparece como Suero Gómez de Sotomayor e mesmo Soro Gómez de Soutomaior) nado en Rianxo cara a 1417 e finado en Pontevedra cara a 1490, foi un destacado aristócrata do reino de Galiza durante o século XV, herdeiro dunha liñaxe que se remonta polo menos ao seu tataravó, o grande almirante e adiantado galego Paio Gómez Chariño. Fillo de Paio Gómez de Soutomaior, ostentou o título de mariscal de Castela. Viviu nun tempo convulso, con graves tensións entre os diferentes nobres e os irmandiños. Foi señor das fortalezas e terras de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, O Carril e A Insua e das terras de Posmarcos, Tabeirós, Cela e Sobrán. Serviu a Xoán II e en 1445 fíxose cargo da defensa das vilas de Pontevedra e Vilanova de Arousa.Testou en Vilanova en 1485 e foi enterrado en San Domingos de Pontevedra, onde se conserva a súa tumba pétrea cuberta coa súa escultura xacente, cunha hermética armadura e espada entre as mans.

Taboadela

Taboadela é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.443 habitantes (1.701 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «taboadelense».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.