Souto de Rozavales

Véxase tamén: Castiñeiro de Pumbariños.
Souto de Rozavales
Castiñeiro de Pumbariños, calcúlase que ten máis de 1.000 anos de idade.
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural
Ano de constitución: 12 de abril de 2000
Superficie: 1,80 ha.
Lexislación: Decreto 78/2000, do 25 de febreiro.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: Manzaneda
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales[1][2], é un monumento natural que se atopa no lugar ourensá do Souto de Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro. Tamén o castiñeiro de Pumbariños, que está aí, se incluíu no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza[1].

Coordenadas: 42°18′27.3″N 7°14′37″O / 42.307583, -7.24361

Características

Este souto alberga un castiñeiro de máis de 12 metros de perímetro, ó que se lle calcula unha idade de 1000 anos. Chámase o castiñeiro de Pumbariños.

Extensión

Ten unha extensión aproximada de 1,8 ha.

Notas

  1. 1,0 1,1 DOG, Xunta de Galicia (eds.). "Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG nº 74, de 17 de abril de 2007)"..
  2. O nome oficial segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia é Souto de Rozabales, a pesar de que no DOG e en varias páxinas de información sobre o souto, tamén da Xunta de Galicia, aparece co nome de Souto de Rozabales.
Castiñeiro de Pumbariños

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro senlleiro da especie Castanea sativa Mill. que se atopa en Souto de Rozavales, na da parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda. Esta árbore ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro) e podería ter arredor de 500 anos, polo que sería a árbore galega coñecida máis vella.En 1995 declarouse como Monumento Natural galego Souto de Rozabales. No ano 2000 ampliouse a declaración a todo o souto no que está e incluíuse no catálogo de árbores senlleiras. Está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia .

O castiñeiro é un exemplar enxertado, como a maioría no Souto de Rozavales, polo que durante séculos foi aproveitado para a recollida das súas castañas.

Galería de imaxes da flora de Galicia

Galería de imaxes da flora de Galicia.

Galería de imaxes de Manzaneda

Galería de imaxes do concello de Manzaneda na provincia de Ourense.

Lugares de Manzaneda

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Manzaneda

Manzaneda

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Mel de Galicia

O Mel de Galicia é unha Indicación Xeográfica Protexida baixo a cal preténdese destacar a excelencia do mel producido en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre os requisitos de produción, procesado e envasado.

Este mel prodúcese en colmeas de cadros móbiles, por decantación ou centrifugación. Preséntase en estado líquido, cristalizado ou cremoso, podendo conter ademais, no primeiro dos casos, froitos secos. Tamén pode presentar en panais ou seccións.Dende 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007.

A denominación de orixe amparaba en 2008 a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 620 toneladas (169 toneladas no ano 2000).

Monumento natural

Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.

Río San Lázaro

O río San Lázaro é un afluente do río Bibei. Nace no Macizo Central ourensán na Serra de Queixa, a 1.740 m de altitude na bagoada formada entre o cume de Cabeza de Manzaneda (coñecido localmente como a Cabeza Grande) e o da Cabeza Pequena de Manzaneda (cumio secundario onde se atopa o repetidor da CRTVG que dispón dunha webcam). Este río constitúe case todo o límite dos concellos ourensáns da Pobra de Trives co de Manzaneda.

San Martiño de Manzaneda, Manzaneda

San Martiño de Manzaneda é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.