Sopa

A sopa[1] é un prato alimentario de base líquida ou pastosa que constitúe un elemento fundamental da gastronomía.

A sopa é un prato máis elaborado co caldo, e está destinada a inxerirse coa culler. No proceso de elaboración da sopa, vanse engandindo os diferentes ingredientes ao caldo orixinal. Segundo os ingredientes que se lle boten, as propiedades nutricionais e as súas características serán diferentes. Dependendo destes ingredientes pódense atopar diversos tipos de sopas: sopa de peixe, sopa de espárragos, sopa de cebolas etc. Algunhas destas sopas poden ter como ingrediente común o pan, o cal se engade no momento do consumo, xeralmente en anacos ou rabandas. Existen tamén outros ingredientes especialmente indicados para este tipo de prato, por exemplo os fideos, as estreliñas ou as letras, todos eles feitos con pasta de fariña e ovo. En xeral, calquera alimento propenso a ser cocido pode ser empregado para a sopa, como o polo, o porco, a vaca, o marisco, o peixe e o xamón. Outros ingredientes que se adoitan empregar nas sopas son o sal, o perexil e o ovo duro picado.

Tamén existe unha variedade comercial de sopa deshidratada, normalmente obtida por liofilización, con todos os seus ingredientes, que pode empregarse para elaborar este alimento dun xeito rápido e doado.

Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias
Wikibooks: Cookbook
Oyster-Vermicelli
Sopa de fideus de Taiwan.

Tipos de sopas

Entre as distintas clases de sopas pódense distinguir pola temperatura á que se serven: distinguíndose entre sopas frías e quentes.

Sopas quentes

  • Flag of Colombia.svg - Ajiaco
  • Flag of Spain.svg - Sopa de allo
  • Flag of France.svg - Sopa de cebola
  • Flag of Spain.svg - Sopa de cocido
  • Flag of France.svg - Sopa xuliana
  • Flag of Peru.svg - Chupe de camarones
  • Flag of France.svg - Mirepoix
  • Flag of Russia.svg - Borscht
  • Flag of the Netherlands.svg - Sopa de chícharos
  • Flag of Japan.svg - Ramen
  • Flag of Russia.svg - Soljanka
  • Flag of Germany.svg - Pfannkuchensuppe
  • Flag of Germany.svg - Hochzeitssuppe
  • Flag of Germany.svg - Kartoffelsuppe
  • Flag of Vietnam.svg - Phở
  • Flag of Portugal.svg - caldo verde
  • Flag of Belgium.svg - Waterzooi

Sopas frías

Outras sopas

As cociñas do Sueste Asiático e as cociñas asiáticas empregan unha gran variedade de sopas de fideos con diferentes tipos de caldos de peixe e mariscos, na que empregan diferentes tipos de fideos segundo os países, sendo un elemento diferenciador da cociña de occidente fronte á cociña de oriente.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sopa.
Andy Warhol

Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh, Pensilvania, e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.

Foi pioneiro na arte xerada por ordenador, usando ordenadores Amiga que apareceron en 1985, xusto antes da súa morte en 1987. Fundou a revista Interview Magazine e foi o autor de numerosos libros, como The Philosophy of Andy Warhol e Popism: The Warhol Sixties.

Apagamento da Wikipedia en inglés

O apagamento da Wikipedia en inglés foi unha manifestación que tivo lugar o 18 de xaneiro de 2012 en protesta pola lei SOPA.

Berga

Berga é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital da comarca do Berguedà. A zona vella foi construída na década de 1360.

Borsch

O borsch (coñecido tamén como borshtch ou borshch, en ruso e ucraíno: борщ, /Borʃ/ ; en polaco: barszcz; en lituano: barščiai; en romanés: borș; en alemán: borschtsch) é unha sopa de verduras que inclúe xeralmente remolacha, que lle dá unha cor rubia intensa característica, e é tradicional en diversos países do Leste europeo como Ucraína, Polonia, Rusia, Romanía, entre outros.

O borsch consómese masivamente en Ucraína, de onde se admite que é orixinario, pero debe entenderse que este prato constitúe parte da herdanza culinaria de moitos dos países do Leste de Europa e Europa Central. Foi levada a Europa Occidental e a América principalmente por inmigrantes xudeus fuxidos da persecución nestas rexións; en yiddish, lingua falada por moitos destes inmigrantes, o prato chámase borsht (בורשט).

A sopa é normalmente preparada con remolacha, que lle dá unha forte coloración vermella. Outros ingredientes que se acostuman empregar son repolo, cenoria, cogombro, pataca, cebola, tomate, cogomelo e carne, as veces feixón.

O prato acostuma ser servido con nata (crema de leite) e patacas cocidas, ou kascha, unha papa de trigo sarraceno.

Caldo galego

O caldo galego é unha sopa ou caldo típico da gastronomía de Galicia.

Cocido

Un cocido é unha preparación gastronómica feita nunha ola con auga, na que se cocen conxuntamente carnes (de porco, tenreira, polo ou cordeiro), embutidos, verduras (como coles, verzas, nabizas, grelos ou repolo), patacas, legumes (garavanzos, fabas) e outros elementos que ás veces son engadidos no momento de servir.

Debido ás súas numerosas variantes territoriais, o nome adoita ir acompañado do xentilicio relativo á súa orixe xeográfica (madrileño, maragato, lebaniego, galego etc.)

Cunca

Unha cunca é un recipiente. Este recipiente non só se emprega para conter tanto líquidos como grans, senón que tamén para beber. Algunhas cociñas internacionais, tal é así nas cociñas asiáticas cociña xaponesa e a cociña chinesa, fan uso extensivo e intensivo da cunca como prato que pode conter unha sopa, infusión etc.

Hospital de Órbigo

Hospital de Órbigo é unha localidade da provincia de León. A súa poboación en 2007 era de 1.052 habitantes e a superficie do termo municipal é de 4,58 km², sendo a densidade poboacional de 229,69 hab./km². Atópase a unha altitude de 823 m.

Latas de sopa Campbell

Latas de sopa Campbell (en inglés: Campbell's Soup Cans), tamén coñecida como 32 latas de sopa Campbell, é unha obra de arte producida en 1962 polo artista estadoundiense Andy Warhol. Consiste en trinta e dous lenzos, cada un de 50,8 cm de altura e 40,6 cm de largura, nos que hai pintada unha lata de sopa Campbell que reproduce tódalas variedades de sopa enlatada que a compañía ofrecía daquela. As pinturas individuais foron realizadas cun proceso semimecanizado de serigrafía. O apoio de Campbell's Soup Cans respecto dos temas da cultura popular axudou á arte pop a converterse nun movemento artístico de transcendencia.

Para Warhol, un ilustrador comercial que se convertería nun autor de éxito, pintor e director de cinema, esta obra supuxo a súa primeira exposición individual nunha galería de arte como artista profesional. A obra, exposta por vez primeira na Galería Ferus de Os Ánxeles, marcou o comezo da arte pop na costa oeste dos Estados Unidos. Ó comezo, a mestura do proceso semimecanizado, o estilo e o tema comercial provocaron anoxo, xa que o evidente comercialismo mundano representaba unha aldraxa directa á técnica e filosofía do expresionismo abstracto, un movemento artístico que foi dominante durante o período posterior á Segunda Guerra Mundial e que se aferrabaa, non só ós valores e á estética das «Belas Artes», senón tamén a unha inclinación mística. Esta controversia conducíu a un gran debate sobre a ética e os méritos que supoñían este traballo. Os motivos de Warhol como artista foron postos en cuestión, e continúan a día de hoxe. A gran conmoción pública axudar a transformar a Warhol dende un experimentado ilustrador comercial dos anos 1950 a un notable artista de belas artes, e distinguíuno doutros artistas pop emerxentes. Aínda que a demanda comercial polas súas pinturas no foi immediata, a relación de Warhol co tema fixo que o seu nome se convertese en sinónimo das pinturas de Latas de sopa Campbell.

Países Baixos

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Plasma (estado da materia)

O plasma é o estado da materia que ocorre no interior do Sol e demais estrelas; que consiste nunha "sopa" de electróns libres e ións. A materia suxeita ao estado de plasma atinxe temperaturas tan altas que os seus átomos comezan a perder electróns e estes tórnanse libres.

A palabra plasma ven da medicina onde se utiliza para indicar unha perturbación ou estado non distinguíbel. O termo plasma na física, utilizouse pola primeira vez polo físico americano, Irving Langmuir no 1928, cando estudaba descargas eléctricas en gases.

Na superficie da Terra o plasma só se forma en condicións especiais. Debido a que a forza gravitacional da Terra é débil para reter o plasma, non é posíbel mantelo confinado por longos períodos como acontece no Sol. O Sol, así como todas estrelas que emiten luz, atópanse neste cuarto estado da materia. Na ionosfera terrestre, temos o xurdimento da Aurora boreal, que é un plasma natural, así como o lume. Son sistemas compostos por un gran número de partículas cargadas, distribuídas dentro dun volume (macroscópico) onde haxa a mesma cantidade de cargas positivas e negativas.

Este medio recibe o nome de Plasma, e chamouse polo físico inglés W. Clux do cuarto estado fundamental da materia, por conter propiedades diferentes do estado sólido, líquido e gasoso.

Esta mudanza de estado acontece da seguinte forma: ao adicionarmos calor ao sólido este transfórmase en líquido; se adicionarmos máis calor, este transfórmase en gas e se aquecermos este gas a altas temperaturas, obtemos o plasma. Sendo así, se colocarmos en orde crecente conforme á cantidade de enerxía que a materia posúe teremos:

SÓLIDO LÍQUIDO GASOSO PLASMA

A importancia do estudo de física de plasma dáse en función de que, a materia do universo é nun 99% materia ionizada en forma de plasma; ou sexa, no planeta Terra, onde a materia se atopa normalmente nos tres estados: sólido, líquido e gasoso, pódese dicir que en relación ao Universo, vivimos nun ambiente especial e raro.

Como o plasma está a altísima temperatura, a axitación dos seus átomos é tan grande que as colisións entre partículas é moi común, non podendo ser mantido cohesionado o átomo, a forza nuclear forte non é xa capaz de manter o núcleo atómico estábel e nin existen combinacións entre os electróns libres, entón tamén non temos a actuación da forza nuclear fraca.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Ramen

O ramen (ラーメン, rāmen) é a versión xaponesa da sopa de fideos chinesa la mian (拉麵).

Basicamente son fideos fervidos en auga, servidos nun prato de sopa, para ser despois cubertos con algunha variedade de Gu (具). Moi distinto ao que se cre, era o prato orixinal chinés, la mian, que se parecía algo máis ao spaghetti e se servía só con mollo. O ramen integrouse con tal forza na gastronomía xaponesa que en Taiwan se considera un produto netamente xaponés.

Acostúmase consumir en establecementos de comida rápida, en postos ambulantes ou na casa, sendo un dos alimentos máis baratos que se poden atopar.

Os ingredientes máis importantes do ramen son: men (麺) (fideo), sopa e Gu (具).

Siberia

Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional. é unha vasta rexión da Rusia e do Norte do Casaquistán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o Océano Pacífico, e para sur desde o Océano Ártico ata os montes do centro-norte do Casaquistán e ata á fronteira coa Mongolia e China. O xentilicio é siberiano/siberiana.

Sopa de Cabra

Sopa de Cabra, tamén coñecido como els Sopa, foi un grupo de música xironés que estivo en activo entre os anos 1986 e 2001. Entre as cancións máis populares do grupo destacan L'Empordà, Camins, El Far del Sud ou El Boig de la Ciutat. En setembro de 2011 fixeron un reencontro para facer unha xira e conmemorar os 25 anos da creación do grupo.

Sopa de aleta de tiburón

A sopa de aleta de tiburón é unha sopa que está considerada como unha delicia chinesa, que xeralmente se serve nas celebracións festivas do país, así como en ocasións especiais tales como vodas e banquetes, como símbolo de saúde e prestixio.

Sopa de miso

A sopa de miso (味噌汁, misoshiru) é unha sopa xaponesa cuxo principal ingrediente é o miso, que ao tempo dálle o seu nome. É un dos pratos principais da gastronomía xaponesa.

Sopa primitiva

A sopa primitiva, ou caldo primitivo (tamén chamados primarios, da vida ou primordiais) é unha das hipóteses sobre a creación da vida no noso planeta.

O experimento para xustificala baséase principalmente en reproducir nun lugar hermético as condicións que se deron na Terra hai millóns de anos xunto co caldo primitivo, é dicir, os elementos nas proporcións nas que, supostamente, se encontraban entón. O líquido, rico en compostos orgánicos, componse de carbono, nitróxeno e hidróxeno maioritariamente, exposto a raios ultravioletas e enerxía eléctrica. O resultado é que se xeran unhas estruturas simples de ARN, no seu momento versión primitiva do ADN, base das criaturas vivas. Parte deste resultado deu orixe á teoría dawkinsiana (que non darwiniana) da evolución biolóxica.

O concepto débese ao biólogo ruso Aleksandr Ivanovich Oparin que, en 1924 postulou a hipótese de que a orixe da vida na Terra debeuse á evolución química gradual a partir de moléculas baseadas no carbono, todo iso de maneira abiótica. O bioquímico Robert Shapiro resumiu a teoría da "sopa primitiva" de Oparín e J. B. S. Haldane na súa "forma madura" como segue:

A Terra primitiva tiña unha atmosfera redutora.

Nesta atmosfera, exposta a diversos tipos de enerxía, orixináronse compostos orgánicos simples ("monómeros").

Estes compostos acumuláronse no mar nunha "sopa", que se puido concentrar en varias localizacións (zonas costeiras, pozas, chemineas oceánicas etc.).

Posteriores transformacións darían lugar a compostos orgánicos máis complexos ou polímeros, e finalmente desenvolveríase a vida na sopa.

Verza

Este artigo trata sobra a hortaliza, para a alga véxase verza de mar.

A verza, tamén coñecida coma col galega, coia galega ou verza galega, é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas largas, usada no típico caldo de verzas da Galiza e de Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde, típica de Portugal. Tamén é popular en Asturias, Cantabria e o País Vasco e Navarra, así como no norte de Castela e León (Burgos, Palencia, León).

Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.

Tamén se lle chama verza á folla das coias en xeral.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.