Son

O son é a sensación producida no órgano do oído pola mudanza de presión atmosférica xerada polo movemento vibratorio dos corpos, transmitido por un medio elástico. Está producido por ondas de compresión do medio (lonxitudinais). A función do medio transmisor é fundamental, pois o son, como vibración mecánica, non se propaga no baleiro (onde non hai materia que se poida mover). O ar é para nós o medio transmisor natural do son. A velocidade de propagación do son no ar é de aproximadamente 340 m.s−1 a 15ºC de temperatura.

O son defínese como a compresión mecánica ou ondas lonxitudinais que se propagan nun medio (sólido, líquido ou gasoso). A grande maioría dos sons son combinacións de sinais, pero un son teoricamente puro pode ser descrito a través dunha determinada velocidade de oscilación (ou frecuencia) medida en Hertz (Hz) e amplitude (ou a súa relacionada enerxía) a través de medidas como o nivel de decibeis. O rango do son audible ao ouvido humano está aproximadamente entre 20 Hz e 20 kHz a amplitudes típicas con variacións longas en curvas de resposta. Enriba e abaixo deste rango están os ultrasóns e os infrasóns, respectivamente.

O ser humano e moitos animais perciben o son a través do sentido da audición polos oídos, pero os sons de baixa frecuencia tamén poden ser sentidos por outras partes do corpo. Os sons son utilizados de diversos modos, especialmente para comunicación a través da fala ou, por exemplo, música. A percepción do son tamén pode ser usada para adquirir información acerca do ambiente circundante en relación a propiedades como características espaciais e presenza doutros animais ou obxectos. Por exemplo, os morcegos usan un tipo de localización por eco en canto voan. Os navíos e os submarinos usan o sonar. Os seres humanos adquiren e usan a información espacial percibida nos sons.

A "cantidade" percibida de son (enerxía de onda de presión) defínese como intensidade sonora e mídese en sons. O ouvido humano é moi sensible ao son que se atopa no medio da escala de frecuencias audibles. A amplitude dunha onda sonora mídese en pascal e a intensidade dun son mídese en decibeis en relación á escala citada. A intensidade sonora mínima audible ó longo de todas as frecuencias audibles defínese como Limiar Absoluto de Audición (ATH).

Os estudios científicos do son atópanse xeralmente encadrados no campo da acústica. A percepción dos sons, i.e. audición, estúdase na psicoacústica, que tamén implica unha relación estreita entre a percepción e a psicoloxía. O modelo psicoacústico procura sistematizar os sons que poden ser ouvidos (deixando fora os que son inaudibles). Ademais, a clase de técnicas e métodos que envolven o procesamento do son chámanse xeralmente métodos de procesamento do audio-sinal.

O rango auditivo varía entre diferentes animais: os morcegos teñen un rango moito máis amplo que o normal, mentres as ras o teñen máis curto. A continuación lístanse frecuencias típicas (en hertzs):

Processing of sound-es
Representación esquemática do oído e da propagación do son. Azul: ondas sonoras. Vermello: tímpano. Amarelo: Cóclea. Verde: células de receptores auditivos. Púrpura: espectro de frecuencia de resposta do oído. Laranxa: impulso do nervio.
Onde compression impulsion 1d 30 petit
Transmisión do son nun fluído. Prodúcese unha onda de presión por compresión que fai que o resto das partículas se compriman entre elas.
Thoth08BigasDrumEvansChalmette
Un tambor produce son por medio da vibración da súa membrana.

Física do son

Spherical pressure waves
Compresión esférica (longitudinais) ondas.

A física do son é estudada pola acústica, que trata tanto da propagación das ondas sonoras nos diferentes tipos de medios continuos como a interacción destas ondas sonoras cos corpos físicos.

Sine waves different frequencies
onda sinusoidal; Variación de frecuencia; Abaixo podemos ver as frecuencias máis altas. O eixo horizontal representa o tempo.

Propagación do son

Certas características dos fluídos e dos sólidos inflúen na onda de son. É por iso que o son se propaga nos sólidos e nos líquidos con maior rapidez que nos gases. En xeral canto maior sexa a compresibilidade (1/K) do medio tanto menor é a velocidade do son. Tamén a densidade é un factor importante na velocidade de propagación, en xeral canto menor sexa a densidade (ρ), a igualdade de todo o demais, maior é a velocidade da propagación do son. A velocidade do son relaciónase con esas magnitudes mediante:


Nos gases, a temperatura inflúe tanto a compresibilidade como a densidade, de tal maneira que un factor de suma importancia é a temperatura do medio de propagación.

A propagación do son está suxeita a algúns condicionantes. Así a transmisión de son require a existencia dun medio material onde a vibración das moléculas é percibida como unha onda sonora. Na propagación en medios compresibeis como o aire, a propagación implica que nalgunhas zonas as moléculas de aire, ao vibrar xúntanse (zonas de compresión) e noutras zonas afástanse (zonas de rarefacción), esta alteración de distancias entre as moléculas de aire é o que produce o son. En fluídos altamente incompresibeis, como os líquidos, as distancias vense moi pouco afectadas pero maniféstase en forma de ondas de presión. A velocidade de propagación das ondas sonoras nun medio depende da distancia media entre as partículas de devandito medio, por tanto, é en xeral maior nos sólidos que nos líquidos e nestes, á súa vez, que nos gases. No baleiro non pode propagarse o son, nótese que por tanto as explosións realmente non son audibles no espazo exterior.

As ondas sonoras prodúcense cando un corpo vibra rapidamente. A frecuencia é o número de vibracións ou oscilacións completas que efectúan por segundo. Os sons producidos son audibles por un ser humano medio se a frecuencia de oscilación está comprendida entre 20 Hz e 20000 Hz. Por encima desta última frecuencia tense un ultrasón non audible polos seres humanos, aínda que algúns animais si poden ouvilos. A intensidade dun son está relacionada co cadrado da amplitude de presión da onda sonora. Un son grave corresponde a unha onda sonora con frecuencia baixa mentres que os sons agudos correspóndense con frecuencias máis altas.

Magnitudes físicas do son

Como todo movemento ondulatorio, o son pode representarse mediante a Transformada de Fourier como unha suma de curvas sinusoides, tons puros, cun factor de amplitude, que se poden caracterizar polas mesmas magnitudes e unidades de medida que a calquera onda de frecuencia ben definida: Lonxitude de onda (λ), frecuencia (f) ou inversa do período (T), amplitude (relacionada co volume e a potencia acústica) e fase. Esta descomposición simplifica o estudo de sons complexos xa que permite estudar cada compoñente de frecuencia independentemente e combinar os resultados aplicando o principio de superposición, que se cumpre porque a alteración que provoca un ton non modifica significativamente as propiedades do medio.

A caracterización dun son arbitrariamente complexo implica analizar:

  • Potencia acústica: O nivel de potencia acústica (PWL Power Wattage Level) é a cantidade de enerxía radiada ao medio en forma de ondas por unidade de tempo por unha fonte determinada. A unidade en que se mide é o watt e o seu símbolo W. A potencia acústica depende da amplitude.
  • Espectro de frecuencias: a distribución da devandita enerxía entre as diversas ondas compoñentes.

Velocidade do son

FA-18 Hornet breaking sound barrier (7 July 1999) - filtered
Avión F / A-18 da mariña de guerra dos EE.UU. achegándose á barreira do son. O halo branco está formado por pingas de auga condensada que se cre que son o resultado dunha caída na presión de aire ao redor da aeronave (Singularidade de Prandtl-Glauert).
  • No aire, o son ten unha velocidade de 331,5 m/s cando: a temperatura é de 0 °C, a presión atmosférica é de 1 atm (nivel do mar) e preséntase unha humidade relativa do aire de 0 % (aire seco). Aínda que depende moi pouco da presión do aire.
  • A velocidade do son depende do tipo de material. Cando o son se despraza nos sólidos ten maior velocidade que nos líquidos, e nos líquidos é máis veloz que nos gases. Isto débese a que as partículas nos sólidos están máis próximas.
Comportamiento ondas
Comportamento das ondas de son a diferentes velocidades.

A velocidade do son no aire pódese calcular en relación á temperatura da seguinte maneira:


Onde:

, é a temperatura en graos Celsius.

Se a temperatura ambiente é de 15 °C, a velocidade de propagación do son é 340 m/s (1224 km/h ). Este valor corresponde a 1 MACH.

Reverberación

A reverberación é a suma total das reflexións do son que chegan ao lugar do receptor en diferentes momentos do tempo. Auditivamente caracterízase por unha prolongación, a modo de "cola sonora", que se engade ao son orixinal. A duración e a coloración tímbrica desta cola dependen de: A distancia entre o oínte e a fonte sonora, e a natureza das superficies que reflicten o son. En situacións naturais falamos de son directo para referirnos ao son que se transmite directamente desde a fonte sonora até nós (ou até o mecanismo de captación que teñamos). Por outra banda, o son reflectido é o que percibimos despois de que haxa rebotado nas superficies que delimitan o recinto acústico, ou nos obxectos que se atopen na súa traxectoria. Evidentemente, a traxectoria do son reflectido sempre será máis longa que a do son directo, de maneira que -temporalmente- escoitamos primeiro o son directo, e uns instantes máis tarde escoitaremos as primeiras reflexións; a medida que transcorre o tempo as reflexións que nos chegan son cada vez de menor intensidade, ata que desaparecen. A nosa sensación, no entanto, non é a de escoitar sons separados, xa que o cerebro intégraos nun único precepto, sempre que as reflexións cheguen cunha separación menor duns 50 milisegundos. Isto é o que se denomina efecto Haas ou efecto de precedencia.

Resonancia

É o fenómeno que se produce cando dous corpos teñen a mesma frecuencia de vibración, un dos cales empeza a vibrar ao recibir as ondas sonoras emitidas polo outro.

Para entender o fenómeno da resonancia existe un exemplo moi sinxelo. Supóñase que se ten un tubo con auga e moi preto del (sen entrar en contacto) temos un diapasón, se golpeamos o diapasón cun metal, mentres botan auga no tubo, cando a auga alcance determinada altura o son será máis forte; isto débese a que a columna de auga contida no tubo ponse a vibrar coa mesma frecuencia que a que ten o diapasón, o que evidencia por que as frecuencias refórzanse e en consecuencia aumenta a intensidade do son.

Un exemplo é o efecto de afinar as cordas da guitarra, posto que ao afinar, o que se fai é igualar as frecuencias, é dicir pór en resonancia o son das cordas.

Fisioloxía do son

O aparello auditivo

Artigo principal: Oído.

Os sons son percibidos a través do aparello auditivo que recibe as ondas sonoras, que son convertidas en movementos dos osiños óticos e percibidas no oído interno que á súa vez as transmite mediante o sistema nervioso ao cerebro. Esta habilidade tense mesmo antes de nacer.

A voz humana

Human voice spectrogram
A espectrografía da voz humana revela o seu rico contido harmónico.

A voz humana prodúcese pola vibración das cordas vocais, o cal xera unha onda sonora que é combinación de varias frecuencias e os seus correspondentes harmónicos. A cavidade buco-nasal serve para crear ondas cuasiestacionarias polo que certas frecuencias son denominadas formantes. Cada segmento de son da fala vén caracterizado por un certo espectro de frecuencias ou distribución da enerxía sonora nas diferentes frecuencias. O oído humano é capaz de identificar diferentes formantes do devandito son e percibir cada son con formantes diferentes como cualitativamente diferentes, iso é o que permite por exemplo distinguir dúas vogais. Tipicamente o primeiro formante, o de frecuencia máis baixa está relacionado coa abertura da vogal que en última instancia está relacionada coa frecuencia das ondas estacionarias que vibran verticalmente na cavidade. O segundo formante está relacionado coa vibración na dirección horizontal e está relacionado con se a vocal é anterior, central ou posterior.

A voz masculina ten un ton fundamental de entre 100 e 200 Hz, mentres que a voz feminina é máis aguda, tipicamente está entre 150 e 300 Hz. As voces infantís son aínda máis agudas. Sen o filtrado por resonancia que produce a cavidade buco nasal, as nosas emisións sonoras non terían a claridade necesaria para ser audibles. Ese proceso de filtrado é precisamente o que permite xerar os diversos formantes de cada unidade segmental da fala.

Sons da fala

As linguas humanas usan segmentos homoxéneos recoñecibles dunhas decenas de milisegundos de duración, que compoñen os sons da fala, tecnicamente chamados fonos. Lingüísticamente non todas as diferenzas acústicas son relevantes, por exemplo as mulleres e os nenos teñen en xeral tons máis agudos, polo que todos os sons que producen teñen en media unha frecuencia fundamental e uns harmónicos máis altos e intensos.

Os falantes competentes dunha lingua aprenden a "clasificar" diferentes sons cualitativamente similares en clases de equivalencia de trazos relevantes. Esas clases de equivalencia recoñecidas polos falantes son os constructos mentais que chamamos fonemas. A maioría de linguas naturais teñen unhas poucas decenas de fonemas distintivos, a pesar de que as variacións acústicas dos fonos e sons son enormes.

O son na música

O son, en combinación co silencio, é a materia prima da música. En música os sons cualifícanse en categorías como: longos e curtos, fortes e débiles, agudos e graves, agradables e desagradables. O son estivo sempre presente na vida cotiá do home. Ao longo da historia o ser humano inventou unha serie de regras para ordenalo até construír algún tipo de linguaxe musical.

Propiedades

As catro calidades básicas do son son a altura, a duración, a intensidade e o timbre ou cor.

Calidade Característica Rango
Altura ou ton Frecuencia de onda Agudo, medio, grave
Intensidade Amplitude de onda Forte, débil ou suave
Timbre Harmónicos de onda ou forma da onda. Análogo á textura Depende das características da fonte emisora do son (por analoxía: áspero, suave, metálico, etc)
Duración Tempo de vibración Longo ou curto

A altura

A altura, ou altura tonal, indica se o son é grave, agudo ou medio, e vén determinada pola frecuencia fundamental das ondas sonoras, medida en ciclos por segundo ou hertzs (Hz).

  • vibración lenta = baixa frecuencia = son grave.
  • vibración rápida = alta frecuencia = son agudo.

Para que os humanos poidamos percibir un son, este debe estar comprendido entre o rango de audición de 20 e 20.000 Hz. Por baixo deste rango temos os infrasons e por encima os ultrasóns. A isto denomínaselle rango de frecuencia audible. Canta máis idade se ten, este rango vai reducíndose tanto en graves como en agudos.

Na música occidental fóronse establecendo tons determinados chamados notas, cuxa secuencia de 12 (C, C#, D, D#, E, F, F#, G, G#, A, A#, B) vaise repetindo formando oitavas, en cada unha destas duplícase a frecuencia. A diferenza entre distintas notas denomínase intervalo.

A duración

É o tempo durante o cal se mantén un son. Podemos escoitar sons longos, curtos, moi curtos, etc. Os únicos instrumentos acústicos que poden manter os sons o tempo que queiran, son os de corda fregada, como o violín, e os de vento (utilizando a respiración circular ou continua); pero polo xeral, os instrumentos de vento dependen da capacidade pulmonar, e os de corda segundo o cambio do arco producido polo músico.

A intensidade

É a cantidade de enerxía acústica que contén un son, é dicir, o forte ou suave dun son. A intensidade vén determinada pola potencia, que á súa vez está determinada pola amplitude e permítenos distinguir se o son é forte ou débil.

A intensidade do son divídese en intensidade física e intensidade auditiva, a primeira está determinada pola cantidade de enerxía que se propaga, na unidade de tempo, a través da unidade de área perpendicular á dirección en que se propaga a onda. A intensidade auditiva fundaméntase na lei psicofísica de Weber-Fechner, que establece unha relación logarítmica entre a intensidade física do son que é captado, e a intensidade física mínima audible polo oído humano.

Os sons que percibimos deben superar o limiar auditivo (0 dB) e non chegar ao limiar de dor (140 dB). Esta calidade medímola co sonómetro e os resultados exprésanse en decibels (dB) en honra ao científico e inventor Alexander Graham Bell.

O timbre

Unha mesma nota soa distinta se a toca unha frauta, un violín, unha trompeta, etc. Cada instrumento ten un timbre que o identifica ou o diferencia dos demais. Coa voz sucede o mesmo. O son dado por un home, unha muller ou un neno teñen distinto timbre. O timbre permitiranos distinguir se a voz é áspera, doce, rouca ou suave. Tamén inflúe na variación do timbre a calidade do material que se utilice. Así pois, o son será claro, xordo, agradable ou molesto.

Clasificación dos sons

Os sons pódense clasificar en dúas ramas: deterministas e aleatorios.

Os sons deterministas

Os sons deterministas pódense representar sempre a través dunha expresión matemática que indica o xeito en que varía a correspondente presión sonora en función do tempo; podemos coñecer a súa evolución temporal coñecendo a súa frecuencia e amplitude. Dentro deste grupo de sons atopamos como máis representativos os sons periódicos simples, os sons periódicos complexos e os transitorios. Os sons periódicos clasifícanse a súa vez en sinusoidais e complexos.

  • Son periódico simple (ton puro)

É o tipo de son máis simple que existe, componse dunha única frecuencia constante que ten o seu espectro nunha soa liña.

  • Son periódico complexo

Este son caracterízase por unha frecuencia de orixe, denominada fundamental ou primeiro harmónico, e un conxunto finito ( e as veces infinito) de frecuencias múltiplos desta.

  • Son transitorio

Este son é o resultante da brusca liberación de enerxía baixo a forma, por exemplo, dunha forte explosión. Aparece repentinamente e ten unha duración breve. Estes sons conteñen un gran número de compoñentes de frecuencia que non gardan relación harmónica entre si, senón que forman un espectro continuo.

Os sons aleatorios

Os sons aleatorios están formados por moitas frecuencias de valor non predicible, habitualmente reciben o nome de “ruído”. Neste caso, en lugar de empregar o espectro de frecuencia, faise uso da chamada densidade espectral de potencia, e dicir, da potencia sonora por unidade de frecuencia. Un tipo de son aleatorio característico é o Ruído Branco.

Ruído branco e ruído rosa

  • Ruído branco

Defínese como aquel ruído que presenta unha densidade espectral de potencia constante. Dado que a luz branca é aquela que contén todas as frecuencias do espectro visible, o ruído branco deriva o seu nome de conter tamén todas as frecuencias.

É unha sinal non correlativa, é dicir, no eixe do tempo a sinal toma valores sen ningunha relacións uns cos outros. Nunha gráfica espectral de frecuencia, no dominio da frecuencia, veríamos todas as compoñentes coa mesma amplitude, facendo o efecto dunha liña continua paralela ao eixe horizontal.

Sóese empregar como sinal de probas, inda que en realidade prefírese o ruído rosa dado que a súa densidade espectral asemellase máis a do son real e como o percibimos nos.

Nunha gráfica de eixe horizontal de comportamento logarítmico, unha medida de ruído branco veriámola ascendente a 3 dB por oitava, ao contrario que o ruído rosa, que, nese caso, si se ve plano.

  • Ruído rosa

É un ruído aleatorio que posúe unha densidade espectral de potencia constante que se relaciona a través de 1/f coa frecuencia.

O seu nome deriva pois é un intermedio entre o ruído branco (constante) e o ruído vermello ou browniano (que se relaciona 1/f2).

Este ruído ten a mesma enerxía en tódalas oitavas, é por isto que a súa enerxía decae 3 dB por oitava. Ao escoitalo, resulta máis escuro que o ruído branco.

No mundo do son o ruído rosa é moi empregado, por un lado o espectro é moi parecido ao da maioría dos instrumentos harmónicos, e por outro, dado que na maioría de gráficas se emprega unha escala logarítmica no eixe horizontal, o ruído rosa vese como se tivera un espectro plano.

Fonética

En fonética, son é o mesmo que realización, é dicir, o que realmente é capaz o ser humano de producir sonoramente na comunicación lingüística.

Contaminación acústica

Traffic jam Sao Paulo 09 2006 30
O tránsito rodado dos vehículos nas cidades é unha das principais fontes de contaminación sonora. Imaxe dunha rúa de São Paulo.

As actividades humanas comportan habitualmente a produción de sons, que estes cheguen a ser unha incomodidade, unha molestia ou que cheguen a afectar a saúde física ou psíquica das persoas depende do tipo de ruído, da súa duración e do momento e o lugar onde se produzan. Fálase de contaminación acústica cando o ruído comporta repercusións graves sobre a saúde, a calidade de vida dos seres vivos ou o funcionamento normal dos ecosistemas.

As fontes de contaminación acústica máis importante son: o tránsito de todo tipo de vehículos (aéreos e terrestres), as actividades industriais e produtivas, as actividades de lecer (concertos, acontecementos deportivos) e a veciñanza (berros, música).[1]

A contaminación acústica poden ter consecuencias negativas sobre a saúde humana como a diminución temporal ou permanente da capacidade auditiva (pode chegar á xordeira), sensacións de nerviosismo e irritabilidade, alteracións do sono, depresións, etc.[2]

Lexislación

Até a década do 1970 non apareceron as primeiras leis que timidamente tentaban regular a produción de ruído e a exposición a determinados niveis de ruído. O precedente máis antigo sería a prohibición de utilización do claxon preto dos hospitais e as indicacións de silencio nestas institucións.

En xeral as lexislacións establecen límites máximos do nivel de emisión sonora en función das horas, habitualmente faise unha diferenciación entre día (entre as 7 e as 21h),[3] anoitecer (entre as 21 e as 23 h) e noite (entre as 23 e as 7 h)[3] e entre zonas con diferente grao de tolerancia. Normalmente regúlanse os límites de emisión sonora, actividades especificamente sometidas a control polo seu impacto ambiental, niveis de exposición, normas construtivas ou os métodos de cálculo e aparellos de medida a utilizar. De maneira adicional á lexislación ambiental, tamén adoita haber normas respecto ao ruído na lexislación laboral, en especial a relativa á seguridade e riscos laborais.

Notas

  1. Lei 16/2002, de 28 de xuño, de protección contra a contaminación acústica Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (DOGC, núm. 3675), establécese:(Anexo 2) Para os efectos desta Lei, enténdese por ruído producido polos medios de transporte o que provén do tránsito dos vehículos de motor, dos ferrocarrís e do ámbito portuario.; (Anexo 3) Para os efectos desta Lei, enténdese por ruído producido polas actividades o que provén das máquinas, as instalacións, as obras, etc., e por ruído producido pola veciñanza o que provén das actividades domésticas, do funcionamento dos electrodomésticos, os aparellos, os instrumentos musicais ou acústicos, dos animais domésticos, as voces, os cantos, os berros ou outras orixes asimilables.
  2. Efectos nocivos do ruído Arquivado 17 de decembro de 2009 en Wayback Machine., II Premios José Cantero. Fundación Epson Ibérica, Xullo 2001
  3. 3,0 3,1 Lei 16/2002, de 28 de xuño, de protección contra a contaminación acústica cos anexos modificados segundo o Decreto 176/2009, de 10 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento da Lei 16/2002, de 28 de xuño, e adáptanse os anexos Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.,DOGC, núm. 3675, 11-7-2002, modificado por DOGC, núm. 5506, 16/11/2009. Anexo 1, punto 2:Períodos de avaliación.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Animal Diversity Web

Animal Diversity Web (ADW) é o sitio web do Museo de Zooloxía da universidade de Michigan.

É unha base de datos online que recompila a historia natural, a clasificación, as características, a bioloxía da conservación e información da distribución de miles de especies de animais. Inclúe miles de fotografías, centos de clips de son e un museo virtual.

Bibliothèque nationale de France

A Biblioteca nacional de Francia (en francés: Bibliothèque nationale de France), coñecida polo acrónimo BnF e chamada tamén Biblioteca Nacional de París, é unha das bibliotecas máis importantes de Francia e do mundo. Ten o estatuto de estabelecemento público. As súas actividades desenvóvense en diferentes sedes, sendo François Mitterrand a principal, situada no barrio de Tolbiac, na beira sur de París. As outras son a Richelieu-Louvois e a Louvois.

A Biblioteca é moi coñecida pola súa versión dixital, chamada Gallica. Un decreto do ano 1537, que aínda segue en vigor, esixe que a Biblioteca Nacional de Francia garde un exemplar de tódalas obras que se publican en Francia. Actualmente acolle máis de 13 millóns de libros e 350 000 volumes de manuscritos, así como coleccións de mapas, moedas, documentos, selos e rexistros de son.

Calendario hindú

O termo calendario hindú é confuso xa que se refire ao conxunto de calendarios rexionais da India, que se comportan de distintos xeitos, así como ao Calendario nacional indio.

Poden ser "calculados" (como o calendario gregoriano por exemplo), de tal maneira que o número de mes, días no mes etc. son sempre os mesmos, determinados por regras, mediante os cales inténtase que dean resultados conforme ao movemento real das estacións, o sol e os astros.

Poden ser "astronómicos", de tal maneira que a observación efectiva dos eventos astronómicos determinan o comezo dos anos e os meses. Así, o número de días por mes e ano pode variar, non é un calendario previamente fixado ou planeado: o ceo, as observacións astronómicas son o calendario, pero iso redunda nunha perfecta exactitude.

Poden ser solares, fundamentados no movemento do sol.

Poden ser lunares, fundamentados no movemento da lúa; pero como iso conduce a incongruencia co movemento solar (como acontece no calendario musulmán), os calendarios lunares son máis exactamente lunar-solares, porque tamén se considera o movemento solar e inténtase seguilo da maneira máis fiel posíbel.Tamén existen varias eras.

a Era Vikram.

a Era Saka: o ano 0 é o 78, o 79 é o ano 1, o 21 de marzo de 2000 comezou o ano 1922; véxase orixe da era Saka.Por decreto publicado na Gazette of India estableceuse en 1957 o Indian National Calender (calendario nacional indio), que é de tipo calculado e solar, e cuxa era é a Saka.

Estacións e meses nos calendarios hindús

California

California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Canadá

O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.

O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.

O Canadá é unha federación, unha democracia parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da Commonwealth de Nacións e a xefa de estado do país é a raíña Isabel II de Inglaterra, que está representada no Canadá por un gobernador xeral. O xefe do goberno é o primeiro ministro, posto ocupado actualmente por Justin Trudeau. A capital do país é Otava.

O país obtivo súa independencia en 1 de xullo de 1867, do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en 1931, segundo os termos do Estatuto de Westminster.

O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por franceses e ingleses, cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia inglesa, escocesa ou irlandesa; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia francesa. Os tres maiores grupos minoritarios do país son italianos, alemáns e chineses.

Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa grande poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do século XX viuse asociada á cultura norteamericana.

Cataluña

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Coordenadas xeográficas

O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra:

A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.

A lonxitude mide o ángulo ao longo do ecuador desde calquera punto da Terra. Acéptase que Greenwich en Londres é a lonxitude 0 na maioría das sociedades modernas. As liñas de lonxitude son círculos máximos que pasan polos polos e chámanse meridianos.O ecuador é un elemento importante deste sistema de coordenadas; representa o cero dos ángulos de latitude e o punto medio entre os polos. É o plano fundamental do sistema de coordenadas xeográficas.

Cordados

Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.Coñécense preto de 65 000 especies actuais, a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.

Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.

Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.

Código postal

O código postal está composto por unha serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para facilitar e axilizar o servizo de correos. Normalmente, os códigos son unha serie de díxitos, mais algúns estados tamén empregan letras.

Discogs

Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos.

Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.

Discogs contén arredor de 6 millóns de cancións, 3,9 millóns de artistas e uns 743 000 selos discográficos. Existen unhas 275 688 contas de usuario de colaboradores. Estas cifras están constante crecemento debido as contribucións dos usuarios.

Faceted Application of Subject Terminology

FAST (Faceted Application of Subject Terminology) é unha sintaxe simplificada para o tesauro Library of Congress Subject Headings (LCSH). Foi desenvolvido por Online Computer Library Center, Inc. (OCLC) como parte do WorldCat, co obxectivo de facer catalogación menos custosa e máis doada de aplicar en contextos conectados. Os títulos de FAST separan datos temáticos de datos que non o son, como información sobre a forma dun documento, cobertura cronolóxica ou cobertura xeográfica.

Global Biodiversity Information Facility

A Global Biodiversity Information Facility (GBIF) é unha organización internacional que trata de que os datos científicos sobre biodiversidade estean dispoñíbeis na Internet usando servizos web. Os datos son proporcionados por moitas institucións de todo o mundo, e a estrutura da información da GBIF fai que estes datos sexan accesíbeis e permite buscas nun único portal. Os datos dispoñíbeis a través do portal da GBIF son principalmente datos de distribución de plantas, animais, fungos e microorganismos, e datos de nomes científicos.

A misión da GBIF é facilitar o acceso libre e aberto aos datos de biodiversidade do mundo para propiciar un desenvolvemento sustentábel. As prioridades, cun énfase en promover a participación e traballar con socios, inclúen mobilizar datos sobre biodiversidade, desenvolver protocolos e estándares para asegurar a integridade científica e a interoperabilidade, construír unha arquitectura informática que permita a interconexión de distintos tipos de datos provenientes de fontes dispares, promover a construción de capacidades e catalizar o desenvolvemento de ferramentas analíticas para unha mellor toma de decisións.

A GBIF trata de formar ligazóns informáticas entre recursos de datos dixitais de todo o espectro da organización biolóxica (de xenes a ecosistemas), e conectar estes con problemas importantes para a ciencia, a sociedade e a sustentabilidade usando xeoreferenciación e ferramentas de información xeográfica. Traballa en asociación con outras organizacións internacionais como a asociación do Catálogo da Vida, Biodiversity Information Standards (TDWG), Consortium for the Barcode of Life (CBOL), a Encyclopedia of Life (EOL) e GEOSS.

Igrexa católica

A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son o rito latino (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhas ordes relixiosas), o rito bizantino, o rito copto, o siríaco, o armenio, o maronita e o rito caldeo.As notas esenciais que definen á Igrexa son a súa Unidade, Santidade, Catolicidade e Apostolicidade; estas notas atópanse en tódalas Igrexas particulares que constitúen a Igrexa católica, que son a Igrexa latina e as igrexas católicas orientais; todas elas teñen en común as devanditas notas ou características esenciais e a autoridade suprema do Romano Pontífice.

En ocasións a Igrexa católica é aludida como Igrexa católica apostólica romana ou como Igrexa católica romana; quen fai isto sostén que as Igrexas anglicana e ortodoxa tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade do papa, ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.

Municipio

O concello ou municipio é, nas súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consonte ás tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes puntos de contacto na súa estrutura e competencias.

En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:

Urbanos: concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;

Rurais: municipios constituídos por un ou máis núcleos poboacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;

Mixtos: concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral etc. (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas etc).

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Planta

As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das Plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.

As plantas verdes teñen paredes de celulosa e obteñen caracteristicamente a maioría da súa enerxía da luz por medio da fotosíntese, realizada en cloroplastos primarios, derivados da endosimbiose con cianobacterias. Os seus cloroplastos conteñen clorofilas a e b, o que lles dá a súa cor. Algunhas plantas parasitas perderon a súa capacidade de producir cantidades normais de clorofila ou de fotosintetizar. Son seres tipicamente autótrofos, xa que só necesitan absorber do seu medio substancias inorgánicas. As plantas tamén se caracterizan pola súa reprodución sexual, crecemento indeterminado modular, e pola alternancia de xeracións, aínda que a reprodución asexual é tamén común nelas.

O seu número preciso é difícil de determinar, pero unha estimación de 2010 falaba da existencia de entre 300.000 e 315.000 especies de plantas, das cales a grande maioría, unhas 260–290 mil, son plantas con sementes. As plantas verdes proporcionan a maior parte do oxíxeno molecular atmosférico e son a base da maioría dos ecosistemas da Terra, especialmente nos ambientes terrestres. As plantas que producen cereais, froitas e verduras constitúen o alimento básico da humanidade, e moitas especies foron domesticadas para uso agrícola durante milenios. As plantas utilízanse como ornamento e como fonte de medicinas, e as árbores proporcionaron a súa madeira, e outras plantas fibras téxtiles (algodón, liño).

Do estudo científico das plantas encárgase a botánica. Os nomes científicos da plantas seguen as normas do Código Internacional de Nomenclatura de algas, fungos e plantas e o Código Internacional de Nomenclatura de Plantas Cultivadas.

Político

Un político é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Sistema Integrado de Información Taxonómica

O Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), coñecido habitualmente pola súa sigla en inglés ITIS (Integrated Taxonomic Information System), é unha sociedade deseñada para que sexa a fonte que subministre unha información fiábel e consistente sobre a taxonomía das especies biolóxicas.

O SIIT creouse orixinalmente en 1996 como o «Sistema Interaxencias de Información Taxonómica», un grupo dentro do Goberno Federal dos Estados Unidos con implicacións de varias axencias, desde o propio Departamento de Comercio até a Smithsonian Institution. Actualmente é un organismo internacional, con axencias partícipes dos gobernos canadense e mexicano, e que colabora con outras axencias internacionais.

O ITIS axuda a elaborar unha base de datos completa e accesíbel de información taxonómica para cada unha das especies e outros taxons recoñecidos, incluíndo tanto o seu lugar no sistema xerárquico da clasificación científica como as referencias ás autoridades na materia que o situaron na súa posición taxonómica. As súas prioridades iniciais son as especies de Norteamérica, pero utiliza os resultados das investigacións internacionais. A súa base de datos pódese consultar na páxina oficial da organización na Internet.

A taxonomía biolóxica non é inamovíbel, e as opinións sobre o correcto status dun taxon a todos os niveis, e sobre a súa correcta situación, son constantemente revisadas, como resultado de novas investigacións, e moitos aspectos da clasificación permanecen sempre en cuestión. A base de datos do ITIS está posta ao día tanto como é posíbel, contando coas novas investigacións, e a información que manexa é a máis aproximada para representar un claro consenso das opinións taxonómicas máis actualizadas. Esta información non é, obviamente, definitiva, e probabelmente é máis fiábel para algúns grupos que para outros. Debe, de todos os modos, contrastarse con outras fontes dispoñíbeis, e coa literatura científica primaria en todo o posíbel.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.