Solsticio

En astronomía, o solsticio é o momento en que o Sol, durante o seu movemento aparente na esfera celeste, alcanza o seu maior afastamento, en latitude, do ecuador. Os solsticios ocorren dúas veces por ano: o 21 ou 22 de decembro e o 21 ou 22 de xuño. O nome provén do latín solstitium (sol sistere ou sol quieto).

Solstices and equinoxes.ant
Símbolo dos solsticios e equinoccios.

Características

No hemisferio Norte, o de decembro é o solsticio de inverno e o de xuño é o solsticio de verán. O oposto acontece no hemisferio Sur.

Os solsticios son aqueles momentos do ano nos que o Sol atinxe a súa máxima posición meridional ou boreal. No solsticio de verán do hemisferio Norte o Sol atinxe o cénit ao mediodía sobre o Trópico de Cáncer e no solsticio de inverno atinxe o cénit ao mediodía sobre o Trópico de Capricornio. As datas do solsticio de inverno e do solsticio de verán están cambiadas para ambos os hemisferios.

Ao longo do ano a posición do Sol visto desde a Terra móvese para o Norte e o Sur. Os solsticios son os momentos do ano nos que a posición do Sol sobre a esfera celeste atinxe as súas posicións máis boreais ou austrais. Os solsticios son os dous puntos da esfera celeste nos que o Sol atinxe a súa máxima declinación norte ( + 23º 26') e a súa máxima declinación sur (-23º 26') con respecto ao ecuador celeste.

A existencia dos solsticios está provocada pola inclinación axial do eixo da Terra. Nos solsticios a lonxitude do día e a altura do Sol ao mediodía son máximas (no solsticio de verán) e mínimas (no solsticio de inverno) comparadas con calquera outro día do ano. Na maioría das culturas antigas celebrábanse festivais conmemorativos dos solsticios.

As datas dos solsticios son idénticas ao paso astronómico da primavera ao verán e do outono ao inverno.

Movemento diúrno do Sol

UTC Táboa coas horas e datas dos solsticios e equinoccios
ano Equinoccio
marzo
Solsticio
xuño
Equinoccio
set
Solsticio
dec
día hora día hora día hora día hora
2002 20 19:16 21 13:24 23 04:55 22 01:14
2003 21 01:00 21 19:10 23 10:47 22 07:04
2004 20 06:49 21 00:57 22 16:30 21 12:42
2005 20 12:33 21 06:46 22 22:23 21 18:35
2006 20 18:26 21 12:26 23 04:03 22 00:22
2007 21 00:07 21 18:06 23 09:51 22 06:08
2008 20 05:48 20 23:59 22 15:44 21 12:04
2009 20 11:44 21 05:45 22 21:18 21 17:47
2010 20 17:32 21 11:28 23 03:09 21 23:38
2011 20 23:21 21 17:16 23 09:04 22 05:30
2012 20 05:14 20 23:09 22 14:49 21 11:11
2013 20 11:02 21 05:04 22 20:44 21 17:11
2014 20 16:57 21 10:51 23 02:29 21 23:03
2015 20 22:45 21 16:38 23 08:20 22 04:48
2016 20 04:30 20 22:34 22 14:21 21 10:44
2017 20 10:28 21 04:24 22 20:02 21 16:28
2018 20 16:15 21 10:07 23 01:54 21 22:23
2020 20 21:58 21 15:54 23 07:50 22 04:19
2019 20 03:50 20 21:44 22 13:31 21 10:02
2020 20 03:50 20 21:44 22 13:31 21 10:02
2021 20 09:37 21 03:32 22 19:21 21 15:59
2022 20 15:33 21 09:14 23 01:04 21 21:48
2023 20 21:24 21 14:58 23 06:50 22 03:27
2024 20 03:07 20 20:51 22 12:44 21 09:20

No solsticio, a lonxitude do día e a altitude do Sol a mediodía son máximas ou mínimas por todo o ano.

O solsticio de xuño

No Polo Norte o sol circula o ceo a unha altitude constante de 23°.

No Círculo polar ártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do norte sen se pór. O sol culmina ao Sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 47°. É o único día en que o sol se mantén sobre o horizonte por 24 horas.

No Trópico de Cáncer o sol sae 26° norte do leste. Culmina ao cénit, e ponse 26° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 13,4 horas.

No ecuador o sol sae 23° norte do leste. Culmina ao norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 67°. Ponse 23° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 12 horas.

No Trópico de Capricornio o sol sae 26° norte do leste. Culmina ao norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 43°. Ponse 26° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 10,6 horas.

No Círculo Polar Antártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do norte sen saír. É o único día en que o sol se mantén abaixo do horizonte por 24 horas.

No Polo Sur o sol nunca sae, sempre manténdose 23° abaixo do horizonte.

O solsticio de decembro

No Polo Norte o sol nunca sae, sempre manténdose 23° abaixo do horizonte.

No Círculo polar ártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do Sur sen saír. É o único día en que o sol se mantén abaixo do horizonte por 24 horas.

No Trópico de Cáncer o sol sae 26° sur do leste. Culmina ao Sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 43°. Ponse 26° sur do oeste. O sol está sobre o horizonte por 10,6 horas.

No ecuador o sol sae 23° sur do leste. Culmina ao sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 67°. Ponse 23° sur do oeste. O sol está sobre o horizonte por 12 horas.

No Trópico de Capricornio o sol sae 26° sur do leste. Culmina ao cénit, e ponse 26° Sur do Oeste. O sol está sobre o horizonte por 13,4 horas.

No Círculo Polar Antártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do Sur sen se pór. O sol culmina ao Norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 47°. É o único día en que o sol se mantén sobre o horizonte por 24 horas.

No Polo Sur o sol circula o ceo a unha altitude constante de 23°.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

21 de xuño

O 21 de xuño é o 172º día do ano do calendario gregoriano e o 173º nos anos bisestos. Quedan 193 días para finalizar o ano.

Calendario chinés

O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Capricornus

Capricornus ou Capricornio (a cabra metade peixe, símbolo , Unicode ♑) é unha das constelacións do zodíaco, chamada comunmente Capricornio sobre todo no referente á astroloxía. Aínda que as veces representase coma unha cabra, xeralmente engádeselle unha cola de peixe.

Círculo polar ártico

O círculo polar ártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo 66° 33’ 39" norte, a liña que delimita a rexión á volta do polo Norte da Terra en que se pode observar o sol da media noite. É un dos cinco paralelos principais terrestres e delimita a zona ártica, ao norte, coa zona temperada norte, ao seu sur.

Decembro

Decembro (tamén chamado Nadal) é o duodécimo e derradeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome é derivado do latín, por ser o décimo mes do calendario romano.

Efeméride

Efeméride significa, en latín, "memorial diario", "calendario" (ephemeris, ìdis) ou, en grego, "de cada día" (ephémerís, îdos). A palabra efémero/a ("que dura un día") ten a mesma etimoloxía.

Equinoccio

Os equinoccios son os dous puntos de intersección do plano da eclíptica co plano ecuatorial da esfera celeste, isto prodúcese dúas veces ao ano, nos chamados primeiros Puntos de Aries e Libra.

Tamén se pode definir como as dúas datas do ano nas que a órbita da Terra arredor do Sol (a eclíptica) atravesa o plano orbital da Terra en relación ao fondo de estrelas, ou ecuador celeste, e polo tanto, o Sol está á mesma distancia do Polo norte e sur terrestres.

Estacións do ano

Para datos sobre estacións de ferrocarril en Galicia, véxase Lista de estacións de tren de Galicia

As estacións do ano son as 4 subdivisións do ano baseadas en padróns climáticos e con base astronómica. Debido á influencia da translación asociada á mudanza no eixo de inclinación da Terra, estas mudan ao longo do ano. As catro estacións do ano son:

Primavera (entre o equinoccio de primavera e o solsticio de verán).

Verán (entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono).

Outono (entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno).

Inverno (entre o solsticio de inverno e o equinoccio de primavera).

Inverno

O inverno é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Comeza ó remate do outono, no hemisferio norte o día 21 de decembro e remata o 20 de marzo, para dar paso á primavera. A característica astronómica é que nese período o ángulo formado pola liña Terra-Sol e centro da Terra-Polo Norte pasa do mínimo (23º 26', solsticio de inverno) a 90º (equinoccio de primavera). En Galicia caracterízase principalmente pola importante baixada das temperaturas, o que unido ás altas precipitacións dan lugar a habituais neves en zonas de certa altitude.

Na astronomía chinesa (e doutros países asiáticos), considérase que o inverno comeza arredor do 7 de novembro, co Jiéqì, coñecido como 立冬 lì dōng, "establecemento do inverno".[Cómpre referencia]

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Nadal

Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento') é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

Ocaso

Un astro está no ocaso cando atravesa o plano do horizonte pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa altura é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do Sol chamase solpor e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é orto.

Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (a súa nai Nicte; noutra versión Hesperis ou Hesperius; ou o seu pai Hesperus ou Hesperos son a personificación da Noite), mentres que Aurora era a deusa do amencer.

Tecnicamente o ocaso comeza cando o limbo inferior da esfera helíaca toca e desaparece tanxente ao horizonte oeste local, e remata cando o limbo superior da esfera helíaca desaparece tanxente ao horizonte oeste local.

O crepúsculo que ocorre despois do solpor é coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).

As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen ocaso nin orto. En relación ao Sol nas latitudes polares prodúcese unha noite de seis meses (non se ve o Sol no ceo) e un día de outros seis (o Sol esta sempre por riba do horizonte), isto é, o orto ou o ocaso coincide cos equinoccios (de primavera e outono), e o mediodía ou a medianoite coincide cos solsticios de verán e inverno. Así, no polo norte o orto prodúcese co equinoccio de primavera, o mediodía co solsticio de verán, o ocaso co equinoccio de outono, e a medianoite co solsticio de inverno (no polo sur é a inversa).

Co transcurso do ano, o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos equinoccios ponse polo oeste, sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.

En primavera e verán para o hemisferio norte ponse entre o oeste e o norte (declinación positiva); en outono e inverno o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o hemisferio sur é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).

Outono

O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.

Primavera

Este artigo trata sobre a estación do ano, para a planta, ver artigo: Cáncaro.

A primavera é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (arredor do 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur). Aínda que ás veces é considerada como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio norte e setembro, outubro e novembro no hemisferio sur.

Verán

O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) ou estío é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.

Climaticamente, caracterízase por temperaturas máis elevadas, ó incidir o Sol durante máis tempo e máis perpendicularmente á superficie terrestre.

Xoán o Bautista

Xoán Bautista, nado contra o 5 a.C. e finado contra o 30 d.C., foi quen anunciou a chegada do Mesías prometido (de aí o nome de Xoán o Precursor co que tamén se coñece) e bautizouno no río Xordán.

Xuño

Xuño ou san Xoán é o sexto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de inverno no hemisferio sur e o solsticio de verán no hemisferio norte.

Ålänningens sång

Ålänningens sång ("Canción dos Ålander"; finés: "Ahvenanmaalaisten laulu) é o himno nacional das Illas Åland, un provincia autónoma de Finlandia de fala sueca. Adoptado en 1922, a letra foi escrita por John Grandell e a música foi composta por Johan Fridolf Hagfors. A canción foi interpretada por vez primeira durante o festival de Mariehamn en 1922. É interpretada frecuentemente no solsticio de verán e o 9 de xuño, o día nacional de Åland.

Glosario de astronomía

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.