Solla

A solla,[1] tamén coñecida como solla de altura,[2][3][4] Pleuronectes platessa, Linnaeus, 1758, é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Pleuronectes,[5] que vive nas cotas do Atlántico, sobre fondos areosos ou lamacentos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até o Mediterráneo occidental (golfo de León), así como nas de Islandia e do sur de Groenlandia.[4]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.

Solla, solla de altura
Pleuronectes platessa
Pleuronectes platessa

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Pleuronectinae
Xénero: Pleuronectes
Especie: P. platessa
Nome binomial
Pleuronectes platessa
Linnaeus, 1758

Taxonomía

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[5]

Ao longo da historia foi coñecida polos seguintes sinónimos:[5]

  • Platessa latus Cuvier, 1829
  • Platessa platessa (Linnaeus, 1758)
  • Platessa vulgaris Cloquet, 1826
  • Pleuronectes borealis Faber, 1828
  • Pleuronectes latus Cuvier, 1829
  • Pleuronectes platessa baltica Nilsson, 1855

Estado de conservaión

Segundo a UICN, o status actual da especie é LC (pouco preocupante).[6]

Notas

  1. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.
  2. Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 187.
  3. Rodrígue Villanueva et al. (1995), pp, 302-303.
  4. 4,0 4,1 Muus, Bent J. et al (1998), 264-265.
  5. 5,0 5,1 5,2 Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  6. Pleuronectes platessa na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Clover, Charles (2004): The End of the Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat. London: Ebury Press. ISBN 0-09-189780-7
  • Gibson, Robin N.; Nash, Richard D. M., Geffen, Audrey K. & Van der Veer, Henk W., eds. (2015): Flatfishes: Biology and Exploitation, 2ª ed. John Wiley & Sons Ltd. ISBN 1-1185-0119-1.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

2 de abril

O 2 de abril é o 92º día do ano do calendario gregoriano e o 93º nos anos bisestos. Quedan 273 días para finalizar o ano.

31 de decembro

O 31 de decembro é o 365º día do ano do calendario gregoriano e o 366º nos anos bisestos. É o derradeiro día do ano.

Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Andrés Solla García

Andrés María Solla García, nado en Ceraxe (Cerdedo-Cotobade) o 30 de novembro de 1810 e finado o 28 de setembro de 1889, foi un frade dominicano galego, amais de escritor en lingua castelá.

Antonio Blanco Solla

Antonio Blanco Solla, nado en Marín o 30 de decembro de 1897 e falecido na mesma vila o 31 de decembro de 1936, foi un canteiro e político galego.

Boimil, Boimorto

San Miguel de Boimil é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 68 habitantes (37 mulleres e 31 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 100 habitantes.

Carlos Solla Varela

Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.

Ceraxe, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Ceraxe é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 35 habitantes (15 homes e 20 mulleres), 8 menos ca en 2007.

Neste lugar naceu o pai franciscano Andrés María Solla García.

Eleccións municipais en Ponteareas

Corporacións democráticas en Ponteareas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Castro Álvarez — CD

1983 Alcalde: José Castro Álvarez — CP

1987 Alcalde: José Castro Álvarez — AP

1991 Alcalde: José Castro Álvarez — PPdeG

1995 Alcalde: José Castro Álvarez — PPdeG

1999 Alcalde: José Castro Álvarez — UCPA. Trala inhabilitación xudicial de José Castro, accede a alcaldía a tenente de alcalde Nava Castro.

2003 Alcalde: Francisco de Asís Candeira Mosquera — PSdeG-PSOE. Elixido alcalde cos votos de concelleiros de PSdeG-PSOE, BNG e PPdeG, formando goberno de coalición co BNG.Logo dunha moción de censura o 13 de maio do 2004 toma posesión como alcalde Salvador González Solla do PPdeG co apoio dos votos dos concelleiros de UCPA.

2007 Alcalde: Salvador González Solla — PPdeGGoberno de coalición do PPdeG e UCPA.

2011 Alcalde: Salvador González Solla — PPdeG

2015 Alcalde: Xosé Represas Giráldez — BNGCandidaturas: Salvador González Solla (PP), Xosé Represas Giráldez (BNG), María Jesús Garrote Represas (PSdeG-PSOE), Juan Carlos González Carrera (Alternativa Ciudadana de Ponteareas), Manuel Norberto Troncoso Rodríguez (A Riada do Tea), Lino Antonio Costas Vila (EU-SON) e María Sandra Araujo Carballido (CxG-CCTT).

2019 Alcalde: Xosé Represas Giráldez — BNG

Eva Solla

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

É militante e líder de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia e deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, onde ocupa o posto de Vicepresidenta segunda.

Folgoso, Sobrado

Santa Cristina de Folgoso é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE en 2014 tiña 97 habitantes (52 homes e 45 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Nogueira, Sobrado

San Xurxo de Nogueira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 117 habitantes (57 homes e 60 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 154 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Partido Comunista de Galicia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

Pleuronectoideos

A dos pleuronectoideos (Pleuronectoidei) é unha suborde de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes.

Comprende numerosas especies de interese pesqueiro, entre outras, o rodaballo, o o linguado e a solla.

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

Pousada, Sobrado

San Mamede de Pousada é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 115 habitantes (60 homes e 55 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 140 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Rodeiro, Oza-Cesuras

Santa María de Rodeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.

Salvador González Solla

Salvador González Solla, nado en Ponteareas o 1 de xullo de 1961, é un político galego do PPdeG.

Principais especies comerciais da industria pesqueira
Salvaxes
Cultivados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.