Solidaridad Gallega

Solidaridad Gallega foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912.

A Nosa Terra, 1907
A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega

Historia

Tralo triunfo electoral da Solidaritat Catalana en 1906, en Galicia aumentan os contactos entre as forzas da oposición para o establecemento dunha forza política que aglutinase os sectores contrarios ao turnismo.

No verán de 1907, 44 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega na que conflúen os republicanos dirixidos por José Rodríguez Martínez, os republicanos federais de Moreno Barcia, os tradicionalistas de Juan Vázquez de Mella e os rexionalistas de Manuel Murguía, Galo Salinas e Eugenio Carré. O Manifesto foi redactado polo ferrolán Rodrigo Sanz López, e o primeiro mitin levouse a cabo en Betanzos, o 6 de outubro de 1907.[1]

O anticaciquismo e o apoio ao asociacionismo agrario foron os dous piares da organización. Baixo o seu patrocinio formáronse 400 sociedades agrarias, pero en 1911 só 85 permanecían afiliadas á SG.

Solidaridad Gallega. Órgano semanal de la Junta solidaria de la Coruña. Año 1. Núm 2
Solidaridad Gallega. Órgano semanal de la Junta solidaria de la Coruña

Nas eleccións municipais de 1909 obtivo 258 concelleiros na provincia da Coruña (maioría absoluta en 12 concellos e minoría significativa noutros 7), pero as diferenzas entre os membros da organización impediron a súa consolidación. Nas municipais de 1910 sufriu un rotundo fracaso.

Solidarismo Gallego foi o seu órgano oficial, aparecido en decembro de 1907 da man de Rodrigo Sanz, na Coruña. Pechou ó cabo de 10 números, o 16 de abril de 1908, para ser substituído polo semanario Solidaridad Gallega, tamén dirixido por Rodrigo Sanz e que desapareceu en 1911 ou 1912. A facción republicana e esquerdista editou Galicia Solidaria entre 1907 e 1908.

Pola súa iniciativa, chegáronse a convocar as Asembleas de Monforte de 1908, 1910 e 1911 que se prolongaron posteriormente en Ribadavia.[2]

Notas

  1. Barreiro Fernández, op. cit. páx. 229
  2. Barreiro Fernández, op.cit. páx 146.

Véxase tamén

Bibliografía

AGIR

Agir é unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que conta con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Agir defende un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loita contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Esta ligado a Nós-UP. Contan cun representante na USC.

O órgano central e básico de Agir son os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que teñen presenza.

A Nosa Terra

A Nosa Terra é o nome de varias publicacións periódicas:

A Nosa Terra, voceiro de Solidaridad Gallega (1907-1908);

A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936);

A Nosa Terra, voceiro da Irmandade Galega da Arxentina (1942-1972);

A Nosa Terra, xornal editado en Vigo (1977-)Tamén foi o nome dunha empresa editorial galega: Edicións A Nosa Terra.

A Nosa Terra (1907)

A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega que se editaba na Coruña. Fundouse por iniciativa de Rodrigo Sanz, Manuel Murguía, Manuel Lugrís Freire e Florencio Vaamonde Lores. O primeiro número saíu o 4 de agosto de 1907, dirixíao Uxío Carré Aldao. Foi unha publicación bilingüe, na que predomina o uso do castelán e que reserva o galego para os espazos de creación literaria. Mantívose ata outubro de 1908, en total saíron 60 números. Entre os colaboradores estivo Eladio Rodríguez González.

Agrarismo

O movemento agrario ou agrarismo foi un movemento reivindicativo de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral, o cal obrigaba ao campesiñado a pagar rendas abusivas, e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego. A súa pretensión era convertérense en propietarios plenos das terras que traballaban.

O agrarismo constituíu o primeiro movemento de masas da idade contemporánea, da súa implantación por toda Galicia resulta revelador que nos anos vinte existisen máis de mil sociedades agrarias, e durante a República diversificouse ideoloxicamente desaparecendo ao estalar a guerra civil española.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

I Asemblea Agraria de Galicia

A I Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Monforte de Lemos o 15 e o 16 de agosto de 1908.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

José Rodríguez Martínez (médico)

José Rodríguez Martínez, coñecido como Médico Rodríguez, nado na Coruña en 1856 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 1921, foi un médico, escritor e xornalista galego.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire, nado en Sada o 11 de febreiro de 1863 e finado na Coruña o 15 de febreiro de 1940, foi un poeta, ensaísta e dramaturgo galeguista, un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. Fundou o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. Foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, do sindicato Solidaridad Gallega, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista e membro do Seminario de Estudos Galegos. Foi pai do pintor Urbano Lugrís González. En 2006 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Rodrigo Sanz

Rodrigo Sanz López, nado en Ferrol o 29 de decembro de 1872 e finado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1939, foi un político e investigador galego.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Solidaridad Gallega (periódico)

Solidaridad Gallega foi un semanario editado na Coruña entre o 4 de maio de 1908 e 1911.

Solidarismo Gallego

Solidarismo Gallego foi un periódico editado na Coruña entre 1907 e 1908.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.