Sogama

Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Coordenadas: 43°10′17.47″N 8°26′19.95″O / 43.1715194, -8.4388750

Sogama
Incineradora de Sogama
Incineradora de Sogama en Cerceda.
TipoSociedade Anónima
Fundación1992
LocalizaciónMonzós 10 baixo. 15187 As Encrobas (Cerceda) Galicia Galicia
FundadorXunta de Galicia e Gas Natural Fenosa
Persoas claveLuís Lamas (presidente)
IndustriaReciclaxe
ProdutosTratamento dos residuos
Beneficio116.758.545 (en 2015)[1]
Número de empregados300
Páxina websogama.es

Infraestruturas

Sogama ten 37 plantas de transferencia de lixo (20 de titularidade de Sogama, 11 da Deputación de Ourense, 5 da Xunta e unha da mancomunidade do Morrazo) para atender a 294 concellos[2]. Nestas plantas transfírese o lixo recollido polos camións dos concellos a colectores selados de 20 toneladas que serán trasladados a Cerceda en camións ou trens para o seu tratamento. Os concellos pagan por cada tonelada que entregan.

Sogama faise cargo do lixo xeral, o lixo que non se entrega separado para reciclado. Os concellos xa teñen contratada con outras empresas a reciclaxe do vidro, cartón e papel, materiais que xa non chegan a Sogama. Nun colector amarelo faise a recollida dos envases lixeiros: plásticos, latas, bricks e similares que serán separados en Cerceda o que se financia co punto verde, impostos que se pagan a través dos fabricantes de envoltas.

Instalacións

OE219-070
Tren con colectores de Sogama
Acceso a Sogama en Cerceda
Acceso a Sogama en Cerceda.

Sogama ten unha superficie de 665.000 m2 e unha capacidade para recibir de 500.000 a 550.000 toneladas anuais. A planta de Sogama en Cerceda recibe 800.000 toneladas anuais.

O lixo chega en camións ou trens (a planta ten terminal propia de tren), alí faise unha separación previa con imáns da parte metálica e por cintas transportadoras e tambores xiratorios. A parte que xa non pode ser aproveitada máis é triturada para a súa posterior incineración e aproveitamento enerxético. Sogama consome máis electricidade da que produce. As cinzas son enterradas no vertedoiro de Areosa de 330.000 m2.

En outubro de 2008, Sogama foi acusada da morte de tres milleiros de troitas do río Lengüelle. En xaneiro de 2009, o Seprona e Augas de Galicia confirmaron o vertido contaminante procedente do vertedoiro de Areosa[3].

En 2009, preto de 30 persoas foron imputadas polo xulgado número 1 da Coruña polos vertidos ao Lengüelle entre as cales está o ex director técnico de Sogama e o xefe de Danigal (empresa encargada da reciclaxe dos medicamentos recollidos no programa Sigre que remataban no vertedoiro de Areosa sen tratamento algún)[4].

A finais do 2011, a Xunta anunciou a "Sogama do sur", un proxecto para construír outra incineradora no sur de Galiza. O lugar elixido foi O Irixo, O Carballiño[5][6].

En abril de 2012, ADEGA denunciou que Sogama viña falsificando as analíticas dende 2003 ata 2008. O río Lengüelle é afluente do río Tambre, que fornece de auga a Santiago de Compostela[7].

Por tonelada de lixo enviada a Sogama para o seu tratamento os concellos deben pagar case 60 euros[8]. En outubro de 2013 Sogama anunciou o incremento do 34% nos custos de tratamento do lixo polo que os concellos deberán pagar 82,1 euros por tonelada[9].

Notas

  1. Ardán 2017 Informe Económico y de Competitividad páxina 213
  2. Rede de plantas de transferencia (PDF).
  3. "Confirmado que Sogama provocó la muerte de truchas en el Lengüelle", El Correo Gallego (en castelán).
  4. "El juez imputa a un cargo y a un exdirectivo de Sogama por tráfico de influencias", Faro de Vigo (en castelán).
  5. "Incineradora No Irixo Non". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 07 de setembro de 2018.
  6. "El Gobierno estudia emplazamientos en otras provincias para la Sogama del sur", El País (en castelán).
  7. "En SOGAMA falsificáronse analíticas e informes para ocultar a contaminación do vertedoiro da Areosa", Galicia Confidencial.
  8. Un centenar de concellos deben 21 millones a Sogama por gestionar sus residuos. La Voz de Galicia (en castelán)
  9. Queres pagar menos pola factura do lixo? Produce menos lixo!

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Central térmica de Meirama

A central térmica de Meirama é unha central térmica de produción de enerxía eléctrica situada no concello de Cerceda. Pertence ao grupo Gas Natural Fenosa e ten unha capacidade instalada de arredor de cincocentos megavatios (563 MW segundo as últimas informacións da empresa).

A central construíuse aproveitando uns xacementos de lignito xa practicamente esgotados. Este lignito de moi mala calidade, baixo poder calorífico e moitos residuos, entre eles materias sólidas que desgastaban os muíños por atrito e xofre que provocaba moita contaminación, foi sendo paulatinamente substituído por hulla de Wyoming.

A central produce enerxía queimando carbón para producir vapor que fai xirar tres turbinas.

Cerceda

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Cualedro

Cualedro é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.808 habitantes.

Curtis

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «curtense».

Ecoembes

Ecoembes (Ecoembalajes España SA) é unha empresa sen ánimo de lucro[Cómpre referencia] formada por empresas distribuidoras e sede en Madrid. Foi fundada en 1996, antes ca a Lei 11/97 de Envases e Residuos de Envases. Nesta lei establécense unhas obrigacións que pretenden a recuperación de residuos dos envases, o seu posterior tratamento e valorización. Ecoembes coordina cos concellos e organizacións de recollida de residuos sólidos urbanos os colectores amarelos: envases de plástico, latas e briks.

O 60% do accionariado contrólano asociacións e empresas de envases, principalmente grandes compañías de alimentación e bebidas: Campofrío, Bimbo, Danone, Coca-Cola ou PepsiCo. O outro 40% pertence ao sector de materias primas e distribución: Tetra Pak, Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Mercadona e outras.

Segundo ADEGA só o 25% dos envases se recicla, o 50% quéimase e outro 25% reexpórtase a China

Estación de Lugo-Mercadorías

Lugo-Mercadorías é unha estación de tren de Adif para tráfico de mercadorías, situada no concello de Lugo, na liña León - A Coruña. Foi posta en servizo no ano 2008, cun investimento superior aos 13 millóns de euros.Ocupa unha superificie de 100.000 metros cadrados que foron cedidos polo Concello. Polas súas características é posíbel atender até cen trens por semana. Dispón de vías de recepción, expedición y tratamento de trens, tanto de transporte intermodal como de carga directa de mercadorías sobre vagón. Unha das vías permite a entrada de composicións de até 750 metros de lonxitude. A lousa de carga e descarga ten capacidade para almacenar até 360 contedores.

Esta estación supuxo un incremento en 4,7 veces máis a superficie existente daquela, na propia estación de viaxeiros de Lugo; a lonxitude das vías de carga e descarga pasou de 230 a 1.335 m; as de estacionamento, de 1.620 a 2.069 m.Lugo-Mercadorías é canda Vigo-Guixar e Taboadela unha das tres estacións desde onde se despachan os trens cargados de lixo cara a planta de SOGAMA.

Galería de imaxes de Cerceda

Galería de imaxes do concello de Cerceda na provincia da Coruña.

Incineradora do Irixo

A Incineradora do Irixo foi un proxecto de macroplanta de incineración do lixo, pensada para ser construída no concello do Irixo, e finalmente desbotada.

Lino Rodríguez Ónega

Lino Rodríguez Ónega, nado en San Martiño de Ferreiros (Pol) en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Luis Lamas Novo

Luis Alberto Lamas Novo, nado en Lugo o 3 de xullo de 1971, é un avogado e político galego do PPdeG.

Manuel Penedo

Manuel Penedo Paradela, nado no Irixo o 26 de xaneiro de 1959 e finado o 2 de agosto de 2019, foi un político galego do PPdeG.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

Noela Blanco

Noela Blanco Rodríguez, nada en Ourense en 1981, é unha política galega do PSdeG.

Planta de reciclaxe de Servia

A planta de reciclaxe de Servia dá servizo aos concellos da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza: Carnota, Noia, Muros, Porto do Son, Lousame, Brión, Ames, Rois e Pontecesures. Está situada no lugar de Servia, no concello de Lousame.

Polígono industrial Río do Pozo

O polígono industrial Río do Pozo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello de Narón.

Touro

Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.

Segundo o IGE en 2014 tiña 3.853 habitantes.

O seu xentilicio é tourense.

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.