Sofía Toro

Sofía Toro Prieto-Puga, nada na Coruña o 19 de agosto de 1990, é unha regatista galega do Real Club Náutico da Coruña.

Compite na modalidade de match race, onde forma equipo coa patroa Támara Echegoyen e Ángela Pumariega, coas que foi campioa olímpica nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, nesta modalidade, con barcos da clase Elliott 6m[1]

Ademais, a tripulación foi campioa de España en 2010 e 2011,[2] así como campioa iberoamericana en 2010[3] e campioa de Europa en 2011.[4]

Sofía Toro
Medalla de Galiza.svg
Sofía-Toro UCAM-Campeona-Olímpica (2)
Información persoal
NacionalidadeGalega
Nacemento1990
A Coruña
Deporte
DeporteVela
PosiciónOuro olímpico

Notas

  1. "As galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012]". La Voz de Galicia. 12 de agosto de 2012.
  2. Velasco, Alejandra (14-03-2011). "Echegoyen revalida su título nacional". Navegar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23-11-2011. Consultado o 14-08-2012.
  3. "Pumariega, campeona iberoamericana «Match Race»". La Nueva España (en castelán). 21 de setembro de 2010.
  4. "Pumariega gana el Europeo de Match Race". El Comercio (en castelán). catro de setembro de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Elliott 6m

O Elliot 6m é un iate de tres tripulantes que foi clase olímpica nos Xogos Olímpicos de 2012 en substitución da clase Yngling, é dicir, como barco para tripulacións femininas. Foi deseñado polo neozelandés Greg Élliott en 2000, e a decisión foi tomada pola Federación internacional de vela (ISAF) en 2008.

Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012

A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 estivo composta por 11 deportistas integrados no equipo olímpico español, 3 homes e 8 mulleres. Foi un deportista menos dos que participaron nos Xogos de Beijing 2008. Entón foron 12 os participantes, cunha colleita de 4 medallas.Os 11 participantes galegos supuxeron apenas un 3,9 % dos 282 representantes que tivo España nos Xogos. Este baixo porcentaxe debeuse en boa medida pola case inexistente presenza de xogadores galegos nas seleccións nacionais dos deportes de equipo (fútbol, baloncesto, balonmán, waterpolo, hóckey herba, ciclismo, ximnasia ou natación sincronizada).

Nesta edición dos Xogos Olímpicos, 5 dos 11 representantes galegos acadaron o seu obxectivo de ser medallistas. A porcentaxe de éxito foi dun 45,45 %, moi superior á media do resto do equipo olímpico español.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lista de medallistas olímpicos galegos

Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de verán.

Real Club Náutico da Coruña

O Real Club Náutico da Coruña é un club náutico da cidade da Coruña. Pertence á Asociación Española de Clubs Náuticos.

Ten instalacións na Dársena da Mariña e no Peirao das Ánimas.

Támara Echegoyen

Támara Echegoyen Domínguez, nada o 17 de febreiro de 1984 en Ourense, é unha regatista galega.

Ángela Pumariega

Ángela Pumariega Menéndez, nada o 12 de novembro de 1984 en Xixón, é unha regatista española do Real Club Astur de Regatas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.