Sofán, Carballo

San Salvador de Sofán é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o INE en 2013 tiña 1.632 habitantes (776 homes e 779 mulleres), distribuídos en 61 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.860 habitantes.

Coordenadas: 43°11′51″N 8°36′19″O / 43.1975, -8.6053

Sofán
A Piña
Capela de San Adrián da Piña.
ConcelloCarballo
Área23 km²
Poboación1.555 hab. (2013)
Densidade67,61 hab./km²
Entidades de poboación62

Historia

O 16 de febreiro de 1919 catro labregas foron abatidos a tiros por axentes da Garda Civil, cando ian na comitiva fúnebre que pretendía soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades municipais. Son coñecidas como as Mártires de Sofán.

Patrimonio

A igrexa parroquial de San Salvador de Sofán é de principios do século XVIII e reformada no XIX. Diante do templo atópase un cruceiro que data de 1660.

Na capela de San Adrián da Piña celébrase unha romaría tradicional.

Asociacións de Sofán

Na parroquía de Sofán atópanse varias asociacións de ámbito cultural, social ou deportivo das que se poden destacar as seguintes.

Entre as máis veteranas está a Sociedade Deportiva de Sofán que ten como labor a práctica deportiva do fútbol, conta cun equipo de veteranos e outro federado que se atopa actualmente na Liga de Preferente Norte, ou o Club de Caza e Tiro que defende a práctica do deporte da caza e encárgase da xestión desta nos territorios de Sofán e Aldemunde.

En 1991 créase a asociación de Mulleres Rurais que busca a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade, ofrecen formación e cobren o tempo libre con actividades lúdicas.

En 1998 fúndase a Asociación Democrática de Pensionistas, que naceu pensando nos maiores, para protexer e mellorar a súa calidade de vida.

Entre as asociacións máis novas atópanse a de Motos Clásicas, de 2005, que pretende promover e divulgar as motos clásicas na comarca, así como a Sociedade Deportiva e Cultural A Piña fundada en 2007, que busca dinamizar aos veciños, especialmente aos máis xoves, a través de actividades culturais e deportivas. Dispoñen dunha peña que xoga na liga de peñas e un equipo de veteranos.

Outras asociacións e non menos importantes son a ANPA do colexio a Gándara, que defende a educación dos máis pequenos e a Asociación de Veciños sobre a que recae a responsabilidade de organizar as festas e outras actividades ao longo do ano.

Lugares e parroquias

Parroquias de Carballo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Cruz, Sofán, Carballo

A Cruz é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 49 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 18 homes e 31 mulleres.

A Lagarteira, Sofán, Carballo

A Lagarteira é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 75 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 37 homes e 38 mulleres.

A Praza, Sofán, Carballo

A Praza é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 36 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 16 homes e 20 mulleres.

Albeiro, Sofán, Carballo

Albeiro é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 13 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 6 homes e 7 mulleres.

As Bouzas, Sofán, Carballo

As Bouzas é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 34 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 17 homes e 17 mulleres.

Ballota, Sofán, Carballo

Ballota é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 2 homes e 2 mulleres.

Bolón, Sofán, Carballo

Bolón é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 102 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 52 homes e 50 mulleres.

Braílle, Sofán, Carballo

Braílle é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 32 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 20 homes e 12 mulleres.

Calvelo de Abaixo, Sofán, Carballo

Calvelo de Abaixo é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 22 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 13 homes e 9 mulleres.

Calvelo de Arriba, Sofán, Carballo

Calvelo de Arriba é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 33 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 15 homes e 18 mulleres.

Evas, Sofán, Carballo

Evas é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 0 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Monelos, Sofán, Carballo

Monelos é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 15 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 8 homes e 7 mulleres.

Monte do Rei, Sofán, Carballo

Monte do Rei é un lugar da parroquia de Sofán, do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña catro habitantes no ano 2009.

O Outeiro, Sofán, Carballo

O Outeiro é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 6 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 4 homes e 2 mulleres.

O Río, Sofán, Carballo

O Río é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 15 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 7 homes e 8 mulleres.

O Tarambollo, Sofán, Carballo

O Tarambollo é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 55 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 32 homes e 23 mulleres.

O Vilar, Sofán, Carballo

O Vilar é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 29 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 18 homes e 11 mulleres.

Paradela, Sofán, Carballo

Paradela é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 87 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 41 homes e 46 mulleres.

É a aldea máis poboada de Sofán, só por detrás de Guntián e Bolón.

Vioño, Sofán, Carballo

Vioño é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 67 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 30 homes e 37 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.