Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo

A Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo é unha empresa pública dependente da Xunta de Galicia, destinada á promoción turístico-cultural e á dotación de servizos dos Camiños de Santiago.

Caminoalberguesign
Sinalización do albergue de peregrinos do Cebreiro

Características

A Sociedade foi creada polo Decreto 377/1991 do 19 de setembro aprobado polo Parlamento de Galicia. Constituíuse en novembro de 1991, coa intención de axilizar a execución do programa civil do Ano Xubilar Compostelán de 1993 baixo o nome "S. A. de Xestión do Plan Xacobeo 1993″. Tras o éxito do Xacobeo 93, o goberno galego acordou a continuidade desta empresa baixo a súa denominación actual, S. A. de Xestión do Plan Xacobeo co fin de seguir coas políticas de promoción do Camiño de Santiago, non só do Camiño francés, por ser o itinerario xacobeo internacional de referencia, e que foi o seu obxectivo prioritario en 1993, senón tamén cos demais Camiños de Santiago en Galiza.

Os órganos de goberno e administración constitúenos a Xunta Xeral de Accionistas e o Consello de Administración, que está integrado por un mínimo de cinco e un máximo de sete conselleiros nomeados pola Xunta Xeral, sendo o seu Presidente o Conselleiro de Cultura. O Xerente é nomeado polo Presidente do Consello de Administración.

Fomento de actividades

Segundo os seus estatutos, o obxecto social da sociedade consiste no deseño, programación, coordinación e, se é o caso, a realización, entre outras, das seguintes actividades relacionadas co Xacobeo, que se executarán en coordinación coas Administracións Públicas competentes:

  • A conservación, rehabilitación e recuperación do Camiño.
  • A colocación de sinais de identificación.
  • A elaboración dos principios xurídicos para a súa protección que, para a súa aprobación, serán elevados ás administracións competentes.
  • A construción das áreas de descanso nos puntos de interese paisaxístico e monumental.
  • A dotación do Museo das Peregrinacións.
  • Simposios, congresos, xornadas e ciclos.
  • Exposicións itinerantes.
  • Representacións teatrais, concertos musicais, exposicións de artes plásticas.
  • A elaboración de unidades didácticas.
  • A promoción da artesanía e do deseño relacionados co Camiño de Santiago.
  • Competicións deportivas de calidade.
  • Centro servidor de datos de Galiza.
  • Rede de albergues.
  • As actuacións no monte do Gozo.
  • Os convenios con concellos e institucións relixiosas.
  • A promoción de aloxamentos relacionados co Camiño.
  • Paisaxe urbana.
  • A promoción do Xacobeo, incluídas actividades de animación.
  • A produción cinematográfica audiovisual.
  • Patrocinios.
  • A xestión dos signos visuais.

Entre as iniciativas levadas a cabo pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo teñen especial relevancia as de alcance internacional. Exposicións, conferencias e encontros de todo tipo, certames turísticos e publicacións informativas e divulgativas, así como o fomento das relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago en todo o mundo, son algúns dos proxectos máis destacados neste ámbito.

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo ten a súa sede moi preto do pórtico de entrada do Camiño de Santiago na cidade, no Pavillón de Galicia, no barrio de San Lázaro.

Aurelio Miras Portugal

Aurelio Domingo Miras Portugal, nado no Carballiño o 28 de maio de 1950, é un político galego.

Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira

O Festival de Ortigueira, coñecido tamén como Festival Internacional do Mundo Celta, é un festival gratuíto de música folk e celta que se celebra anualmente na vila coruñesa de Ortigueira, España. Inaugurado en 1978, non se celebrou entre 1988 e 1994 por dificultades orzamentarias, polo que a correspondente ao ano 2017 foi a edición número 33 do festival. Ao longo dos seus 39 anos de historia pasaron polos seus escenarios os grupos e intérpretes máis significativos da música celta, así como da música popular e tradicional de Galicia e do noroeste de España.. No ano 2000 estableceuse o concurso «Proxecto Runas» no que participan bandas e artistas noveis e cuxo gañador obtén un premio económico e unha praza para actuar no escenario principal da edición do seguinte ano.

A historia do festival divídese en dúas etapas:

Anos 1978 - 1987: O dez primeiras edicións estiveron organizadas, xestionadas e promovidas pola Escola de gaitas e por voluntarios da localidade; sen ningunha axuda oficial durante o seis primeiros anos e coa colaboración —limitada— do concello de Ortigueira e da Xunta de Galicia, no catro últimas edicións desta primeira etapa. As actuacións musicais celebrábanse nun recinto valado ao que se accedía previo pago de entrada, pero a partir de 1985 pasou a ser totalmente gratuíto. As dificultades económicas, o cansazo dos organizadores e o declive de público motivaron a súa suspensión no ano 1987.

Anos 1995 - actualidade: Tras unha paréntese de sete anos o festival retornou en 1995 grazas ao apoio económico inicial da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e, sobre todo, do goberno municipal de Ortigueira encabezado polo seu entón alcalde, Jesús Varela Martínez. O concello de Ortigueira relevou á Escola de gaitas nas tarefas de organización do festival e comezou a recibir financiamento de patrocinadores privados como Estrela Galicia, Gadisa, Coca Cola e Abanca, entre outros.

Xacobeo

O termo xacobeo pode referirse a:

o relacionado co Apóstolo Santiago e as peregrinacións do Camiño de Santiago;

O Ano Santo Xacobeo, celebración relixiosa católica que ten lugar en períodos variábeis de anos;

O Ano Xacobeo, conxunto de celebracións civís, organizadas pola Xunta de Galicia a través dunha sociedade de xestión, coincidindo cos anos santos;

A Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, empresa pública que se encarga da xestión do Ano Xacobeo;

O Xacobeo Galicia, antigo equipo ciclista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.