Sociedade anónima

Unha sociedade anónima ou S.A. é unha sociedade mercantil que ten un capital mínimo de 60.101€ dividido en accións. As deudas que contraia saldaranse unicamente có capital social, non respondendo personalmente os accionistas por estas deudas. En España réxense polo Texto Refundido da Lei de Sociedades Anónimas aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1564/1989 do 22 de decembro.

Constitución

A sociedade debe constituírse mediante escritura pública e esta inscribirse no Rexistro Mercantil, co que adquire así personalidade xurídica

.as

.as é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para a Samoa Americana.

Non hai restrición de nacionalidade para os rexistrantes, e moitos .as son empregados por xente, compañías e organización que non teñen ningunha conexión coa Samoa Americana, por exemplo, organizacións ligadas con Asturias.

"AS" ou "A/S" é un sufixo que indica sociedade anónima nalgún países como Noruega, Dinamarca ou a República Checa, sendo usado este dominio por compañías desta clase. Tamén, algúns sistemas autónomos (en inglés Autonomous System) ou páxinas web que ofrecen información sobre estes ou BGP, como bgp4.as, rexistraron nomes con este dominio..

Acción

O termo acción pode referirse a:

Acción (física): O principio de acción é unha aserción sobre a natureza do movemento pola cal a traxectoria dun obxecto sometido a forzas pode ser determinada.

Acción (finanzas): Partes en que se divide o capital dunha sociedade anónima. Teño algunhas accións nesta empresa.

Acción (matemáticas)

Acción (pesca): Peso do chumbo adecuado para usar cunha cana, xa que se se usa un moi pesado cunha cana de pouca acción podería romper.

Acción dramática: Conxunto de feitos ou actos, que conforman o argumento dunha determinada obra

Acción narrativa: Sucesión de acontecementos que constitúen o argumento dunha obra de literatura ou dunha película. A acción desta novela é lenta.

Acción social

Acción xurisdicional: É o acto de acudir ante unha autoridade xurisdicional para que declare o Dereito.

Aeroporto de Riga

O aeroporto internacional de Riga (IATA: RIX, ICAO: EVRA) é o aeroporto internacional da capital de Letonia, Riga, e o máis grande dos países bálticos. Ten voos directos a uns 90 destinos de 30 países. Serve como centro de conexións para airBaltic, SmartLynx Airlines, RAF-Avia, Vip Avia e Inversija e como base para Wizz Air. A aeroliña nacional letona, airBaltic, é a principal operadora do aeroporto seguida por Ryanair.

O aeroporto está situado no municipio de Mārupe, a 10 km ao oeste de Riga. O aeroporto pertence a unha sociedade anónima estatal, sendo o dono de todas as súas accións o goberno de Letonia. O titular das participacións estatais é o Ministerio de Transporte do país.

Autolinee Regionali Pubbliche Abruzzesi

ARPA, acrónimo de Autolinee Regionali Pubbliche Abruzzesi (Liñas Rexionais Públicas de Abruzzo, en italiano) é unha sociedade anónima italiana de transporte de pasaxeiros con sede legal en Chieti. Xestiona o transporte público periurbano e interurbano da rexión de Abruzzo.

CB Sant Josep

O Club Bàsquet Sant Josep é un club profesional de baloncesto da cidade de Xirona (Cataluña). Foi fundado en 1962. En 1989 a entidade converteuse en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e adoptou o nome de Club Bàsquet Xirona. Entre 1987 e 2008 competiu na Liga ACB. Trala finalización da tempada 2007-2008 a súa mala situación económica levou á disolución da SAD e a anunciar que o club se ía a dedicar exclusivamente á potenciación do baloncesto basee.Con todo, tras unhas rápidas negociacións, e a pesar de que o prazo xa concluíra, a FEB permitiu que o equipo se inscribise, recuperando novamente a súa denominación orixinal de CB Sant Josep, na LEB Bronce para a tempada 2008-2009. Desde a tempada 2009-10 milita na segunda categoría do baloncesto español, a LEB Ouro, á que accedeu trala merca dos dereitos federativos do CB Vic no verán de 2009.

Club Atlético Osasuna

O Club Atlético Osasuna (en éuscaro Osasuna significa saúde ou vigor) é un club deportivo de España con sede en Pamplona, en Navarra. Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Primeira División.

É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en Terceira. Historicamente, é o 16° mellor equipo de España. Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA, competición na que acadou as semifinais en 2007. En decembro de 2006 foi nomeado club do mes do mundo pola IFFHS despois de catro vitorias consecutivas en Liga e outra na Copa da UEFA.É un dos catro únicos equipos profesionais de España, xunto con Athletic Club, FC Barcelona e Real Madrid, que non é unha sociedade anónima deportiva, de maneira que a propiedade do club recae nos seus socios.

Editorial Planeta

A Editorial Planeta foi fundada en 1949 en Barcelona, por José Manuel Lara. É a empresa insignia do Grupo Planeta.

Euskal Telebista

Euskal Telebista (ETB, en galego: Televisión Vasca) é o ente televisivo autonómico de Euskadi, que forma parte de Euskal Irrati Telebista (Radio Televisión Vasca), consorcio dependente do Goberno Vasco. Ten a figura xurídica de Sociedade Anónima.

Gijón Baloncesto

O Gijón Baloncesto S.A.D. foi unha sociedade anónima deportiva de baloncesto cidade de Xixón, Asturias (España).

Montesa

Montesa é unha empresa catalá, actualmente propiedade de Honda, adicada á fabricación de motos.

A empresa foi fundada en 1944 por Pere Permanyer i Puigjaner e Francisco Javier Bultó Marqués.

Primeira división española 1991/92

A tempada 1991/92 da Primeira división española de fútbol, que foi a 61ª edición do campionato, comezou o 31 de agosto de 1991 e rematou o 7 de xuño de 1992. O FC Barcelona revalidou o título da tempada anterior e fixo dobrete ao conquistar a súa primeira Copa de Europa.

Antes de iniciarse o campionato, o 5 de xullo de 1991, o Goberno español aprobou un Real Decreto que obrigaba a converterse en sociedade anónima deportiva a todos os clubs da categoría con números vermellos nos seus balances nos últimos cinco exercicios. O Decreto prevía a exclusión da LFP daqueles clubs que non lograsen a súa reconversión durante a presente tempada, fixándose como data límite para iso o 18 de xuño de 1992.

Real Oviedo

O Real Oviedo é un equipo de fútbol da cidade de Oviedo (Asturias), fundado no 26 de marzo de 1926 da fusión de dous clubs que mantiveran pugna durante anos na cidade: o Real Stadium Club Ovetense e o Real Club Deportivo de Oviedo. É Sociedade anónima deportiva dende 1992 e o seu primeiro e máis emblemático presidente foi Carlos Tartiere.

Xogou durante 38 tempadas na Primeira División e 32 en Segunda División, e as súas cotas máximas foron tres terceiras posicións en Primeira División, unha Copa da Liga de Segunda División en 1985 e xogar a Copa da UEFA en 1991. Ademais, foi o primeiro equipo asturiano en xogar en Primeira, en 1933.

Actualmente xoga na Segunda División Española e o seu estadio, o novo Carlos Tartiere (c/ Ricardo Vázquez Prada, s/n 33013 Oviedo) con 30.500 localidades de asento, é o máis impresionante desa categoría debido a que se construíu mentres o equipo estaba en Primeira. Pese ao descenso no número de espectadores, a afección non abandonou do todo ao seu equipo, establecendo o récord de socios (12.700) e de asistentes (27.000) a un partido de Terceira División, así como o de desprazados a un partido de devandita categoría en campo alleo (máis de 4.000).

Reganosa

Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna. En España existen seis plantas regasificadoras: Barcelona, Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos.

Repsol

Repsol S.A. é unha sociedade anónima, fundada en 1987 e na súa orixe formada pola agrupación dunha serie de compañías, previamente pertencentes ao Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH), con actividades na exploración, produción, transporte e refino de petróleo e gas. Tamén fabrica, distribúe e comercializa derivados do petróleo, produtos petroquímicos e gas licuado e vende gas natural.

O seu nome deriva da marca de lubricantes comercializada por REPESA (Refinería de Petróleos de Vertedoiros), pola súa notoriedade e fácil pronuncia en diferentes idiomas e co obxectivo de transformarse nunha marca líder, de prestixio e recoñecemento mundial. En 1991, o Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH) ante a inminente desaparición do monopolio estatal de petróleos fixouse o obxectivo de crear unha empresa de capital mixto público - privado que explotase os activos petroleiros do Estado. Á hora de buscarlle nome realizouse unha enquisa a nivel de rúa e as dúas únicas palabras que a xente recoñeceu e asociou co mundo do petróleo foron CAMPSA (distintivo do antigo monopolio) e REPSOL. Obviamente, elixiuse esta última para dar nome á nova sociedade.

Cando en 1999 Repsol adquiriu practicamente a totalidade das accións da petroleira estatal arxentina YPF, a sociedade pasou a chamarse Repsol YPF, S.A. constituíndo unha empresa multinacional integrada de petróleo e gas natural, converténdose nunha das maiores petroleiras privadas do mundo, con operacións en máis de trinta países, e sendo a maior compañía privada enerxética en Hispanoamérica, en termo de activos.

Repsol opera en máis de 30 países e emprega a máis de 37.000 persoas de múltiples nacionalidades.

O grupo Repsol YPF opera principalmente nas áreas de:

Exploración e produción.

Refino e comercialización.

Química.

Gas e Electricidade.

Rádio e Televisão de Portugal

A Rádio e Televisão de Portugal (RTP) é unha empresa estatal portuguesa que inclúe a radio e a televisión públicas. Antes do ano 2004, a Radiodifusão Portuguesa (RDP) e a Radiotelevisão Portuguesa (RTP), empresas públicas de radio e televisión respectivamente, estaban separadas e eran entidades xurídicas independentes e distintas. No 2004, foron reestruturadas e fusionadas nunha soa empresa pública, a Rádio e Televisão de Portugal. Desde entón, a sigla RTP pasou a designar o grupo enteiro de Radio e Televisión, e a RTP pasou a ser a cadea de televisión máis vista do país, posto que diariamente preto de 50 millóns de persoas ven os contidos da RTP, entre portugueses, franceses e españois.

Sociedade anónima deportiva

Unha sociedade anónima deportiva é un tipo especial de sociedade anónima en España, creada coa Lei 10/1990 do 15 de outubro e desenvolvida co Real Decreto 1251/1999 do 16 de xullo.

Terrassa Futbol Club

O Terrassa Futbol Club é un club de fútbol catalán, da cidade de Terrassa, na provincia de Barcelona. Fundouse en 1906 e xoga actualmente na Terceira División de España.

Viguesa de Transportes S. L.

Viguesa de Transportes S. L. (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968. Actualmente mudou o seu nome a Urbanos de Vigo S.L, aínda que o seu nome comercial continúa sendo VITRASA.

Ademais explota en réxime de concesión autonómica, dúas liñas, entre o Alto da Encarnación e Vigo, e entre Negros e Bouzas (liñas C3 e 28, respectivamente), unindo o concello de Vigo co de Redondela.

En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas. Debido ás cláusulas da concesión para a explotación do servizo, Vitrasa non pode aumentar o tamaño da súa frota dedicada ó transporte urbano de pasaxeiros.

No ano 2006 transportou 22,5 millóns de pasaxeiros, o que supuxo un aumento dun 4% respecto ó ano anterior, supoñendo o cuarto ano consecutivo que rexistraba un aumento de viaxeiros.

Nese ano a media de viaxeiros de Vitrasa situábase nuns 80.000 usuarios diarios, sendo a liña Circular Centro a máis utilizada, cunha media de 5.500 usuarios. Nese mesmo período os autocares de toda a rede percorreron entre 23.000 e 24.000 quilómetros, realizando aproximadamente uns 7 millóns de viaxes.

Vitrasa foi creada como sociedade anónima, en maio de 1968, logo de resultar adxudicataria da concesión municipal do transporte público urbano.

Ese mesmo ano, en xullo, presentou os seus primeiros autocares ó público, nun acto celebrado na explanada fronte ó Real Club Náutico de Vigo. Eran trinta autocares e dous microbuses, de cor azul, que daban servizo en 16 liñas.

En decembro de 1994, finalizada a concesión municipal, convocouse un novo concurso, resultando novamente adxudicataria Vitrasa, por un período de 25 anos.

Unha das condicións desta nova concesión foi o cambio da cor dos autocares, da vermella que tiña desde 1986, á verde e branca que levan desde entón.

En 2001 empezou unha remodelación da rede, buscando potenciar as liñas circulares e a implantación dun "billete de transbordo" entre diferentes liñas para completar a viaxe.

En marzo de 2002, xunto coas sociedades Tuzsa (que explota o servizo de transporte urbano de Zaragoza) e Auto Res (sociedade de transporte de viaxeiros por estrada), creou o consorcio Avanza Grupo, co obxectivo de competir no sector de transportes a nivel estatal, converténdose no segundo operador de transportes por estrada no momento da súa creación, tralo grupo Alsa.

Voz Audiovisual

Voz Audiovisual, é unha sociedade anónima constituída pola Corporación Voz de Galicia o 13 de decembro de 1996 co obxectivo de dedicarse á produción audiovisual e de vídeo,, coa intención de introducise no mercado audiovisual galego, nacional e internacional.

A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.