Sociedade Galega de Historia Natural

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) é unha asociación científica e cultural galega adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio natural.[1][2] A SGHN ten a súa sede en Santiago de Compostela e conta con delegacións en varias localidades galegas.[1] Constituíuse en 1976 grazas ao movemento de persoas ligadas ao Grupo Ornitolóxico Galego que se fundara en 1973.[2]

Conta cun museo en Ferrol, actualmente nun edificio militar cedido ao concello, que conta con exposicións de interese biolóxico e xeolóxico.[1]

Ferrol, Canido 01-55a
Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, en Canido, Ferrol

Actividades

A SGHN ten a súa sede en Santiago de Compostela e delegacións en Sada, Ferrol, Ourense e Pontevedra. Conta coas seccións:

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Torrella Allegue, Pablo; Rodríguez Silvar, Juan (Novembro de 2017). "O Museo da Sociedade Galega de Historial Natural, corenta e un anos despois do nacemento da entidade" (PDF). Boletín do Museo do Castro de Viladonga: 180–187.
  2. 2,0 2,1 Sociedade Galega de Historia Natural (eds.). "Quen somos".
  3. "Museo de Historia Natural". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
A Portacal, Cumbraos, Sobrado

A Portacal é un lugar da parroquia de Cumbraos, no concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2018 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

Balenoptéridos

A dos balenoptéridos (Balaenopteridae) é a familia máis diversa e máis abundante en especies dos cetáceos misticetos.

Esta familia inclúe os denominados rorcuais, entre eles baleas tan coñecidas como o rorcual azul ou balea azul e o xibardo.

Braña (revista)

Braña é unha revista científica galega, boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, creada en 1977.

Calros Silvar

Carlos Rodríguez Silvar, máis coñecido como Calros Silvar, nado o 31 de decembro de 1954 en Ferrol, é un debuxante, pintor e ilustrador galego.

Carlos Pedreira López

Carlos Pedreira López, nado o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume, é un naturalista, ornitólogo, delineante naval e mestre de educación primaria galego.

Cetáceos

Os cetáceos (Cetacea) son unha orde de mamíferos completamente adaptados á vida acuática. O nome destes animais procede do latín cetus (balea, grande animal mariño), e este do grego antigo κήτος kétos (peixe grande).

En 1988, Rice recoñecía 83 especies e 42 subespecies. Posteriormente houbo un consenso ao considerar tres, e non unha, especies de balea franca, pasando a ser consideradas un total de 85 especies, reducíndose o número de subespecies a 41. Case todas as especies son animais mariños, que inclúen baleas, cachalotes, candorcas, golfiños, arroaces, toniñas etc., agás 7 especies de golfiños de auga doce, se ben un destes últimos, o baiji, está declarado formalmente extinto. Todas estas especies agrúpanse en dúas subordes, o dos misticetos e o dos odontocetos. Unha terceira suborde extinta, os arqueocetos, son os antepasados das modernas baleas.

Entre os misticetos están os animais vulgarmente chamados baleas, os máis grandes do mundo. Aínda que o termo balea debe reservarse ós integrantes da familia Balaenidae, úsase tamén para referirse a outras especies non pertencentes á familia dos balénidos e incluso tamén para cetáceos con dentes, como é o caso da denominación de balea asasina para a candorca (que nin é balea nin é asasina), de balea de esperma para o cachalote ou de balea piloto para o caldeirón.

Na suborde dos odontocetos están os golfiños e as candorcas, con frecuencia criados en catividade e adestrados para serviren de espectáculo, práctica non exenta de polémica que moita xente reclama sexa erradicada, como se fixo en Francia.

Morfoloxicamente, presentan un corpo fusiforme, semellante ós dos peixes, que os fai máis hidrodinámicos. As patas anteriores transformáronse en aletas, mentres que as posteriores desapareceron como tales, aínda que quedan algúns ósos vestixiais non unidos á pelve e ocultos dentro do corpo. A aleta caudal é horizontal e divídese en dous lóbulos. Xeralmente carecen de pelo e teñen unha capa de tecido adiposo debaixo da pel para manter a calor corporal en augas frías. O tamaño dos cetáceo vai desde 1 m e 50 kg do golfiño de Maui aos 29,9 m e 173 toneladas da balea azul, que é o animal máis grande que xamais existiu na Terra, mesmo maior cos renomeados dinosaurios. Algunhas especies mostran dimorfismo sexual. Aínda que non son tan flexibles ou áxiles coma as focas, os cetáceos poden nadar moi rápido, así a candorca é capaz de trasladarse a 35 km/h en períodos curtos de tempo, e o rorcual común pode manter unha velocidade de 30 km/h. Os golfiños poden facer xiros moi axustados mentres nadan a gran velocidade. Os misticetos teñen vibrisas na súa boca, a diferenza das baleas dentadas. Os cetáceos teñen uns sentidos moi desenvolvidos: a vista e o oído están adaptados tanto para a auga como para o aire, e as baleas teñen un sistema táctil nas súas vibrisas. Algunhas especies están ben adaptadas para mergullarse a grandes profundidades.

Os grandes cetáceos foron obxecto da caza comercial durante séculos, como un recurso mariño máis, ata poñelos en perigo de extinción. Aínda hoxe algúns países coma o Xapón, Noruega ou Islandia seguen cazando baleas para comer a súa carne, escudándose no argumento da caza científica. Puntualmente tamén se cazaron os golfiños, tanto para aproveitar a carne como por consideralos inimigos dos pescadores e aínda hoxe o fan no Xapón, os inuit (esquimós) do Canadá ou nas illas Feroe en Dinamarca.

A rama da bioloxía que estuda estes animais é a cetoloxía.

Cumbraos, Sobrado

San Xiao de Cumbraos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 239 habitantes (126 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 271 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.Aquí naceu Mateo de Prado (c. 1614-1677), unha das meirandes figuras da escultura barroca galega.

Emberiza

O xénero Emberiza fórmano varias especies de aves da familia dos emberícidos, coñecidos como escribentas.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Guía das aves de Galicia

A Guía das aves de Galicia é unha guía de campo de identificación de aves de Galicia, obra dos ornitólogos Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar. Foi publicada por primeira vez en 1980 por Editorial Galaxia, e reeditada en 1991 e 2004 por Baía Edicións.Esta guía, na súa edición de 1980, está recomendada pola Sociedade Galega de Historia Natural. A edición de 2004 está recomendada pola Xunta de Galicia para a observación de aves, xunto co libro Collins Bird Guide de aves de España, Europa e da rexión mediterránea.A primeira edición contén 90 fichas de especies silvestres diferentes que poden atoparse en Galicia con 146 ilustracións, unhas en branco e negro e outras a cor, a edición de 1990 contén 360 fichas e máis de 1 500 ilustracións a cor, e a edición de 2004 contén información de 434 aves, incluíndo máis de 2 000 ilustracións, e a maiores, achégase un CD-ROM con fichas adicionais doutras especies menos representativas e o canto de 110 aves.

Historia natural

Para a obra de Plinio o Vello, véxase Naturalis Historiæ.A definición do termo Historia natural (derivado do latín naturalis historia) é problemática, porque diversas disciplinas abórdana de maneira diferente. Moitas destas concepcións inclúen o estudo dos seres viventes (por exemplo, a bioloxía, incluíndo botánica, zooloxía e ecoloxía); outras concepcións estenden o termo ao campo da paleontoloxía e a bioquímica, así como á xeoloxía, astronomía, e a física.

Luís Freire

Luís Freire García, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo o 13 de decembro de 1997, foi un botánico e micólogo galego.

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Rebentabois

O rebentabois (Amanita muscaria ), tamén chamada bricabois ou amanita pinta, é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, frecuente en Galicia e en toda Europa, e caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Tamén se coñece como brincabois, obedecendo estes nomes comúns á suposta toxicidade sobre o gando que o poida comer: Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gado .

Coñécese en castelán como falsa oronja ou matamoscas; en catalán: reig bord, reig de fageda, reig tinyós ou reig vermell; en vasco: kuleto paltsoa ou kuleto falsoa. En Francia chámase fause oronge.

O nome científico muscaria fai alusión á paralización que parecen sufri-los insectos que pousan sobre este cogomelo.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Sorícidos

A dos sorícidos (Soricidae) é unha familia de mamíferos placentarios da orde dos soricomorfos, que reúne numerosas especies coñecidas vulgarmente como musarañas, muraños, murgaños (ou morgaños), furaños e furafollas.Son animais de pequeno tamaño que se encontran en todo o mundo, agás en Australia, Oceanía, as rexións mais próxiomas aos polos e na maior parte de Sudamérica, e que se caracterizan polos seus pequenos ollos e por presentaren un longo fociño con vibrisas (bigotes) moi sensíbeis.

Na súa forma e tamaño son similares aos ratos, pero non son roedores, senón que están emparentados coas toupas, aínda que recentemente suxeriuse que teñen unha relación xenética máis próxima cos ourizos. Durante moito tempo estiveron incluídos na hoxe desbotada orde dos insectívoros.

Tartaruga

A tartaruga ou quelonios (Testudines vel Chelonia) conforma unha orde de réptiles que se caracteriza por ter un tronco ancho e curto e unha cuncha, coiraza ou envoltura que protexe os órganos internos do seu corpo, e que está formada por dúas capas —a superior (espaldar) e a inferior (peto ou plastrón), unidas por unha ponte— de ósos planos e que posúe orificios para a saída, por diante, da cabeza e as patas anteriores e, por detrás, das patas posteriores e a cola. Carecen de dentes pero teñen un peteiro córneo para coller e esmagar o alimento.

Xabaril

O xabaril (do árabe djabalí)) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evoluíu o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable. Pola súa semellanza co porco, antigamente recibiu tamén denominacións derivadas deste: cocho bravo, porco montés e porco fero.

Ten unha ampla distribución xeográfica, desde a área mediterránea de Europa ata Asia e Indonesia. En Galicia tamén está amplamente distribuído.

Das diferentes subespecies que existen do Sus scrofa, na Península Ibérica danse dúas:

Albar ou Sus scofra castilianus: de distribución máis norteña, tamaño maior e pelaxe máis clara e tupida, formada por sedas e borra.

Arocho ou Sus scofra baeticus: propia do sur da península, menor có anterior, de cor máis moura e menos pelo, formado só por sedas.

Xosé Manuel Penas Patiño

Xosé Manuel Penas Patiño, nado en Santiago de Compostela en 1950, é un ornitólogo, profesor e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.