Sociedad Deportiva Teucro

A Sociedad Deportiva Teucro é un equipo de balonmán de Pontevedra. Compite na Liga Asobal, tras o ascenso acadado na campaña 2014/15, despois de 6 tempadas na División de Honra Prata. O seu filial, a Sociedad Deportiva Teucro San Narciso, compite no grupo A da Primeira Estatal (terceiro nivel da pirámide de ligas españolas).

S.D. Teucro
Teucro segunda equipación
Equipo do Teucro na Copa Galicia 2013
Nome completoSociedad Deportiva Teucro
CidadePontevedra, Galicia Galicia
Historia1945-
Fundado1945
PavillónMunicipal dos Deportes (4.000 espectadores)
PresidenteGalicia Carlos García-Alén
AdestradorGalicia Quique Domínguez
CompeticiónLiga Asobal
Cores          Azul e branco
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

Historia

Vicedecano do balonmán español, a Sociedad Deportiva Teucro naceu o 4 de maio de 1945. O club abarcaba 11 modalidades deportivas: ximnasia, atletismo, fútbol, baloncesto, balonmán, remo, natación, hóckei, ciclismo, xadrez e ping-pong.

En 1948 organiza a Fase Final do Campionato de España de balonmán (na modalidade de a once), como premio á boa traxectoria do equipo. Na Fase Final tamén participan o FC Barcelona, a Real Sociedad de San Sebastián e o SEU de Barcelona, destacando xa a afección do Teucro como unha das mellores da península.

A principios de 1958 comeza a participación en competicións oficiais de balonmán xuvenil en modalidade a sete (se ben o equipo sénior aínda participaba a once), inscribindo dous equipos pola gran cantidade de xogadores desa categoría que se anotaron. Tanto os xuvenís como o equipo sénior acadan boas posicións nas súas competicións. Nese mesmo ano comezan as seccións de natación, montaña, pelota e actividades recreativas.

O equipo sénior gañou o campionato local en 1959, e os xuvenís obtiveron en León o primeiro posto do sector nacional, clasificándose para a fase final do Campionato de España a celebrar en Zaragoza, onde acada o terceiro posto.

Malia as diferentes seccións deportivas, xa nos anos 60 era o equipo de balonmán o que destacaba por riba dos demais. Na tempada 1960/61 o equipo de Primeira División e o de Segunda clasificáronse para as fases nacionais, celebradas respectivamente en Palencia e Alacant, igual que na tempada 1961/62, ano en que a Federación Española de Balonmán concede á SD Teucro unha placa ó mérito á entidade con maior contribución á difusión deste deporte.

En 1963 un combinado de xogadores da SD Teucro e do Vulcano, como selección de Pontevedra, clasificouse por primeira vez para as semifinais da Copa do Xeneralísimo, tras vencer á selección de Zaragoza. A Semifinal celebrouse en Pontevedra ante miles de afeccionados e coa presenza entre otras autoridades do Presidente da Federación Española de Balonmán. O partido rematou co triunfo da Selección pontevedresa ante a de Valencia.

Na tempada 1963/64 o equipo resulta campión do sector noroeste, clasificándose para a Fase de Ascenso a División de Honra, celebrada en Elx, que gañaría finalmente o Granollers. Na década dos 60 varios xogadores da canteira pontevedresa chegan á Selección Nacional.

Tras algúns altibaixos deportivos, na tempada 1972/73 o equipo asegura o ascenso á División de Honra a falta de dúas xornadas. Mantense aí ata a tempada 1976/77 (acadando na tempada 75-76 a súa mellor clasificación ata aquel momento, un 7º posto). Descende a Primeira Nacional, onde está ata a tempada 1983-84, na que ascende á máxima categoría, que perde ó ano seguinte.

O afianzamento definitivo na máxima categoría do balonmán español conséguese na tempada 1989/90. En 1993 a SD Teucro foi semifinalista na Copa de S.M. El Rei. Na 1995/96, despois dunha temporada anterior estupenda na que se mantivo na loita polo título ata caer en Barcelona a falta de cinco xornadas, obtén un cuarto posto de 16 equipos, clasificándose así para disputar a Copa EHF.

O equipo resultou eliminado polo Elektromos Budapest, cheo de internacionais húngaros, polo dobre valor dos goles logrados en pista contraria (26/24 en Pontevedra e 27/25 en Budapest).

Mantendo o equipo na máxima categoría (a excepción de dúas tempadas: 97/98 e 00/01) a SD Teucro continuou paseando o nome de Pontevedra polos mellores campos da xeografía nacional. Na tempada 2003-04 consegue o 8º posto na liga e chega ás semifinais da Copa de S.M. El Rei en Pamplona.

Na tempada 2004-05, malia organizar a XXX Copa do Rei de Balonmán, descendeu. Nas mesmas datas organizouse a Fase Final do Campionato Xuvenil Masculino.

Tras dúas tempadas na División de Honra B, acadando na primeira un decepcionante 8º posto, na tempada 2006-2007 acada a segunda posición, o que lle permite ascender para xogar na 2007-08 de novo na máxima categoría, a liga Asobal.

Na tempada 2007-2008, a SD Teucro parte co obxectivo da permanencia na máxima categoría, obxectivo que consegue acadando o décimo posto. Nesta tempada conseguiu algunhas vitorias importantes, como a que se produciu na casa contra o BM Valladolid. Este 10º posto permítelle continuar un ano máis na considerada mellor liga do mundo.

Na seguinte tempada (2008/09) descende á División de Honra B, que no ano 2011 muda o seu nome para pasar a denominarse "División de Honra Prata", na que compite ata a tempada 2014/15, na que acada o campionato de liga e ascende de novo á Liga Asobal, tras seis tempadas na División de Prata.

Véxase tamén

Ligazóns externas

ASOBAL

ASOBAL é o acrónimo da "Asociación de Clubes Españoles de Balonmano" (en galego Asociación de Clubs Españois de Balonmán), unha entidade deportiva española sen ánimo de lucro fundada en 1984 por clubs profesionais de balonmán do Estado español e que vela polos intereses dos seus asociados.

Na actualidade, a ASOBAL está integrada polos 16 equipos que disputan a máxima categoría do balonmán masculino español, aínda que a pertenza á asociación non é un requerimento indispensable para poder disputar esta categoría.

Agustín Fernández González

Agustín Fernández González, coñecido popularmente como Tino Fernández e nado en Pontevedra en 1961, é un avogado e político galego do Partido dos Socialistas de Galicia.

David Amor

David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, nado en Salceda de Caselas o 12 de abril de 1980, é un balonmanista, humorista e actor galego.

Galería de imaxes de deporte en Galicia

Galería de imaxes de deporte en Galicia.

Juan Carlos Vilar Pérez

Juan Carlos Vilar Pérez, nado en Cerponzóns (Pontevedra) o 4 de decembro de 1958, é un profesor e debuxante galego.

Selección de balonmán de Galicia

A selección galega de balonmán é o equipo de balonmán formado por xogadores galegos, e que compite a nivel internacional, independentemente de que o faga ou non contra outras seleccións nacionais recoñecidas pola IHF.

Teucro

Teucro pode referirse a:

Teucro, heroe grego fillo de Telamón e da súa segunda esposa Hesione.

Teucro, rei da Tróade, fillo do deus-río Escamandro e da ninfa Ida.

Sociedad Deportiva Teucro, equipo de balonmán da cidade de Pontevedra.

Balonmán masculino en Galicia
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.