Sociedad Deportiva Octavio

O Octavio Pilotes Posada é un equipo de balonmán de Vigo que milita no grupo A da Primeira Estatal, o terceiro chanzo do sistema de ligas do balonmán español, o cal acolle unicamente clubs galegos: catorce pontevedreses e dous coruñeses. Xoga como local no Complexo Deportivo das Travesas de Freixeiro, con capacidade para 4.500 persoas.

Academia Octavio
Academia Octavio no Torneo Concello do Rosal 2014
Equipo do Octavio no Trofeo Concello do Rosal 2014
Nome completoSociedad Deportiva Octavio
CidadeVigo, Galicia Galicia
Historia1966-
Fundado1966
PavillónAs Travesas (4.500 espectadores)
PresidenteGalicia Javier Rodríguez López
AdestradorGalicia Enrique Domínguez
CompeticiónDivisión de Honra
Cores          Vermello e branco
Kit left arm whiteshoulders.png
Team colours
Kit body thingreysides.png
Team colours
Kit right arm whiteshoulders.png
Team colours
Team colours
Local
Kit left arm whiteshoulders.png
Team colours
Team colours
Kit right arm whiteshoulders.png
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial
50bb03d3739ea-cangasoctavio1-Praza Publica
Equipo do Octavio en decembro do 2012

Historia

O Academia Octavio de Vigo foi fundado en 1966 por Octavio Rodríguez (pai do presidente Javier Rodríguez). O club comezou como equipo feminino, mais aos dous anos apareceu a sección masculina. Dous anos máis tarde desapareceu a sección feminina, deixando unicamente á sección masculina como representante do club.

En 1970 conseguiu o ascenso a 1ª Nacional, e o 5 de marzo de 1975 conseguiu o seu primeiro ascenso á Divisón de Honra. Logo de xogar dous anos na máxima categoría, o Octavio descendeu a 1ª Nacional. Na tempada 1979-80, o club olívico regresou por segunda vez na súa historia á máxima categoría. Desta vez, a súa andaina durou tres anos, tralos cales perdeu novamente a categoría.

Despois de tres anos na 1ª Nacional, o Academia Octavio tivo que xogar en 2ª Nacional durante a tempada 1985-86, aínda que ese mesmo ano conseguiu o ascenso a 1ª Nacional "B", categoría na que permaneceu ata a tempada 1990-91, cando conseguiu o ascenso a 1ª Nacional "A". Dúas tempadas máis tarde, na 1992-93, conseguiu o retorno á máxima categoría do balonmán español da man de Alejandro López. Nese momento comezaba a época dourada do club vigués: semifinais da Copa ASOBAL e final da Copa do Rei na tempada 1994-95, cuarto posto na tempada 1995-96, e tres anos consecutivos xogando competicións europeas. Mesmo nas tempadas 1996-97 e 1997-98 disputou as semifinais da Copa EHF e da City Cup respectivamente.

Na tempada 1997-98, o Octavio perdeu a categoría volvendo á División de Honra "B". A partir dese ano, o Octavio comezou a intercalar tempadas na División de Honra "B" con tempadas en ASOBAL (das últimas 13 tempadas: 6 en ASOBAL e 7 na División de Honra "B") gañando a sona de equipo "ascensor".

Na tempada 2010-11 acadou novamente o ascenso logo de pasar un ano na segunda categoría.

Xogadores

Cadro 2010/11

  • España Javi Díaz
  • España Edu Moledo
  • Flag of Lithuania.svg Tautvydas Mikalauskas
  • Flag of Israel.svg Eran Abramovich
  • España Nando Martínez
  • España Juanjo Ruesga
  • España Ruben Montávez
  • España Pablo Cacheda
  • Flag of Argentina.svg Leonel Maciel
  • España Cerillo
  • España Pablo Macías
  • Croacia Miro Barisic
  • España Daniel Cerqueira
  • Eslovaquia Pavol Polakovic
  • España Fran González
  • España Víctor Frade

Véxase tamén

Ligazóns externas

Club Balonmano Cantabria

O Club Balonmano Cantabria (1975-2008) foi un equipo de balonmán da cidade de Santander (Cantabria). Foi fundado en 1975 co nome de Grupo Deportivo Teka Santander, herdeiro do club La Salle Authi de Los Corrales de Buelna. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido a problemas económicos, mudou a súa denominación en 1995, baixo o patrocinio de Caja Cantabria, que abandonou o seu patrocinio en 1999, adoptando o club o nome de Club Balonmano Cantabria e volvendo a Teka, denominándose o equipo Teka Cantabria ata a súa desaparición no ano 2008, tras un breve período no que foi propiedade do Racing de Santander.A nivel nacional participou na Liga ASOBAL dende a súa fundación en 1990 pola Asociación de Clubes Españoles de Balonmano (ASOBAL) ata a súa desaparición. A Liga ASOBAL foi a herdeira da antiga liga española de balonmán que, entre 1958 e 1990, e coa denominación de División de Honra, organizou a Federación Española de Balonmano. En total, o club participou en 18 ocasións na máxima categoría, gañando o título en dúas ocasións (1992-93 e 1993-94). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como a Copa do Rei e a Supercopa de España, ambas en dúas ocasións, ou a Copa ASOBAL, que gañou catro veces. A nivel internacional conquistou nunha ocasión a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Copa de Europa, así como o Campionato Mundial de Clubs, a Recopa de Europa en dúas ocasións, ou a Copa EHF.

A nivel individual destacou Talant Dujshebaev, xogador do club dende 1992 a 1997 e que foi nomeado en dúas ocasións Xogador do Ano da IHF, ademais de adxudicarse ao longo da súa carreira numerosos títulos nacionais e internacionais. Durante a maior parte da súa historia, o club xogou no Pavillón de La Albericia, aínda que tamén nas súas últimas tempadas disputou partidos no Palacio de Deportes de Santander, que dispuña de maior capacidade que o anterior.

Galería de imaxes de deporte en Galicia

Galería de imaxes de deporte en Galicia.

Keltoi GAC

O Keltoi Vigo GAC é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Vigo. Está asociado a Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico.

O Marisquiño

O Marisquiño é un evento deportivo e cultural urbano que se celebra na cidade de Vigo cada mes de agosto dende o ano 2001. O evento conta con actividades de concertos, grafitis e competicións de deportes urbanos, e converteuse nun dos festivais de deporte urbano de referencia no sur de Europa.Entre as modalidades deportivas do evento están o Basket 3×3, o skate, o BMX, o "Dirt Jump", o "Motocross" ou o descenso en bicicleta polo Casco Vello.

Real Club Fortuna de Vigo

O Real Club Fortuna de Vigo foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.

Real Vigo Sporting Club

O Real Vigo Sporting Club foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo.

Balonmán masculino en Galicia
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.