Sobreiral do Arnego

O Sobreiral do Arnego é unha área forestal no val do río Arnego formada principalmente por sobreiras (Quercus Suber), especie propia dun clima máis suave que logrou prosperar grazas ás condicións climatolóxicas que presenta este enclave. No curso do río Arnego e no val de Carmoega dáse un microclima específico con temperaturas mornas ao longo de todo o ano, que resulta ser un hábitat propicio para as sobreiras. É un espazo natural declarado Zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000.

Coordenadas: 42°46′0.72″N 8°05′22.2″O / 42.7668667, -8.089500

Sobreira do Arnego
Sobreira do Arnego coa cortiza densa

Descrición

Ten unha extensión de 1537 ha e abarca os concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces. Esténdese polas ladeiras do treito medio e inferior do val do río Arnego ata a súa desembocadura no encoro de Portodemouros, no río Ulla.

Configúrase como principal masa forestal representativa da fraga atlántica con influencia mediterránea presente na conca do río Ulla. Como especies máis representativas destacan o carballo e a sobreira. Tamén ao longo do río hai presenza de amieiros. A zona acolle unha fauna rica e diversa na que está presente un amplo abano de especies asociadas a áreas de mato e bosque de ribeira.

Nesta área está a praia da Ponte Vilariño, cunha área de recreo e un manancial de augas termais entre as ruínas dun antigo balneario.[1]

Exposición a riscos

O sobreiral está amparado polas medidas de protección asociadas ás figuras da Rede Natura 2000 e os LIC. Tamén se aprecia o traballo desenvolvido pola chamada rede de custodia Ulloa-Arnego. Aínda así, persisten as ameazas a este contorno. Por unha banda o proxecto -actualmente paralizado- de construción de varios encoros que anegarían boa parte do sobreiral. Por outra banda, as sobreiras presentaron diversas doenzas a consecuencia do contaxio a través das ferramentas dos recolectores de cortiza.

Galería de imaxes

Sobreirais do Arnego, vista

Sobreirais do Arnego, recente incendio, maio de 2018.

Sobreiral do Arnego 1V2016 06

Canón do río Arnego en Toiriz.

Notas

  1. Santiago Turismo, Sobreiral do Arnego (en galego)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Sobreira

A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.