Sobreira

A sobreira [1] (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro[2] e corticeira[3].

Sobreira
Unha sobreira en Galiza

Unha sobreira en Galiza
Estado de conservación
Status iucn2.3 LC gl

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Subxénero: Quercus
Sección: Cerris
Especie: Q. suber
Nome binomial
Quercus suber
L.
Quercus suber range

Formas
  • Q. suber f. brevicupulata (Batt. & Trab.) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f. clavata (Cout.) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f. dolichocarpa (A.Camus) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f. longicalyx (A.Camus) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f. macrocarpa (Willk. & Lange) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f. microcarpa (Batt. & Trab.) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f. racemosa (Borzí) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f. suboccultata (Cout.) F.M.Vázquez 1998

Descrición botánica

Botanicamente é unha árbore monoica, de folla simple (entre 2,5 e 10 cm. de longo e entre 1,2 e 6,5 cm. de ancho), de forma denticular, alterna, perenne, verde escura, con nervación principal algo sinuosa e nerviación secundaria composta por entre 5 e 8 pares de canais, sen pelos e con estípulas caducas. As súas flores son unisexuais:

  • as masculinas están reunidas en amentos ou glomérulos de entre 8 e 20 estames.
  • as femininas son monoclamídeas, inconspicuas, de xineceo ínfero e con 3 ou 6 carpelos e dispóñense en pequenos acios ou na base das inflorescencias masculinas. Cada unha, dúas ou tres flores femininas aparece un invólucro basal de escamas que se transformará na cúpula do froito.

A polinización é anemófila e os froitos teñen forma de glande (balouta, lande ou landra): cada froito está provisto dunha cúpula escuamiforme ou espiñenta.

Debido á súa casca formada como cortiza, a sobreira cultivouse dende hai tempo para a súa extracción. A operación denomínase tamén pela, e non é mortal para a árbore (e non ten por que ser prexudicial se se realiza correctamente, inda que a árbore o sofre de xeito metabólico e fisiolóxico). A causa de que saia indemne é que o espécime volve a producir unha nova casca protectora de cortiza a partir da capa inmediatamente interior á extraída (denominada cámbium suberoso, que é en realidade o material vivo da árbore no toro). Cada oito a doce anos reprodúcese o espesor da capa de cortiza, en cada ciclo consecutivo con maior calidade cada vez.

Distribución

Sobreira1
Vella sobreira descortizada por primeira vez en 1999 no Rial (concello da Arnoia, Ourense).
Sobreira
Sobreira no monte da Peneda (O Viso, Redondela).

Ademais de cultivada, a sobreira é unha especie natural e autóctona da Península Ibérica: inda que é espontánea en moitos puntos de España e Portugal onde formou frondosos bosques en asociación con outras especias de quercíneas (quercetum), por iso mesmo se ten dito moitas veces que é unha árbore de clima mediterráneo. Esta afirmación está apoiada polos seus máximos de distribución mundial (que abrangue o sur de Iberia e tamén Alxeria e Marrocos), pero matizada pola enorme presenza da especie en localizacións ibéricas do interior (continental) e nororientais (atlánticas).

Se ben a influencia mediterránea nos vales interiores de Galicia e ó norte da cidade portuguesa de Porto é incontestable, non cabe tampouco dúbida que o clima galego e do norte de Portugal é eminentemente atlántico. A existencia (e nalgúns casos persistencia) demostrable en moitos puntos de Galicia (río Arnego e encoro de Portodemouros no Deza, sobredas da Arnoia, Castrelo de Miño, Ancares, Courel e a mesma Ribeira Sacra) permiten facer a comparación cos intentos de implantación da especie que foron frustrantes noutros lugares non mediterráneos (por exemplo, nos EEUU). Inda así, é certo que a súa distribución xeográfica chega tamén a puntos coma Tunisia, sur de Francia (montañas Albères -no departamento de Pyrénees-Orientales, "Pireneos orientais"- e montañas Maures, no de Var) e Italia, inda que se atopa naturalizado en certas rexións de clima mediterráneo.

Edafoloxicamente dise que é unha especie calcífuga, inda que máis que dunha distribución preferente deberíase falar dunha exclusión territorial relíctica: a especie non vive mellor nas peores terras, barbeitos, ermos e baldíos, senón que é alí onde resiste porque as mellores terras se destinan a outros cultivos: trigo, maínzo, paínzo, millo, cebada, avea etc. Este proceder é un erro, xa que a sobreira é unha especie coñecida pola súa capacidade de compatibilidade produtiva (sempre que sexa mediante métodos extensivos).

É máis, a súa explotación tradicional está asociada a un sistema produtivo multinivel e sostible e único no mundo pola súa integración social e altísimo rendemento: os sobreirais. A potencia produtiva deste sistema extensivo non ten igual debido á súa diversidade produtiva: touros de lida, porcino de alta calidade, cortiza, cultivos alimentarios e de forraxe, vexetación e fauna salvaxe dabondo para manter unha caza sostible, mantemento ou restauración edáfica, variedade territorial debido á existencia de manchas ou currais (microclimas máis húmidos ou secos dependendo da orientación xeográfica da aba), asociación con outras especies coma o piñeiro real (e a súa produción de piñóns), explotación micolóxica nalgúns casos e apícola máis habitualmente etc.

A enorme variedade produtiva e a adaptación coevolutiva da estrutura social e da distribución territorial da poboación no sur ibérico a esta diversificación fan necesaria a xestión do territorio por parte dun equipo de xestión forestal moi consciente da importancia social, ecolóxica e industrial deste modelo de produción.

KorkeichePortugal1994
Sobreira en Portugal.

Localizacións singulares

Sobreira2
Sobreira descortizada por primeira vez entre Valdemeixeira e Coto Novelle (concello da Arnoia, Ourense).

En Galicia quedan manchas que testemuñan unha expansión maior na antigüidade: os bosquetes coñecidos máis amplos sitúanse nos seguintes puntos:

O normal é que a carón destas zonas teña existido un aproveitamento tradicional, cando menos para confeccionar alvarizas ou colmeas. Moi preto da primeira das localizacións mencionadas, en Ventosela (na estrada entre Ribadavia e o antigo pazo de Otero Pedrayo en Trasalba), hai unha empresa de tratamento de cortizas.

Historicamente a súa distribución foi moito maior e máis densa tal e como demostra a distribución dos topónimos que proceden do latino suber (non debe confundirse con Sobrado, que vén de superatum).

Fóra de Galicia hai varias localidades mundialmente famosas:

Pela

Sobreira0
Cor dunha sobreira que leva uns poucos meses descortizada (Parque Natural de Los Alcornocales, provincia de Cádiz).

A pela é o proceso de descascado da sobreira. Os tipos de cortiza que se extrae clasifícanse cronoloxicamente coma:

  • bornizo
  • primario
  • secundario

A pela faise a unha altura gradualmente crecente, que se establece por unha circunferencia á altura do peito (C.A.P.) ou diámetro gradualmente menor.

Cortiza

Á parte da importancia simbólica que ten que as primeiras células vistas nun microscopio fosen precisamente as de cortiza, a importancia industrial da cortiza é moi clara: é un material cunhas características moi específicas pero que non poden ser imitadas artificialmente por ningún outro composto sintético industrial. A imposibilidade actual de que a industria bioquímica sexa capaz de reproducir cortiza ou materiais coas súas propiedades coloca á industria nun lugar estratéxico único no mundo. Se tódalas rollas das botellas do mundo (das de certa calidade, xa que a calidade do viño ou licor se pode estimar pola calidade da rolla que o tapa) saen das árbores, hai que previr ó sector da sobreexplotación, coidar os recursos actuais, prever un constante aumento do mercado cun constante aumento produtivo en calidade e cantidade e aumentar asemade a superficie forestal destinada a este recurso de momento insubstituíble.

A cortiza utilízase coma illante térmico e sonoro con aplicacións moi diversas, pero o seu uso principal é a produción de rollas para o peche de botellas. A calidade da cortiza é proporcional á dificultade da súa produción e ó seu valor, e os embotelladores escóllena en función da bebida que se debe conservar.

Antropoloxía

No Courel chámase así os alpendres acaroados ás casas.

Nome común

Segundo as zonas a árbore recibe diferentes nomes comúns en galego: alcarnoque, alcornoque, árbol da cortiza, azufireira, azufreira, colcheira, corcheira, corcheiro, cortezo, corticeira, corticeiro, cortixeiro, cortiza, cortizo, curcheiro, curticeira, curticeiro, encina, sebreira, sebreiro, sebreña, segoreira, sobreira, sobreiro, sogureira, subreiro, sufreira, xufreira e zufreiro[4]. Sofreira é a voz corrente na Terra Eo-Navia[5], e no galego de Estremadura denomínase alcornoque ou sobreira [6].

Galería de imaxes

Sobreira Alcornoque GFDL

Sobreira en Teaño, Cuntis.

Quercus suber. Sobreira

Quercus suber.

Sobreira en Ourense

Sobreira na cidade de Ourense.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sobreira.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para corticeiro.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para corticeira.
  4. "Sobreira (Quercus suber L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 9 de setembro de 2016.
  5. Varela Aenlle, Carlos Xesús Contribución ao dicionario galego : o léxico do galego de Asturias (LeGA)
  6. "Román Domínguez, Arantxa. Contribución ao léxico do Galego Exterior. O Val do Río Ellas. (Cáceres)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2014. Consultado o 31 de agosto de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Sobreira, Boimorto, Boimorto

A Sobreira é un lugar da parroquia de Boimorto no concello coruñés de Boimorto na comarca de Arzúa. Tiña 8 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 7 eran homes e 1 era muller.

A Sobreira, Cea, Vilagarcía de Arousa

A Sobreira é un lugar da parroquia de Cea no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 20 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 6 eran mulleres e 14 homes, o que representa un aumento respecto ó ano 2010, cando tiña 18 veciños, pero un forte descenso respecto a 2005, cando eran 35.

A Sobreira, Nogueira, Meis

A Sobreira é un lugar da parroquia de Nogueira no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 34 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 16 eran mulleres e 18 homes, o que representa manter a poboación que tiña en 2010, cando tiña 34 veciños, pero un leve descenso respecto a 2005, cando eran 35.

Arnois, A Estrada

San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.

Callobre, A Estrada

San Martiño de Callobre é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 426 habitantes (239 mulleres e 187 homes), distribuídos en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 667 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 372 persoas.

Constantino García

Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.

Cortiza

A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira (Quercus suber) e dalgunhas outras árbores. É incorrecto utilizar cortiza para denominar a casca doutras especies (un castelanismo pola influencia da palabra corteza), pois en galego debemos usar casca ou codia. A cortiza foi o primeiro material biolóxico en ser observado ó microscopio e, debido á súa especial estrutura de macrocélulas, permitiu supoñer que os tecidos están formados por células. Os usos da cortiza son moi variados debido ás súas características, moi importantes e dificilmente conseguibles mediante materiais sintéticos:

resistencia térmica e estrutural: debido a proceder dunha planta de tendencia mediterránea, resiste ben o lume creando unha pátina de material carbonizado que evita a combustión de subseguintes materiais interiores: isto acontece tamén en situacións de temperatura non extrema, pois é un moi bo illante térmico;

illante acústico: pola súa estrutura en capas presenta cualidades perfectas para a hermetización sónica;

compresible elasticamente: en situacións de presión física tamén resulta útil, pois recupera a estrutura inicial tras unha deformación;

pouca densidade: isto permítelle flotar, o que fai un complemento ideal na práctica da pesca;

durabilidade: baixo pouco coidado, o seu grao de putrefacción e biodegradación é moi baixo, tendo poucos inimigos microbióticos naturais;Os seus usos máis comúns son como rollas para selar botellas, pezas industriais pequenas e de características moi especiais (xuntas, amortecedores) e material de decoración (a súa cor e textura permiten a creación de ambientes moi cálidos, coma no uso da madeira). O seu uso está restrinxido polo seu prezo moito maior cós materiais sintéticos, pero o seu rendemento e duración son moito maiores.

Fagaceae

Fagaceae, as fagáceas, é unha familia de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á orde Fagales.

O grupo das fagáceas inclúe innumerábeis especies de árbores de medio a grande porte, con maior presenza nas zonas temperadas do Hemisferio Norte. O grupo non está representado nas zonas tropicais de África ou de América do Sur. Algunhas das principais especies arbóreas de Galiza son fagáceas: os diferentes tipos de carballos (incluíndo a sobreira ou o cerquiño), o castiñeiro, ou a faia. Así mesmo as principais formacións do país, como carballeiras, fragas e soutos, están dominados por fagáceas.

Fornas, Chantada

San Cristovo de Fornas é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Tiña 94 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 47 mulleres. O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 106 habitantes (48 homes e 58 mulleres).

José Luis Pensado

José Luís Pensado Tomé, nado en Negreira o 6 de marzo de 1924 e finado en Salamanca o 15 de decembro de 2000, foi un filólogo e lingüista galego que entre outros aspectos dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento. Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana.

Landra

A landra ou belota é o froito característico dos carballos, das especies do xénero Quercus (fam. Fagaceae), como son o carballo común e outras árbores semellantes como a aciñeira ou a sobreira.

Marzo na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

Padre Sobreira

O padre Sobreira, nado como Xoán Sobreira Salgado en Beade en 1745 e finado en Guadalaxara en 1805, foi un monxe beneditino galego que, ademais de compoñer diversos textos sobre a xeografía de Galiza, traballou durante máis de oito anos na idea dun dicionario galego, que había levar o título de Glossario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península Ibérica o tiñan. Este dicionario, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito o idioma galego.

Piñor

Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «piñorense».

Rebento

Chámase rebento ou gromo aos novos crecementos das plantas, que poden incluír talos, xemas e follas. O gromo de xerminación da semente que medra cara arriba é un rebento que ha desenvolver follas. Na primavera, os rebentos de plantas perennes son o novo crecemento, dende o chan nas plantas herbáceas, ou o novo crecemento de flores ou talos / caules nas plantas lígneas. O galego permite tamén os termos gomo, abrocho e brote.

Cómpre non confundir os gromos cos talos, xa que estes fornecen o eixo para o crecemento das xemas, froitos e follas.

Logo dunha árbore se tallar ou queimar, o coto ou o toro dalgunhas especies coma os carballos (carballo común, sobreira etc) ou os eucaliptos botan novos fillos tamén chamados rebentos.

Moitos animais aliméntanse dos abrochos por mor a que as fibras do novo crecemento aínda non completaron o desenvolvemento total da parede celular secundaria, e polo tanto, son máis tenros e doados de mastigar e dixeriren. Cando os gromos medran e envellecen, as células completan o desenvolvemento das paredes celulares que teñen unha estrutura dura e resistente. Algunhas plantas (por exemplo, os fentos) producen toxinas que fan que os seus rebentos sexan menos apetecíbeis aos herbívoros.

Os rebentos de moitas plantas (soia, alfalfa etc) son un alimento habitual en moitas culturas. En Galiza o consumo está a medrar, especialmente en ensaladas e pratos orientais.

Sobreira, Carreira, Ribeira

Sobreira é un lugar da parroquia de Carreira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Sobreira, Vilamarín

San Xoán de Sobreira é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 228 habitantes, dos cales 105 eran homes e 123 mulleres. O que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o órgano que culmina a estrutura da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma. Con sede na cidade da Coruña, exerce xurisdición a través de tres salas: Sala do Civil e Penal, Sala do Contencioso-Administrativo e Sala do Social. Ademais, a súa Sala de Goberno desempeña funcións gobernativas sobre a xudicatura galega.

Nos supostos admitidos polo ordenamento xurídico este tribunal resolve recursos contra as sentenzas das audiencias provinciais, os xulgados do contencioso-administrativo e os xulgados do social. Xulga en única instancia determinadas demandas en procesos civís, contencioso-administrativos e laborais, e instrúe e xulga causas criminais contra autoridades aforadas. O recurso de casación fundado na infracción de normas do dereito propio de Galicia é tamén competencia do Tribunal Superior de Xustiza, mentres que nos demais casos está atribuído ao Tribunal Supremo.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza, con categoría de maxistrado do Tribunal Supremo, exerce a representación do poder xudicial en Galicia.

O seu actual presidente é Miguel Ángel Cadenas Sobreira.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia desde o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.