Sobrado

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».[4]

Coordenadas: 43°1′20.64″N 8°0′51.84″O / 43.0224000, -8.0144000

Sobrado
Bandeira de Sobrado
---
Escudo de Sobrado
Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes 2
Situacion Sobrado
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Terra de Melide
Poboación1.799 hab. (2018)
Área120,6 km²
Densidade14,92 hab./km²
Entidades de poboaciónLugares de Sobrado
Política (2019[2])
AlcaldeLisardo Santos (PSdG)
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Sobrado
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes88,59%
Na rede
www.sobrado.es
info@sobrado.es
Concello de Sobrado
Mapa de Sobrado coas súas parroquias.

Xeografía

Limita ó sur cos concellos de Melide e Toques, ó leste con Friol (provincia de Lugo), ó norte con Curtis e ó oeste con Boimorto e Vilasantar. Pertence á comarca de Terra de Melide ó Partido Xudicial de Betanzos e á Diocese de Santiago. As dez parroquias do concello distribúense nun territorio de 120,6 km².

O termo municipal localízase nun área montañosa pertencente á Dorsal Galega. Atópase en Sobrado o monte Campelo, da serra da Cova da Serpe, que con 811 m de altitude é o máis alto da provincia.

Sobrado ten un réxime térmico e pluviométrico característico do clima oceánico hiperhúmedo, cunha temperatura media anual de 8,4 °C, sufrindo importantes variacións, con máximas en xullo de 22 °C e mínimas en decembro de 2,3 °C. É moi importante a cantidade de precipitacións anuais nesta comarca, cunha media superior ós 1.200 mm. A rede fluvial caracterízase por cursos pequenos e de pouco caudal.

En Sobrado nacen o Mandeo, que desemboca na ría de Betanzos, e o Tambre, que forma a ría de Muros e Noia.

Clima

O seu clima é oceánico húmido e fresco, con importantes precipitacións.

Patrimonio histórico e artístico

Da era castrexa consérvanse varios castros[5]:

  • Castro do Cruceiro (Carelle)
  • Roda da Froxa (Carelle)
  • As Castronelas (Carelle)
  • Castro de Revillón (Carelle)
  • Castro de Roda de Socastro (Cumbraos)
  • Castro de Cumbraos (Cumbraos)
  • Castro de Grixalva (Grixalva)
  • Castro de Vilanova (A Porta)
  • Castro de Seixo (Roade)
  • Castro das Lagoas (Roade)

Na parroquia da Ciadella atópase o importante campamento romano da Ciadella, o máis importante dos escavados en Galicia (xunto con Aquis Querquennis en Bande). Nel apareceron gran cantidade de tégulas, lápidas, moedas e outras pezas romanas. Probablemente estaría á beira da vía romana entre Brigantium e Lugo. Estivo activo entre os séculos II e IV.

Unha pressura romana deu orixe ao condado de Présaras, que comprendía ademais do concello de Sobrado as terras dos concellos actuais de Vilasantar e Curtis e estendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, igrexas e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos condes de Présaras, Hermenexildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Sobrado dos Monxes e nel foi frade logo de quedar viúvo da súa esposa Paterna Gundesíndez. Desta forma, todos os bens do condado pasaron a formar parte das que foron as posesións do cenobio. Refundado no ano 1142, fábrica da que se conservan a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas. No século XVI foi cando se comezou a levantar a igrexa e o mosteiro actuais.

No lugar de Santiago do Campo hai vestixios dunha igrexa prerrománica.

Poboación

A poboación de Sobrado variou, coma moitos concellos do interior de Galicia, pola emigración do agro ás cidades. Así dende os anos 1950 diminuíu a poboación ata uns estables dous mil habitantes que mantén. Sobrado é un concello da Galicia rural. A súa economía está moi ligada á explotación da terra, a gandería e a explotación forestal. O concello matén unha importante fonte de ingresos no turismo e a hostalería ao ser un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.

Evolución da poboación de Sobrado   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.899 5.583 6.459 3.466 2.360 2.139 2.037 1.965 1.847 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2015 1.911 habitantes
Menores de 15 anos 111 (5.81 %)
Entre 15 e 64 anos 1.065 (55.73 %)
Maiores de 65 anos 735 (38.46 %)
Gráfica de evolución demográfica de Sobrado entre 1842 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación de dereito (1842-1991) ou poboación residente (2001-2011) segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía

Sobrado na cultura popular

  • Home de Melide, muller de Sobrado e vaca de Furelos, que os leven os demos.[6]

Aparece tamén Sobrado na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide[7]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrado.
Laguna de sobrado

Lagoa de Sobrado.

Iglesia de Santa María de Sobrado dos Monxes

Igrexa de Sobrado dos Monxes.

Sobradodosmonxes

Lagoa.

Casa do Concello de Sobrado

Casa do concello.

Lugares de Sobrado

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sobrado vexa: Lugares de Sobrado.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 59. ISBN 978-84-8158-706-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4.11.2018.
  5. PXUM Sobrado
  6. "Lugar de referencia: Sobrado". Portal de ditados tópicos galegos.
  7. Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A Ciadella, Sobrado

Santa María da Ciadella, antigamente Santa María da Ciadella de Curtis (en latín: sanctae Mariae Cidadelie de Curtis), é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sobrado. Está situada entre as dúas actuais parroquias de Curtis: Curtis, pertencente ó concello de Curtis, e San Vicenzo de Curtis, pertencente ó de Vilasantar. Segundo o IGE en 2009 tiña 83 habitantes (43 mulleres e 40 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.

Por outra banda, a parroquia eclesiástica da Ciadella está integrada na de Armental (Vilasantar) do arciprestado de Sobrado, xa que foi suprimida en 1867.

A Porta, Sobrado

San Pedro da Porta é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE en 2012 tiña 514 habitantes (252 mulleres e 262 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 625 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.Aquí nace o río Tambre.

Carelle, Sobrado

San Lourenzo de Carelle é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE en 2012 tiña 147 habitantes (74 mulleres e 73 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 217 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Codesoso, Sobrado

San Miguel de Codesoso é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Sobrado na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2014 tiña 199 habitantes (106 homes e 93 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 226 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Comarca da Terra de Melide

A comarca da Terra de Melide é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Melide. Pertencen a esta comarca os concellos de Melide, Santiso, Sobrado e Toques.

Cumbraos, Sobrado

San Xiao de Cumbraos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 239 habitantes (126 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 271 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.Aquí naceu Mateo de Prado (c. 1614-1677), unha das meirandes figuras da escultura barroca galega.

Curtis

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «curtense».

Folgoso, Sobrado

Santa Cristina de Folgoso é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE en 2014 tiña 97 habitantes (52 homes e 45 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Grixalba, Sobrado

San Xiao de Grixalba é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 380 habitantes (201 homes e 179 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 456 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Montes do Bocelo

Os montes do Bocelo son unha importante elevación situada nos concellos de Boimorto, Toques e Sobrado.

Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes

O mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes é un mosteiro cisterciense situado no concello de Sobrado, na comarca da Terra de Melide.

Nogueira, Sobrado

San Xurxo de Nogueira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 117 habitantes (57 homes e 60 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 154 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Pousada, Sobrado

San Mamede de Pousada é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 115 habitantes (60 homes e 55 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 140 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Roade, Sobrado

Santo André de Roade é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 121 habitantes (58 homes e 63 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 139 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.Entre Roade e Silvela (do concello de Friol), no monte Campelo, áchase a Base Militar de Campelo.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Serra da Cova da Serpe

A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña, en Galiza. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.

Serra de Corno de Boi

A serra de Corno de Boi ou montes do Corno do Boi é unha serra galega pertencente á dorsal galega que está localizada entre os concellos de Friol, Toques e Sobrado. O monte de maior altura é o Campelo, con 811 metros sobre o nivel do mar. Na vertente occidental nace o río Mandeo e na oriental diversos afluentes do río Narla.

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Sobrado de Picato, Baralla

Santa Cruz de Sobrado de Picato é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 160 habitantes (82 homes e 78 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 136 habitantes, sendo 69 homes e 67 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.