Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés[5].

Coordenadas: 42°28′N 7°36′O / 42.467, -7.600

Sober
Escudo de Sober
Casa do Concello.
Ermida na Ribeira Sacra CanondoSil
Casa do Concello, Ermida na Ribeira Sacra e Canón do Sil.
Situacion Sober
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra de Lemos
Poboación2.301 hab. (2018)
Área133,3 km²
Densidade17,26 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeLuis Fernández Guitián (PPdG [3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Outros: IG-VIVO 2
Eleccións municipais en Sober
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes85,05%
Na rede
http://www.concellodesober.com/

Xeografía

Sober atópase na Terra de Lemos. Limita ao norte e leste con Monforte de Lemos, ao norte e oeste con Pantón e o río Cabe, e ao sur co canón do río Sil. Ten unha superficie de 134 km², e sitúase a 77 km da capital da provincia.

Demografía

Censo total 2.301 (2018)
Menores de 15 anos 155 (6.74 %)
Entre 15 e 64 anos 1.125 (48.89 %)
Maiores de 65 anos 1.021 (44.37 %)

Economía

O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.

A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.

A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).

O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia ca o mercado de produtos.

Viño de Amandi

Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.

Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.

Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.

Historia

Parroquias de Sober1 Lugo
Mapa das parroquias de Sober.

Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.

Durante o período do imperio romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.

Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.

No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.

Patrimonio histórico e artístico

  • A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.

Lugares de Sober

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober.

Política

Eleccións municipais
Partido 1999 2003 2007 2011
PPdeG 7 8 8 7
PSOE 3 2 1 2
BNG 1 2 2
InGa 1
Total 11 11 11 11

Deporte

No concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.
Galicia.Canon Sil

Canón do Sil.

Iglesia de Rosende (Sober)

Igrexa de Rosende.

Parroquias

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Sober". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 59. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Amandi, Sober

Santa María de Amandi é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 66 habitantes, 32 eran homes e 34 eran mulleres.

Limita coas parroquias de Doade ao norte e oeste, Lobios e Pinol ao oeste, e con Sacardebois, San Lourenzo de Barxacova, Cristosende e Lumeares ao sur, estas últimas na provincia de Ourense e separadas de Amandi polo río Sil.

Anllo, Sober

Santo Estevo de Anllo é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 227 habitantes, 104 eran homes e 123 eran mulleres.

Limita coas parroquias de Acedre e Rosende ao norte, Frontón ao oeste, San Martiño de Anllo ao leste, e Vilar de Cerreda e Santo Estevo de Ribas de Sil ao sur, as dúas na provincia de Ourense e separadas polo río Sil.

Antonio López de Neira

Antonio López de Neira, nado en Sober, Provincia de Lugo, en 1827 e finado en Vigo o 6 de febreiro de 1919, foi un empresario e político galego.

Bolmente, Sober

Santa María de Boelmente é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 185 habitantes, 85 eran homes e 100 eran mulleres.

Brosmos, Sober

Santa Cruz de Brosmos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 55 habitantes, 27 eran homes e 28 eran mulleres.

Canaval, Sober

San Pedro de Canaval é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2010 tiña unha poboación de 190 habitantes, 90 eran homes e 100 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 225 habitantes.

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Doade, Sober

San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

Limita ao norte e leste co concello de Monforte de Lemos, ao oeste coa parroquia de Brosmos, e ao sur coa parroquia de Amandi e cos concellos ourensáns da Teixeira e Castro Caldelas, dos que está separado polo río Sil.

Tiña unha poboación de 120 habitantes en 2016, 57 homes e 63 mulleres, agrupados nas entidades do Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá e Vilar de Mouros.

En plena Ribeira Sacra, é coñecida polas súas viñas e adegas desa denominación de orixe. Algunhas das vides atópanse en pendente, na ribeira dereita do río Sil, que forma nesa zona un profundo canón. Entre o seu patrimonio destacan a igrexa parroquial, do século XVII, as capelas de San Pedro e San Amaro, a fonte de San Xermán e os miradoiros sobre o canón.

As localidades de A Lambaza e Vilar de Mouros forman un exclave 5,4 quilómetros de superficie e situado a 450 metros de Sober. Este exclave limita ao norte, leste e oeste con Monforte de Lemos e ao sur co río Sil.

Estación de Areas

Areas é unha estación de tren de Adif, situada en Areas, no concello de Sober, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Estación de Canaval

Canaval é unha estación de tren de Adif, situada en Canaval, no concello de Sober, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Gundivós, Sober

Santiago de Gundivós é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 186 habitantes, 86 eran homes e 100 eran mulleres.

Lobios, Sober

San Xillao de Lobios é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 102 habitantes, 52 eran homes e 50 eran mulleres.

Neiras, Sober

San Salvador de Neiras é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 118 habitantes, 56 eran homes e 62 eran mulleres.

Pinol, Sober

San Vicente de Pinol é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 101 habitantes, 46 eran homes e 55 eran mulleres.

Proendos, Sober

Santa María de Proendos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 216 habitantes, 98 eran homes e 118 eran mulleres.

Rosende, Sober

San Miguel de Rosende é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 105 habitantes.

Atópase a 3 km ao oeste da vila de Sober, a uns 673 m de altura, na beira esquerda do río Cabe.

San Martiño de Anllo, Sober

San Martiño de Anllo é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 211 habitantes, 105 eran homes e 106 eran mulleres.

Santiorxo, Sober

San Xurxo de Santiorxo é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 74 habitantes, 41 eran homes e 33 eran mulleres.

Vilaescura, Sober

Vilaescura é unha parroquia do concello de Sober na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 96 habitantes (40 homes e 56 mulleres). En 1998 tiña 134 habitantes, cunha densidade media de 41,3 hab/km². En 1970 tiña 206 habitantes e en 1900 con 185.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.