Sisón

O sisón (Tetrax tetrax) é o representante de menor tamaño da familia das avetardas.

Sisón
Tetrax tetrax, Castuera, Estremadura, Spain 1

Estado de conservación
Case ameazada (NT)

Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Ave
Orde: Gruiformes
Familia: Otidae
Xénero: Tetrax
Forster, 1817
Especie: T. tetrax
Nome binomial
Tetrax tetrax
Linnaeus, 1758
Distribución Tetrax tetrax

Distribución Tetrax tetrax

Descrición

O sisón mide entre 40 e 45 cm de longo e ten unha envergadura de alas de entre 83 e 91 cm. Pesa entre 500 e 900 g. Na plumaxe nupcial o macho ten o pescozo negro con dúas faixas brancas. A cabeza e a gorxa son gris azuladas, a parte superior do corpo de cor castaña-area con debuxos escuros e a parte inferior, branca. As femias e os machos na plumaxe de eclipse son de cor castaña-area con manchas negras por riba. A barriga e o peito son brancos. Cando voan distínguense polas alas de lonxitude media e puntas arredondadas, bastante brancas pola parte superior.

Distribución

En Europa crían na Península Ibérica, sur de Francia,Sardeña e en puntos localizados da Italia penínsular e dos Balcáns. Están tamén presentes nas estepas que van do mar Negro ó lago Balkhash e no norte de África.

Viven en zonas abertas herbáceas ou cultivadas, de tipo estepario, onde dispoñan de herbas altas dabondo para sentirse protexidos. A miúdo habitan áreas secas ou con pedras.

Compórtanse coma emigrantes ou coma sedentarios dependendo das poboacións. Na parte máis meridional de Europa son sedentarios.

Distribución en Galicia

En Galicia a presenza do sisón é puntual sendo a súa distribución moi descontínua e fragmentada entre as catro provincias (véxase mapa de distribución). Confirmouse a súa presenza nas comarcas da Terra Chá (Lugo) e A Limia (Ourense).

Reprodución

Crían unha niñada ó ano entre abril e xuño. Durante o ritual de cortexo os machos ourizan as plumas do pescozo, amosan as alas e fan pequenos brincos por riba da vexetación. O reclamo do cortexo e un trrr que emiten cada 10 segundos.

Fan o niño no chan, ben agachado, no que poñen de tres a cinco ovos. As femias chocan e crían os polos sóas.

Comportamento e alimentación

Cando non están criando viven en grandes bandos. Comen sementes, raices e insectos.

Situación

As súas poboacións están a reducirse drasticamente sobre todo pola perda dos seus hábitats, causada pola agricultura intensiva e o uso de pesticidas e insecticidas. A comezos do século XX foron eliminados de Centroeuropa, onde chegaron a críar en áreas tan ó norte coma Polonia. En Francia estánse a tomar medidas para evitar a súa desaparición.

Literatura

  • Rob Hume Birds in Europe. Dorling Kindersly Limited, Londres 2002, ISBN 3-8310-0430-7
  • Anne Puchta & Klaus Richarz: Steinbachs großer Vogelführer. Eugen Ulmer KG, Stuttgart 2006, ISBN 3-8001-4864-1
  • Svensson, Grant, Mullarney & Zetterström: Der neue Kosmos-Vogelführer. Franckh-Kosmos Verlag-GmbH, Stuttgart 1999, ISBN 3-440-07720-9
Brañas de Xestoso

As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está entre os concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada. Está preto do río Ulla e do Deza e acolle á lagoa Sacra de Olives e aos prados e brañas de Xestoso.

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Lista das aves ibéricas

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas na Península Ibérica. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.

Otídidos

Os otídidos (Otididae) son unha familia de aves gruiformes que inclúe as avetardas e sisóns. Son de hábitos principalmente terrestres, asociadas con ambientes secos, abertos e esteparios do Vello Mundo. Segundo algúns autores, os otídidos deben clasificarse nunha orde de seu, os Otidiformes.

Parga-Ladra-Támoga

Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madalena e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo. Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Teodorico Luna Novicio

Teodorico Luna Novicio, nado en Baler, Filipinas, foi un líder revolucionario durante a revolución iniciada en Filipinas polo Katipunan en 1896.

Villena

Villena é unha cidade do País Valenciano situada no noroeste da provincia de Alacant, limitando con Castela A Mancha e Murcia ao oeste. Cabeza de partido xudicial e da comarca do Alto Vinalopó, ten unha altitude de 504 msnm e o seu termo municipal abarca unha extensión de 345,6 km². Ten 34.966 habitantes (INE 2011).

Por extensión é o segundo concello máis grande da provincia e por poboación é o décimo municipio máis poboado de Alacant e o vixésimo primeiro da Comunidade Valenciana.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.