Sirmium

Sirmium, a actual Sremska Mitrovica en Serbia, foi unha importante cidade de Panonia durante o Imperio romano. A actual rexión serbia e croata de Sirmia toma o seu nome desta cidade.

Solidus Julian-transparent
sólido de Xuliano o Apóstata, da ceca de Sirmium
Pannonia secunda

Historia

Sirmium é unha das cidades máis antigas de Europa: os máis antigos restos dunha comunidade humana organizada nesta localización foron datados pola Arqueoloxía sobre o -5000. Cando os romanos conquistaron a cidade no século –I, Sirmium xa era unha cidade de longa tradición.

Durante o século I da nosa era, Sirmium adquiriu o status de colonia de Roma e converteuse nun posto militar estratéxico na provincia romana de Panonia. As expedicións militares dos emperadores Traxano, Marco Aurelio e Claudio II no centro e leste de Europa foron preparadas en Sirmium.

En 103, a Panonia foi dividida en Panonia Superior e Inferior, e Sirmium converteuse no capital desta última. En 296, Diocleciano estableceu unha nova subdivisión territorial de Panonia, partíndoa en catro provincias (Pannonia Prima, Pannonia Valeria, Pannonia Savia e Pannonia Secunda); Sirmium foi capital da Pannonia Secunda.

En 293, trala instauración da Tetrarquía, o Imperio romano pasou a estar dividido en catro partes, e Sirmium foi elixida como unha das catro capitais, ao mesmo nivel que Augusta Treverorum, Mediolanum e Nicomedia. Foi a capital do emperador Galerio e, trala creación da prefectura do pretorio en 318, Sirmium pasou a ser a capital da prefectura do Illyricum. En 379 a prefectura do Illyricum dividiuse en dous, oriental e occidental. Esta última, incluíndo a Sirmium, foi englobada na prefectura de Italia, mentres que a parte oriental mantivo a súa autonomía con capital en Tesalónica.

Coa chegada do cristianismo, a cidade converteuse nun importante centro de evanxelización e cabeza da diocese de Sirmium. Foi sede de cinco concilios diferentes.

En época romana, Sirmium tiña un palacio imperial, un circo, unha ceca, un anfiteatro, un teatro e unhas impresionantes termas.

A finais do século IV Sirmium foi conquistada polos visigodos, e despois anexada ao Imperio Romano de Oriente. Os hunos tomárona en 441 e desde aquel momento foi pasando a mans de diversos pobos bárbaros, como ostrogodos e xépidos (destes últimos foi temporalmente capital).

En 567 Sirmium incorporouse de novo ao Imperio Romano de Oriente, pero finalmente foi conquistada e destruída polos ávaros en 582.

Nas inmediacións da cidade librouse en 1167 a batalla de Sirmium.

Personaxes ilustres

Seis emperadores romanos naceron na cidade de Sirmium ou nas súas proximidades:

O último emperador do Imperio romano unido, Teodosio I (378-395), foi proclamado en Sirmium. Tamén os usurpadores Inxenuo e Regaliano proclamáranse emperadores aquí (260), e outros moitos morreron nela.

Aureliano

Lucius Domicius Aurelianus, foi o segundo dos emperadores ilirios. Naceu en Sirmium (Panonia) de familia humilde o 9 de setembro do ano 214. Foi emperador do 270 ó 275.

Dende moi novo serve no exército como simple soldado, e pouco a pouco vai ascendendo, desempeñando diversos postos ata chegar a ser comandante en xefe da cabalaría do Imperio. No 256, foi vicario de Ulpicio Crimito, casando coa súa filla Severina, coa que tivo unha filla.

No 268, sendo Galieno emperador, Aureolo rebélase e toma Milán.

Galieno acode para rematar coa rebelión e vence a Aureolo, quen se refuxia en Milán. Pero unha conxura remata co asasinato do emperador, sendo nomeado Claudio II. Este nomea a Aureliano, xefe da cabalería do Imperio.

Á morte de Claudio II pola peste, o elixido é Aureliano. Pero Quintilo, irmán do emperador, é recoñecido polo Senado. Aureliano ponse en camiño cara á Roma para se enfrontar as tropas de Quintilo. Este, vendo a súa inferioridade, suicídase, deixando o trono en mans de Aureliano, que axiña é recoñecido polo Senado

Claudio II o Gótico

Marcus Aurelius Claudius Augustus (Iliria, Sirmium, 10 de maio de 214 - xaneiro de 270) foi un emperador romano. Naceu no seo dunha prestixiosa familia e distinguiuse axiña na defensa do paso das Termópilas no ano 250, ao nomealo o emperador Decio para esa tarefa pola invasión dos godos.

Baixo o emperador Valeriano, foi nomeado gobernador de Iliria e sostivo a súa provincia ceibe dos ataques dos bárbaros durante dez anos, converténdose deste xeito nun dos mellores xenerais do emperador Galieno, e o Senado agradecido levantoulle estatuas ó seu favor en Roma.

Durante a rebelión de Aureolo, Galieno morreu asasinado nunha conxura no sitio de Milano e parece ser que Claudio permitiu ese asasinato e en setembro do 268 é nomeado emperador polo Senado, despois de ser aclamado polas tropas.

Constantino II

Flavius Claudius Constantinus, foi emperador romano entre os anos 337 ao 340. Fillo terceiro de Constantino o Grande e mais a súa esposa Fausta, naceu en Arelate, a actual Arlés, na provincia da Galia no ano 316.

Década de 350

A década de 350 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 350 e remata o 31 de decembro de 359.

Graciano

Flavio Graciano Augusto (¿abril, maio? de 359 - 25 de agosto de 383), coñecido como Graciano ou Graciano o Mozo para diferencialo do seu avó Graciano o Vello, foi emperador de Occidente entre 375 e 383. Era fillo do emperador Valentiniano I e a primeira esposa deste, Marina Severa, e naceu na cidade de Sirmium (hoxe Sremska Mitrovica, Serbia), na daquela provincia romana de Panonia.

O 4 de agosto de 367 foi proclamado Augusto polo seu pai. Á morte de Valentiniano (17 de novembro de 375), as tropas destacadas en Panonia proclamaron emperador ao seu pequeno fillo Valentiniano, que entón era só un bebé. Valentiniano era medio irmán de Graciano, nacido de Xustina, viúva de Maxencio e segunda esposa de Valentiniano I.

Graciano aproveitou a oportunidade que se lle brindaba; reservouse para si a administración das provincias galas, mentres que puxo Italia, Iliria e África baixo o mando de Valentiniano e a súa nai, os cales estableceron a súa residencia en Milán. A división, no entanto, era simplemente nominal e a autoridade real quedou por completo en mans de Graciano.

O Imperio Romano de Oriente estaba baixo o dominio do seu tío Valente. En Maio de 378, Graciano derrotou completamente aos lentienses, a tribo máis austral dos alamáns, na Batalla de Argentovaria, preto da actual Colmar. Ese mesmo ano, Valente atopou a morte o 9 de agosto na Batalla de Adrianópole.

O goberno do Imperio de Oriente quedou en poder de Graciano, pero ao sentirse incapaz de resistir as incursións dos bárbaros propuxo ao xeneral hispano Flavio Teodosio o goberno da parte oriental, o cal foi coroado emperador de Oriente o 19 de xaneiro de 379. Graciano e Teodosio limparon entón os Balcáns de invasores bárbaros.

Durante algúns anos gobernou o imperio con éxito e enerxía, pero caeu gradualmente na indolencia, ocupándose principalmente do pracer da persecución político-relixiosa e converténdose nunha ferramenta en mans do xeneral franco Merobaudes e o bispo de Milán, Ambrosio.

Ao tomar ao seu servizo un corpo de alanos e aparecer en público coa vestimenta propia dun guerreiro escita, Graciano espertou o desprezo e os resentimentos das tropas romanas. Un xeneral chamado Magno Máximo aproveitou o aumento das revoltas en Britania e invadiu a Galia cun enorme exército. Graciano, que o esperaba en París, foi traizoado polas súas tropas e levado a Lión. Alí foi entregado polo gobernador da cidade a un dos xenerais rebeldes e asasinado o 25 de agosto de 383.

O reinado de Graciano é unha época importante na historia eclesiástica, pois durante este período o Cristianismo converteuse por primeira vez na relixión dominante en todo o imperio. Baixo a influencia de Ambrosio, Graciano prohibiu as cerimonias pagás en Roma; negouse a levar o título de Pontifex Maximus por consideralo incompatíbel co seu Cristianismo; retirou o Altar da Vitoria da Casa Senatorial en Roma, malia as protestas dos membros pagáns do Senado, e confiscou as súas rendas; prohibiu as doazóns de propiedades materiais ás Vestalis; e aboliu outros privilexios que posuían os sacerdotes e sacerdotisas pagáns.

Liberio, papa

Liberio I, nado en Roma, converteuse no 36º papa o 17 de maio de 352.

As polémicas mantidas cos arianos comportaron a elección de Fiz II como antipapa.

Liberio promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.

Faleceu o 24 de setembro de 366.

Lista de emperadores romanos

Esta é a lista dos emperadores romanos, indicando a data en que estes controlaron o Imperio Romano, até á caída do Imperio do Occidente.

Nótese que, ao contrario do que moita xente pensa, Xulio César nunca foi emperador (princeps), aínda que foi nomeado ditador vitalicio en -45 (a pesar de teren existido outros ditadores romanos antes del) e, aínda, a pesar dalgúns historiadores romanos así o designaren. Por outro lado, o nome César tornouse nome de familia da primeira dinastía, sendo usado como un título, manténdose esa tradición por todo o imperio. Suetonio, por exemplo, fala dos Doce Césares, incluíndo as dúas primeiras dinastías e o propio Xulio César, que sen o ter sido era xa, case lendariamente, o primeiro emperador romano.

Para a adoración do emperador romano como Deus, véxase Culto imperial

Maioriano

Iulius Valerius Maiorianus foi un emperador romano. Naceu probablemente no outono do 420, aínda que a data certa do seu nacemento non se coñece. Non se coñecen antecedentes familiares, só que o seu tío fora conde en Sirmium con Teodosio I, e que o seu pai se dedicaba ás finanzas, pero o seu nome énos descoñecido.

Maximiano

Marcus Aurelius Valerius Maximianus Herculius, nado en Sirmium no 250 e finado no 310, foi un emperador romano.

Pannonia

Pannonia (/pəˈnoʊniə/) foi unha provincia romana do Imperio romano, que limitaba ao norte e ao leste co Danubio, ao oeste con Nórico e a Italia romana superior, ao sur con Dalmacia e Mesia superior. Pannonia estaba situada en Europa central, no territorio actual de Hungría, o leste de Austria, norte de Croacia, o noroeste de Serbia, no norte de Eslovenia, no oeste Eslovaquia e norte de Bosnia e Herzegovina.

Probo

Marcus Aurelius Probus, nado en Sirmium (Pannonia) no ano 237 e finado preto desa mesma vila no ano 282, foi un militar e político do Imperio Romano.

Sirmia

Sirmia (Срем en serbio cirílico, Srem en serbio latino, Srijem en croata, Szerém ou Szerémség en húngaro, Syrmien en alemán, Syrmia ou Sirmium en latín, é unha antiga provincia histórica da Croacia húngara, situada entre o Danubio e o Sava, desde a confluencia do Danubio co Drava até a súa confluencia co Sava, fronte a Belgrado.

Nesta rexión está a Fruška Gora, a única montaña de Voivodina, hoxe Parque Nacional. Nela hai numerosos mosteiros e igrexas da Igrexa ortodoxa.

O nome de "Sirmia" vén do nome da cidade romana Sirmium, hoxe denominada en serbio Сремска Митровица (Sremska Mitrovica), en croata Srijemska Mitrovica, en alemán Syrmisch Mitrowitz e en húngaro Szávaszentdemeter.

Xépidos

Os Xépidos eran un pobo xermano procedente do baixo Vístula, asentáronse en Transilvania.

Foron dominados polos hunos, combateron xunto a Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos.

Trala morte de Atila os xépidos ao mando do seu rei Ardarico rebeláronse contra os hunos, aliáronse aos ostrogodos e hérulos para derrotaren aos fillos de Atila na beira do río Nedao.

No ano 565 estalou a guerra entre longobardos e xépidos, quen, ante a superioridade dos longobardos, buscaron axuda do emperador Xustino II prometendo entregar a cambio a cidade de Sirmium.

Os longobardos foron derrotados e o rei xépido Cunimundo non cumpriu a súa promesa e retivo Sirmium, Os longobardos entón aliáronse aos ávaros e derrotaron totalmente aos xépidos matando ao seu rei e repartíndose todos os seus territorios cos ávaros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.