Siria

Siria[1] é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos de Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.

Coordenadas: 35°N 38°L / 35, -38

República Árabe Siria
الجمهوريّة العربيّة السّوريّة
Al-jumhuriyya al-`Arabiyya as-Suriyya
Bandeira de Siria
Escudo de Siria
BandeiraEscudo
Syria (orthographic projection)
Capital
 • Poboación
Damasco
1 569 394
Cidade máis poboadaAlepo
Linguas oficiaisÁrabe, Arameo sirio (cooficial)
Forma de gobernoRepública presidencialista / Estado Unipartidista
Presidente
Primeiro ministro
Bashar al-Assad
Imad Khamis
 • Declarada
 • Recoñecida
1 de xaneiro de 1944
17 de abril de 1946
SuperficiePosto 87º
 • Total185 180 km²
 • % auga0,06
Fronteiras3 098 km
PoboaciónPosto 55º
 • Total (2007)19 405 000 hab.
 • Densidade103 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaLibra siria (SYP)
IDH (2007)0,724 (108º) – medio
XentilicioSirio, -a
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.sy
Prefixo telefónico+963
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO760 / SYR / SY
Membro de: ONU, LA

Historia

Siria forma parte de Asia, en concreto do Oriente Medio. O nome de Siria é tan antigo como a súa historia, atopándose multitude de referencias na Biblia. Anteriormente, formaba parte dun territorio moito máis amplo, que incluía ademais os actuais Chipre, Líbano, Xordania, Iraq e Israel, cuxo nome era Bilad al Cham ou Territorio Lunar, por ser a súa capital, Damasco, tamén chamada Cham, un oasis no medio do deserto.

Siria formou parte, xunto con Exipto, da República Árabe Unida entre 1958 e 1961.

Durante un breve período nos anos 1970, Siria xunto con Libia e Exipto conformou unha federación que pretendía ser o xerme para a definitiva unidade árabe. Dita federación fora impulsada de xeito decidido polo líder libio Muammar al-Gaddafi, pero sucumbiu aos conflitos de intereses entre os tres países que se viron divididos entre outros asuntos pola súa postura fronte a Israel.

Subdivisións

Siria divídese en 14 muhafazat (محافظة , singular muhafazah equivalente a provincia ou gobernación) que levan o nome da capital, e que se subdividen en 61 manāṭiq (singular minţaqah equivalente a distrito ou rexión)

Muhafazat Capital
1 Lataquia Lataquia
2 Idlib Idlib
3 Alepo Alepo
4 Al-Raqqah Al-Raqqah
5 Al-Hasakah Al-Hasakah
6 Tartus Tartus
7 Hama Hama
8 Deir ez-Zor Deir ez-Zor
9 Homs Homs
10 Damasco
11 Damasco Rural
12 Quneitra Quneitra
13 Daraa Daraa
14 Al-Suwayda Al-Suwayda

Xeografía

Syria, administrative divisions - Nmbrs - colored
Muhafazat de Siria

Siria esténdese entre as latitudes 32° e 38° N e as lonxitudes 35° e 43° E. Na súa maior parte consiste nunha chaira árida, non obstante o noroeste do país, que se abeira ó Mediterráneo, é bastante verde. O nordés mailo sur constituían as zonas agrícolas tradicionais.[2] O Éufrates, o río sirio máis importante, cruza o país polo leste.

O clima é seco e quente, os invernos son moderados, mais pola elevación do país por veces neva no inverno.[2].

Economía

Véxase: Economía de Siria.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sirio.
  2. 2,0 2,1 National Council of Geography Teachers (U.S.) (1928). The Journal of Geography. The Journal of geography. p. 167.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.sy

.sy é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Siria.

2012

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

Alepo

Alepo (en árabe: حلب) é unha cidade de Siria, capital da provincia de Alepo. A cidade ten unha poboación de arredor de 1 700 000 (1999), converténdoa na segunda cidade de Siria, despois de Damasco. Situada nun lugar estratéxico entre o río Éufrates e o mar Mediterráneo. Coñecida na antigüídade como Khalpe, os gregos déronlle o nome de Beroea, e os árabes o de Ḥalab. É un importante centro comercial, e ten unha gran mesquita dos séculos XI e XII.

Bashar al-Assad

Bashar al-Assad (بشار الاسد) (nado o 11 de setembro de 1965). Presidente de Siria dende 2000, á morte do seu pai o presidente Hafez al-Assad.

Estudou oftalmoloxía en Londres, inicialmente tiña poucas aspiracións políticas, o seu pai educara ao seu irmán maior, Basil al-Assad como futuro presidente, pero a morte deste en accidente de automóbil mudou a situación, e Bashar converteuse no heredeiro político de seu pai.

Constantino, papa

Constantino, nado en Tiro (Siria, hoxe no Líbano) e finado en Roma o 9 de abril de 715, foi o Papa nº 88 da Igrexa católica de 708 a 715.

Damasco

Damasco (en árabe: دمشق, tr. "Dimashq") é a capital de Siria e a segunda meirande cidade do país despois de Alepo. En Siria é coñecida comunmente como ash-Shām e é alcumada a Cidade de Xasmín (en árabe: مدينة الياسمين Madīnat al-Yāsmīn). É unha das cidades habitadas con continuidade máis antigas do mundo, alén do maior centro cultural e relixioso de Levante. Segundo estimacións de 2009, tiña unha poboación de 1 711 000 habitantes.

Localizada no suroeste de Siria, Damasco é o centro dunha grande área metropolitana de 2,6 millóns de persoas (2004). Xeograficamente situada ó pé da Cordilleiro do Antilíbano, está a 80 km da costa do mar Mediterráneo, nunha chaira 680 metros por enriba do nivel do mar. Damasco ten un clima semi-árido por mor do efecto de sombra orográfica. O río Barada flúe a través de Damasco.

Segundo o Novo Testamento, San Paulo tivo unha visión de Xesús no camiño a Damasco, polo cal a cidade considérase sacra tanto no cristianismo como no islam. Entre os seus atractivos turísticos sobresae a tumba de Saladino, o soado defensor da Terra Santa durante a época das cruzadas.

Gregorio III, papa

San Gregorio III de Roma, naceu en Siria.

Guerra dos Seis Días

A guerra dos Seis Días, tamén coñecida como a terceira guerra árabe-israelí, a guerra árabe-israelí de 1967, ou, como a chaman no mundo árabe, a guerra de Xuño, o Contratempo ou o Desastre, foi un conflito armado entre Israel e os seus veciños árabes: Exipto, Xordania e Siria. Trala fin da guerra, Israel pasou a controlar a Faixa de Gaza, a península do Sinaí, Cisxordania, Xerusalén Leste e os Altos do Golán.

O medre das tensións entre árabes e israelís levou a ámbalas dúas partes a mobilizaren cadansúas tropas con anterioridade ó comezo da guerra.

Israel, de acordo cos plans ideados por, entre outros, o Ministro de Defensa Moshé Dayán e o xefe do Estado Maior Yitzhak Rabin, atacou Exipto, Siria e Xordania, conquistando os territorios antes citados.

O causante último da guerra (que comezou o luns 5 de xuño e rematou o sábado 10 de xuño) foi o bloqueo do porto da cidade israelí de Eilat mediante o peche, por parte de Exipto, dos Estreitos de Tirán.

Igrexas católicas orientais

O termo Igrexas católicas orientais, tamén coñecidas como uniatas, refírese colectivamente ás 22 igrexas particulares autónomas en comuñón coa Santa Sé que, xunto coa Igrexa Latina, forman a Igrexa Católica universal. Conservan moitas antigas tradicións teolóxicas, litúrxicas e devocionais que, en moitos casos, comparten co resto das igrexas cristiás orientais coas que estiveron unidas no pasado, como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais.

Aínda que comparten tradicións similares con estas igrexas ortodoxas, afástanse delas en temas doutrinais e teolóxicos, polo que non admiten a participación de membros destas outras igrexas nos sacramentos, agás baixo as circunstancias previstas polo dereito canónico. No caso da Igrexa Ortodoxa isto é consecuencia, de xeito principal mais non exclusivo, de diferenzas conceptuais en canto ao papel e á autoridade do Bispo de Roma.

Historicamente, estás igrexas tiñan o seu ámbito de actuación en Europa do Leste, Oriente Medio, o Norte de África e a India. Por mor da emigración, teñen presenza tamén en Europa Occidental, América e Oceanía, onde teñen creado eparquías de xeito paralelo ás dioceses latinas.

Imperio Seléucida

O Imperio Seléucida (312 a.C.-63 a.C.) foi un imperio helenístico, é dicir, un estado sucesor do Imperio de Alexandre Magno. Despois da morte de Alexandre Magno, os seus xenerais repartíronse o imperio, sendo protagonistas durante vinte anos de grandes loitas e pelexas por obter o poder. Foron os chamados diádocos, (διαδοχος) ou sucesores ou herdeiros. Despois destes antigos xenerais gobernaron os chamados epígonos (επιγονος, 'os nados despois ou sucesores'). A loita entre eles para obteren o poder e a hexemonía durou case cincuenta anos, ata o -281 en que morreu o último dos diádocos, Seleuco I Nicátor.

O vasto imperio de Alexandre Magno quedou dividido á súa morte da seguinte maneira:

Asia para Antígono Monóftalmos. Era o que tiña máis poder e máis extensión de terras.

Exipto para Tolomeo, cuxa dinastía foi a máis estábel de todas, (dinastía tolemaica).

Tracia e Asia Menor para Lisímaco.

Babilonia e Siria para Seleuco, (dinastía seleúcida). Estendíase por Siria a unha enorme extensión de terras que chegaban ata as fronteiras coa India.

Grecia, e Macedonia para Casandro, (dinastía antigónida).A Dinastía seléucida foi fundada por Seleuco I Nicátor, trala derrota e morte do xeneral Antígono Monoftalmos. Esta dinastía gobernou ata o ano -69. O seu territorio comprendía Babilonia e Siria e gran parte de Asia Menor. Este vasto territorio estendíase para o leste, para o que hoxe é Paquistán e comprendía toda a gran meseta de Irán ata chegar ás montañas da India e polo norte ata os desertos do mar de Aral. Estaba constituído por 20 pobos de distintas razas, lingua e relixión, cun total de máis de 30 millóns de habitantes. Tivo dúas capitais: Antioquía en Siria (actualmente chamada "Antakya" en turco) e Seleucia do Tigris en Mesopotamia.

Esta dinastía foi herdeira da cultura helenística que procuraron difundir, pero gobernaron ao modo dos seus antecesores os reis sirios, mesopotámicos e persas, facéndose os seus reis adorar como deuses. Frecuentemente estiveron en guerra coa dinastía tolemaica de Exipto.

Pero foi un reino demasiado cumprido, demasiado plural e os seléucidas foron perdendo aos poucos o goberno das terras do leste do río Éufrates e máis tarde foron expulsados de Asia Menor. Os pobos de Irán eran persas, medos e bactrianos e souberan conservar seu antiga relixión e a súa lingua, así que os gobernadores destes territorios aproveitaron a decadencia dos seléucidas para ser independentes. O gobernador grego da Bactriana, Diódoto, tomou o título de rei no -254, comezando desta maneira o reino de Bactriana (hoxe país de Balkh), conservando o grego como idioma, reino que durou ata o ano 126.

No ano -64 o romano Pompeio destituíu aos dous pretendentes ao trono seléucida e Roma anexionouse todos os territorios.

Os reis desta dinastía foron:

Seleuco I Nicátor, sátrapa (-311 - -305), rei (-305 - -281).

Antíoco I Sóter (-281 - -261).

Antíoco II Teos (-261 - -246).

Seleuco II Calinico (-246 - -225).

Seleuco III Sóter Cerauno (-225 - -223).

Antíoco III Megas (-223 - -187).

Seleuco IV Filopátor (-187 - -175).

Antíoco IV Epífanes (-175 - -164).

Antíoco V Eupátor (-164 - -162).

Demetrio I Sóter (-162 - -150).

Alexandre Balas (-154 - -145).

Demetrio II Nicátor (-145 - -138) e (-129 - -126).

Antíoco VI Dioniso (-145 - -140?).

Antíoco VII Everxetes (-138 - -129).

Seleuco V Filométor (-126 - -125).

Antíoco VIII Gripo (-125 - -96).

Antíoco IX Eusebio (-114 - -96).

Seleuco VI Epífanes (-96 - -95).

Antíoco X Eusebio (-95 - -83).

Demetrio III Eucarios (-95 - -88).

Antíoco XI Epífanes (-95 - -92).

Filipo I Filadelfo (-95 - -83).

Antíoco XII Dioniso (-87 - -84).

Antíoco XIII Asiático (-69 - -64).

Filipo II Filorromano (-65 - -63).

Javier Solís

Gabriel Siria Levario, coñecido artisticamente como Javier Solís, nado en Nogueiras, estado de Sonora, o 1 de setembro de 1931 e finado o 19 de abril de 1966, foi un cantante e actor mexicano, denominado ás veces o «Rei do Bolero Ranchero».

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Líbano

O Líbano é un pequeno país do Oriente Medio, limitado ao norte e ao leste por Siria, a sur por Israel e a oeste polo mar Mediterráneo, a través do cal se aproxima a Chipre. A súa capital é Beirut.

Oriente Medio

Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe.

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

República Árabe Unida

A República Árabe Unida (en árabe, ﺍﻟﺠﻤﻬﻮﺭﻳﺔ ﺍﻟﻌﺮﺑﻴﺔ ﺍﻟﻤﺘﺤﺪﺓ, Al-Yumhūriyya al-'Arabiyya al-Muttahida) foi un estado árabe produto da unión entre Exipto e Siria entre 1958 e 1961. Posteriormente, seguiu sendo até 1971 o nome oficial de Exipto.

A RAU creouse por iniciativa siria como primeiro paso cara a unha futura unidade de todos os estados árabes, obxectivo do panarabismo, ideoloxía compartida polos gobernos sirio e exipcio. Foi establecida o 1 de febreiro de 1958 cuns 1.186.630 km² e na súa creación influíu o gran prestixio do presidente exipcio, Gamal Abdel Nasser, tras a crise da canle de Suez, que fixo que converxeran nel as miradas dos panarabistas dos estados veciños. O 5 de febreiro, Nasser foi nomeado presidente da RAU e o 5 de marzo aprobouse a súa Constitución.

Non obstante, tivo unha vida breve. As diferenzas lexislativas, a diferente composición social e das respectivas clases políticas e a presión dos nacionalismos locais, exacerbados polo proceso de unificación, suscitaron todo tipo de problemas. A presidencia de Nasser e a capitalidade no Cairo foi percibida por algúns sectores da sociedade siria como unha anexión de Siria por Exipto. Ao mesmo tempo, a residencia de moitos dos artífices sirios da unificación no Cairo, capital da RAU, afastounos das súas bases de poder. O golpe militar sirio do 28 de setembro de 1961 puxo fin á experiencia de unión, aínda que Exipto seguiu utilizando o nome de República Árabe Unida até 1971.

A bandeira da RAU, de deseño común a moitos Estados árabes, constaba de tres franxas horizontais de cores vermella, branca e negra, con dúas estrelas verdes na franxa branca central que representaban aos dous países. Segue sendo a bandeira da República de Siria.

Río Tigris

O río Tigris é o río oriental dos dous grandes ríos que definen Mesopotamia, xunto co Éufrates, que flúe desde as montañas de Anatolia a través de Iraq. De feito, o nome "Mesopotamia" quere dicir "terra entre os ríos".

Río Éufrates

O río Éufrates (nome grego tradicional, en Aramaico Frot/Frat, Persa antigo Ufrat, en árabe الفرات, e en turco Fırat) é un dos ríos que forma a Mesopotamia xuntamente co Río Tigris, onde hoxe se atopa o actual Iraq.

O río formase pola unión de dous afluentes: o Kara (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da Turquía ao norte de Ercerun e mailo Murat (Éufrates Oriental), que se orixina no lago Van. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre canóns e gargantas para o suroeste a través da Siria e despois do Iraq. Os ríos Khabur e Balikh, que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recibe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de Basra no Sur do Iraq o río únese ao río Tigris para formaren o río Shatt al-Arab, que vai desaugar no Golfo Pérsico.

Século III

século II < século III > século IV

Período de tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 201 e o 31 de decembro de 300 da era cristiá.

Acontecementos importantes

O Imperio Romano enfróntase a un período de tentativas bárbaras de invasión. Tamén, no leste, o Imperio Persa ameaza as provincias de Siria e Asia Menor. Isto é debido á falta de liderado e ós enfrontamentos entre xenerais polo poder imperial que segue á morte de Marco Aurelio (180). Ademais, os maiores gastos militares farán aumenta-los impostos xa que o tempo das conquistas pasou: o Imperio chegou a súa máxima expansión territorial con Marco Aurelio. Tras un largo período de enfrontamentos internos e externos, agravados pola crise económica, o Imperio rexurdiría parte do seu esplendor no século seguinte, pero as fendas xa estaban abertas, os xermanos eran unha realidade e ningunha nova campaña de conquista víase factible.

258, as provincias de Galia, Britania, Vienensis e Hispania conforman o Imperio Galo.

260, Siria, Palestina e Exipto forman o Imperio de Palmira.

268-270, Claudio II o Gótico comeza o proceso de reunificación, reconquistando Hispania. Aureliano, man dereita de Claudio II continúa o proceso de restauración da autoridade imperial. En 274 o Imperio recuperaba as súas fronteiras orixinais.Personaxes destacadas

Aureliano, emperador romano (270-275), o primeiro en chamarse dominus et deus (señor e deus), defendeu o culto ó Sol.

Diocleciano, emperador romano (284-305). Organizou o territorio de forma que o gobernasen catro persoas (tetrarquía), estableceu dúas capitais: Milán e Nicomedia.

Países
Países con parte asiática
Países e territorios do Mediterráneo
Membros
Observadores
Membro dun acordo bilateral de cooperación

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.