Sinagoga

A sinagoga (do grego συναγωγή, transliterado synagogē, "asemblea"; en hebreo בית כנסת beit knesset, "casa da asemblea"; en yiddish שול, shul; en ladino אסנוגה, esnoga) é a casa de oración dos practicantes do xudaísmo.

O termo hebreo Beit Knesset - בית כנסת ("Casa da asemblea"), non debe confundirse co Knesset, o parlamento israelí. Algunhas congregacións empregan o termo Beit Tefila - בית תפילה ("Casa da oración").

Moitos xudeus ortodoxos e conservadores dos países de lingua inglesa empregan o termo yiddish "shul." O emprego do termo "sinagoga" resérvase para ocasións formais. Os xudeus sefardís chaman á sinagoga "Esnoga". As congregacións reformistas e conservadoras dos Estados Unidos adoitan empregar o termo "templo."

As sinagogas adoitan posuír un vestíbulo para a oración (o santuario), pequenos cuartos de estudo, e ás veces un cuarto social e algunhas oficinas. Algunhas sinagogas posúen un cuarto especial para o estudo da Torah, chamado a Beit midrash - בית מדרש ("Casa do estudo").

Praha Staronova Synagoga
A Staronová synagoga de Praga, construída en 1270, é a sinagoga activa máis vella do mundo.

Véxase tamén

Outros artigos

Arcanxo Miguel

O arcanxo Miguel (en hebreo: מיכאל Migha-El, "Quen coma Deus?" en árabe: ميخائيل Mījā'īl; en grego: Μιχαήλ Mikhaíl; en latín: Michael); é o Xefe dos Exércitos de Deus nas relixións xudía, islámica e cristiá (Igrexas Católica, Ortodoxa, Copta e Anglicana).

Para os hebreos é o protector de Israel e patrón da sinagoga. A Igrexa Católica considérao como patrón e protector da Igrexa Universal; e o primeiro dos sete arcanxos, xunto con Gabriel e Rafael. Supostamente tocará a trompeta o día do arrebatamento (1° Tesalonicenses 4, 16), e é o encargado de frustrar a Lucifer ou Satanás, inimigo principal de Miguel por ser o arcanxo dos anxos caídos ou do mal (Apocalipse 12:7). Por iso, na arte represéntase coma un anxo con armadura de xeneral romano, ameazando cunha lanza ou espada a un demo ou dragón. Tamén adoita ser representado pesando as almas na balanza, pois segundo a tradición, el tomaría parte no Xuízo final, imaxe inspirada no Xuízo de Anubis do Antigo Exipto e recibe o nome de psicostasia.

Barrio xudeu de Xerusalén

O Barrio xudeu (hebreo: הרובע היהודי, HaRova HaYehudi) é un dos catro barrios nos que está dividida a cidade vella de Xerusalén. O área, comprendida de 116.000 m2, está situada no sueste da cidade amurallada. Esténdese desde a Porta de Sión, ao sur daa cidade, ata o barrio armenio, no oeste, e o Muro das Lamentacións ao norte e o Monte do Templo, ao leste.

O barrio está habitado por 2.348 habitantes (2004) e alberga numerosas yeshivot e sinagogas, en particular a Sinagoga Hurva. Logo da súa construción en 1701, destruída en 1721, reconstruída en 1864 e destruída de novo en 1948 durante a ocupación árabe, a Sinagoga Hurva foi reconstruída de novo no 2006 e volveu a consagrarse en 2010.

Budapest

Budapest é a capital de Hungría e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. Ten 1,7 millóns de habitantes segundo o censo de 2005 (unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns con que contaba a mediados dos anos 80), que representan un quinto da poboación total do país. É a sétima cidade en tamaño da Unión Europea.

A cidade de Budapest é o resultado da unificación en 1873, ocupando ambas as dúas beiras do Danubio, das cidades de Buda e Óbuda, na beira dereita, e Pest, na esquerda.

Edirne

Edirne (nome romano: Adrianopolis; grego: Adrianoupolis ou Ἁδριανούπολις ) (tamén coñecida como Andrinopla ou Adrianópole, é unha cidade histórica, capital da provincia turca do mesmo nome, limítrofe con Bulgaria e Grecia. A cidade ten ao redor de cen mil habitantes. Está á beira do río Maritza (Meriç en turco). Os seus habitantes son os adrianopolitanos.

Igrexa (arquitectura)

Unha igrexa (do latín ecclesia, e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') é un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá. O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo.

Murallas de Xerusalén

As murallas de Xerusalén (árabe: أسوار القدس; hebreo: חומות ירושלים) rodean a cidade vella de Xerusalén. As actuais murallas foron construídas entre 1535 e 1538 por orde do sultán Suleiman I, cando a cidade pertencía ao Imperio otomán.

En 1981, foron agregadas, xunto coa cidade vella de Xerusalén, á lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco.As murallas de Xerusalén, que foron construídas orixinalmente para protexer as fronteiras da cidade contra intrusións, serven hoxe principalmente como unha atracción turística, xa que deixaron de servir como un medio de protección para a cidade..

Muro das Lamentacións

O Muro das Lamentacións (en hebreo: הַכֹּתֶל הַמַעֲרָבִי, Hakótel Hama'araví) é un muro de contención que formaba parte das murallas de Herodes e son o derradeiro vestixio do Segundo Templo, o edificio máis sagrado do xudaísmo. Os restos que aínda quedan datan da época de Herodes o Grande, quen mandou construír grandes muros de contención arredor do Monte Moriá, ampliando a pequena explanada sobre a cal foron edificados o Primeiro e o Segundo Templo de Xerusalén, formando o que hoxe se coñece como a Chaira das Mesquitas.

Pequeno Muro das Lamentacións

O Pequeno Muro das Lamentacións ou o Pequeno Muro (hebreo: הכותל הקטן HaKotel HaKatan), é un lugar relixioso xudeu situado no barrio musulmán da cidade vella de Xerusalén, preto da Porta de Ferro do Monte do Templo. O muro data da época do Segundo Templo (516 a. C. - 70 d. C.). É a continuación da mesma muralla coñecida como Muro das Lamentacións e garda un profundo significado espiritual ao ser a sección máis próxima ao lugar que ocupaba o Santo dos Santos. O Pequeno Muro non é moi coñecido e por este motivo está menos concorrido que o tradicional Muro das Lamentacións.

Santo Sepulcro

A igrexa do Santo Sepulcro (en latín: Ecclesia Sancti Sepulchri; tamén chamada igrexa da Resurección ou igrexa da Anastase pola Igrexa ortodoxa; en árabe: كنيسة القيامة, Kaneesat al-Qeyaamah; en hebreo: כנסיית הקבר, Knesiyat ha-Kever; en grego: Ναός της Αναστάσεως, Naos tes Anastaseos; en armenio: Սուրբ Յարութեան տաճար, Surb Harut’ian Tachar), é unha igrexa dentro do barrio cristián da cidade vella de Xerusalén, preto de Muristan. A igrexa contén, de acordo coas tradicións máis antigas do século IV, os dous lugares máis sagrados da cristiandade: o lugar onde Xesús de Nazaret foi crucificado, coñecido como "Calvario" (Calvāria) en latín e "Golgotha" (Γολγοθᾶ, "Golgothâ") en grego, e a tumba baleira de Xesús, onde se di que foi enterrado e onde resucitou. A tumba está rodeada polo santuario do século 18, chamado Edículo.

Sinagoga, Caberta, Muxía

Para a casa de oración dos xudeus, véxase SinagogaSinagoga é un lugar da parroquia do Caberta no concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Tiña 27 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran homes e 14 eran mulleres.

Sinagoga Vella-Nova

A Sinagoga Vella-Nova (en checo: Staronová synagoga, en alemán: Altneu-Synagoge) situada en Josefov, Praga, é a sinagoga máis antiga do mundo aínda en uso. É ademais a sinagoga medieval en pé máis vella.

Rematada en 1270 en estilo gótico foi unha das primeiras edificacións de Praga con ese estilo arquitectónico. Había unha sinagoga máis antiga na cidade, coñecida como a Sinagoga Vella, pero foi demolida en 1867 e substituída pola Sinagoga Española.

Tbilisi

Tbilisi (transliterado do xeorxiano: თბილისი, [tʰb̥ilisi] (AFI), escoitar), antigamente Tiflis, é a capital e a maior cidade de Xeorxia. Localízase no centro do país, no Cáucaso, nas marxes do río Kura. Segundo datos de 2005 a cidade ten 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o rei Vakhtang I Gorgasali no século V e foi a capital da Xeorxia a partir do século VI d.C.

A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726 km².

Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entre Europa e Asia e antigamente situada na Ruta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto clave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde a avenida Rustaveli , deseñada polo barón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval de Narikala.

A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número de cristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito de Abanotubani a varios metros da igrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacífica Revolución das rosas, que tivo lugar na praza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente, Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.

A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son a catedral de Sameba, a praza da Liberdade, a catedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, a basílica de Anchiskhati, a montaña de Mtatsminda e a igrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintores Niko Pirosmani e Lado Gudiashvili.

Templo

Un templo é un edificio destinado ao culto relixioso ou a actividades espirituais, tales como a oración, a realización de sacrificios, ou a celebración doutro tipo de rituais relixiosos. Algunhas tradicións relixiosas manteñen nomes específicos para os seus templos primarios, igrexa no caso do cristianismo, mesquita no islam, pagode no caso de certas tradicións do budismo, sinagoga no caso do xudaísmo, salón do Reino nas Testemuñas de Xehová.

Os primeiros templos dos que se teñen noticia foron os de Mesopotamia. Tratábase de edificios rectangulares que co tempo evolucionaron a edificios sobre unha plataforma, dentro dela quedaban os restos do templo anterior, así ata que no século XXI a.C. surdiu o Cigurat, un templo situado sobre varias plataformas de tamaño decrente.

Os templos exipcios eran edificios longos, o seu interior dividíase en varias estancias, algunhas con columnas, ata o extremo final onde se atopaba a cela coa estatua do deus onde os exipcios idolatraban aos seus deuses a través de sacerdotes especializados.

O helenismo expandiu por todo Occidente e Oriente Medio o templo grego, un edificio rectangular dunha soa habitación cun portal columnado con diferentes capiteis dos tres estilos decorativos gregos(dórico, xonio e corintio). De Grecia pasou a Roma, onde estes colocaron o templo grego sobre unha plataforma.

Na idade media o cristianismo adoptou un edificio romano civil,a basílica, ata que adoptou a planta en forma de cruz. Este modelo mantívose ata o século XX, pasando polos estilos prerrománico, románico, gótico, renacentista, barroco e neogótico ata o Movemento Moderno.

Mentres no outro lado do mundo o budismo reutilizaba a arquitectura de relixións anteriores par as súas stupas, pagodas e wans e así o túmulo no que rezaban aos antergos converteuse nas stupas e os templos das relixiósn animistas pasaron a sincretizarse co Buda erguendo templos cun altar coa súa estatuaria en diferentes posturas e tamaños.

No Islam adoptous eo modelo xudeu da Sinagoga pero con engadidos das igrexas cristiás orientais, sumándolle así o minarete á mesquita, que encheron con decoración abstracta de motivos xeométricos e versículos do Corán.

Toledo

Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns.

A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. Ten unha configuración dispersa con barrios moi separados do núcleo principal: o de Azucaica, na beira dereita do río e que ten a súa orixe nunha antiga pedanía da cidade, dista uns 7 km do centro da cidade, mentres que o de Santa María de Benquerencia, situado practicamente enfronte do anterior na marxe esquerda do Texo, sitúa o seu centro a uns 8 km do da cidade.

Vía Dolorosa

A Vía Dolorosa (en latín: Via Dolorosa; hebreo: ויה דולורוזה árabe: طريق الآلام) é unha rúa na cidade vella de Xerusalén, pola que segundo a tradición cristiá, camiñou Xesucristo ata o lugar da súa crucifixión. A ruta parte desde a Fortaleza Antonina, no barrio musulmán ata a Igrexa do Santo Sepulcro, no barrio cristián –arredor de 600 metros—. A ruta actual quedou establecida no século XVIII, substituíndo varias versións anteriores da mesma. Na actualidade está marcada por nove Estacións da Cruz, estando as cinco restantes no interior da Igrexa do Santo Sepulcro.

Willemstad

Willemstad é a capital de Curaçao, unha illa no sur do Mar Caribe que forma un país constituínte do Reino dos Países Baixos. Antigamente era a capital das Antillas Neerlandesas antes da súa disolución en 2010, ten unha poboación estimada de 150.000 habitantes. Willemstad é o fogar da sinagoga de Curaçao, a sinagoga máis antiga das Américas. O centro histórico da cidade componse de catro partes: Punda e Otrobanda, que están separadas pola Baía de Santa Ana, unha entrada que conduce ao gran porto natural chamado Schottegat, así como os barrios de Scharloo e Pietermaai Smal, que están un fronte ao outro no pequeno porto de Waaigat. O centro da cidade, coa súa singular arquitectura e a entrada do porto, foi declarada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Xerusalén

Xerusalén (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá. En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX. A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo. Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional, e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.