Silleda

Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2018 tiña 8.698 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».

En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Coordenadas: 42°42′N 8°14′O / 42.700, -8.233

Silleda
Bandeira de Silleda
---
Escudo de Silleda
Casa do concello de Silleda
Casa do concello.
Situacion Silleda
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación8.698 hab. (2018)
Área168,0 km²
Densidade51,77 hab./km²
Entidades de poboación33 parroquias
Capital do concelloSilleda
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Cuíña Fernández (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Silleda
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes76,65%
Na rede
http://www.silleda.es
info@concellodesilleda.com

Xeografía

Situación

Silleda localízase preto do centro xeográfico de Galicia, no norte da provincia de Pontevedra. Os seus 169 km² están delimitados pola Serra do Candán e o San Sebastián de Meda, que o separan polo oeste e sur dos concellos de Forcarei e A Estrada; o río Ulla polo noroeste, que separa Silleda de Boqueixón; e o río Deza, que fai de linde con Vila de Cruces polo norte e Lalín ao leste. Foi este último río o que lle dá ás terras de Silleda o nome de Trasdeza.

Administración

O seu territorio repártese en 33 parroquias, con advocacións moi diversas, aínda que merece a pena destacar San Martiño, patrón de seis parroquias, Santa María, con cinco, San Miguel con catro e San Salvador con tres. Como dato curioso, é necesario sinalar que, aínda que a práctica totalidade das parroquias pertencen á diocese de Lugo, as de Cira e Dornelas pertencen á arquidiocese de Santiago.

Accesos

Este concello está atravesado pola estrada N-525, que une Ourense con Santiago de Compostela, situándose a capital municipal a 40 km de Compostela; e pola autoestrada central galega, que tamén une as devanditas cidades. Conta con dous enlaces a esta última.

No tocante ao transporte por tren, por Silleda discorren dúas vías do ferrocarril: a primeira, inaugurada en 1958, unía Ourense e Santiago dentro da liña Zamora - A Coruña; e a segunda, inaugurada no 2011, trátase da liña de alta velocidade entre as mencionadas cidades galegas.

Demografía

Censo total 8.698 (2018)
Menores de 15 anos 1.061 (12.2 %)
Entre 15 e 64 anos 5.287 (60.78 %)
Maiores de 65 anos 2.350 (27.02 %)
Evolución da poboación de Silleda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
11.483 12.532 13.490 9.980 9.089 9.248 9.199 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Principais núcleos por habitantes do concello:

# Núcleos principais Poboación %
Silleda (Silleda) 2.864 31,56%
A Bandeira (Manduas) 737 8,12%
Freixeiro (Laro) 102 1,12%
San Fiz (Margaride) 76 0,83%
Dornelas (Dornelas) 66 0,73%
Barravaite (Lamela) 61 0,67%
Gorís (Lamela) 61 0,67%
Senra (Escuadro) 60 0,66%
Camporrapado (Cortegada) 58 0,64%
10º Curro (Cira) 58 0,64%
11º Pedrouzo (Graba) 55 0,61%
12º Sestelo (Escuadro) 55 0,61%
13º Forcas (Laro) 55 0,61%
14º O Foxo (Silleda) 55 0,61%
15º Bazar (Abades) 54 0,60%
Total 15 núcleos 4.417 48,68%

Parroquias do concello máis poboadas:

# Núcleo Poboación %
Silleda 3.206 35.76%
Manduas 1.006 11.22%
Escuadro 461 5,14%
Laro 301 3,36%
Cortegada 259 2,88%
Lamela 259 2,88%
Graba 242 2,7%
Cira 228 2,54%
Taboada 214 2,39%
10º Negreiros 183 2,04%

Variación da poboación entre a ano 2000 e o 2011 das 33 parroquias que compoñen o concello:

Entidade Poboación
ano 2000
Poboación
ano 2011
Variación
absoluta
Variación
relativa
Abades 163 140 - 23 - 14,11%
Ansemil 74 66 - 8 - 10,81%
Breixa 172 120 - 52 -30,23%
Carboeiro 69 58 - 11 - 15,94%
Castro (O) 117 105 - 12 - 10,25%
Cervaña 138 117 - 21 -15,21%
Cira 307 241 - 66 - 21,49%
Cortegada 365 273 - 92 - 25,2%
Chapa 167 159 - 8 - 4,79%
Dornelas 180 144 - 36 - 20%
Escuadro 592 487 - 105 - 17,73%
Fiestras 167 120 - 47 - 28,14%
Graba 332 262 - 70 - 21,08%
Lamela 330 270 - 60 - 18,18%
Laro 380 336 - 44 - 11,57%
Manduas 935 1.012 77 8,23%
Margaride 203 174 - 29 - 14,28%
Entidade Poboación
ano 2000
Poboación
ano 2011
Variación
absoluta
Variación
relativa
Martixe 141 109 - 32 - 22,69%
Moalde 255 192 - 63 - 24,70%
Negreiros 218 203 - 15 - 6,88%
Oleiros 144 107 - 37 - 25,69%
Parada 236 200 - 36 -15,25%
Pazos 59 45 - 14 - 23,72%
Piñeiro
Ponte 187 175 - 12 - 6,41%
Refoxos 149 128 - 21 - 14,09%
Rellas 103 82 - 21 - 20,31%
Saídres 132 121 - 11 - 8,33%
Siador 188 138 - 50 - 26,59%
Silleda 2.032 3.033 1.001 49,26%
Taboada 237 212 - 25 - 10,54%
Vilar 124 113 - 11 - 8,87%
Xestoso 79 61 - 18 - 22,78%

Historia

Silleda Spain
Bandeira do concello, con 33 estrelas, unha por cada parroquia.

A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos.

No século XVII menciónase o arciprestado de Trasdeza como dependente do arcediagado de Deza, da diocese de Lugo. Trasdeza aparece, polo tanto, como denominación eclesiástica que en 1645 designa o arciprestado dese nome.

A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da xurisdición de Trasdeza, no século XVII, que pertencía á provincia de Santiago. Desta xurisdición eran vinte e cinco das actuais parroquias; as demais pertencían ás xurisdicións de Cira, Carboeiro e Camanzo; a de Parada, antes parroquia, á xurisdición de Deza e a de Refoxos ao Couto de Acibeiro.

No actual territorio do concello houbo, a principios do século XIX, oito municipios constitucionais. Coa división municipal de 1835 o actual concello denominouse Chapa, establecéndose, desde aquel momento, unha pugna con Silleda pola capital e pola denominación do concello. Esta loita rematou en 1853 ao adoptarse como nome definitivo o de Silleda.

Cultura

Patrimonio

Patrimonio histórico, artístico e natural

Na parroquia de Abades atópanse:

  • O Santuario da Nosa Señora dos Remedios, templo neoclásico do século XVIII, de grandes proporcións construído seguindo os planos de Melchor de Ricoi.
  • A igrexa parroquial de Santa María, templo románico do século XII.
  • A Chousa Nova, dolmen escavado durante as obras da liña do AVE Ourense-Santiago e reconstruído e considerado o dolmen máis antigo de Galiza.
  • A Estación da Bandeira, con parada de trens da liña Zamora-A Coruña.

Na parroquia de Ansemil:

Na parroquia de Breixa:

Na parroquia de Carboeiro:

Na parroquia do Castro:

Na parroquia de Cira:

Na parroquia de Dornelas:

Na parroquia de Escuadro:

Na parroquia de Fiestras:

Na parroquia de Graba:

Na parroquia de Pazos:

  • A Fervenza do Toxa, salto deste afluente do Deza, considerado o máis alto de Galiza.

Na parroquia de Ponte:

Na parroquia de Siador:

Na parroquia de Silleda:

Na parroquia de Taboada:

Na parroquia de Xestoso:

Patrimonio cultural

Actualmente, existen dúas agrupacións bandísticas, a Banda Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, aínda que tamén existiron outro par, a Banda de música de Cira, que esmoreceu na segunda metade do século XX, e a Banda de música de Lamela, que desapareceu na década de 1910.

Etnografía

Festas e celebracións

Nos meses de marzo ou abril:

No mes de xullo:

No mes de agosto:

No mes de setembro:

E no mes de outubro:

Ademais, o derradeiro domingo do mes de xuño, o entorno do Santuario da Virxe da Saleta, en Siador acolle a Romaría do Rapaz. Tamén se celebra nesta mesma parroquia a romaría da Saleta, no mes de setembro, sendo o día máis importante o 19 de dito mes. Na parroquia de Escuadro, celébrase a romaría de santa Isabel o día 2 de xullo e o domingo seguinte.

Silleda na literatura popular

  • Nosa Señora de Abades/ ¿qué lle dás ós teus romeiros?/ Agoiña da miña fonte,/ sombra dos meus castiñeiros [5].

Economía local

O motor principal da economía trasdezá son as industrias do sector primario, secundario e terciario vinculadas ao sector agropecuario. Sector que, se ben segue a manter no Concello unha intensa actividade, debido as súas numerosas crises afectou a moitos pequenos gandeiros. Isto pode explicar o decrecemento demográfico do Concello nas últimas décadas, pois, aínda que a vila de Silleda medrou en poboación, no total do Concello, maioritariamente rural, a poboación total descendeu ata os albores do século XXI, cando se rachou con esta tendencia negativa, coincidindo coa construción da autoestrada Santiago-Ourense e posteriormente do mesmo tramo Santiago-Ourense do ferrocarril de alta velocidade (AVE) que supuxeron unha activación da economía do Concello. En parte por isto e pola auxe do sector inmobiliario, o Concello acolleu a nova poboación emigrante, principalmente dos países do Leste e Suramérica, o que permitiu esa ruptura da tendencia de decrecemento demográfico recuperando poboación moderadamente durante a primeira década do século XX.[Cómpre referencia]

As industrias metalúrxica, da construción ou da imprenta, entre outras, tamén forman parte da actividade económica do Concello xunto cos servizos, con pequenos comercios especialmente na vila de Silleda e da Bandeira. O polígono industrial situado preto da vila de Silleda recentemente empezou a estar ocupado por industrias e negocios.

Servizos públicos

Educación

Neste concello existen varios centros de ensino: o CEIP de Silleda, o CEIP da Bandeira e o IES Pintor Colmeiro, todos eles de carácter público; e o Colexio María Inmaculada, centro concertado. Ademais, a carón do CEIP da capital atópase a Escola Infantil "Galiña Azul".

Sanidade

O concello conta con dous centros médicos, un en cada núcleo urbano: Silleda e A Bandeira.

Política

Artigo principal: Eleccións municipais en Silleda.

Tradicionalmente, o PPdeG obtiña folgadas maiorías absolutas neste Concello. No 2003 a maioría absoluta do PP xa non é tan folgada coma en lexislaturas anteriores ao ser conseguida por poucos votos e grazas tamén ao voto emigrante, que resultou decisivo. No 2007 o PP perde a Alcaldía, cando o PSdeG-PSOE empatou en escanos co PP. Foi entón cando o BNG co seu único escano apoiou a Paula Fernández, da lista do PSdeG-PSOE, como Alcaldesa. Porén, o BNG e PSdeG-PSOE non chegan a pactar en ningún intre un goberno de coalición e Paula Fernández Pena formará un goberno sen maioría absoluta dende o comezo da lexislatura. Pese a isto, e aos conflitos que se manifestan entre membros da propia lista do PSdeG-PSOE dende o seus inicios, nos dous primeiros anos Paula Fernández Pena e o seu reducido equipo de goberno conseguen gobernar sen grandes atrancos, contando, xeralmente, co apoio da concelleira do BNG nas votacións dos plenos e cos apoios dos membros do PSdeG-PSOE que van ficando fóra do goberno por se autoexcluír (caso de Javier Cuíña e Ofelia Rey Recimil) ou por seren excluídos pola propia Alcaldesa (caso de Lázara). Esta estabilidade comeza a crebar cando o bipartito perde as eleccións no 2009 e Núñez Feijóo é proclamado Presidente da Xunta. É aí cando os membros da lista electa do PSdeG-PSOE -que agás Gerardo Lázara (o único que non se presenta en dita lista como "independente"), está composta por xente que se incorpora nova á política ou que vén do CIS (partido local que nace dunha escisión do PP e que no 2003 obtivera 3 concelleiros)- Javier Cuíña (líder do antigo CIS) e Ofelia Rey empezan a facer oposición e pactar co PP local, baixo a intervención de Rafael Louzán, unha moción de censura para tombar o goberno de Paula Fernández Pena[6].

Así, foi en outubro do ano 2009 cando o Partido Popular, xunto con 2 tránsfugas do PSOE presentou unha moción de censura para derrocar ao goberno da Alcaldesa Paula Fernández Pena. Este acto contou coa oposición de gran parte da veciñanza. Isto levou á recollida de sinaturas e unha manifestación multitudinaria e unha concentración de apoio a Paula Fernández. O 19 de outubro,Ofelia Rey Recimil, concelleira electa nas listas do PSdeG, converteuse na alcaldesa de Silleda co apoio do outro edil trásfuga do PSOE e de 5 edís elixidos nas listas do PP[7].

Nas eleccións municipais de maio de 2011, o PSOE recupera a alcaldía, repetíndose a repartición de escanos das anteriores eleccións[8] e Paula Fernández convértese de novo en alcaldesa, co apoio do edil do BNG, Matías Rodríguez da Torre[9]. En xullo de 2013 Paula Fernández abandona a alcaldía tras resultar designada senadora pola Comunidade Autónoma, e o pleno elixe alcalde a Manuel Cuíña Fernández[10], que repite no cargo tralos comicios do 2015, obtendo maioría absoluta[11].

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 2.769 45.46 % 6
CIS 1.607 26.38 % 4
BNG 877 14.40 % 2
PSOE 733 12.04 % 1
PPS 105 1.72 % 0
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 2.883 45.38 % 6
PP 2.508 39.48 % 6
BNG 777 12.23 % 1
PPS 152 2.32 % 0
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 2.853 47,11 % 6
PP 2.568 42,4 % 6
BNG 513 8,47 % 1
PPS 88 1,45 % 0

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Silleda.
San Lourenzo de Carboeiro.Silleda.Galicia

Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro

San Pedro de Ansemil.Canzorro 9

Canzorro, San Pedro de Ansemil

Lugares de Silleda

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Silleda vexa: Lugares de Silleda.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Silleda". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Santa María de Abades é parroquia do concello de Silleda.
  6. Cinco ediles de Silleda se van del PP y apoyan la moción de censura en El Mundo (06/10/2009) (Consultado o 24/11/2016).
  7. Tránsfugas populares y del PSOE desalojan a la alcaldesa socialista de Silleda en El Correo (20/10/2009) (Consultado o 24/11/2016).
  8. Fernández Pena será alcaldesa de Silleda tras imponerse al PP de Pin por 285 votos en Faro de Vigo (23/05/2011) (Consultado o 24/11/2016).
  9. La alcaldesa de Silleda expulsa al único edil del Bloque y se queda en minoría en La Opinión (19/03/2013) (Consultado o 24/11/2016).
  10. Manuel Cuíña, a quien reprobó la corporación, fue investido ayer como nuevo alcalde de Silleda en La Voz de Galicia (20/07/2013) (Consultado o 24/11/2016).
  11. Manuel Cuíña gobernará en Silleda tras el desplome del PP en más de 500 votos en Faro de Vigo (25/05/2015) (Consultado o 24/11/2016).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Breixa, Silleda

Santiago de Breixa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 120 habitantes (61 homes e 59 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes.

Carboeiro, Silleda

Santa María de Carboeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 58 habitantes (34 mulleres e 24 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 76 habitantes.

Chapa, Silleda

San Cibrao de Chapa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 159 habitantes (73 mulleres e 86 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Nesta parroquia conflúen as estradas N-525 (Ourense-Santiago de Compostela) e N-640 (Lugo-Vilagarcía de Arousa). Amais está atravesada pola autoestrada AP-53.

Cira, Silleda

Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes.

Cortegada, Silleda

Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.

Escuadro, Silleda

San Salvador de Escuadro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 487 habitantes, distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 506 habitantes. É a parroquia rural máis poboada de Silleda, se ben sufriu unha gran perda demográficas durante o século XX, pois en 1930 tiña 1.030 habitantes.

Fiestras, Silleda

San Martiño de Fiestras é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 139 habitantes.

Lamela, Silleda

San Miguel de Lamela é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2010 tiña 280 habitantes (150 mulleres e 130 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 330 habitantes.

Laro, Silleda

San Salvador de Laro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 365 habitantes, distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2002 cando tiña 362 habitantes.

Nesta parroquia naceu o político Pablo García.

Manduas, Silleda

San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1006 habitantes (498 homes e 508), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 917 habitantes.

Moalde, Silleda

San Mamede de Moalde é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 192 habitantes (102 mulleres e 90 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Negreiros, Silleda

San Martiño de Negreiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 203 habitantes (103 homes e 100 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 212 habitantes.

O Castro, Silleda

San Mamede do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 105 habitantes (49 homes e 56 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.

Nesta parroquia atópase o asentamento castrexo da Copa do Castro, ao pé do cal está a igrexa de San Mamede, así como a Estación de Silleda.

Parada, Silleda

San Tomé de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 200 habitantes (99 mulleres e 101 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Piñeiro, Silleda

San Xiao de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 289 habitantes (111 mulleres e 78 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 397 habitantes.

Rellas, Silleda

San Martiño de Rellas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 63 habitantes (35 homes e 32 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes.

Saídres, Silleda

San Xoán de Saídres é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 121 habitantes (64 homes e 57 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes.

Siador, Silleda

San Miguel de Siador é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2009 tiña 146 habitantes (78 mulleres e 68 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes. Nesta parroquia celébranse anualmente a Romaría do Rapaz e a romaría da Saleta.

Silleda, Silleda

Santa Baia de Silleda é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. No ano 2008 tiña 3.124 habitantes o que significa que en menos de 10 anos gañou máis de 1000 veciños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.212 habitantes (1.132 mulleres e 1.080 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.041 habitantes.

Ríos que percorren o concello de Silleda

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.