Sigurd

Sigurd (antigo nórdico: Sigurðr) é un heroe lendario da mitoloxía nórdica, así como o personaxe principal da Völsunga saga. As máis antigas representacións desta lenda son sete pedras rúnicas de Suecia,[1] a máis notable delas a Ramsund carving (c. 1000) e a Gök Runestone (século XI).

Tamén coñecido como Siegfried, é un dos heroes da Nibelungenlied alemá, e das óperas de Richard Wagner Sigfrido e Götterdämmerung. Polo nome de Sivard Snarensven é un heroe de moitas baladas medievais escandinavas.

Siegfried from Wagner
Siegfried toca o seu corno (1911) de Arthur Rackham, do Siegfried and the Twilight of the Gods de Richard Wagner.
Sigurd prüft das schwert Gram by Johannes Gehrts
"Sigurd proofs the sword Gram" (1901) de Johannes Gehrts.
Siegfrieds Abschied
Partida de Siegfried de Kriemhild, obra de Julius Schnorr von Carolsfeld, ca. 1843.

Notas

  1. An article at the Museum of Foteviken, Sweden, retrieved January 19, 2007.

Véxase tamén

Outros artigos

Aelle de Northumbria

Aelle (ou Ælla), finado o 21 de marzo de 867, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.

Bjørnstjerne Bjørnson

Bjørnstjerne Martinus Bjørnson, nado en Kvikne o 8 de decembro de 1832 e finado en París o 26 de abril de 1910, foi un escritor noruegués que recibiu o premio Nobel de Literatura en 1903. Durante a súa mocidade estudou na Universidade de Cristianía.

Dragón europeo

O dragón europeo é unha criatura lendaria presente no folclore e na mitoloxía de moitas das culturas de Europa.No presente, o dragón europeo é representado como unha criatura semellante a un lagarto, de gran talle, escamoso, con cornos e que bota lume pola boca. A criatura tamén ten unhas ás de coiro semellantes ás dun morcego, catro patas e unha longa e prénsil cola. Algunhas representacións amosan ós dragóns con ás emplumadas, cristas, gadoupas ardentes, pugas de marfil que percorren o seu lombo e outros engadidos exóticos. Outras representacións non teñen patas ou presentan múltiples testas.

Nos contos populares, o sangue dun dragón a miúdo contén propiedades máxicas. Por exemplo, na ópera Siegfried, o sangue permitelle a Sigurd entender a lingua dos paxaros do bosque. O típico dragón protexe unha caverna ou castelo cheos de ouro e tesouros e, adoita estar asociado cun grande heroe que trata de matalo.

Malia ser unha criatura con ás, o dragón atópase polo xeral nun agocho subterráneo, unha cova que o sinala como unha antiga criatura da terra. É probable que os dragóns da mitoloxía europea ede Medio Oriente proveñan do culto ás cobras presente en moitas relixións en todo o mundo.

Década de 1100

A década de 1100 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1100 e remata o 31 de decembro de 1109.

Fafner

Na mitoloxía nórdica, Fafner era un dragón. A súa historia cóntanola a Saga Volsunga. Era fillo do rei anano Hreidmar e irmán de Regin e Oder. Tras matar Loki a Oder, o seu pai recibiu o ouro maldicido de Andvari para reparar a morte do seu fillo. Regin e Fafner mataron ao pai para quedar co ouro, pero Fafner decidiu quedar con todo, converténdose nun dragón, símbolo da avaricia. Regin enviou ao seu fillo adpotivo, Sigurd, para matar o dragón, o que consegue despois de vencelo.

Henrik Ibsen

Henrik Johan Ibsen, nado o 20 de marzo de 1828 en Skien, e finado o 23 de maio de 1906 en Christiania, foi un dramaturgo, poeta e novelista noruegués. É considerado o máis importante dramaturgo noruegués e un dos autores máis influentes na dramaturxia moderna. Referido como o "pai do realismo", foi un dos fundadores do modernismo no teatro.

Mitoloxía nórdica

A mitoloxía nórdica (ou mitoloxía escandinava ou mitoloxía viquinga) refírese á relixión escandinava, ás crenzas e lendas precristiás dos nórdicos, incluíndo os que se asentaron en Islandia, onde as fontes escritas da mitoloxía nórdica foron compiladas. É a versión máis coñecida da mitoloxía xermánica antiga.

A mitoloxía nórdica era unha colección de crenzas e historias compartidas polos pobos xermanos setentrionais. É importante sinalar que esta mitoloxía non era compartida polos pobos nórdicos de etnia urálica (fineses, estonianos e saamis) nin báltica (letóns), que tiñan unha propia. Non era unha relixión revelada, pois non había unha verdade entregada polos divinos ós mortais (a pesar que teñen relatos de persoas normais aprendendo as historias dos deuses), e non tiñan un libro sagrado. Esta mitoloxía era transmitida oralmente en forma dunha longa e regular poesía. Devandita transmisión continuou durante a era viquinga, e noso coñecemento sobre ela está baseado principalmente nas Eddas e outros textos medievais escritos durante ou despois da cristianización.

No folclore escandinavo conserváronse restos da antiga mitoloxía e nalgunhas áreas rurais conserváronse algunhas tradicións ata o día de hoxe. As crenzas nórdicas foron revividas e reconstruídas polo movemento Ásatrú, recoñecida como relixión en Islandia en 1973, tamén está recoñecida en Dinamarca e Noruega. A mitoloxía tamén permaneceu como inspiración na literatura así como en producións escénicas ou filmes.

Mitoloxía nórdica na cultura popular

A mitoloxía nórdica, preservada nos textos antigos islandeses como a Edda poética, a Edda prosaica e outras lendas e sagas, foi pouco coñecida fóra de Escandinavia ata o século XIX. Coa publicación xeneralizada dos mitos e lendas nórdicas, as referencias a deuses e heroes nórdicos espalláronse a través da cultura literaria europea, especialmente en Escandinavia, Alemaña e Gran Bretaña. No pasado século XX, as referencias á mitoloxía nórdica fixéronse comúns na ciencia ficción e na fantasía literaria, xogos de rol, e eventualmente outros produtos culturais como a animación xaponesa.

Noruega

Noruega (en noruegués: Norge (bokmål), Noreg (nynorsk), en saami: Norga), é un país nórdico gobernado por unha monarquía constitucional que ocupa a porción oeste da península escandinava. O país fai fronteira con Suecia, Finlandia e Rusia. A súa capital e principal cidade é Oslo.

Forman parte do Reino de Noruega os territorios árticos de Jan Mayen e das Illas Svalbard, cuxa soberanía foi establecida polo tratado de Svalbard asinado en 1920. Porén os territorios meridionais da Illa de Bouvet na parte sur do océano Atlántico e a Illa de Pedro I no sur do Océano Pacífico considéranse dependencias e polo tanto non conforman parte do reino como tal. Noruega é ademais un dos países que reclama territorio na Antártida, concretamente o sector coñecido como Terra da Raíña Maud.

Dende a segunda guerra mundial, o país experimentou un rápido crecemento que contribuíu a que o país estea na actualidade entre aqueles cun maior nivel de vida grazas ao seu sistema nacional de subsidios. Este crecemento económico débese en parte ao desenvolvemento e explotación das reservas costeiras de gas e petróleo do país. O desenvolvemento humano de Noruega é un dos maiores do mundo, ocupando o país o primeiro posto na listaxe de países por nivel de desenvolvemento humano (IDH) entre o 2001 e o 2007 (compartindo este posto con Islandia no 2007). É ademais un dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas.

Osberht de Northumbria

Osberht, finado o 21 de marzo de 867, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.

Ragnar Lodbrok

Ragnar Lodbrok (nórdico antigo: Ragnarr Loðbrók Sigurdsson, nado antes de ca. 755 e finado ca. 865, foi un rei lendario de Suecia e Dinamarca que reinou no século IX (ca. 840). Segundo o cronista danés Saxo Grammaticus, Ragnar pertencía á liña real da casa dos Ynglingas. Aí, xunto ás sagas islandesas, considérano fillo de Sigurd Hring, rei de Suecia e conquistador de Dinamarca, e a súa consorte Alfhild Gandolfsdatter (n. 710), filla de Gandalf Alfgeirsson. Non hai acordo sobre cal era a capital dos seus dominios, nin en que país residía normalmente.

A pesar de aparecer como un heroe local, non hai moitas biografías súas, apenas se poden achar algunhas mencións nas sagas. A datación do seu reinado é incerta: algunhas fontes sitúano entre 750 e 794, outras de 860 a 865 e outras máis probábeis entre 835 e a súa morte en 865. Tampouco se sabe se foi recoñecido como rei durante todo ese tempo.

Sala do hidromel

Na antiga Escandinavia e na Europa xermánica unha sala do hidromel ou sala do festín foi inicialmente unha construción longa cunha sala sinxela. Dende do século V ata a baixa Idade Media esta clase de construcións era a residencia dun señor e os seus servos. A sala do hidromel era xeralmente a gran sala dun rei. Como tal, era considerado o lugar máis seguro do reino.

Sigfrido

Sigfrido é un nome de orixe xermánica que vén significar aproximadamene paz vitoriosa.

Sigfrido ou Sigurd é o heroe do Nibelungenlied, un poema épico escrito en altoalemán.

Sigfrido, parte d'O anel dos nibelungos, ópera de Wagner, baseada precisamente no personaxe homónimo.

Sigfrido é o rexedor da tetería do oso malaio, álbum de banda deseñada de David Rubín.

Skogskyrkogården

O Skogskyrkogården (en galego Cemiterio do monte) está situado no distrito de Enskededalen, ó sur da cidade de Estocolmo, en Suecia.

Foi deseñado polos arquitectos Erik Gunnar Asplund e Sigurd Lewerentz, gañadores dun concurso para a construción dun gran cemiterio na cidade de Estocolmo. Está construído adaptándose a natureza do monte, con varias capelas e un crematorio. A súa forma é un modelo seguido na construción de outros cemiterios. Contén arredor de 50.000 tumbas, segundo as cifras do propio cemiterio.[Cómpre referencia]Foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1994 pola Unesco.

Thor (banda deseñada)

Este artigo trata sobre o personaxe de Marvel Comics. .Thor é un superheroe de banda deseñada baseado no deus do trono da mitoloxía nórdica. Creado por Stan Lee e Jack Kirby para Marvel Comics, apareceu por primeira vez en Journey into Mystery #83 (1962).

Procedente de Asgard (o ceo dos nórdicos), fillo de Odín e Gaia, dispón dunha forza e vitalidade sobrehumana, e unha lonxevidade de séculos. Co seu martelo Mjolnir, encantado polo seu pai pode voar, crear portais dimensionais, convocar ao raio e á tormenta.

Universidade Stanford

A Universidade Leland Stanford Júnior (oficialmente en inglés Leland Stanford Junior University coloquialmente the Farm), coñecida como Universidade Stanford, é unha universidade de investigación privada situada en Palo Alto, California (Estados Unidos).

Está localizada a un 56 km ao sueste de San Francisco, en terreos do condado de Santa Clara contiguos a Palo Alto. A universidade áchase por tanto no corazón xeográfico e histórico de Silicon Valley.

William Morris

William Morris, nado en Clay Hill Walthamstow, Inglaterra, o 24 de marzo de 1834 e finado o 3 de outubro de 1896, foi un artesán, pintor, poeta, escritor e activista político británico, fundador do movemento Arts and Crafts.

Deuses
Heroes
Lugares
Eventos
Fontes
Sociedade
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.