Sigüeiro, Oroso, Oroso

Sigüeiro é unha vila da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso. Segundo o IGE en 2014 tiña 3757 habitantes (1867 homes e 1890 mulleres)[1]. É a capital administrativa do concello.

Coordenadas: 42°58′08″N 08°26′34″O / 42.96889, -8.44278

Sigüeiro
Sigueiro Oroso Galiza 1
Casa consistorial de Oroso
ParroquiaOroso
ConcelloOroso
Poboación3.757 hab. (2014)

Historia

Ata o ano 2005 existían oficialmente dous lugares co nome de Sigüeiro nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. O Decreto 25/2005 do 3 de febreiro (DOG nº 34 do 18 de febreiro)[2] incorporou o lugar do concello de Santiago ao concello de Oroso xa que, como se recolle en dito decreto, "na actualidade Sigüeiro se configura como un único núcleo urbano, integrado por Sigüeiro de Oroso e Sigüeiro de Santiago de Compostela". Paradoxalmente, no nomenclátor da Xunta de Galicia seguen a aparecer en 2015 ambos lugares en cadanseu concello, feito que está en contradición co Decreto anteriormente nomeado.

Sigüeiro pertence á parroquia da Barciela cuxo territorio se reparte entre os concellos de Oroso e Santiago de Compostela.

Galería de imaxes

Vídeo cruzando Sigüeiro pola N-550.

Notas

  1. O número total de habitantes é a suma dos correspondentes aos dous lugares que aparecen no nomenclátor do IGE con este nome nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. Véxase: IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades".
  2. DOG (ed.). "DECRETO 25/2005, do 3 de febreiro, polo que se resolve o expediente de segregación-agregación entre os termos municipais de Santiago de Compostela-Oroso".

Lugares e parroquias

Parroquias de Oroso

Véxase tamén

Outros artigos

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.