Sicilia

Sicilia[1] (en siciliano: Sicìlia) é unha rexión autónoma de Italia. É máis grande de tódalas rexións da República e ademais a illa máis grande do mar Mediterráneo con 25.711 quilómetros cadrados. Xunto con Sardeña, a illa está clasificada oficialmente como unha rexión da Italia Insular.

Aínda que hoxe Sicilia é unha rexión de Italia, a illa foi unha cidade-estado de propio dereito, que dende Palermo, como Reino de Sicilia, chegou a dominar toda illa, o sur de Italia e Malta. Con todo, coa unificación italiana de 1860 Sicilia converteuse nunha rexión autónoma do Reino de Italia.

Sicilia ten a súa propia cultura, especialmente con respecto ás artes, a cociña e a arquitectura. Ademais a illa posúe o seu propio idioma, o siciliano, de orixe latina. A economía siciliana baséase principalmente na agricultura (principalmente os hortos de laranxa e limón) e no turismo.

Coordenadas: 37°30′N 14°00′L / 37.500, -14.000

Sicilia
Bandeira de Sicilia
Escudo de Sicilia
BandeiraEscudo
Sicily in Italy
EstadoItalia Italia
CapitalPalermo
 • Poboación659.623 (2008)
Lingua oficialItaliano
Forma de gobernoRexións de Italia
Presidente
Nello Musumeci
SuperficiePosto 1º
 • Total25.711 km²
PoboaciónPosto 4º
 • Total5.036.666 hab.
 • Densidade196 hab./km²
XentilicioSiciliano/a
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.it
Código ISOn/d

Xeografía

Mount Etna snow-toppd
O Monte Etna nevado

A illa de Sicilia atópase adxacente á tan só 3,1 km da rexión italiana de Calabria, a través do estreito de Messina na súa parte leste. O nome que puxeron os romanos a Sicilia era Trinacria, en alusión á súa forma triangular. Con todo, o actual nome provén do nome que lle deron os gregos á illa, Sikelia, debido a que a tribo nativa que a habitaba eran os Sikels. A illa destacou sobre todo durante milenios por ser unha gran produtora agrícola, sendo os cítricos, as laranxas, os limóns, as olivas, o aceite de oliva, as améndoas e o viño algúns dos principais produtos desta terra. Ademais durante o século XIX converteuse nunha das principais produtoras de xofre do mundo, grazas ás minas de Enna (en siciliano: Castrugiuvanni) e Caltanissetta, porén a produción diminuíu na década de 1950.

Sicilia e as súas pequenas illas que a circundan son moi importantes no ámbito da vulcanoloxía. O monte Etna, situado ao leste, é o único volcán na illa de Sicilia, que cunha altura de 3.320 m é o volcán activo máis alto de Europa e un dos máis activos no mundo. Así como o Etna, hai varias cordilleiras non volcánicas en Sicilia: Sicani ao oeste, Eeri na zona central e Hyblaean no sueste. No norte de Sicilia, hai outras tres: Madonie, Nebrodi e Peloritani.

Ao redor da illa atópanse as illas Eolias, ao nordeste, que son importantes por atoparse nelas a illa de Stromboli, onde se atopa outro importante volcán homónimo. Tamén no mar Tirreno atópanse outros tres volcáns activos: Vulcano, Vulcanello e Lipari. Por últimos cómpre destacar que o arquipélago de Malta é de xeito xeográfico parte integrante de Sicilia, incluso Malta estivo unida a Sicilia politicamente até o ano 1798, en que foi ocupada durante case dous anos por Napoleón.

Hidroloxía

A illa de Sicilia está regada por varios ríos, a maioría dos cales flúen a través da zona central e entran ao mar na parte sur da illa. O máis grande é o río Salso, que río flúe a través de Caltanissetta, Enna e, antes de entrar no Mar Mediterráneo, no porto de Licata, durante 144 km. Outros ríos importantes da illa son o Simeto (113 km), o Belice (107), o Dittaino (105 km) ou o Platani (103 km).

Clima

O clima en Sicilia é mediterráneo con veráns calorosos, a causa do vento Siroco que chega de África e xera de improviso cambios na temperatura. As precipitacións son escasas, repercutindo no aprovisionamento hídrico, aínda que isto non impide que a agricultura sexa un dos seus principais recursos económicos. É notable a produción de cereais, xa importante en tempos romanos, e abundante produción de olivas, que asegura unha óptima produción de aceite.

Historia

Antigüidade

Sicily Selinunte Temple E (Hera)
Templo grego de Selinunte

Os máis antigos pobos de Sicilia foron os Elymas no oeste, os Sicanas no centro, e os Siculos na parte oriental, estes últimos probablemente vidos do continente, empurrando cara ao oeste da illa aos poboadores máis antigos. Estes son os que darán o seu nome ao país.

A Sicilia foi primeiro colonizada polos fenicios, os cartaxinenses e os gregos, que alí teñen deixado numerosos vestixios (teatro de Taormina, templos de Segesta, Agrigento e Selinonte, entre outros). Foi gobernada por príncipes chamados "tyranos", entre eles os famosos Denys o Antigo e Denys o Novo (que acolleu ao filósofo Platón). Máis tarde caeu nas mans dos romanos despois da primeira guerra púnica, converténdose desde entón nunha importante fonte de cereais para Roma. O rei de Siracusa Hierón foi un fiel aliado dos romanos na segunda guerra púnica.

Sicilia foi a base da resistencia dos últimos pompeianos mandados por Sexto Pompeio, fillo de Pompeio. Despois da caída do imperio romano, Sicilia pasa ao Imperio bizantino ata a súa conquista polos árabes do 827 ao 902.

Reino de Sicilia

Bandiera del Regno di Sicilia 4
Bandeira do Reino de Sicilia.

A diversidade cultural e a tolerancia relixiosa caracterizaron o período musulmán. Unha familia de normandos (os fillos de Tancredo de Hauteville) conquistou as terras de Italia meridional, o Papa encargoulle ao máis novo, Roxelio, invadir Sicilia para que volvese ao catolicismo (estaba ocupada por bizantinos e sarracenos), e acorda a soberanía sobre as terras a conquistar. Isto lévao a cabo entre 1060-1090. Máis tarde o neto de Roxelio converteu o territorio da illa en reino no 1130, nacendo o Reino de Sicilia. Roxelio II, admirador da cultura musulmá, realizou unha política de tolerancia. Así pois o trono pasou, por herdanza, á dinastía xermánica dos Hohenstaufen que gobernaron a rexión a partir de 1194 e adoptaron Palermo como capital en 1220. Medio século despois, conflitos entre os Hohenstaufen e o Papa provocaron á morte de Manfredo de Sicilia en 1266, o que derivou na conquista da illa por Carlos I, conde de Anjou, derrotando a Conradino en 1268, os partidarios da dinastía derrotada refúxianse no reino de Aragón.

Roger II. Sicilsky
Roxelio II de Sicilia.

O 30 de marzo de 1282, o día de Pascua, nas Vésperas Sicilianas, provocadas polas taxas excesivas e explotada por Pedro III de Aragón, provocan o masacre dos franceses de Sicilia e a chegada dunha frota aragonesa á illa o 30 de agosto, dirixida polo propio Pedro III. Aclamado polo Parlamento de Sicilia como rei de Sicilia, Carlos tivo que abandonar a illa. En 1285 sucede a Pedro como rei de Sicilia o seu fillo Xaime, tanto Pedro como Xaime nomearon sicilianos nos cargos da illa cunha pequena minoría aragonesa en postos de responsabilidade pública, reduciron a presión fiscal e os comerciantes barceloneses aumentaron a súa influencia na illa.

En 1295, polo Tratado de Agnani, Xaime renunciou a Sicilia devolvéndollo á Santa Sé para tentar calmar a situación internacional que provocara que Xaime sucedera ao seu irmán Afonso como rei de Aragón en 1291. Os sicilianos, descontentos co tratado, proclamaron rei a Federico, irmán de Xaime. Polo Tratado de Caltabellota (1302) recoñecíase a Federico como rei de Trinacria (a illa) e a Carlos de Anjou como rei de Sicilia (a península), mais aos poucos anos Federico asumiu de novo o título de rei de Sicilia. Foi unha época de prosperidade económica agás nos últimos anos do seu reinado, situación que se agravou durante os reinados de Pedro II, Luís I e Federico IV e aínda máis coa Peste Negra, que chegou á illa en 1348, e as loitas internas da nobreza entre os proaragoneses e os anxevinos.

En 1377 grazas a unha dispensa papal a filla de Federico IV, María I de Sicilia converteuse na raíña da illa. O rei aragonés, Xoán I de Aragón que recoñecía ao papa de Aviñón conseguiu a dispensa para o matrimonio en 1391 entre o seu neto, Martiño o Novo e a raíña María, que residía en Cataluña tras ser secuestrada por un nobre siciliano, coa condición de conquistar Sicilia, o que tras unha longa resistencia dos baróns sicilianos conseguiu. Á morte de Martiño o Novo en 1409 sen descendencia a coroa pasou a seu pai, Martiño de Aragón. En 1414 Fernando de Aragón declarou a unión perpetua das coroas de Aragón e Sicilia, gobernando Sicilia vicerreis en nome do rei.

Idade Moderna

Ferdinand i twosicilies
Fernando I, primeiro Rei das Dúas Sicilias

Debido á Inquisición en 1492 decretouse a expulsión dos xudeus de Sicilia. Nos seguintes séculos a illa veuse afectada por dous terremotos moi graves no leste do país, nos anos 1542 e 1693, ademais só uns poucos anos antes deste último tremor a illa foi golpeada por unha feroz praga. Durante o século XVII houbo varias revoltas, mais foron reprimidas, especialmente as revoltas de Palermo e Messina. Co Tratado de Utrecht de 1713 Sicilia foi asignada á Casa de Savoia, onde gobernaron durante sete até que intercambiaron a illa pola de Sardeña co Emperador Carlos VI da dinastía Habsburgo de Austria.

Mentres que os austríacos estaban preocupados coa Guerra de Sucesión de Polonia, un príncipe Borbón, Carlos III foi capaz de conquistar Sicilia e Nápoles, deste xeito conquistando todo o sur da actual Italia, que estaba en mans de Carlos VI. Ao principio Sicilia permaneceu coma un reino independente, en virtude de unión persoal (ao estilo da actual Commonwealth británica).

Mais tarde produciuse a chegada do Primeiro Imperio Francés de Napoleón, que tomaba tomaba Nápoles na Batalla de Campo Tenese, comezando a dinastía Bonaparte de Reis napolitanos. Así pois o Borbón Fernando III viuse obrigado a retirarse a Sicilia, que estaba aínda baixo o seu completo control coa axuda da mariña británica. Por mor desta situación a illa participou nas guerras napoleónicas, onde Sicilia e Nápoles foron recuperadas, fusionándose formalmente como o Reino das Dúas Sicilias baixo o amparo dos Borbóns. Os principais movementos revolucionarios contra o goberno dos Borbóns producíronse en 1820 e 1848, coa procura da independencia de Sicilia, proclamada finalmente en 1848.

Idade Contemporánea

Palermo02 flickr
Palermo, actual capital de Sicilia

Máis tarde, en 1860, o desembarco de Giuseppe Garibaldi na illa, supuxo que Sicilia pasara a formar parte do novo estado unificado italiano. A pesar dun certo desenvolvemento económico que seguiu á unificación, Sicilia foi superada polo crecemento industrial das grandes zonas urbanas do norte. O crime organizado, coñecido baixo o nome de mafia, supuxo á creación da sociedade criminal Cosa Nostra, que estendeu a súa influencia na fin do século XIX. A mafia foi parcialmente erradicada polo réxime fascista a finais dos anos 1920, non recuperando parte do seu poder até despois da Segunda Guerra Mundial. Durante esta guerra cómpre destacar que Sicilia foi liberada finalmente do totalitarismo polas forzas anglo-americanas entre o 10 de xullo e o 16 de agosto do 1943.

Dende 1946 Sicilia é unha rexión autónoma, co que se beneficiou da reforma agraria parcial de 1950-1962, así como dos subsidios especiais, fondos do goberno italiano para as rexións do sur. Nestes últimos anos cómpre destacar un ambicioso proxecto que de levarse finalmente a cabo unirá a illa co continente europeo, cunha ponte colgante de estrada de 5300 metros de lonxitude, a Ponte de Messina, que será a máis longa ponte deste tipo do mundo.[2]

Administración e política

Divisións administrativas

Administrativamente Sicilia está dividida en nove provincias, das que tamén forman parte as pequenas illas que a rodean, como as illas Eolias de Messina, a illa de Ustica (Palermo), as Illas Égadi (Trapani), a illa de Pantelleria (Trapani) e as illas Pelaxias (Agrigento).

Provincias de Sicilia
Provinces of Sicily map
Provincia Area (km²) Poboación Densidade
Provincia de Agrigento 3.042 455.288 149,6
Provincia de Caltanissetta 2.128 272.359 127,9
Provincia de Catania 3.552 1.084.674 305,3
Provincia de Enna 2.562 173.558 67,7
Provincia de Messina 3.247 654.520 201,5
Provincia de Palermo 4.992 1.244.012 249,2
Provincia de Ragusa 1.614 313.698 194,3
Provincia de Siracusa 2.109 402.680 190,9
Provincia de Trapani 2.460 435.877 177,1

Economía

Sector primario

Oranges 1
Laranxas sicilianas
Theatre at Syracuse, Sicily
Necrópole de Pantalica, Patrimonio da Humanidade

Dentro das actividades do sector primario Sicilia é coñecida pola súa cultura do cultivo de laranxas, limóns, mandarinas, hortalizas, legumes e froitos secos, como base dos produtos desta terra. Tamén destaca o cultivo da vide e a produción de viños, moi apreciados sobre todo no estranxeiro. Entre os máis coñecidos están o Viño de Marsala, da provincia de Trapani, o Moscato de Pantelleria, Malvasía de Lipari, Nero de Avola, o máis importante viño siciliano de hoxe día, Cerasuolo de Vittoria.

Dentro da gandería sobresaen os ovinos, caprinos e equinos, que están presentes en cantidade, mentres que os bovinos están presentes en número limitado. A pesca constitúe un recurso moi valioso para Sicilia. Péscanse, ademais de peixe espada, atún, sardiñas e xardas, ademais do peixe azul típico do Mediterráneo, que permite prover á industria da conserva, a materia prima necesaria para o peixe enlatado e o peixe afumado. En Mazase do Valo, na provincia de Trapani, obtéñense boas robalizas, camaróns en Ganzirri, e na a zona norte de Messina, ostras. Os portos máis importantes son os de Palermo, Catania, Messina e Augusta. Son ben coñecidas tamén as salinas de Trapani, desde onde se extrae desde a antigüidade unha fina sal mariña.

Industria

A industria en Sicilia inclúe a elaboración de alimentos procesados, produtos químicos, petróleo refinado, fertilizantes, téxtiles, barcos, artigos de coiro, viño e produtos forestais. Hai campos de petróleo no sueste, e ademais son producidos gas natural e xofre. Todo este desenvolvemento industrial viuse potenciado por unha importante mellora nas vías de comunicación dentro da illa.

Turismo

A industria do turismo é unha actividade en crecemento, favorecida pola presenza de numerosos sitios arqueolóxicos (Morgantina, Val dos Templos, Selinunte...) e as belezas naturais que suscitan o interese dos visitantes. Nos últimos anos investiuse sobre a capacidade receptiva dos albergues, favorecendo o incremento da súa presenza na illa.

Entre outros destinos turísticos de renome están localidades como Taormina, Agrigento, Siracusa, Caltagirone, Cefalù e Piazza Armerina (Vila do Casale). O interior da illa é un lugar rico en historia, tradicións e sobre todo en arte e cultura, fortalezas, igrexas, bosques e espazos naturais de importancia que lle dan valor ás áreas internas das provincias de Enna, Catania, Caltanissetta e Palermo.

Cultura

Lingua siciliana

Artigo principal: Lingua siciliana.
Super Enalotto sicilianu
Letreiro en siciliano.

Unha grande parte dos sicilianos son bilingües en italiano e en siciliano, unha lingua romance totalmente independente, cun vocabulario considerable (cun mínimo de 250.000 palabras). Unha parte destacable das palabras son de préstamo con lixeiros cambios, tendo a influencias do grego, catalán, francés, árabe ou do castelán entre outras.[3] O siciliano a parte da illa tamén é falado en certa medida en Calabria e Puglia, tendo ademais unha influencia significativa na lingua maltesa. Na idade moderna, o italiano ensínase nas escolas e é a linguaxe dos medios de comunicación, especialmente nalgunhas das zonas urbanas, o siciliano é agora un segundo idioma entre a maior parte dos mozos.

Uomo siciliano
Estereotípico home siciliano

Nun principio a lingua siciliana influíu de xeito temperá no desenvolvemento da normativa italiana, aínda que o seu uso estaba limitado a unha elite intelectual. Nesa época houbo unha linguaxe literaria en Sicilia, creada baixo os auspicios de Federico II e a súa corte dos notarios, ou Magna Curia, que, encabezada por Giacomo da Lentini, deu a luz á Escola de Sicilia, amplamente inspirada na literatura trobadoresca. O seu patrimonio lingüístico e poético máis tarde foi asimilado na Florencia de Dante Alighieri, pai do italiano moderno. Ademais nesta lingua apareceu o primeiro soneto, cuxa invención se atribúe ao propio Giacomo da Lentini.

Hai tamén varias linguas non oficiais menos comúns faladas na illa. En cinco pequenas vilas de Palermo fálase o Arbëreshë, un dialecto da lingua albanesa debido a un grupo de refuxiados que se asentaron alí no século XV, estas persoas son na súa maioría católicos-bizantinos. As cidades sicilianas fundadas ou repoboadas polos albaneses son Piana degli Albanesi, Santa Cristina Gela, Mezzojuso, Contessa Entellina, Palazzo Adriano, Sant' Angelo Muxaro, Bronte, Biancavilla e San Michele in Ganzaria. Tamén hai varias vilas na provincia de Enna onde se falan dialectos da lingua lombarda. Gran parte destes dous grupos de persoas son trilingües, falando tamén o italiano e o siciliano.

Gastronomía

A gastronomía de Sicilia está estreitamente unida á historia e cultura de siciliana, así como coa vida relixiosa e espiritual da illa. Trátase dunha cultura gastronómica rexional complexa e diversa, que mostra claramente a contribución das culturas que se estableceron en Sicilia no transcurso dos dous últimos milenios. Tense, por exemplo, a contribución alimentaria da antiga Grecia mediante o "Monsù" das grandes cociñas nobiliarias, pasando polos doces de influencia magrebí e das especialidades hebreas.

Estilo de vida

A familia forma parte do corazón da cultura siciliana dende fai moitas xeracións. Tódolos membros da familia a miúdo viven xuntos, permanecendo os fillos habitualmente en casa dos seus pais ata que casan, o que cada vez está a ocorrer máis tarde. As parellas de hoxe teñen menos fillos que antes, con todo, os bebés e os nenos son moi venerados na cultura siciliana e case sempre acompañan aos seus pais a eventos sociais.

As vodas sicilianas son luxosas, caras e tradicionais, normalmente celebradas na igrexa. A Igrexa católica é un elemento importante na vida siciliana. Case tódolos lugares públicos están adornados con crucifixos nas súas paredes, e a maioría dos fogares de Sicilia posúen imaxes de santos, estatuas e outras reliquias. Cada pobo e cidade ten o seu propio santo patrón, e os días de festa caracterízanse por vistosos desfiles polas rúas con bandas de música e queima de fogos de artificio.

A tradición oral xoga un papel importante no folclore siciliano. Moitas historias transmitidas de xeración en xeración implican a un personaxe coñecido "Giufà". As historias desta personaxe consisten en anécdotas da súa vida que tentan transmitir mensaxes morais.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para siciliano.
  2. estructurae
  3. "The Sicilian Language". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2005. Consultado o 22 de outubro de 2009.

Véxase tamén

Outros artigos

Aeroporto de Catania-Fontanarossa

O aeroporto de Catania-Fontanarossa (IATA: CTA, ICAO: LICC) tamén chamado aeroporto Vincenzo Bellini, é un aeroporto internacional situado a 4,3 km ao suroeste de Catania, a segunda cidade máis grande da illa italiana de Sicilia. Chámase así na honra do compositor de ópera Vincenzo Bellini, que naceu en Catania.

É o aeroporto máis concorrido de Sicilia e o sexto de Italia con 7 914 117 pasaxeiros no ano 2016. Grandes aeroliñas como Alitalia, Lufthansa e KLM ofrecen servizos no aeroporto e conectan numerosos destinos europeos como Roma, Múnic, Ámsterdam e Berlín, mentres que aeroliñas de baixo custo como easyJet e Ryanair ofrecen un bo número de voos a destinos de ocio.

Calabria

Calabria (en calabrés Calàbbria, en grecánico (o dialecto grego falado na Calabria) Calavrìa e en grego Καλαβρία) é unha rexión da Italia meridional de dous millóns de habitantes, con capital en Catanzaro. Limita ao norte coa Basilicata. É a rexión máis ao sur da península itálica, ao suroeste un brazo de mar sepáraa de Sicilia.

A rexión forma a punta da "bota" que forma a península. Está bañada ao oeste polo mar Tirreno, ao leste polo mar Xónico, ao nordeste polo golfo de Taranto e ao suroeste está separada de Sicilia polo estreito de Messina. A distancia entre o cabo Peloro en Sicilia e punta Pezzo en Calabria é só de 3,2 km.

Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Clemente IV, papa

Clemente IV, nado en Saint-Gilles-du-Gard en 1202 e finado en Viterbo o 29 de novembro de 1268, foi o Papa nº 183 da Igrexa católica de 1265 a 1268.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

León II, papa

San León II nado en Sicilia probablemente na cidade de Messina en data descoñecida e finado en Roma o 3 de xullo 683 foi o papa n.º 80 da Igrexa católica de 682 a 683.

Malta

Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras, situadas ao sur da illa italiana de Sicilia, no mar Mediterráneo. As terras máis próximas son todas italianas: Sicilia, ao norte, as illas Pelaxias ao oeste e a illa de Pantelleria ao noroeste. A súa capital é A Valeta.

Mar Mediterráneo

O Mediterráneo é un mar interior do Atlántico oriental, comprendido entre Europa, Asia occidental e África setentrional. Con aproximadamente 2,5 millóns de km² e 3.860 km de lonxitude, é o mar interior máis grande do mundo.O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara -pero non o mar Negro- é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao sueste une o Mediterráneo co mar Vermello.

É o mar coas taxas máis elevadas de hidrocarburos e contaminación do mundo.

Mar Tirreno

O mar Tirreno (/tᵻˈriːniən ˈsiː/; italiano: Mar Tirreno Modelo:IPA-it, francés: Mer Tyrrhénienne [mɛʁ tiʁenjɛn], sardo: Mare Tirrenu, corso: Mari Tirrenu, siciliano: Mari Tirrenu, napolitano: Mare Tirreno) forma parte do Mar Mediterráneo que baña o oeste da costa de Italia. É chamado así nomeado polos pobos tirrenos, identificados desde o século VI aC cos etruscos de Italia.

Mar Xónico

O Mar Xónico (grego: Ιόνιο Πέλαγος, Iónio Pélagos, italiano: Mar Ionio, albanés Deti Ion) é unha baía alongada do Mar Mediterráneo, ao sur do Mar Adriático. Está limitado a oeste pola Italia meridional, incluíndo a Calabria e máis Sicilia, e a leste polo sur de Albania e polo noroeste de Grecia, en especial as Illas Xónicas.

Todas as illas principais no mar pertencen a Grecia. Son denominadas colectivamente as Illas Xónicas, as principais son Corfú, Cefalonia, Zakynthos, Lefkada e Ítaca.

Hai rutas de transbordadores entre Patras e Igoumenitsa en Grecia e Brindisi e Ancona en Italia, que cruzan o leste e norte do mar Xónico e desde O Pireo cara ao oeste. A fosa Calypso, o punto máis profundo do Mediterráneo con 5.267 m. de profundidade, está situado no Mar Xónico, en 36°34′N 21°8′L. O mar é unha das áreas máis sismicamente activas do mundo.

Normandos

Os normandos (Normando: Normaunds; francés: Normands; latín: Normanni), literalmente "homes do Norte", en alemán, foron invasores escandinavos, viquingos na súa maioría daneses, pero tamén noruegueses e suecos (os varegos) que comezaron a ocupar o noroeste de Francia (o que se coñece como Normandía) na segunda metade do século IX. Eran descendentes dos pobos nórdicos ("Norman" provén de "Norseman") Viquingos (Inglés antigo wicingas—"piratas")

de Dinamarca, Islandia e Noruega que, baixo o seu líder Rolo, acordaron xurar lealdade a Carlos o Simple de Francia occidental. A través de xeracións de asimilación e mestura coas poboacións nativas francas e Galo-Romanas, os seus descendentes adoptaron gradualmente a cultura de base carolinxia do oeste de Francia.A identidade cultural e étnica dos normandos xurdiu inicialmente na primeira metade do século X, e continuou evolucionando ao longo dos séculos seguintes.A dinastía normanda tivo un grande impacto político, cultural e militar na Europa medieval e Próximo Oriente. Os normandos eran famosos polo seu espírito marcial e eventualmente pola súa piedade Católica, converténdose en expoñentes da ortodoxia católica na que se asimilaron. Adoptaron a Lingua galorromana da terra franca na que se estableceron, e o seu dialecto coñeceuse como Norman, Normaund ou Francés Normando, unha importante linguaxe literaria. O Ducado de Normandía, que se formou polo tratado coa coroa francesa, foi un gran feudo da Francia medieval e baixo Ricardo I de Normandía forxouse nun principado unido e formidable na tenencia feudal.Os normandos destácanse tanto pola súa cultura, como a súa singular arquitectura románica e as súas tradicións musicais, e polos seus significativos logros e innovacións militares. Os aventureiros normandos fundaron o Reino de Sicilia baixo Roger II logo de conquista do sur de Italia e Malta aos Sarracenos e bizantinos, e unha expedición en nome do seu duque, Guillermo o Conquistador, levou á conquista normanda de Inglaterra na Batalla de Hastings en 1066. A influencia cultural e militar normanda estendeuse desde estes novos centros europeos aos Estados cruzados do Próximo Leste, onde o seu príncipe Bohemundo I fundou o Principado de Antioquía en Levante, tamén en Escocia e País de Gales en Gran Bretaña , Irlanda ou nas costas do norte de África e as Illas Canarias.

O legado dos normandos persiste hoxe a través da linguas e dialectos rexionais de Francia, Inglaterra e Sicilia, así como tamén os diversos arreglos culturais, xudiciais e políticos que introduciron nos seus territorios conquistados.

Palermo

Palermo (en siciliano: Palermu) é un concello italiano capital da provincia homónima, e da rexión de Sicilia. En 2009 tiña 658.112 habitantes e esténdese por unha área de 158,88 km², cunha densidade de poboación de 4.218 hab/km². Na súa zona metropolitana viven máis dun millón de persoas.

Provincias de Italia

As provincias de Italia, en italiano tamén provincia, é unha división administrativa intermedia entre o concello (comune) e a rexión (regione).

Unha provincia está composta por varios municipios , e normalmente varias provincias forman unha rexión, agás a rexión do Val de Aosta, que non ten ningunha provincia.

No 2004, había 102 provincias en Italia. No 2005 creáronse catro provincias novas na Sardeña, e en 2009 outras tres provincias máis, polo que existen agora 109 provincias no Estado italiano.

Reino de Nápoles

O Reino de Nápoles foi un reino que ocupou os territorios da Italia meridional (Nápoles) e durante algúns períodos tamén a illa de Sicilia. En 1442 Afonso V, rei de Aragón, conquistou Nápoles que foi un dominio da dinastía Anxevina dende o ano 1266. Dende o século XV, Nápoles estivo en poder tanto de Aragón, Francia (durante un curto prazo), España e Austria e finalmente independente dende 1734 ata 1860, ano no que quedou incorporado ao proceso de unificación de Italia. Respecto de Sicilia foi un dominio da dinastía normanda de Hauteville desde o ano 1071, pasou a ser dominio dos Hohenstaufen en 1194, da dinastía Anxevina en 1266 e dominio aragonés dende 1282.

Reino de Sicilia

O Reino de Sicilia (en latín, Regnum Siciliae; en italiano, Regno di Sicilia) foi un estado que existiu desde o principio da Baixa Idade Media até o Congreso de Viena, despois da caída do emperador Napoleón Bonaparte.

A súa orixe remóntanse ao ano 1130, en que foi creado, para Roger II, polo antipapa Anacleto II, un reino que comprendía, ademais da illa de Sicilia, os territorios da península Itálica de Calabria, Puglia e Campania, onde se encontraba a cidade de Nápoles (que foi capital do reino durante vinte anos, entre 1266 e 1282).

Subdivisións de Italia

Italia ten tres divisións administrativas de carácter recursivo, de maior a menor nivel. O primeiro nivel é o das rexións ou regioni (20 en total), que á súa vez se subdividen en provincias ou province (109, incluíndo as provincias autónomas de Trento e Bolzán), á parte do Val de Aosta, que queda como unha rexión autónoma. As provincias divídense en 8.101 concellos, ou comuni, e estes poden albergar entidades menores chamados frazioni.

Tríscele

Un tríscele (do grego τρισκέλιον [triskélion]; τρισκελής [triskelís], "con tres pernas") é un símbolo celta formado por tres espirais entrelazadas, por tres pernas humanas flexionadas ou por calquera deseño similar que conteña a idea de simetría rotacional.

Urbano II, papa

Urbano II (de nome Odón de Chantillon), nado en Lagery, Francia, no 1042 e finado en Roma, o 29 de xullo de 1099, foi un papa da Igrexa católica de 1088 a 1099.

É coñecido por predicar a primeira cruzada en Oriente Próximo, aínda que morreu antes da culminación desta coa toma de Xerusalén. Tamén estableceu a Curia romana na súa forma actual.

Rexións de Italia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.