Sic

Sic é unha palabra latina que se coloca ao lado dunha palabra ou frase incorrecta ou incomprensible para indicar que non se trata dun erro de transcrición, senón que é así como figura no texto orixinal.

Provén da frase en latín sic erat scriptum, "así fora escrito", onde sic é un adverbio que significa "así, deste xeito".

Goggles prevent axidents (sic). Axidents (sic) give aid to the enemy. - NARA - 535353
Goggles prevent axidents (sic). Axidents (sic) give aid to the enemy.

Uso

Por regra xeral prefírese o uso deste adverbio entre corchetes [sic], aínda que é frecuente atopalo tamén entre parénteses (sic).

  • «Agora [engade] van a saver [sic] o tolo que eu estou[1]
  • No ano 1764, o visitador da diocese «halló la hermita (sic) de san Antonio (...)"[2]

Emprégase cando se reproducen erros, tipográficos ou doutra clase, ou inconveniencias ao citar textos, para informar ao lector que o uso indebido atópase na fonte orixinal e non é obra do que cita. Exemplos:

  • Lembro que che ollou fixamente [sic]
  • O sol púñase no hourizonte [sic]
  • Regresamos o domingo de Balencia [sic]

Tamén pode usarse cando aparecen palabras pouco comúns cuxa grafía é similar á de outras moi coñecidas, e quérese evitar que o lector as interprete como erros. Por exemplo:

  • A venencia [sic] non é Venecia.

Pode levar unha aclaración extra ou unha corrección explicativa:

  • "O Congreso rexeitou os presupostos xerais do estado [sic, con inicial minúscula]"[3]

Ten un uso común en entrevistas de carácter médico ou legal, para citar ao entrevistado:

  • E termina dándolle os seus datos: "Creo que xa é todo, espero que che sirva. O outro cando chegue a casa direicho, aínda estou por Corea e chego o día 6 de setembro. De hematocrito xa che comentei que non baixo de 45..46-47, de hemoglobina 15,5-16...o outro xa mirarei en casa"(sic).[4]

Locucións latinas

Podemos atopar tamén este adverbio en varias locucións latinas. Exemplos:

  • Sic itur ad astra: "Así vaise ata as estrelas"
  • Sic luceat lux: "Así luzca a luz"
  • Sic semper tyrannis: "Así sempre aos tiranos"
  • Sic transit gloria mundi: "Así pasa a gloria do mundo".

Notas

  1. "Noticias de La Voz de Galicia" (en castelán).
  2. La Voz de Galicia (ed.). "As ermitas de Leiloio".
  3. "GaliciaConfidencial.com".
  4. "El País - Deportes" (en castelán).
16 de novembro

O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.

AP-9

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

A Corna, Piñor

Santa María do Desterro da Corna é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 107 habitantes (56 homes e 51 mulleres), 56 menos ca en 1999.

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847) aparece citada como "Destierro ó Corna" (sic). Por entón tiña 80 vivendas, con 400 habitantes.

A Vilavella, A Mezquita

Santa María da Cabeza da Vilavella é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 170 habitantes (91 homes e 79 mulleres), nove menos ca en 2007.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola autovía A-52, amais de pola liña ferroviaria Madrid-A Coruña. A Estación da Mezquita-A Vilavella prestou servizo ferroviario até 2013. Por aquí pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago.

No Diccionario de Madoz aparece citada como "Villavieja" (sic), e indícase que entón tiña 300 habitantes.

Cosmoloxía

A cosmoloxía (do grego κόσμος kósmos universo, e λόγος lógos coñecemento), é a rama da astronomía que estuda a orixe, estrutura e evolución do Universo a partir da aplicación de métodos científicos.

A cosmoloxía confúndese moitas veces coa astrofísica, que é a rama da astronomía que estuda a estrutura e as propiedades dos obxectos celestes e o universo como un todo a través da física teórica. A confusión ocorre porque ambas as dúas ciencias, nalgúns aspectos, seguen camiños paralelos e moitas veces considerados redundantes, aínda que non o sexan.

Diccionario enciclopédico galego universal

O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética, editada en galego, no ano 2003.

Espacio aberto

Espacio aberto[sic] foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.

Etcétera

Etcétera é unha locución latina que en galego significa “e o demais”. É unha tradución tomada do grego "καὶ τὰ ἕτερα" (kai ta hetera: e as outras cousas). A forma grega máis usada é "καὶ τὰ λοιπά" (kai ta loipa: “e o restante”). Utilízase para substituír o resto dunha enumeración. Esta locución abréviase coa forma “etc.” ou “&c.”, sendo o punto o final da oración se esta é a derradeira palabra. A palabra completa escríbese etcétera, aínda que tamén se acepta et caetera, et coetera ou et cœtera. Como xa inclúe a conxunción "e", non vai precedido dunha coma: No zoolóxico hai leóns, tigres, xirafas etc.

Eugenio Krapf

Eugenio Krapf, nado en Zürich, Suíza, e finado o 10 de abril de 1903 en Vigo, foi un impresor e libreiro.

Goiás, Lalín

San Miguel de Goiás é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 729 habitantes (365 mulleres e 364 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 806 habitantes.

Nesta parroquia existiu unha banda de música, a Banda de música de Goiás. Ademais, aquí naceron o historiador Xosé García Oro e o político Manuel Abeledo López.

Mar de Bering

O mar de Bering (Modelo:Lang-rus) é unha parte do océano Pacífico. Limita ao norte e ao leste con Alasca, ao oeste con Siberia en Rusia, e ao sur coa Península de Alasca e as Illas Aleutianas. O mar recibe o seu nome polo seu descubridor, o navegante danés Vitus Bering.

Mar de Noruega

O mar de Noruega (noruegués: Norskehavet) é un mar mar marxinal no océano Ártico, ao noroeste de Noruega entre o Mar do Norte e o Mar de Groenlandia, ao lado do Mar de Barents ao nordés. No suroeste, está separada do Océano Atlántico por unha crista submarina que circula entre Islandia e as Illas Feroe. Ao norte, a crista de Jan Mayen sepárao do mar de Groenlandia.

A diferenza doutros mares, a maior parte do fondo do mar noruegués non forma parte dunha plataforma continental e, polo tanto, sitúase a unha profundidade de aproximadamente dous quilómetros de media. Os ricos depósitos de petróleo e gas natural atópanse baixo o fondo do mar e están sendo explorados comercialmente nas áreas con profundidades marítimas de ata un quilómetro. As zonas costeiras son ricas en peixes que visitan o mar de Noruega desde o Atlántico norte ou desde o Mar de Barents (bacallau) para a desova. A corrente cálida do Atlántico Norte asegura temperaturas de auga relativamente estables e altas, polo que a diferenza dos mares do Ártico, o mar noruegués está libre de xeo durante todo o ano. Investigacións recentes concluíron que o gran volume de auga no mar de Noruega coa súa gran capacidade de absorción de calor é máis importante como fonte de invernos suaves de Noruega que a Corrente do Golfo e as súas extensións.As augas deste mar son moi frías e a miúdo son sucadas por icebergs.

Chega ata os 3.970m de profundidade.

María José Alonso

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, é unha farmacéutica, catedrática e académica galega especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

O Vicedo

O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.882 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vicedao ou vicedense.

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Ribeira

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Ribeira, Ribeira

Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2013 tiña 14.823 habitantes (7.433 mulleres e 7.390 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.

Scopus (base de datos)

Scopus é unha base de datos bibliográfica que contén resumos e citas de artigos de revistas académicas. Contén case 22.000 títulos dunhas 5.000 editoriais, das cales 20.000 son publicacións revisadas por pares dos campos científicos, técnicos, médicos e das ciencias sociais (incluíndo as artes e humanidades). O seu propietario é Elsevier e está dispoñible en liña por subscrición. As procuras que se fan en Scopus incorporan tamén procuras en bases de datos de patentes.Dado que Elsevier é o propietario de Scopus e é tamén unha das principais editoriais internacionais de revistas científicas, estableceuse unha Selección de Contido de Scopus international e independente e unha Xunta de Asesores (Advisory Board) para impedir posibles conflitos de intereses na elección das revistas que deberían incluírse na base de datos e para manter unha política de cobertura transparente e aberta, independente das editoriais. A xunta consta de científicos e bibliotecarios especializados.

Un estudo de 2006 que avaliaba a facilidade de uso e a cobertura de Scopus e da Web of Science (WOS), chegou á conclusión de que "Navegar por Scopus é doado, mesmo para o usuario novato. [...] A capacidade de buscar tanto cara adiante coma atrás a partir dunha determinada cita debería ser moi útil para o investigador. O aspecto multidisciplinario permite ao investigador facer facilmente procuras fóra da (sic) súa disciplina" e "Unha vantaxe de WOS sobre Scopus é a profundidade de cobertura, xa que a base de datos completa de WOS remóntase a 1945 e Scopus remóntase a 1966. Porén, Scopus e WOS compleméntanse entre si xa que ningunha procura o inclúe todo. [...]".Scopus tamén ofrece perfís do autor que inclúen afiliacións, número de publicacións e os seus datos bibliográficos, referencias, e detalles sobre o número de citas que tivo cada documento publicado. Ten características que dan avisos que permiten aos usuarios rexistrados rastrexar os cambios dun perfil e unha característica para calcular o índice h dos autores, que mide a produtividade e impacto das citas das publicacións dos autores.

Scopus pode ser integrado con ORCID.

Tiocianato

O tiocianato (tamén chamado sulfocianato, sulfocianuro ou rodanuro) é o anión [SCN]−. É a base conxugada do ácido tiociánico. Entre os seus derivados comúns están os sales incoloros tiocianato de potasio e tiocianato de sodio. Os compostos orgánicos que conteñen o grupo funcional SCN tamén se chaman tiocianatos. Antes utilizábase en pirotecnia o tiocianato de mercurio(II).

O tiocianato é análogo ao ión cianato, [OCN]−, no cal o oxíxeno se substituíu por xofre. O [SCN]− é un dos pseudohaluros, debido á similitude das súas reaccións coas dos ións haluro. O tiocianato coñecíase tamén como rodanuro (da palabra grega que significa rosa) debido á cor vermella dos complexos que forma co ferro. O tiocianato prodúcese por reacción de xofre elemental ou tiosulfato co cianuro:

8 CN− + S8 → 8 SCN−

CN− + S2O32− → SCN− + SO32−A segunda reacción é catalizada polo encima sulfotransferase coñecido como rodanese (sic) e pode ser importante para a detoxificación do cianuro no corpo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.