Shanghai

Coordenadas: 31°12′N 121°30′L / 31.200, -121.500

Shanghai
上海
Shanghai montage
Imaxes da cidade
Localización
China Shanghai
PaísFlag of the People's Republic of China.svg República Popular da China
División administrativa16 distritos, 1 condado
Vila210 vilas e subdistritos
Xeografía
Altitude4 msnm
Superficie6.340,5 km²
Demografía
Poboación23.710.000 hab. (2012)
Densidade3.700 hab/km²
Outros datos
Código postal200000–202100
AlcaldeYang Xiong
Páxina oficial de Shanghai
Shanghai the bund from Jin Mao
Vista do Bund dende a torre Jing Mao.

Shanghai, ás veces escrito como Xangai[1][2] (chinés:上海 Shànghǎi 'sobre o mar'), é a maior cidade da República Popular da China[3][4] e a maior cidade do mundo por poboación.[5] É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro,[6] e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.[7]. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do , a beira dun brazo deste, o río Huangpu.

Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.[8]

Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após da vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930.[9] Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara os países socialista, e influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping deviron nun intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.[10]

Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.[11][12]

Política

Administrativamente, o municipio de Shanghai é un dos catro na China que ten estatuto de provincia. É gobernada directamente dende o executivo estatal.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de Shanghai.

A historia de Shanghai pode ser trazada ata o século XI. Tornouse un centro económico importante en 1842, coa abertura do porto aos estranxeiros. Foi criada unha zona internacional que funcionou á parte do resto da cidade ata 1941, data da ocupación xaponesa.

A súa importancia comezou a mediados do dezanove, ao abrirse China ao comercio exterior a través do seu porto, elixido pola súa estratéxica posición no Mar do Leste de China cara ao Pacífico.

Galería de imaxes

PudongBW

Distrito de Pudong

Shanghai-NanjingRd01-l

Avenida de Nanjing, no distrito de Puxi

Shanghai á noite

Shanghai á noite

Cidades irmás

Shanghai está irmandada coas seguintes cidades:

Puntos de interese

  • O Bund
  • Museo de Shanghai
  • O Templo do Buda de xade
  • A torre Jin Mao
  • O Xardín Yuyuan
  • O Templo Jing’an

Notas

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016.
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
  3. Chan, Kam Wing (2007). "Misconceptions and Complexities in the Study of China's Cities: Definitions, Statistics, and Implications" (PDF). Eurasian Geography and Economics 48 (4). pp. 383–412. doi:10.2747/1538-7216.48.4.383. Consultado o 13 de setembro de 2011., p. 395.
  4. University of Southern California (ed.). "What are China's largest and richest cities?". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2013.
  5. Geohive (ed.). "Cities: largest (without surrounding suburban areas)". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2016. Consultado o 13 de setembro 2011.
  6. "The Competitive Position of London as a Global Financial Centre" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2013.
  7. "Top 50 World Container Ports".
  8. Shanghai Municipal Government (ed.). "Geographic Location". Basic Facts. Consultado o 14 de setembro de 2011.
  9. Scott Tong (outubro de 2009). Hong Kong Journal, ed. "Shanghai: Global financial center? Aspirations and reality, and implications for Hong Kong" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de maio de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2011.
  10. Shanghai.gov.cn, ed. (27 de maio de 1949). "Historic Transformation". Consultado o 11 de decembro de 2011.
  11. Hunt, Katie (21 de maio de 2008). BBC News, ed. "Shanghai: China's capitalist showpiece". Consultado o 7 de agosto de 2008.
  12. The Hindu Business Line, ed. (27 de xaneiro de 2003). "Of Shanghai... and Suzhou". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2005. Consultado o 20 de marzo de 2008.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Danielson, Eric N. (2010). Marshall Cavendish, ed. Discover Shanghai. Singapur.
  • Danielson, Eric N. (2004). Marshall Cavendish/Times Editions, ed. Shanghai and the Yangzi Delta. Singapur. ISBN 9812325972.
  • Elvin, Mark (1977). Stanford University Press, ed. "Market Towns and Waterways: The County of Shanghai from 1480 to 1910," in The City in Late Imperial China, ed. by G. William Skinner. Stanford.
  • Johnson, Linda Cooke (1995). Stanford University Press, ed. Shanghai: From Market Town to Treaty Port. Stanford.
  • Johnson, Linda Cooke (1993). State University of New York (SUNY), ed. Cities of Jiangnan in Late Imperial China. Albany. ISBN 0-7914-1424-8.
  • Horesh, Niv (2009). Yale University Press, ed. Shanghai's Bund and Beyond. New Haven.
  • Erh,Deke and Johnston, Tess (2007). Old China Hand Press, ed. Shanghai Art Deco. Hong Kong.

Ligazóns externas

Aeroporto Internacional de Pequín-Capital

O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Ven sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Chengdu-Shuangliu

O aeroporto de Chengdu-Shuangliu (IATA: CTU, OACI: ZUUU) é o principal aeroporto que serve a Chengdu, a capital da provincia chinesa de Sichuan. Está situado a uns 16 quilómetros ao suroeste do centro da cidade, ao norte do distrito de Shuangliu District. O aeroporto é un importante centro de conexións no oeste de China. É un dos dous principais centros de conexións para Air China, xunto con Pequín-Capital, ademais da sede de Sichuan Airlines e Chengdu Airlines. China Eastern Airlines, Shenzhen Airlines, Lucky Air e Tibet Airlines tamén teñen bases no aeroporto.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 46 039 037 pasaxeiros. Nese ano foi o 27º aeroporto máis concorrido do mundo e o 4º da China, ademais de ser o máis concorrido do oeste e centro do país.

Aeroporto de Chongqing-Jiangbei

O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste de China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.

O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.

En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.

Aeroporto de Haneda

O Aeroporto Internacional de Tokyo (東京国際空港 Tōkyō Kokusai Kūkō), comunmente coñecido como Aeroporto de Haneda (羽田空港 Haneda Kūkō) ou Aeroporto de Tokyo Haneda (IATA: HND, ICAO: RJTT), é un dos dous aeroportos principais que operan na Área do Gran Tokyo, e é a principal base das dous maiores aeroliñas domésticas xaponesas, Japan Airlines (Terminal 1) e All Nippon Airways (Terminal 2), ademais das low-cost Air Do, Skymark Airlines, Skynet Asia Airways e StarFlyer. Está situado en Ōta, Tokyo, a 14 quilómetros ao sur da Estación de Tokyo.

Haneda foi o principal aeroporto internacional de Tokyo ata 1978; dende ese ano ata 2010, Haneda operaba case todos os voos domésticos con saída e destino á cidade, mentres que o Aeroporto Internacional de Narita operaba a meirande parte dos voos internacionais. No ano 2010 inaugurouse unha terminal destinada a servizos internacionais Haneda xunto coa finalización dunha cuarta pista. Isto permitiu un enorme incremento de voos internacionais no aeroporto, que anteriormente só operaba servizos chárter a unhas poucas cidades do leste asiático. Na actualidade Haneda ten voos de longa distancia aos principais destinos de todo o mundo durante as primeiras horas da mañá e últimas da noite, e comezara a ofrecelos durante o día a partir de principios de 2014.

Aeroporto de Hong Kong

O aeroporto internacional de Hong Kong (IATA: HKG, ICAO: VHHH) é o principal aeroporto de Hong Kong. Está situado na illa de Chek Lap Kok, que en gran parte está formada por terras gañadas ao mar para a construción das súas instalacións. O aeroporto tamén é coloquialmente coñecido como aeroporto de Chek Lap Kok(赤鱲角機場), para distinguilo do seu predecesor, o pechado aeroporto Kai Tak.

O aeroporto ven sendo usado dende o ano 1998, substituíndo ao de Kai Tak. É un importante centro rexional de transbordo, centro de conexión para pasaxeiros e unha porta de entrada para destinos no interior de China e o resto de Asia. O aeroporto é o máis concorrido do mundo en termos de carga e un dos maiores en termos de pasaxeiros. O aeroporto ten unha das terminais de pasaxeiros máis grandes do mundo (a máis grande cando se inaugurou en 1998).

O aeroporto está operado por Airport Authority Hong Kong e é o principal centro de conexións para Cathay Pacific (a aeroliña nacional de Hong Kong), Cathay Dragon, Hong Kong Airlines, Hong Kong Express Airways e Air Hong Kong. É un dos centros de conexións para a alianza de aeroliñas Oneworld, e tamén un dos centros de conexión da zona Asia-Pacífico para UPS Airlines. É unha cidade focal para moitas aeroliñas como China Airlines e China Eastern Airlines. Singapore Airlines, Ethiopian Airlines e Air India utilizan Hong Kong como escala para algúns dos seus voos.

HKIA contrinue de forma importante á economía de Hong Kong, proporcionando uns 65 000 empregos á cidade. Máis de 100 aeroliñas operan no aeroporto, voando a unhas 180 cidades de todo o mundo. No ano 2016 polas súas instalacións pasaron 70,5 millóns de pasaxeiros, sendo o oitavo aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. No ano 2010 superou ao aeroporto de Memphis, converténdose no aeroporto máis concorrido do mundo en termos de carga.

Aeroporto de Shanghai-Pudong

O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire de China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroporto de Xi'an-Xianyang

O aeroporto internacional de Xi'an-Xianyang (IATA: XIY, OACI: ZLXY) é o principal aeroporto que serve a Xi'an, a capital da provincia chinesa de Shaanxi, ademais de a toda a área de Guanzhong. É o aeroporto máis grande do noroeste de China e o segundo máis grande do norte do país. Foi o centro de conexións para China Northwest Airlines ata que a aeroliña se fusionou con China Eastern Airlines en 2002. A aeroporto de Xi'an tamén é centro de conexións para Joy Air e unha cidade focal para Hainan Airlines.

Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol

O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

Aeroporto internacional de Incheon

O aeroporto internacional de Incheon (IATA: ICN, OACI: RKSI), tamén coñecido como aeroporto internacional de Seúl-Incheon, é o aeroporto máis grande de Corea do Sur e un dos máis concorridos do mundo. Dende o ano 2005 vén sendo considerado o mellor aeroporto do mundo por Airports Council International. Tamén foi elixido o aeroporto máis limpo e o que ten o mellor tránsito internacional do mundo por Skytrax.O aeroporto ten campo de golf, spa, habitacións de descanso privadas, unha pista de patinaxe sobre xeo, un casino, xardíns interiores e un museo sobre a cultura coreana. As autoridades do aeroporto afirman que de media as chegadas e saídas duran 19 e 12 minutos, respectivamente, en comparación coa media mundial de 60 e 45 minutos, converténdoo nun dos aeroportos máis rápidos do mundo á hora de operar.O aeroporto inaugurouse o 29 de marzo de 2001 para substituír ao antigo aeroporto internacional de Gimpo que a día de hoxe opera principalmente voos domésticos e voos de enlace ás principais cidades da zona, como Toquio, Osaca, Pequín, Shanghai e Taipei.

Está situado ao oeste do centro de Incheon, nunha área creada artificialmente entre as illas de Yeongjong e Yongyu. As dúas illas estaba orixinalmente separadas por mar pouco profundo.

Aeroporto internacional de Narita

O aeroporto internacional de Narita (IATA: NRT, OACI: RJAA), tamén coñecido como aeroporto de Toquio-Narita e orixinalmente coñecido como novo aerioirto internacional de Toquio, é un aeroporto que serve á área do Gran Toquio no Xapón. Está situado a uns 60 quilómetros ao leste do centro de Toquio, na prefectura de Chiba, entre as cidades de Narita e Shibayama.

Narita é o principal aeroporto internacional do país, pasando por el ao redor do 50% dos seus pasaxeiros internacionais e un 60% da carga internacional. Narita é o segundo aeroporto máis concorrido do Xapón, despois do aeroporto de Haneda, e é o décimo máis concorrido do mundo en termos de carga.

Narita é o principal centro de conexións internacional para Japan Airlines, All Nippon Airways e Nippon Cargo Airlines, e un centro de conexións para as aeroliñas de baixo custo Jetstar Japan, Peach e Vanilla Air. Tamén serve como centro de conexións asiático para Delta Air Lines e United Airlines.

Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan

O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles. Nel están os principais centros de conexión internacionis de China Airlines e EVA Air.

O aeroporto abríu para operacións comerciais en 1979 e é un importante centro de conexión de pasaxeiros e punto de entrada a destinos asiáticos da rexión. O eroporto foi antigamente coñecido como Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek ata que o nome foi cambiado o día 6 de setembro de 2006 para o actual.O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan é un dos dous aeroportos que serven a Taipei e ao norte de Taiwán; o outro, o aeroporto de Taipei Songshan, está situado dentro dos límites da cidade de Taipei e funcionou como aeroporto internacional da cidade ata 1979. No presente dende Songshan só hai principalmente voos chárter, moitos dos cales son cara e dende China, voos domésticos, e algúns voos internacionais cara distintos lugares de China, Seúl e Toquio.

En 2016 por Taiwán Taoyuan pasaron 38,6 millóns de pasaxeiros e 1 900 millóns de quilos de carga. ion passengers and 1.9 billion kg of freight. O aeroporto é o 11º máis concorrido do mundo en termos de pasaxeiros internacionais, e o 6º en termos de tráfico de mercadorías en 2015.

Charles K. Kao

Sir Charles Kuen Kao, KBE, nado en Shanghai o 4 de novembro de 1933, é un profesor e investigador estadounidense de orixe chinesa.

China Eastern Airlines

China Eastern Airlines Corporation Limited (chinés simplificado: 中国东方航空公司; chinés tradicional: 中國東方航空公司, coloquialmente coñecida como 东航/東航) é unha aeroliña baseada no China Eastern Airlines Building, nos sotos do aeroporto Internacional Hongqiao en Shanghai, China. É unha gran aeroliña chinesa que opera voos internacionais, domésticos e rexionais. Os seus principais centros de operacións son o aeroporto Internacional Pudong e o aeroporto Internacional Hongqiao, ámbolos dous en Shanghai, e ten centros secundarios no aeroporto Internacional de Kunming Changshui e no aeroporto Internacional Xianyang. China Eastern Airlines é a segunda aeroliña chinesa en número de pasaxeiros. A compañía e a súa subsidiaria Shanghai Airlines convertéronse no 14º membro da alianza SkyTeam o 21 de xuño de 2011. No ano 2012 China Eastern Airlines transportou 73,08 millóns de pasaxeiros cunha media de ocupación do 73%.

Circuíto Internacional de Xangai

O Circuíto Internacional de Xangai (Lingua chinesa simplificada 上海国际赛车场 tradicional 上海國際賽車場) é un autódromo situado en Xangai, China construídos nos anos 2000 para albergar o Gran Premio de China de Fórmula 1. Localizado nas proximidades de Xangai, en China, albergou o primeiro Gran Premio de China o 26 de setembro de 2004.

Neste circuíto terminou o campionato de Fórmula 1 de 2005.

Tamén é unha cita para a tempada de MotoGP desde o ano 2005

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Shanghai Airlines

Shanghai Airlines (chinés: 上海航空公司; pinyin: Shànghǎi Hángkōng GōngSī; shanghainés: Zånhae Onkoen Gungseh) é unha aeroliña chinesa con sede en Shanghai. É unha subsidiaria de China Eastern Airlines, pero as súas operacións permaneceron separadas tras a súa fusión, mantendo distintas marcas e libreas. Shanghai Airlines opera servizos domésticos e internacionais. As súas bases son aeroporto de Shanghai-Pudong e o aeroporto de Shanghai-Hongqiao. A aeroliña é un membro afiliado da alianza SkyTeam xunto coa súa compañía nai.

Tsung-Dao Lee

Tsung-Dao Le (en mandarín: 李政道, nado en Xangai, China en 1926, é un físico norteamericano de orixe chinés galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1957.

Universidade de Nova York

A Universidade de Nova York (en inglés: New York University) (NYU) é unha universidade privada de investigación que se atopa en Nova York. Fundada en 1831, a NYU é unha das meirandes institucións sen ánimo de lucro de ensino superior nos Estados Unidos. As clasificacións de universidades recollidas por U.S. News and World Report, Times Higher Education e o Academic Ranking of World Universities sitúan áUniversidade de Nova York no top 34 das universidades de todo o mundo. A universidade está organizada en máis de 20 colexios e institutos, que se atopan en seis centros de Manhattan e Downtown Brooklyn. O campus principal está en Greenwich Village, en Lower Manhattan con institutos e centros no Upper East Side, edificios académicos en Wall Street, e o campus de Brooklyn en MetroTech Center do Downtown Brooklyn. A Universidade tamén estabeleceu a NYU Abu Dhabi, a NYU Shanghai e mantén outros 11 Centros Académicos Globais en Accra, Berlín, Buenos Aires, Florencia, Londres, Madrid, París, Praga, Sidney, Tel Aviv e Washington, D.C.

Provincias
Rexións autónomas
Municipios
Rexións administrativas especiais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.