Shabat

Shabat (en hebreo: שבת "descanso"), é o sétimo día da semana xudía, e debe ser celebrado, segundo as prescricións da Torá, en primeiro lugar mediante a abstención de calquera clase de traballo. O Shabat comeza o venres co solpor e remata despois do anoitecer o sábado. O Shabat é no ethos xudeu un sinal da relación entre Deus e o pobo xudeu. A celebración do Shabat está prescrita entre os Dez Mandamentos recibidos por Moisés.

Nos Dez Mandamentos di: Éxodo 20:8:

[1]

Na versión dos Dez Mandamentos de Deuteronomio 5:12-15 a palabra zakhor (pensa, lembra) substitúese por shamor (reserva, observa). De aquí apréndense os dous principais elementos da observancia do Shabat: recordalo e honralo por medio de rituais e cousas pracenteiras, e coidalo por medio da abstención dos traballos prohibidos nel.

Actividades prohibidas

O Talmud, no tratado Shabat, capítulo 7, mishná 2, trae unha lista das 39 categorías de actividades prohibidas en Shabat. Estas derívanse dos diferentes tipos de traballo que eran necesarios para construír o Tabernáculo, e que se coñecen en conxunto como avot melakha. Estas son:

  • Sementar.
  • Arar.
  • Apañar.
  • Reunir a colleita.
  • Mallar.
  • Debullar.
  • Seleccionar.
  • Moer.
  • Peneirar.
  • Amasar.
  • Enfornar.
  • Rapar la.
  • Lavar la.
  • Bater la.
  • Pintar la.
  • Fiar la.
  • Tecer.
  • Facer dous lazos.
  • Unir dous fíos.
  • Separar dous fíos.
  • Amarrar.
  • Desamarrar.
  • Coser.
  • Romper.
  • Atrapar un animal.
  • Matar un animal.
  • Esfolar un animal.
  • Curtir peles.
  • Raspar peles.
  • Marcar peles.
  • Moldear peles.
  • Escribir dúas ou máis letras.
  • Borrar dúas ou máis letras.
  • Construír.
  • Demoler.
  • Apagar lume.
  • Prender lume.
  • Tocar un instrumento musical.
  • Rematar a preparación dun utensilio novo.
  • Transportar un obxecto de áreas públicas a áreas privadas e viceversa ou cargar catro cóbadoss ou máis nunha área pública.

Destas categorías principais (Avot) derívanse outras actividades similares (toldot), por exemplo dentro da categoría de "enfornar" derívanse prohibicións de cociñar, fritir etc. Á parte das actividades prohibidas pola Torá, existen algunhas prohibicións de orixe rabínico, como utilizar ou mover un obxecto que se usa para traballos prohibidos, ao que se lle chama muktze; e pedir a unha persoa non xudía que faga un traballo prohibido dentro de certas circunstancias.

Honrar o Shabat

Hai varias formas nas cales se honra o Shabat. Unha delas é consagralo ao seu principio e o seu final. Estas cerimonias son o Kidush da noite do venres e a Havdalá da noite do sábado.

O Kidush lévase a cabo recitando un texto bíblico e unha bendición sobre unha copa de viño, seguido da bendición do pan. Esta práctica esténdese tamén á mañá do sábado.

A Havdalá recítase despois de rematar o Shabat o sábado pola noite. Tamén se recita sobre viño, e bendinse especias (comunmente canela ou cravo) así como unha candea. Unha vez rematada a havdalá non se procede coa bendición do pan, pois non necesita dicirse ao principio dunha comida.

Outro mandamento, de carácter rabínico, para honrar a festividade é o aceso das candeas antes de iniciar o Shabat, o venres pola tarde. Este mandamento foi feito preferentemente para a muller, aínda que en caso de non haber ningunha muller na casa pode ser levado a cabo por un home. Abonda con prender un minimo de dúas candeas as, aínda que se chegan a prender máis segundo diferentes costumes.

Outras formas nas que se honra o Shabat é comendo e vestindo dun xeito agradable. adóitase comer peixe así como carne nas comidas de Shabat, e comida quente (que se deixou quentando dende antes de Shabat, segundo as leis apropiadas). Acostúmase a comer tres comidas en Shabat (a diferenza do costume de comer dúas comidas ao día na antigüidade). Para cumprir con este precepto faise un xantar lixeiro chamado seuda shelishit(terceira comida) en hebreo ou ben shalosh seudos en idish. Nas comidas de Shabat adóitase a cantar cancións tradicionais chamadas zemirot, así como melodías xasídicas.

Ese día debe vestirse roupa limpa, e antigamente adoitábase a empregar pezas brancas, aínda que hoxe en día isto é inusual. Os xasidís homes visten de xeito especial, cun sombreiro de pel chamado shtraimel e un saco longo de seda chamado bekishe. Nalgunhas outras comunidades úsase vestimenta formal.

Nos xudaísmos conservador e reformista

En teoría, o xudaísmo conservador difire moi pouco do ortodoxo no que refire á observancia do Shabat. Por moitos anos, o movemento conservador permitiu, a diferenza da ortodoxia, viaxar en automóbil para se trasladaren á sinagoga cando a distancia sexa demasiado grande coma para ir andando, aínda que esta postura xa foi retractada. O xudaísmo conservador, a diferenza dos ortodoxos, permite o uso de luz eléctrica argumentado que non involucra lume, o que si ten certo precedente na Xalaxá (Halajá, no termo habitual). Á súa vez, o movemento reformista recoñece a observancia do Shabat do ortodoxo, só que opina que cada individuo pode dicir se seguilos ou non.

Importancia do Shabat

A práctica do Shabat é unha dos máis representativos costumes xudías. O Shabat, lonxe de ser só un día dedicado ao rezo, é un día de descanso e, potencialmente, de enriquecemento espiritual. O famoso escritor polaco Ajad Ha 'am dixo:

Co correr do tempo, a práctica e conservación do Shabat fíxose o símbolo para o coidado dos preceptos do xudaísmo. Durante a longa historia do pobo xudeu, os xudeus resaltaron o coidado do Shabat. Aínda así o Shabat pódese violar para salvar a vida, polo que algunhas accións normalmente prohibidas permítense ao persoal médico, servizos de seguridade e en ocasión dunha emerxencia.

O Shabat no mundo non xudeu

Tomando como base o xudaísmo, aceptouse a idea dun día de descanso semanal e observancia relixiosa nas outras relixións monoteístas, aínda que sexa o domingo no caso de Cristianismo ou o venres no caso do Islam. Aínda que manteñen certa similitude o Sabbath cristián e o Shabat xudeu non é correcto pensar que son o mesmo. En galego, Shabat pode entenderse como o día sábado, pero só con fins de tradución literal, non no contexto relixioso. Non obstante, para os Adventistas do Sétimo Día o sábado non deixou de ser o "Día de Repouso"

Nota

  1. A Biblia. SEPT: Vigo, 1992

Véxase tamén

Outros artigos

  • Ner Tamid (Comunidade que celebra o Shabat en Galicia)

Ligazóns externas

A Última Cea

Na fe cristiá, A Última Cea foi a última ocasión na que Xesús de Nazaret se reuniu cos seus apóstolos para compartir o pan e o viño antes da súa morte.

Considérase, para a Igrexa católica, que é o momento en que se institúe a eucaristía.

A Última Cea, foi o tema de numerosas pinturas, sendo quizais a obra de Leonardo da Vinci máis coñecida de todas.

Calendario hebreo

O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.

A forma "moderna" é o chamado calendario lunisolar, semellante ao calendario chinés, que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do calendario islámico puramente lunar e do calendario gregoriano case enteiramente solar. Pola diferenza de 11 días entre doce meses lunares e un ano solar, o calendario repítese nun ciclo de 19 anos de 235 meses lunares, cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do Mar Mediterráneo, as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do hemisferio norte.

Carne

Desde un punto de vista técnico, o Codex Alimentarius da FAO define á carne como "todas as partes dun animal que se ditaminaron como inocuas e aptas para o consumo humano ou que se destinan para este fin". A carne componse de auga, proteínas e aminoácidos, minerais, graxas e ácidos graxos, vitaminas e outros compoñentes bioactivos, así como pequenas cantidades de carbohidratos. Desde o punto de vista nutricional, a importancia da carne deriva das súas proteínas de alta calidade, que conteñen todos os aminoácidos esenciais, así como dos seus minerais e vitaminas de elevada biodispoñibilidade. A carne é rica en vitamina B12 e ferro.Porén, tradicional, popular e institucionalmente,

a carne é o tecido animal, principalmente muscular, que se consome como alimento. Trátase dunha clasificación coloquial e comercial que só se aplica a animais terrestres, normalmente vertebrados: mamíferos, aves e réptiles). Tradicionalmente, e até a segunda metade do século XVIII, os cetáceos, mamíferos mariños, con varia especies comestíbeis polos humanos, considerábanse científica e popularmente como peixes;

a pesar de poder aplicarse a definición da FAO aos animais mariños non mamíferos, estes entran na categoría de peixes. Os crustáceos, moluscos e outros grupos que comprenden especies comstíbeis (como algúns equinodermos), adoitan recibir o nome de mariscos.Por outra parte, convén clarificar o concepto de vianda. Derivado do francés viande, que significa 'carne', este termo ten un significado máis amplo que carne, e designa, en galego a calquera comida utilizada polo ser humano, e mesmo a destinada aos animais. En plural, designa o conxunto dos diferentes pratos que se serven á mesa. Finalmente, moitos técnicos en alimentación denominan vianda á parte comestíbel dun animal (por exemplo, á dun molusco bivalvo sen a cuncha. En calquera caso, é un erro considerar vianda e carne como sinónimos.

Desde o punto de vista nutricional a carne é unha fonte habitual de proteínas, graxas e minerais na dieta humana. De todos os alimentos que se obteñen dos animais e plantas, a carne é o que maior valoración e apreciación alcanza nos mercados e, paradoxalmente, tamén é un dos alimentos máis evitados e que máis polémicas suscita. Os animais que se alimentan exclusivamente de carne chámanse carnívoros; pola contra, os animais que non comen carne e aliméntanse de plantas son herbívoros. As plantas que se alimentan de animais e insectos chámanse igualmente carnívoras (a pesar da súa entomofaxia). Os que comen carne de presas matadas por eles mesmos denomínanse depredadores e os que a obteñen de animais xa mortos denomínanse preeiros.

A maior parte do consumo de carne dos seres humanos provén de mamíferos, aínda que apenas nos alimentamos dunha pequena cantidade das 3.000 especies que existen. Consumimos sobre todo carne de animais ungulados, domesticados para provernos de alimento. As especies de abasto básicas para o consumo son o gando ovino, bovino, porcino e as aves de curral, mentres que as especies complementarias son o gando caprino, equino e a caza (maior e menor). A industria cárnica é a industria de alimentación que maior volume de vendas move. O consumo de carne está crecendo de forma global en consonancia co incremento da poboación mundial, sendo os países en vías de desenvolvemento os que posúen un maior cociente de crecemento, o que implica que nuns anos se necesitarán solucións para satisfacer a crecente demanda deste alimento.

Enterro

Enterro defínese como a acción de enterrar un cadáver. En consecuencia, calquera outro destino que se dea aos cadáveres (sepulcro, nicho ou cremación) non entrará dentro do concepto estrito de enterro.

Eurocopa de Fútbol ConIFA 2019

A Eurocopa de Fútbol ConIFA 2019 é a terceiro edición da Eurocopa de Fútbol ConIFA, un torneo de fútbol de estados, minorías e rexións non afiliados á FIFA organizado pola ConIFA.

Festival da Canción de Sanremo

O Festival da Canción de San Remo (en italiano: Festival della canzone italiana ou Festival di Sanremo) é un certame musical anualmente organizado en San Remo (Liguria, Italia) desde o seu inicio, ocorrido o 29 de xaneiro de 1951.

Co paso dos anos, cambiou a miúdo a súa fórmula, pero basicamente trátase dunha competición na que algúns intérpretes de cancións orixinais, compostas por autores italianos, reciben votos por parte do xurado ou do público. É o festival da canción máis famoso de Italia e converteuse nun dos principais eventos dos medios da televisión italiana, que produce debates e polémicas en todas as súas edicións.

O festival levouse a cabo no Teatro Ariston a partir de 1977 —orixinalmente a sede era o Casino de Sanremo (1951-1976)—, normalmente entre finais de febreiro e comezos de marzo. O Festival da Canción San Remo foi transmitido por primeira vez en Rai 1 en 1955, transmitido en branco e negro até 1972 e desde 1973 en cor.

Guerra árabe-israelí de 1948

A guerra árabe-israelí de 1948, tamén coñecida polos israelís como guerra da Independencia (en hebreo, מלחמת העצמאות) ou guerra de Liberación (en hebreo, מלחמת השחרור), foi o primeiro dunha serie de conflitos armados que enfrontou o Estado de Israel e os seus veciños árabes, no que se coñece globalmente como o conflito árabe-israelí. Para os árabes palestinos, esta guerra marcou o comezo do que eles denominan Nakba (en árabe النكبة, "catástrofe").

As Nacións Unidas acordaron a partición do Mandato británico de Palestina en dous estados: un árabe e outro xudeu, resolución aceptada polos dirixentes xudeus e rexeitada polos árabes.

Dito mandato expiraba o 15 de maio de 1948. Seis horas antes (para non coincidir co shabat), durante a tarde do 14 de maio, foi proclamada por David Ben-Gurion a independencia de Israel en Tel Aviv, recoñecida rapidamente por Estados Unidos, a Unión Soviética e moitos outros países. O mesmo día da retirada británica da rexión, tropas libanesas, sirias, iraquís, exipcias e transxordanas, apoiadas por voluntarios libios, sauditas e iemenís, comezaron a invasión do recentemente proclamado Estado xudeu.

Israel

O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo.Despois dunha resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 29 de novembro de 1947, recomendando a adhesión e introdución do Plan de Partición de Palestina para substituír o Mandato Británico, o 14 maio de 1948, David Ben-Gurion, o xefe-executivo da Organización Sionista Mundial e presidente da Axencia Xudaica para Palestina, declarou o estabelecemento dun Estado Xudeu en Eretz Israel, a ser coñecido como o Estado de Israel, unha entidade independente do control británico. As nacións árabes veciñas invadiron o recentemente creado país ao día seguinte, en apoio aos árabes palestinos. Israel, dende aquela, levou a cabo varias guerras cos Estados árabes circundantes, no transcurso das cales ocupou os territorios de Cisxordania, península do Sinaí, faixa de Gaza e altos do Golán. Partes desas áreas ocupadas, incluíndo Xerusalén Oriental, foron anexionadas por Israel, mais a fronteira coa veciña Cisxordania aínda non foi definida de forma permanente. Israel asinou tratados de paz con Exipto e Xordania, porén os esforzos para solucionar o conflito israelí-palestino ata agora non deron como resultado a paz.

O centro financeiro de Israel é Tel Aviv, mentres que Xerusalén é a cidade máis populosa do país e súa capital (aínda que non sexa recoñecida como tal pola comunidade internacional). A poboación israelí, conforme o definido pola Oficina Central de Estatísticas de Israel, foi estimada en 2017 en 8.758.600 habitantes, dos cales un 74.8% eran xudeus. Os árabes constitúen a segunda maior etnia do país, cun 20.8% de habitantes, incluíndo aos árabes de Xerusalén Leste. A gran maioría dos árabes israelís son musulmáns sunnitas, incluíndo un número significativo de beduínos do Negev semi-sedentarios, o resto son cristiáns e drusos. Outras minorías inclúen varias denominacións étnicas e etno-relixiosas, como os circasianos, samaritanos e maronitas, entre outros.

Israel é unha democracia representativa cun sistema parlamentario, representación proporcional e sufraxio universal. O primeiro ministro serve como xefe de goberno e o Knesset como o corpo lexislativo unicameral do país. Israel ten unha das máis altas expectativas de vida do mundo e é considerado un país desenvolvido, sendo membro da OCDE e da ONU. O seu produto interno bruto (PIB) nominal foi o 37º maior do mundo en 2014, mentres que o país ten o nivel de vida máis alto de Oriente Medio. No entanto, organizacións como Amnistía Internacional e Human Rights Watch teñen sido críticas coas políticas de Israel en relación aos palestinos, mentres que o goberno dos Estados Unidos e algúns países de Europa, como o Reino Unido e Alemaña, xeralmente apoian a Israel bélica e financeiramente.

Kipá

A kipá (hebreo כִּפָּה, "cúpula, parte superior", plural kipot; tamén coñecida polo seu nome yídish, yarmulke) é unha pequena gorra ritual empregada para cubrir parcialmente a cabeza, usada tradicionalmente polos homes xudeus, e últimamente aceptada tamén polas correntes non ortodoxas para uso feminino.

Menorá

A menorá (/məˈnɔːrə/; hebreo: מְנוֹרָה) descríbese na Biblia como un candelabro hebreo de sete brazos feito de ouro, que estaba situado no Tabernáculo e no Templo de Xerusalén. No Templo, expresa a Biblia, diante do Santo dos Santos había un candelabro de ouro puro, labrado con mazo que tiña sete brazos, en cada un dos cales ardía unha lámpada ou luminaria.

Ner Tamid

Ner Tamid (Luz Perpetua en hebreo) é o nome dunha comunidade xudía galega, radicada na cidade da Coruña, a primeira que se formou en Galicia dende o Edicto de expulsión dos Reis Católicos do 1492, exactamente 515 anos despois . A comunidade formouse no verán do 2007, a partir dun grupo informal que se xuntaba para estudar e comentar a Torá, así coma para celebrar o Shabat e outras festas xudías.

A Comunidade actualmente está integrada por medio cento de familias de toda Galicia. Os seus membros son tanto xudeus de orixe asquenací e sefardí coma conversos. En canto ás tendencias, malia a súa adscrición ao xudaísmo reformista, os seus membros son de calquera tendencia, coma a ortodoxa, a masortí, ou a reformista.

Relixión en Israel

A situación da relixión en Israel é singular xa que trátase do único país do mundo onde a maior parte da poboación profesa a relixión xudía. O cristianismo e o islam contan tamén cunha importante presenza de fieis entre a cidadanía israelí. Ademais, existen tamén outras minorías relixiosas como os drusos e os bahaístas. Israel concentra numerosos lugares sacros das tres grandes relixións monoteístas e recoñece a liberdade relixiosa, permitindo aos peregrinos de todo o mundo o libre acceso aos lugares santos.[Cómpre referencia]

De acordo coa Oficina Central de Estatísticas de Israel (2005) o 76,1% da poboación é xudía, o 16,2% musulmá, o 2,1% cristiá e o 1,9% drusa, ao que cómpre engadir un 3,9% da poboación que non se clasifica en ningunha relixión.Os árabes israelís, segundo a Oficina Central de Estatísticas (2005), están compostos por un 82,7% de musulmáns, un 8,4% de drusos e un 8,3% de cristiáns.Israel ten unha das maiores poboacións de budistas do Oriente Medio, con arredor de 32.000 persoas maiormente seguidores do lamaísmo.

Salmos

Salmos (do grego: Psalmoi) (significaba orixinariamente "canción acompañada de arpa", de psallein "tocar un instrumento de corda", Ψαλμοί; hebreo: Teghilim, תהילים, ou "loubanzas") é un libro da Biblia hebrea ou Antigo Testamento, designa un poema cantado ao son dun instrumento musical tiñan como finalidade a oración e as celebracións do Templo de Xerusalén e doutros lugares de culto.

Na Biblia hebrea, os Salmos cóntanse entre as "Escrituras" ou Quetuvim (unha das tres seccións principais nas que se agrupan os libros).

O libro dos Salmos, especialmente se está impreso de forma separada e feito para o canto, tamén é chamado Salterio.

Shalom

Shalom (en lingua hebraica שָׁלוֹם, xeralmente traducido como paz) significa paz entre dúas entidades (xeralmente dúas nacións) ou a paz interior dun individuo. Tamén é utilizada como cumprimento dentro da comunidade xudía, á semellanza do salaam árabe.

Shalom aleikhem

Shalom aleikhem ou shalom aleichem (do hebraico שלום עליכם) é unha expresión de cumprimento en hebraico que significa "A paz sobre vós", ao que se responde "Aleikhem shalom".

Este cumprimento é común no Oriente Medio, e é cognato do árabe assalamu alaikum. O cumprimento é empregado no plural, mesmo cando se refire á un único individuo, o que de acordo coa visión relixiosa pode ser interpretado como un cumprimento "ao corpo e á alma do individuo" .

Sinagoga

A sinagoga (do grego συναγωγή, transliterado synagogē, "asemblea"; en hebreo בית כנסת beit knesset, "casa da asemblea"; en yiddish שול, shul; en ladino אסנוגה, esnoga) é a casa de oración dos practicantes do xudaísmo.

O termo hebreo Beit Knesset - בית כנסת ("Casa da asemblea"), non debe confundirse co Knesset, o parlamento israelí. Algunhas congregacións empregan o termo Beit Tefila - בית תפילה ("Casa da oración").

Moitos xudeus ortodoxos e conservadores dos países de lingua inglesa empregan o termo yiddish "shul." O emprego do termo "sinagoga" resérvase para ocasións formais. Os xudeus sefardís chaman á sinagoga "Esnoga". As congregacións reformistas e conservadoras dos Estados Unidos adoitan empregar o termo "templo."

As sinagogas adoitan posuír un vestíbulo para a oración (o santuario), pequenos cuartos de estudo, e ás veces un cuarto social e algunhas oficinas. Algunhas sinagogas posúen un cuarto especial para o estudo da Torah, chamado a Beit midrash - בית מדרש ("Casa do estudo").

Terra Santa

A Terra Santa (hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh, latín: Terra Sancta; árabe: الأرض المقدسة Al-Arḍ Al-Muqaddasah) é unha área aproximadamente localizada entre o río Xordán e o mar mediterráneo, mais tamén inclúe a beira oriental do río Xordán. Historicamente, é sinónimo tanto da Terra de Israel como de Palestina, e actualmente son parte dela o Estado de Israel, os Territorios Palestinos, a República do Líbano, a República Árabe de Siria e o Reino Haxemita de Xordania. É considerada santa polos xudeus, os cristiáns e os musulmáns.

Parte da relevancia desta terra ten as súas raíces na importancia relixiosa de Xerusalén, a cidade máis santa do xudaísmo, a rexión histórica do ministerio de Xesús, e no islam o lugar onde aconteceu o mi'raj (ascenso de Mahoma os ceos) e onde está o Monte Nebo, onde Moisés presumiblemente morreu. A suposta santidade da terra foi un dos motivos polos que os cristiáns europeos tentaron gañarlla aos musulmáns turcos selxúcidas durante as Cruzadas. Os turcos tomaron Terra Santa despois de derrotar os musulmáns árabes, que á súa vez conquistaran a rexión do Imperio Bizantino cristián.

Moitos lugares de Terra Santa durante longo tempo foron destino de peregrinación para os fieis das relixións abrahamicas, incluíndo xudeus, cristiáns, musulmáns, e bahá'ís. Os peregrinos visitan Terra Santa para tocar e ver manifestacións físicas da súa fe, confirmar as súas crenzas nun contexto santo e nun marco de emoción colectiva e conectarse persoalmente coa Terra Santa.

Wihtred de Kent

Wihtred, nado en 670 e finado o 23 de abril de 725, foi rei de Kent desde ao redor do ano 690 ou 691 até a súa morte. Era fillo de Ecgberht I e irmán de Eadric.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.