Sexenio Democrático

Coñécese como Sexenio Democrático (ou Revolucionario) ao período da Historia de España transcorrido dende o triunfo da Revolución de 1868 até o pronunciamento de decembro de 1874 que supuxo o inicio da Restauración Borbónica. Para algúns autores, esta etapa representa un dos momentos de maior esplendor e progreso cultural do século XIX[1].

Na actividade política destes anos diferéncianse catro bloques políticos (unionistas, progresistas, demócratas e republicanos),

O proceso político dos seis anos de crise revolucionaria pódese dividir en tres etapas:

Despois destas etapas a situación política desembocaría na Restauración Borbónica.

Caricatura do Sexenio Democrático-La Madeja
Caricatura do Sexenio Democrático, publicada no nº 9 da revista "La Madeja" (que substituía a La Flaca), o 14 de marzo de 1875

Revolución de 1868

Artigos principais: Revolución de 1868 e Goberno Provisional de 1868-1871.

Causas da revolución. Nesta época, España vive unha crise económica e política nos últimos anos do período isabelino. As graves crises económica, financeira, agraria e industrial de 1866, súmaselle a grave deterioración do sistema político.

a) Crise financeira esta crise xorde cando a baixa rendibilidade do ferrocarril provoca a bancarrota de moitos bancos e empresas. Por outra parte o endebedamento do estado obrigou a aumentar a presión fiscal.
b) Crise agraria a seca e as nefastas colleitas provocan a falta de alimento entre a poboación.
c) Crise industrial o afundimento da industria téxtil de Cataluña foi dado pola subida do prezo do algodón de Estados Unidos que se atopaba inmersa na Guerra de Secesión (1861-1865). Tamén influíu o descenso da demanda téxtil.
d) Crise política ben dada pola deterioración do sistema político isabelino, que se debe a uns gobernos en mans de políticos moderados, acusados de corrupción, despotismo e inmoralidade. Foron incapaces de solucionar os problemas de España e aceptar a alternativa ao poder dos progresistas.

Na crise tamén influíu a impopularidade da raíña Isabel II de España que se rodeaba por personaxes pintorescos (o seu confesor o pai Claret, sor Patrocinio, monxa milagreira con chagas ou estigmas, e amigos do rei consorte Francisco de Asís de Borbón.

Dende 1866 os progresistas e a maioría dos moderados formaron o Pacto de Ostende contra a raíña Isabel. A estes políticos uníronse os demócratas e os unionistas (encabezados por Serrano tras a morte de O'Donnell).

Con esta situación estalou a revolución de 1868 ou A Gloriosa, un pronunciamento militar dirixido por Topete, Prim e Serrano, ao grito de "España con honra". Estes sublévanse contra a raíña o 19 de setembro. Nas cidades as xuntas revolucionarias asumen o poder. A revolución esténdese rapidamente. Cando as tropas isabelinas son derrotadas na batalla de Alcolea, o goberno dimite a Isabel II que abandona España marchando a Francia (29 de setembro de 1868).

A monarquía constitucional (1871 - 1873)

Amadeo I ocupou o trono de España dende xaneiro de 1871 até febreiro de 1873. Nestes anos tivo que enfrontarse a graves problemas dende a súa coroación. O primeiro destes graves problemas foi o asasinato de Joan Prim o 27 de decembro de 1870. A desaparición deste facilitou a desunión da coalición gobernamental de unionistas, demócratas e progresistas.

A inestabilidade entre os partidos políticos gobernantes, púxose de manifesto nas eleccións xerais e nos seis gobernos que houbo durante este curto período de tempo. Ademais, existía unha oposición ao réxime de Amadeo por parte dos carlistas, que se levantaron en armas no ano 1872 dando lugar á Terceira guerra carlista, os afonsinos, partidarios de que o fillo de Isabel II, Afonso (futuro Afonso XII), fora rei. Tamén os republicanos, protagonizaron sucesos armados en Andalucía e Cataluña, nas que se mesturaron reivindicacións como o repartimento das terras, e onde se manifestou a falta de apoio ao rei que tiña o nome de Macarronini I.

Con esta situación, Amadeo I deixa o seu cargo e proclámase a Primeira República Española (11 de febreiro de 1873).

A Primeira República Española (1873 - 1874)

República federal (1873)

A república española nace sen apoio político e social. Os partidos republicanos carecen de seguidores. As clases populares comezan a inclinarse polos movementos obreiros. Os poderes fácticos (Igrexa, exército, banqueiros etc.) eran contrarios á república

O primeiro presidente da república foi Estanislao Figueras e tras a vitoria republicana nas eleccións, a maioría federalista entregou o poder a Francesc Pi i Margall que puxo en marcha o proxecto da Constitución federal de 1873. Esta constitución establecía a separación entre Estado e Igrexa e un modelo de España a partir dunha federación de 15 (ou 17 con Cuba e Porto Rico). Os estados federais serían: Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón, Castela a Vella (Castela e León), Castela a Nova (Castela-A Mancha), Cataluña, Estremadura, Galicia, Murcia, Navarra, Valencia, Rexións Vascongadas (País Vasco). A estes estados engádenselle: Filipinas, Fernando Poo, Annobón (sito no golfo da Guinea) e Corisco.

España vivía unha situación de permanente conflitividade social e política. As tensións sociais manifestábanse en forma de folgas obreiras, ocupación das terras obreiras e o cantonalismo. Tamén había conflitos militares que obstaculizaban a convivencia: Insurrección de Cuba e a Terceira guerra carlista (1872).

  • O Cantonalismo coa saída do goberno de Pi i Margall, (substituído por Nicolás Salmerón) na presidencia da república deu un xiro conservador. Numerosas poboacións de Valencia, Murcia e Andalucía, declaráronse cantóns independentes. Moitos destes cantóns, declararon a guerra ao Estado central. Estas insurreccións foron reducidas con gran dureza polo goberno central.

Salmerón dimitiu cando se negou a firmar dúas condenas a morte ditadas para presos culpables de insurrección cantonal. Para suplir a dimisión de Salmerón, as Cortes escolleron a Castelar. Este suspendeu as garantías constitucionais e gobernou por decreto.

  • A guerra de Cuba (1868 -1878) Os cubanos pasaron das peticións de autonomía a pedir a independencia. Os cubanos co apoio dos Estados Unidos, non aceptaban o réxime político de España nesta illa.
  • Terceira guerra carlista (1872 - 1876). O pretendente ao trono, autodenominado como Carlos VII, neto de Carlos María Isidro (V na sucesión da liña carlista) devolveu os foros retirados por Filipe V aos antigos reinos forais. Carlos mobilizou un exército de 45.000 homes que lle permitiu formar goberno en Estella (Navarra). Esta guerra comezara meses antes da instauración da I República. A insurrección tivo éxito en Cataluña, Navarra e País Vasco e noutros puntos illados do resto de España. Pero o estado carlista necesitaba ocupar unha cidade importante para formar un estado sólido. A cidade elixida foi Bilbao, que foi rodeada polo exército. Pero esta cidade resistiu até a chegada das tropas afonsinas. A derrota dos carlistas produciuse en 1876, unha vez se restaurou a monarquía liberal de Afonso XII. As vitorias afonsinas prodúcense até tomar Estella o 16 de febreiro de 1876 polas tropas dirixidas polo xeneral Miguel Primo de Rivera y Sobremonte.

Carlos VII retírase a Francia e pon fin a guerra carlista. As consecuencias da derrota carlista centrouse na supresión do foros vascos, creando un movemento que nacería pouco despois, o Nacionalismo Vasco.

República Presidencialista, 3 de xaneiro - 29 de decembro de 1874

Os poderes de Castelar remataron en xaneiro de 1874. A maioría parlamentaria dirixida por Pi i Maragall, estaba disposta a substituír a Castelar e volver aos principios federais. Con todo, a burguesía confiou ao exército a imposición dun réxime de orde. O 3 de xaneiro, o xeneral Pavía, capitán xeral de Madrid deu un golpe de Estado. Ao mando dun grupo de Gardas Civís ocupou o Parlamento e disolveu as Cortes. O goberno quedou presidido polo xeneral Serrano.

O novo presidente comezou a restablecer a orde pública: suspendeu a Constitución de 1869, prohibiu a Internacional obreira, limitou o dereito de asociación, fechou lugares de reunión política e varias revistas de prensa republicana.

Canovas2
Antonio Cánovas del Castillo propulsor da Restauración Borbónica en España

Nesta situación, Antonio Cánovas del Castillo prepara a restauración borbónica. Este consegue a abdicación de Isabel II sobre o seu fillo Afonso, e da a coñecer o Manifesto de Sandhurst no que Afonso promete un réxime constitucional en España.

Restauración borbónica, 29 de decembro de 1874

Os acontecementos precipítanse. Un pronunciamento militar do xeneral Arsenio Martínez-Campos Antón en Sagunto proclama rei de España a Afonso XII o 29 de decembro de 1874.

Notas

  1. Bahamonde, A.; Toro, J. (1976). El Sexenio Democrático, 1868-1874. Historia de España 10. Historia 16. p. 52.
Amadeo I de España

Amadeo I de España, nado en Turín o 30 de maio de 1845 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1890, foi un nobre italiano, príncipe da casa de Savoia, con tratamento de Alteza Real, primeiro duque de Savoia, e chegou a ser rei de España desde 1871 ata 1873 a consecuencia de ser elixido como tal polas Cortes do Sexenio Democrático.

Constitución española de 1869

A Constitución Española de 1869 (oficialmente: Constitución da Nación Española ) foi a lei fundamental que rexiu no estado español dende a súa promulgación o 6 de xuño de 1869 até a abdicación de Amadeo I e a posterior proclamación da Primeira República Española, en 1873. Foi unha constitución moi avanzada para a súa época.

Eleccións xerais de España de 1869

As eleccións xerais de España de 1869 foron convocadas para o 15 de xaneiro de devandito ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras realizadas trala revolución de 1868, encabezada polos xenerais Juan Prim e Francisco Serrano Domínguez que supuxo a abdicación de Isabel II e o fin do goberno de Narváez, xefe do Partido Moderado. Realizáronse durante o Goberno Provisional de 1868-1871, primeiro período do Sexenio Democrático.

En total foron elixidos 352 deputados, separadamente dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. O xeneral Prim encabezou unha coalición monárquica formada polo Partido Progresista, a Unión Liberal e os demócratas "cimbrios", que gañou as eleccións. O sector republicano maioritario no Partido Demócrata, que o había refundado baixo o nome de Partido Republicano Democrático Federal, e que estaba encabezado por Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar, obtivo un bo resultado. Tamén se presentaron os carlistas, aínda que non obtiveron os resultados que esperaban.

Foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados o demócrata "cimbrio" Nicolás María Rivero, que foi substituído o 18 de xaneiro de 1870 polo progresista Manuel Ruiz Zorrilla.

O xefe de goberno foi o xeneral Prim ata que foi asasinado o 27 de decembro de 1870, tras conseguir a aprobación da Constitución de 1869 (214 votos contra 55) e a elección como rei de España de Amadeo de Savoia. O almirante Juan Bautista Topete e Serrano organizaron o goberno ata que se convocaron novas eleccións en marzo de 1871, que foron as primeiras do reinado de Amadeo I.

Francisco Serrano Domínguez

Francisco Serrano Domínguez, nado en Isla de León (Cádiz) o 17 de decembro de 1810 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1885, Duque de la Torre, foi un militar e político español. Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862), Presidente do Senado (1865-1866 e 1883-1884), Presidente do Consello de Ministros (1868-1868, (1871-1871) e (1872-1872), Rexente (1869-1870) e Presidente do Goberno de España (1874-1874).

Guerra dos Dez Anos

A Guerra dos Dez Anos, Guerra do 68 ou Guerra Grande (1868-1878), tamén coñecida en España como Guerra de Cuba, foi a primeira das tres guerras cubanas de independencia contra as forzas coloniais españolas. A guerra comezou co Grito de Yara, na noite do 9 ao 10 de outubro de 1868, na finca La Demajagua, en Manzanillo, que pertencía a Carlos Manuel de Céspedes.

Rematou dez anos máis tarde coa Paz de Zanjón ou Pacto de Zanjón, onde se estableceu a capitulación do Exército Independentista Cubano fronte ás tropas españolas. Este acordo non garantira ningún dos dous obxectivos fundamentais da guerra: a independencia de Cuba e a abolición da escravitude. Por dicha razón, grupos dispersos de patriotas cubanos continuaron loitando durante a maior parte do ano 1878 e intentarían reiniciar a loita durante a chamada Guerra Chiquita (1879-1880).

Joan Prim i Prats

Joan Prim i Prats, nado en Reus o 16 de decembro de 1814 e finado o 30 de decembro de 1870, foi Presidente do Consello de Ministros de España tras gañar as eleccións de 1869.

José Abascal y Carredano

José Abascal y Carredano, nado en Pontones o 1 de setembro de 1829, e finado en Madrid o 19 de febreiro de 1890, foi un político progresista español.

Juan Bautista Topete y Carballo

Juan Bautista Topete y Carballo, nado en San Andrés de Tuxtla, Estado de Veracruz, México, en 1821 e finado en Madrid en 1885, foi un mariño e político español.

Juan Zavala de la Puente

Juan Zavala de la Puente (ás veces Juan de Zavala; ou Juan Zabala). Conde de Paredes de Nava e Marqués de Sierra Bullones. (Lima, 1804 - Madrid, 1879). Militar e político español. Foi Presidente do Goberno de España.

Logo da declaración de independencia do Perú regresou á Península Ibérica, ingresando na carreira militar. Participou durante a Primeira Guerra Carlista no bando leal a Isabel II. Foi comisionado por Baldomero Espartero para preparar o Convenio de Oñati, que, posteriormente, asinarían o propio Duque de la Victoria e máis o xeneral carlista Rafael Maroto, pondo fin á guerra. Ao longo da guerra, Zavala ascendeu ata o grao de tenente xeneral.

Durante o reinado de Isabel II, foi un dos xenerais que participaron, con Leopoldo O'Donnell ao mando, na guerra de África, obtendo méritos que lle valeron o marquesado de Sierra Bullones. Foi ministro de Mariña nos gobernos da Unión Liberal. En 1874, no ano final do Sexenio Democrático, na República Unitaria, da que o xeneral Serrano era o home forte, nomeou D. Juan Zavala como Presidente do Consello de Ministros, actuando como tal desde o 26 de febreiro de 1874, á par que seguía a ostentar o Ministerio da Guerra. Zavala foi substituído nese mesmo ano, o 13 de maio, por Sagasta.

La Flaca

La Flaca: revista liberal e anticarlista, ou simplemente La Flaca, foi unha revista española de tipo satírico, de tendencia política republicana e federal, publicada en Barcelona durante o Sexenio Democrático, momento no que a recentemente estreada liberdade de prensa permitiu este tipo de publicacións.

De periodicidade semanal e, normalmente, de catro páxinas editouse en Barcelona, en lingua castelá, entre o 27 de marzo de 1869 e o 3 de marzo de 1876 e a súa difusión chegou a ser internacional ao se vender en Francia, Italia e Ultramar. Atribúeselle ser a introductora da litografía a cor, de xeito habitual, na prensa española que empregaba nas caricaturas satíricas sobre a situación política do momento o que provocou que, dado o seu ideario liberal e anticarlista, sufrira varias suspensións e para evitalas seguiu sendo editadas baixo diferentes cabeceiras como La Carcajada, La Risotada, La Risa, El Lío, La Madeja, La Madeja Política.

Foi considerada como a máis crítica e incisiva das revistas da súa época e entre os seus colaboradores destaca o seu principal caricaturista Tomás Padró i Pedret.

Partido Demócrata-Radical

O Partido Demócrata-Radical, máis coñecido como Partido Radical, foi unha formación política española do último terzo do século XIX. Xurdiu en 1871 como resultado da descomposición do Partido Progresista, logo do asasinato do seu líder, Juan Prim. Estivo activo sobre todo durante o Sexenio Democrático.

Pascual Madoz

Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806 e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.

Primeira República Española

A I República Española foi o período político que viviu España dende o 11 de febreiro de 1873 até o 29 de decembro de 1874.

Reinado de Isabel II de España

O reinado de Isabel II é o período da historia contemporánea de España comprendido entre a morte de Fernando VII en 1833 e o triunfo da Revolución de 1868, que obrigou á raíña a marchar ao exilio. O seu reinado está dividido en dúas grandes etapas: a minoría de idade (1833-1843) durante a que asumiron a rexencia, primeiro a súa nai María Cristina de Borbón e, despois, o xeneral Baldomero Espartero; e o reinado efectivo que comeza coa declaración polas Cortes en 1843 da maioría de idade da raíña adiantada aos trece anos. Ao longo do seu reinado produciuse a configuración do Estado liberal en España.

Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, a súa dona María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asumiu a rexencia co apoio dos liberais, en nome da súa filla e futura raíña, Isabel II. O conflito co seu cuñado, Carlos María Isidro de Borbón, que aspiraba ao trono en virtude dunha pretendida vixencia da Lei Sálica —xa derogada por Carlos IV e o propio Fernando VII— levaron ao país á Primeira Guerra Carlista.

Tras a breve rexencia de Espartero que sucedeu á rexencia de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Isabel II foi proclamada maior de idade con so trece anos por resolución das Cortes Xerais en 1843. Así comezou o reinado efectivo de Isabel II que soe dividirse en catro períodos: a década moderada (1844-1854); o Bienio Progresista (1854-1856); a etapa dos gobernos da Unión Liberal (1856-1863) e a crise final (1863-1868).

O reinado de Isabel II caracterizouse por un intento modernizador de España que se viu contido, porén, polas tensións internas dos liberais, a presión que seguiron exercendo os partidarios do absolutismo máis ou menos moderado, os gobernos totalmente influídos polo estamento militar e o fracaso final ante as dificultades económicas e a decadencia da Unión Liberal que levaron a España á experiencia do Sexenio Democrático. Tamén influíu moito no seu reinado a súa propia personalidade, sen dotes para o goberno e controlada en todo momento polas Cortes, especialmente pola súa propia nai, e tamén polos xenerais Narváez, Espartero e O'Donnell, o que impedíu que se consolidase o tránsito do Antigo Réxime ao Estado Liberal, polo que España chegou ao último terzo do século XIX en condicións desfavorables respecto a outras potencias europeas.

Revolución de 1868

A Revolución de 1868, tamén denominada La Gloriosa ou La septembrina, foi un levantamento revolucionario español que tivo lugar en setembro de 1868 e supuxo o destronamento da raíña Isabel II e o inicio do Sexenio Democrático.

Sada

Sada é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 15.156 habitantes (14.922 no 2012, 14.487 no 2009, 13.606 no 2007, 13.134 no 2006, 12.867 no 2005, 12.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sadés» e «sadense».

Unión Liberal (1858)

A Unión Liberal foi un partido político español fundado en 1858 por Leopoldo O'Donnell coa intención de aglutinar en torno ó mesmo ós moderados non absolutistas e ós progresistas menos exaltados nun intento de ocupar o centro político da época, durante o reinado de Sabela II de España.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.