Severino Pérez Vázquez

Severino Pérez Vázquez, nado no Concello de Cotobade en 1840 e finado en 1915, foi un músico experto en acústica,[1] inventor, xornalista e político galego.

Severino Pérez Vázquez
Nacemento1840
 Cotobade
Falecemento1915
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
IrmánsAvelina Pérez Vázquez

Traxectoria

Fillo de Manuel Pérez e irmán de Avelina Pérez Vázquez. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Marchou a Madrid onde se dedicou ao ensino e ao xornalismo na Gaceta de Madrid. Regresou a Pontevedra en 1891, onde foi redactor de La Unión Republicana, dirixiu La Unidad Democrática (1893) e La Redención del Obrero (1895) e colaborou en El Combate, que tamén chegou a dirixir durante un tempo, e La Unión Nacional. Promoveu a creación de asociacións agrarias como a Alianza agrícola de Poio (1898) que presidiu. Volveu marchar a Madrid en 1901. Colaborou en El Mundo de los Niños e El Grito del Pueblo. En 1912 participou na Asemblea do Partido Republicano Federal, do que foi vocal da Xunta Directiva de Madrid en 1914.

Inventor

Tecnefón
Gravado do Tecnefón, incluído na obra El Tecnefón: memoria presentada al Excmo. Ministro de Fomento en virtud de la Real Orden, memoria editada en Madrid en 1865 polo propio Severino Pérez Vázquez.

Creou o malvis, un piano harmónico, que presentou á Exposición Agrícola Industrial y Artística de Galicia de Santiago de Compostela de 1858. Inventou o tecnefón (1860), a única máquina falante deseñada en España, consistente nunha caixa de madeira de 130 cm de alto por 70 cm de ancho, similar a un piano de parede[2]. Tamén ideou outro instrumento musical, a vocalina, que presentou publicamente no Teatro de Pontevedra o 16 de agosto de 1899 e que posteriormente deu a coñecer en Madrid.

Notas

  1. Varela de Vega, Juan Bautista (2005). "Pérez Vázquez, Severino". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
  2. Pérez publicou en 1867 un libriño co título El Tecnefón. Memoria presentada al Excmo. Ministro de Fomento en virtud de Real Orden, que contén o único gravado que existe da máquina. En 1868 publicou o libro titulado El Tecnefón y los medios representativos de la palabra, que reproduce e amplía a Memoria.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Battaner Moro, Elena (2006). Universidad de Murcia, ed. Un caso de heterodoxia lingüística en la España del XIX: El tecnefón, una máquina parlante in Caminos actuales de la historiografía lingüística: Actas del V Congreso Internacional de la Sociedad Española de Historiografía Lingüística. Murcia, 7-11 noviembre de 2005. ISBN 84-8371-636-4.

Ligazóns externas

Avelina Pérez Vázquez

Avelina Pérez Vázquez, nada en Cerdedo-Cotobade e finada na Coruña o 15 de xuño de 1924, foi unha mestra e pedagoga galega.

El Combate (Pontevedra)

El Combate foi un periódico bisemanal que se publicou en Pontevedra entre 1899 e 1900.

La Redención del Obrero (Pontevedra)

La Redención del Obrero foi un semanario que se publicou en Pontevedra en 1895.

La Unidad Democrática

La Unidad Democrática foi un semanario que se publicou en Pontevedra en 1893.

La Unión Nacional

La Unión Nacional foi un xornal editado en Pontevedra entre 1900 e 1901.

La Unión Republicana

La Unión Republicana foi un periódico editado en Pontevedra entre 1892 e 1899.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.