Setecoros, Valga

San Salvador de Setecoros é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 766 habitantes (381 homes e 385 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 882 habitantes.

Coordenadas: 42°40′15″N 8°40′13″O / 42.6708909, -8.6702093

Setecoros
Igrexa de Setecoros
ConcelloValga
Poboación766 hab. (2014)
Entidades de poboación10

Patrimonio

A igrexa parroquial é neoclásica, do século XVI (rematada en 1701), pero conserva varios capiteis de mármore visigóticos, dos séculos IV e V. Algúns deles consérvanse no museo da Catedral de Santiago e no museo de Pontevedra.

Consta dunha nave rectangular e unha ábsida a menor nivel cá nave, con contrafortes no punto de unión. Os muros laterais son lisos, con dúas xanelas de arco apuntado por cada banda e unha porta lateral moldurada alintelada. A sancristía está acaroada ao sur.

A fachada está dividida por cartro pilastras rematadas nun frontón triangular con óculo central simulado. ten portada en arco de medio punto moldurada. A torre - campanario lateral ten dous corpos, e está rematada en cúpula.

No lugar do Pino hai un peto de ánimas.

Lugares e parroquias

Parroquias de Valga

Véxase tamén

Outros artigos

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Casal de Eirigo, Setecoros, Valga

Casal de Eirigo é un lugar da parroquia de Setecoros, no concello pontevedrés de Valga, na comarca de Caldas. Segundo o IGE, en 2014 tiña 191 habitantes (97 homes e 94 mulleres).

Casalderrique, Carracedo, Caldas de Reis

Casalderrique é un lugar da parroquia de Carracedo, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE, en 2014 tiña 131 habitantes (67 homes e 66 mulleres).

Guerra da Independencia española en Galicia

A guerra da Independencia española (1808-1814) foi un enfrontamento militar entre España e o Primeiro Imperio Francés, provocado pola pretensión de Napoleón de instalar no trono español ao seu irmán Xosé Bonaparte, tras as abdicacións de Baiona. Esta guerra, tamén coñecida como a francesada, solápase e confúndese coa que a historiografía anglosaxoa chama "guerra peninsular" (Peninsular War), iniciada en 1807 ao declararlle Francia e España a guerra a Portugal, tradicional aliado do Reino Unido. Tamén tivo un importante compoñente de guerra civil a nivel nacional entre afrancesados e patriotas.

O conflito desenvolveuse en plena crise do Antigo Réxime e sobre un complexo contexto de profundos cambios sociais e políticos impulsados polo xurdimento da identidade nacional española e a influencia no campo dos "patriotas" dalgúns dos ideais nacidos da Ilustración e a Revolución francesa, paradoxalmente difundidos pola elite dos "afrancesados".

O tratado de Fontainebleau de 27 de outubro de 1807 prevía, de cara a unha nova invasión hispanofrancesa de Portugal, o apoio loxístico necesario para o tránsito das tropas imperiais. Baixo o mando do xeneral Jean-Andoche Junot, as tropas francesas entraron en España o 18 de outubro de 1807, cruzando o seu territorio a toda marcha chegando á fronteira portuguesa o 20 de novembro. Porén, os plans de Napoleón ían máis alá, e as súas tropas, moi superiores en número ao acordado en Fontainebleau, foron tomando posicións en importantes cidades e prazas fortes co obxecto de derrocar a Casa de Borbón e suplantala pola súa propia dinastía, convencido de contar co apoio popular.

Pero o resentimento da poboación polas exixencias de mantemento das tropas estranxeiras, que deu lugar a numerosos incidentes e episodios de violencia, xunto coa grande inestabilidade política xurdida pola querela entre Carlos IV de España e o seu fillo e herdeiro Fernando VII, orquestrada polos franceses, que se iniciou co Proceso de El Escorial e culminou co Motín de Aranjuez e o ascenso ao poder de Fernando VII, precipitou os acontecementos que desembocaron nos primeiros levantamentos no norte de España e a xornada do 2 de maio de 1808 en Madrid. A difusión das noticias da brutal represión e das abdicacións de Baiona do 5 e 9 de maio, estendeu por toda España o chamamento, iniciado en Móstoles, a enfrontarse coas tropas imperiais e decidiu a guerra pola vía da presión popular, a pesar da actitude contraria da Xunta Suprema de Goberno, órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.

A gloria que lle foi negada ao pobo galego durante 200 anos recoñécese aquí con nomes, datas e lugares, dixo Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules de Ediciones, na presentación do libro Victorias de Galicia. La Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón do coronel Navas Ramírez-Cruzado. Rodríguez expresou o seu desexo de que ese libro sirva para cambiar o defecto máis grave dos galegos, que é a falta de autoestima, mencionando a famosa frase do duque de Wellington: españois, imitade aos inimitábeis galegos!.Pola súa parte para o autor, coronel de artillaría e durante sete anos director do Museo Militar da Coruña, foi Galicia enteira a que venceu ás forzas de Napoleón, non foi o exército español, ou o que quedaba del, nin o inglés que veu axudar e o que fixo foi estorbar, nin os guerrilleiros. Así mesmo, tamén desmitificou outros feitos famosos desta contenda, como o 2 de maio, que morreu o día 3 cos fusilamentos; o levantamento de Zaragoza ou a gran Bailén, que o que fixo foi despertar o furor de Napoleón. Segundo Navas, foi a dignidade atropelada do pobo galego a que se levanta e expulsa os franceses da súa terra en seis meses, nunha guerra que durou seis anos.

O Pino, Setecoros, Valga

O Pino é un lugar da parroquia de Setecoros, no concello pontevedrés de Valga, na comarca de Caldas.

Valga, Valga

San Miguel de Valga é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.079 habitantes (555 mulleres e 524 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.112 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.145 habitantes, sendo 563 homes e 582 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.