Seta

Unha seta ou frecha[1] é unha arma ou proxectil que consiste nunha barra fina rematada en punta, que ten unha peza feita xeralmente de plumas no outro extremo para manter a estabilidade e que se lanza mediante un arco ou unha bésta. Empregado dende a prehistoria, é común á maioría das culturas.

Unha seta consiste nunha hasta longa e fina, con sección circular, feita orixinalmente de madeira e agora tamén de aluminio, fibra de vidro ou de carbono. É afiada na punta ou armada cunha punta de frecha nunha extremidade, dispondo na outra dun engaste (nock) para fixación na corda do arco. Hai unha gran variedade dispoñíbel de tipos de puntas de seta, axeitándose ao uso que se dará á frecha: deportivo, caza ou militar. Achegado á extremidade posterior da seta colócanse superficies de estabilización que constitúen a plumaxe da frecha, a fin de axudaren na estabilización da traxectoria de voo. Xeralmente en número de tres, as plumas dispóñense ao redor da hasta formando un ángulo de 120º entre si. Nas frechas modernas as plumas fabrícanse en plástico e fíxanse cunha cola especial.

Os artesáns que fabrican setas son coñecidos como seteiros ou frecheiros, este último termo relacionado coa palabra francesa: flèche.

Fleche Cartailhac MHNT PRE 2009.0.232.2 simple
Punta de seta do Neolítico
E38 p36
Tipos de setas indíxenas.

Acción da frecha

Conforme a seta voa en dirección ao albo ou obxectivo, a súa hasta vaise entortando e flexionando dun lado para o outro, lembrando un peixe abanando fóra da auga, e caracterizando un fenómeno coñecido como paradoxo do arqueiro.

O equipamento, especie de estoxo, usado para carrexar as setas usadas polos arqueiros desde a máis remota antigüidade é chamado alxaba.

Derivacións do termo frecha

O termo frecha emprégase tamén para o símbolo gráfico utilizado universalmente para apuntar ou indicar dirección, sendo na súa forma máis sintética unha liña cun triángulo fixado nunha punta, e en formas máis complexas a representación dunha frecha de verdade. Pode ser utilizado para indicar unha posición no mapa, un ítem na pantalla dun computador (no caso dun cursor), ou nunha lista, por exemplo.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frecha.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adina (Rossini)

Adina, ovvero Il Califfo di Bagdad (en galego Adina, ou O Califa de Bagdad) é unha farsa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gherardo Bevilacqua Aldobrandini baseado no libreto de Felice Romani Il califo e la schiava. A ópera trata o tema popular do "secuestro no serrallo". A súa estrea non tivo lugar ata o 22 de xuño de 1826, no Teatro Nacional São Carlos de Lisboa.

Arnego, Rodeiro

Santiago de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 156 habitantes (79 mulleres e 77 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 246 habitantes.

Bésta

A bésta é unha arma antiga que se difunde en Europa no século X como evolución e perfeccionamento do primitivo arco e seta.

Casar

O topónimo galego Casar pode referirse a:

Casar, lugar da parroquia de Furco, no concello de Becerreá;

O Casar, lugar da parroquia de Ver, no concello de Bóveda;

O Casar, lugar da parroquia de Osmo, no concello de Cenlle;

O Casar, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle;

O Casar, lugar da parroquia de Cangues, no concello do Irixo;

O Casar, lugar da parroquia de Reádigos, no concello do Irixo;

O Casar, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Leiro;

O Casar, lugar da parroquia de Graíces, no concello da Peroxa;

O Casar, lugar da parroquia de Segán, no concello do Saviñao.

Casar de Cima, lugar da parroquia de Lobios, no concello de Sober;

Casar de María, lugar da parroquia de Vales, no concello de San Cristovo de Cea;

Casar de Monín, lugar da parroquia de Penarrubia, no concello de Baralla;

Casar de Seta, lugar da parroquia de Arnego, no concello de Rodeiro;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Esposende, no concello de Cenlle;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Covas, no concello de Montederramo;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Beariz, no concello de San Amaro;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Cristosende, no concello da Teixeira;

Casar do Nabo, lugar da parroquia de Abelenda, no concello de Avión.

Casar de Seta, Arnego, Rodeiro

Casar de Seta é un lugar da parroquia de Arnego, no concello pontevedrés de Rodeiro, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 25 habitantes (12 homes e 13 mulleres), o que supón unha diminución de 10 habitantes con respecto ao ano 2000.

Cogomelo de San Xurxo

Calocybe gambosa —sin. Tricholoma georgii L. 1753—, comunmente coñecido como cogomelo de San Xurxo é un fungo basidiomiceto da familia Lyophyllaceae. É un cogomelo comestible, moi apreciado nas rexións do País Vasco, Navarra e A Rioxa, onde aflora en marzo e se lle chama perretxiko ou seta de primavera. En Italia coñécese como prugnolo, onde é tamén un cogomelo moi popular.Medra en grupos formando sendas ou "perretxikales". Presenta un sombreiro carnoso de 4 a 15 cm de diámetro de cor branca ou crema e superficie lisa e mate. A marxe está moi enrolada de nova, abríndose máis tarde. As láminas son apretadas, estreitas e escotadas, de cor branca. O pé é robusto e da cor das láminas. A carne é compacta cun certo aroma fariñento. A esporada é branca.

Deania

Deania é un xénero de tiburóns da orde dos escualiformes (Squaliformes) e familia dos centrofóridos (Centrophoridae) caracterizados por presentaren longos fociños.

Comprende as 4 especies relacionadas a continuación.

Enerxía

En física, a enerxía é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador, altofalante, lámpada) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.

Calquera cousa que estea a traballar -por exemplo, a mover outro obxecto, a quece-lo ou a facelo atravesarse por unha corrente eléctrica - está a gastar enerxía (na verdade ocorre unha "transferencia", pois ningunha enerxía é perdida, e si transformada ou transferida a outro corpo). Polo tanto, calquera cousa que estea pronta a traballar posúe enerxía. En canto o traballo se realiza, ocorre unha transferencia de enerxía, parecendo que o suxeito está a perder enerxía. Na verdade, a enerxía está a ser transferida para outro obxecto, sobre o cal o traballo se realiza.

Así pois, o concepto de enerxía é un dos conceptos esenciais da física. Nacido no século XIX, pódese atopar en todas as disciplinas da Física (mecánica, termodinámica, electromagnetismo, mecánica cuántica etc.), así como noutras disciplinas, particularmente na química.

Frecha

Frecha pode referirse a:

Frecha ou seta, arma consistente nunha hasta fina rematada en punta e que se lanza mediante un arco ou unha bésta.

Frecha, signo ou figura en forma de seta, que indica unha dirección.

Frecha, o signo tipográfico auxiliar (→).

Frecha litoral, lingua de terra que se forma pola acumulación de area e grava, e que penetra no mar adoptando unha forma alongada e paralela á costa.

Frecha, remate alto ou aguzado dun edificio, dunha torre. Agulla.

Frecha, segmento rectilíneo que une o punto medio dun arco de circunferencia co punto medio da súa corda.

Grand Tour

Grand Tour foi o nome dado a unha viaxe tradicional pola Europa, feito polos ricos mozos aristócratas europeos no século XVII, dirixida a mellorar os seus coñecementos con saída e chegada nunha mesma cidade. Esta viaxe podería durar desde algúns meses a varios anos. O destino final era comunmente Italia, ou, aínda que máis raramente, Grecia. Esta práctica desenvolveuse desde aproximadamente 1600 ata a aparición do tráfico ferroviario en grande escala, nos anos de 1840, e adoitaba estar sempre asociado a un itinerario específico. A tradición aínda continuou despois de que as viaxes por tren e barco a vapor facilitaran os desprazamentos, e mozos americanos e doutros lugares do mundo tamén a realizaron. Mozos e ricos empezaron a realizar unha viaxe través de Europa, en busca de arte, cultura e das raíces da civilización occidental. Con fondos case ilimitados, conexións aristocráticas e meses (ou anos) dispoñíbeis, eles comissionavam pinturas, melloraban os seus dotes lingüísticos e se mesturaban coa nobreza local.

La scala di seta

La scala di seta (en galego A escada de seda) é unha farsa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Moisè de Venecia o 22 de maio de 1813.

Esta ópera é pouco representada, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 4 representacións no período 2005-2010.

Mourigás, Arnego, Rodeiro

Mourigás é un lugar da parroquia de Arnego, no concello pontevedrés de Rodeiro, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 33 habitantes (16 homes e 17 mulleres), o que supón unha diminución de 17 habitantes con respecto ao ano 2000.

Pilar Lorengar

Pilar Lorenza García Seta, coñecida como Pilar Lorengar, nada en Zaragoza o 16 de xaneiro de 1928 e finada en Berlín o 2 de xuño de 1996, foi unha soprano española que realizou gran parte da súa carreira en Berlín con repertorio de zarzuela, Mozart, Puccini, Verdi e Wagner.

Prefectura de Shiga

A Prefectura de Shiga (滋賀県, しがけん, Shiga-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na rexión de Kinki, na parte centro da illa de Honshu. A súa capital é Ootsu-shi. A prefectura cobre 4.017,36 km² de superficie e habítana 1.401.435 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Quioto, a prefectura de Fukui, a prefectura de Gifu e a prefectura de Mie. Antes da Revolución Meiji coñecíase como a provincia de Oumi (近江国).

Sigismondo

Sigismondo é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 26 de decembro de 1814, mais non tivo unha grande acollida. Trátase dunha farsa veneciana (ao igual que L'inganno felice, La scala di seta e Il signor Bruschino). Parte da música desta ópera foi empregada por Rossini para varias óperas posteriores: Elisabetta, regina d'Inghilterra, Il barbiere di Siviglia e Adina.

Sète

Sète (en occitano: Seta) é unha comuna do departamento de Hérault, na rexión de Occitania.

Tapadeira

A tapadeira ou ambroíño de río (Nymphaea alba, tamén chamada ninfea branca europea ou rosa de Venus) é unha planta acuática da familia das ninfáceas, que medra nos regueiros quedos e nos encoros das rexións temperadas de Europa, tolerando incluso augas poluídas. Florea entre xuño e setembro, sendo a recolla da flor polo verán e polo outono. Común nas augas quedas de toda Galiza.

Waikato Chiefs

Os Chiefs (tamén chamados Waikato Chiefs) son un equipo profesional de rugby da cidade de Hamilton (Nova Zelandia) que compite no torneo Super Rugby.

Zapata (homónimos)

Zapata pode referirse a:

unha arandela;

unha peza de goma do sistema de freado de vehículos, que entra en contacto coa roda;

unha zapata de cimentación de estruturas;

a zapata, unha especie de tiburón de pequeno tamaño (Galeus melastomus, da familia dos esciliorrínidos, orde dos carcarriniformes).

outras especies de tiburóns, pertencentes ao xénero Deania, que recordan vagamente á especie anterior, pero que son doutra familia (a dos centrofóridos) que pertence incluso a outra orde (a dos escualiformes), como

a zapata de bico ou zapata paxariño (Deania calcea),

a zapata lixa (D. histricosa),

a zapata seta (D. profundorum).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.