Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza, segundo o artigo 12.B.e da Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.[1]

Creado no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas. A súa base de traballo é moi extensa, debendo os seus compoñentes traballar con máis de 2000 leis e decretos, sendo a especialidade da Garda Civil que maior lexislación manexa.

Trátase da única policía xudicial verde de Europa, e o seu labor é recoñecido por moitas ONG.

Coat of Arms of the Guardia Civil's Nature Protection Service
Escudo.

Referencias históricas

Servicio de proteccion de la naturaleza 01
Motorista do SEPRONA.

Dende a creación do corpo, establecéronse as regras necesarias para a organización militar e os seus servizos como institución civil. Esas regras foron reunidas nun pequeno caderno, aprobado por Real Orde o 20 de decembro de 1845, cuxo título, "Cartilla do Garda Civil", foi redactado pola Inspección Xeral do Corpo, sendo a primeira referencia histórica nacional e internacional que se ten dunha policía en canto á protección e conservación do medio ambiente.

Cometidos

  • Colaborar coas autoridades e organismos correspondentes para planear e executar unha política eficaz nesta materia.
  • Fomentar condutas de respecto á natureza.
  • Comprobar o estado de conservación dos recursos hidráulicos (continentais e marítimos), xeolóxicos e forestais para impedir calquera tipo de contaminación, agresión ou aproveitamento abusivo.
  • Colaborar na prevención de incendios forestais.
  • Protexer o medio ambiente atmosférico, vixiando o seu grao de contaminación e nivel de radioactividade.
  • Realizar accións tendentes a favorecer o normal desenvolvemento de flora e fauna (continentais e marítimas), especialmente das especies protexidas.
  • Contribuír ó correcto aproveitamento dos recursos forestais, cinexéticos e piscícolas.
  • Facilitar o adecuado gozo do espazo natural, impedindo actividades que poidan degradalo.
  • Crear as bases de datos relativas ó Servizo.

Organización

Nissan Terrano II largo SEPRONA
Nissan Terrano II largo do SEPRONA

A Xefatura do Servizo de Protección á Natureza está composto de:

  • Mando: un xeneral da Garda Civil.[2]
  • Secretaría: Plana Maior.

As unidades operativas do Servizo de Protección da Natureza divídense en:

  • Patrullas: chamadas inicialmente patrullas motorizadas todo terreo, son as unidades básicas de vixilancia e protección dun territorio.
  • Equipos: Son unidades encargadas da detección, cuantificación e investigación das agresións graves ó medio.
  • Destacamentos: Son unidades creadas expresamente para a vixilancia e protección de espazos legalmente protexidos.

Estatística

Estatística extraída do Ministerio do Interior correspondente ó ano 2007:

INTERVENCIÓNS CLASE
4.029 Delitos
350 Faltas penais
138.706 Infraccións administrativas
23.626 Informes
474 Detidos
1.164 Imputados

Notas

  1. BOE do 14 de marzo de 1986 (en castelán).
  2. "Fundación-Biodiversidad.es" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 05 de decembro de 2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas

GREIM

Os Grupos de Rescate e Intervención en Montaña (orixinariamente Grupos Rurais Especiais de Intervención en Montaña, trátanse de Unidades especiais da Garda Civil herdeiras dos antigos Grupos de Esquiadores-Escaladores, creadas en 1981 para realizar os labores propios de devandito Corpo en lugares de difícil acceso, entendéndose por estes as zonas de montaña ou naqueloutras que, pola súa dificultade orográfica ou climatolóxica, requira dunha especial preparación física e técnica, así como do emprego de medios técnicos adecuados, como en cavidades subterráneas. As súas dúas misións principais son o rescate en montaña e espeleoloxía e os labores de Policía Xudicial no medio montañoso, con meteoroloxía adversa ou nas que sexa necesario o uso de medios técnicos.

A Dirección Xeral da Garda Civil, na súa normativa interna, asigna os seguintes labores ao Servizo de Montaña:

Prestar auxilio ás persoas accidentadas, perdidas ou illadas en zonas de montaña ou lugares de difícil acceso.

Velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación da natureza e medio ambiente en zonas de alta montaña.

Garantir a seguridade e o cumprimento da lexislación vixente en devanditas zonas de actuación.

Realizar servizos de vixilancia e de prevención e mantemento da orde pública en pistas de esquí, así como en competicións deportivas de montaña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.