Serra dos Ancares

A serra dos Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis occidental da provincia de León.

Reserva de la Biosfera de Os Ancares Valle del rio Ser
Vista do Val do río Ser no concello de Navia de Suarna.

Características

Constitúe o límite entre Galicia e Castela e León. Ten os cumes do monte Cuíña (ao norte) a 1978 m, O Mustallar a 1924 m e o Miravalles a 1969 m. Esta serra presenta fracturas nas súas fallas, formando pequenos vales polos que discorren os afluentes do río Navia.

Predominan lousas, calcarias, filitas, areíscas e cuarcitas. O clima que presenta é o oceánico de montaña. Os mamíferos que podemos encontrar son o lobo, o corzo e ocasionalmente o oso pardo. Entre as aves, destacan a aguia cobreira e a pita do monte, case extinta na parte galega da serra. En canto á vexetación xunta aos ríos atópanse salgueiros e abeneiros, tamén son frecuentes os castiñeiros, freixos e abeleiras, carballos e acivros por riba dos 1600 metros medra o mato, as uceiras nos solos máis pobres e os piornos nas zonas máis ricas[1].

Recentemente, no 2006, foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Serra dos Ancares.
Panorámica dos Ancares

Vista panorámica da serra dos Ancares

Ancares, degrada a Piornedo, Cervantes. Tres Bispos

Pico Tres Bispos

Rio Navia

Río Navia

Ancares lucenses (Lugo, Galicia, España) 01

Camiño de Piornedo ata O Mustallar.

Ancares lucenses (Lugo, Galicia, España) 02

Vista da serra.

Ancares lucenses (Lugo, Galicia, España) 03

Piornedo.

Ancares lucenses (Lugo, Galicia, España) 04

Vista do val.

Ancares lucenses (Lugo, Galicia, España) 06

Camiño a Tres Bispos.

Ancares lucenses (Lugo, Galicia, España) 08

Neve nos Ancares.

Ancares lucenses (Lugo, Galicia, España) 09

Vista xeral.

Bosque de castaños en Ancares

Castiñeiros cubertos de liques.

Notas

  1. González Arias, Alejandro, Guía e rutas dos Ancares, Vigo: Editorial Galaxia, 1995, pp 13-14

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Arias, Alejandro (1995). Guía e rutas dos Ancares. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-021-1.
  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Albergue do Club Ancares

O Albergue do Club Ancares é un refuxio de montaña situado na Serra dos Ancares, no concello de Cervantes. É propiedade do Club Ancares de Lugo.

As Nogais

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego .

Castelo de Vigo

O Castelo de Vigo é unha construción defensiva sita nos Montes Penedo de Vigo, entre as parroquias de Sabugueira (Santiago de Compostela) e Vigo (Boqueixón). O estado actual é de ruínas, pero aínda é apreciable unha elevación artificial no cumio do Alto do Castelo, a 498 m de altitude.

Dende esta posición domínanse o val da Ulla e o Pico Sacro, onde había outro castelo, e garda visuais con outros picos: Pico Xesteiras, Monte Xiabre, Outeiro da Meda, Monte Muralla, Iroite, Monte Pindo, Monte Pedroso, Monte Xalo, Serra dos Ancares e Monte Farelo. Na actualidade goza tamén dunha visión privilexiada sobre o aeroporto da Lavacolla.

Cervantes (homónimos)

O topónimo galego Cervantes pode referirse a:

Cervantes, concello da provincia de Lugo;

San Pedro de Cervantes, parroquia de dito concello;

San Román de Cervantes, parroquia de dito concello;

Castro de Santa María de Cervantes, na Serra dos Ancares.Amais, como apelido Cervantes pode referirse a:

Miguel de Cervantes, escritor castelán, referente da literatura española (1547-1616);

Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Conventus lucensis

O conventus lucensis ou convento lucense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Lucus Augusti (Lugo), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso dos ríos Verdugo e Sil polo sur -que marcaba a raia co Conventus bracarensis-, polo norte a propia liña costeira desde O Morrazo ata a desembocadura do río Navia (territorio actual de Asturias, polo leste a propia serra dos Ancares, pertencendo o Courel xa probablemente ao Conventus asturicensis.

Cuíña

Unha cuíña é unha pequena elevación do terreo, de pouca extensión. Como orónimo, Cuíña pode referirse a:

Cuíña, parroquia do concello de Lugo;

Cuíña, lugar de dita parroquia;

Cuíña, parroquia do concello de Ortigueira;

Cuíña, parroquia do concello de Oza-Cesuras;

Cuíña, parroquia do concello de Palas de Rei;

Cuíña, lugar de dita parroquia;

O Vilar da Cuíña, parroquia do concello da Fonsagrada;

A Ferraría da Cuíña, lugar de dita parroquia;

O Vilar da Cuíña, lugar de dita parroquia;

Cuíña, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Cambados;

Cuíña, lugar da parroquia de Quireza, no concello de Cerdedo-Cotobade;

Cuíña, lugar da parroquia de Cervo, no concello de Cervo;

Cuíña, lugar da parroquia de Anxeriz, no concello de Friol;

Cuíña, lugar da parroquia de Ourol, no concello de Guntín;

Cuíña, lugar da parroquia de Traba, no concello de Laxe;

Cuíña, lugar da parroquia de Saa, no concello de Lugo;

Cuíña, lugar da parroquia de San Fins de Eirón, no concello de Mazaricos;

Cuíña de Abaixo, lugar da parroquia de Grobas, no concello de Melide;

Cuíña de Arriba, lugar da parroquia de Grobas, no concello de Melide;

Cuíña, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Silleda;

Cuíña, lugar da parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa;

Cuíña, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro;

A Cuíña, lugar da parroquia de Mariz, no concello de Guitiriz;

A Cuíña, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez;

O monte Cuíña, na serra dos Ancares.Amais, como apelido pode referirse a:

Xosé Cuíña, político galego (1950-2007);

Rafael Cuíña, empresario e político galego, fillo do anterior (n. 1972).

Galería de imaxes da Serra dos Ancares

A Serra dos Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da Cordilleira Cantábrica.

Galería de imaxes de montes de Galicia

Galería de imaxes de montes de Galicia.

Montes de Galicia

Os montes de Galicia son uns dos lugares máis referenciais do noso país, dado que o relevo galego e moi accidentado e case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda, ou unha montaña emblemáticos. Na tradición oral de lendas e historias os montes galegos teñen grande importancia, así coma os ríos e os animais, o que demostra o respecto e admiración que os nosos antergos sentían pola natureza.

Cómpre ter presente que a cuarta parte do territorio galego, é dicir, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en mancomún, xestionada por 2800 comunidades de montes. Isto non só pon de relevo a importancia desta figura como sinal de identidade e cultura do país, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

O Mustallar

O Mustallar é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros. Serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo, situándose a súa altura máxima nesta última.

Palloza

Unha palloza é unha construción tradicional da serra dos Ancares de planta circular ou oval, aínda que tamén existen de planta rectangular ou de bocoi.

As súas medidas poden variar moito, dependendo das necesidades da familia, van dos dez os trinta metros de diámetro. O muro é de pedra con varias portas e fiestras ou con fachinelos sinxelos. Interiormente divídense nunha parte dedicada á vivenda e outra a corte dos animais. O teito é cónico (colmado), feito dunha escolma palla de centeo chamado colmo que illa termicamente a vivenda de condicións climáticas extremas coma a neve ou o excesivo calor estival. O colmo vai atado a unha unha estrutura desmontábel de vigas de madeira.

Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Serra do Galiñeiro

A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Tres Bispos

O Tres Bispos é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1795 metros. Atópase no concello de Cervantes.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.