Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]

Coordenadas: 43°28′53″N 7°37′50″O / 43.4815136, -7.6305164

Serra do Xistral
Amencer no Xistral.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2004
Superficie: 22.964 ha.
Lexislación: Decreto 37/2014
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: A Coruña e Lugo
Concellos: As Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, Xermade, Xove e Viveiro
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Xeografía e xeoloxía

Orografía

A Serra do Xistral ocupa 22 964 ha e a súa altura máxima son os 1046 m[2] do Cadramón.

Hidrografía

A Serra do Xistral deita as augas no Cantábrico (ríos Landro, Ouro e Masma), na Terra Chá (bacía do Miño) por Abadín, e no río Sor e no río Eume.

Clima

É a zona de frecuente néboa e ventos e menos horas de irradiación solar. As néboas que percorren as chairas elevadas da serra deixan abondosas precipitacións, e enchoupan e favorecen as súas extensas turbeiras e pasteiros.

Serra do Xistral, Montouto, Abadín

Rocha no Xistral, en Montouto, Abadín.

NacementoEumeLandro-100

Nacemento do río Landro no Xistral.

Flora e fauna

Flora

Lacerta vivipara
Lagarta das brañas no seu hábitat típico

Prosperan especies endémicas, como o buño, a Drossera intermedia e diversas especies de musgos de Sphagnum e uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas, como Erica mackaiana, Erica ciliaris e Erica tetralix, uceiras secas europeas e uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo (Ulex sp.).

Destaca a presenza de augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Litorelletalia uniflorae), lagoas eutróficas naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition, lagoas e estanques distróficos naturais, ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-batrachion, formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas de Europa continental), turbeiras de cobertor, depresións sobre substratos turbosos de Rhynchosporion, bosques aluviais de amieiros, freixos de río, Alno-padion, Alnion incanae e salgueiros, xunto con bosques de acivros.

Fauna

Salamandra salamandra gallaica1
Viseu, Portugal. A Salamandra salamandra gallaica é unha das subespecies da Píntega común que se atopan na Serra do Xistral

Entre a fauna destacan especies infrecuentes como dúas especies de bolboretas do xénero Erebia (para as que se describiron subespecies endémicas do Xistral), o neverón (Chyonomis nivalis) ou a lagarta das brañas (Zootoca vivipara, antes Lacerta vivipara), que ten nesta serra unha das poucas localidades de presenza en Galiza e que conforman o seu límite occidental de distribución mundial.

Posúe unha interesante herpetofauna, con poboacións de saramaganta (Chioglossa lusitanica), lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) ou lagarta da serra (Iberolacerta monticola), ademais da xa citada lagarta das brañas. Constitúe, así mesmo, unha fronteira natural entre dúas subespecies de sacabeiras, a Salamandra salamandra gallaica e a S.s.bernardezi, que podemos atopar na serra nas súas formas típicas e híbridas.

Entre as aves, vense especies propias de zonas abertas como a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus), as rapinas ou tartarañas (Circus ssp.) ou de zonas húmidas, como a arcea (Gallinago gallinago). Outras especies destacábeis son o picaouro (Carduelis spinus), o picanzo vermello (Lanius collurio), o picanzo real (Lanius excubitor) e a papuxa montesa (Sylvia undata). Atópanse tamén carnívoros como o lobo (Canis lupus), o gato bravo (Felis sylvestris), a xeneta (Genetta genetta), a donicela (Mustela nivalis) ou o furón (Mustela putorius).

Sendo unha zona pouco poboada, nos seus prados críanse cabalos e vacas ceibes.

Lexislación

A Serra do Xistral, coa ribeira alta do río Sor, é unha zona declarada como zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000. Forma parte ademais da Reserva da Biosfera "Terras do Miño".[1]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Castroviejo Bolivar, M. P. A., 1988. Fitoecología de los montes de Buio y sierra del Xistral (Lugo). Tese doutoral. Consellería de Agricultura, Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
  • Grupo de Estudios Paleoambientales. 1994. Valoración del patrimonio natural e histórico de las sierras septentrionales de Galicia. Grupo de Estudios Paleoambientales & Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Santiago de Compostela.
  • Izco Sevillano, J. y Ramil Rego, P. (coords.), 2001. Análisis y valoración de la sierra de O Xistral: un modelo de aplicación de la Directiva Hábitat en Galicia. Colección Técnica Medio Ambiente, Xunta de Galicia.
  • Martinez Cortizas, A. y García-Rodeja Gayoso, E. (coords.), 2001. Turberas de montaña de Galicia. Colección Técnica Medio Ambiente, Xunta de Galicia.
  • Pérez Alberti, A. y Martínez Cortizas, A. (coords), 1996. Avances en la reconstrucción paleoambiental de las áreas de montaña lucenses. Monografías G.E.P. nº 1. Dip. Prov. de Lugo.
  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Notas

  1. 1,0 1,1 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Serra do Xistral".
  2. Serra do Xistral en riasaltas.info (en castelán).
Galería de imaxes da comarca da Terra Chá

Galería de imaxes da comarca da Terra Chá.

A comarca da Terra Chá comprende os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

Galería de imaxes de montes de Galicia

Galería de imaxes de montes de Galicia.

LU-540

A estrada LU-540 (anteriormente denominada C-640) é unha estrada comarcal administrada pola Xunta de Galicia que discorre pola provincia de Lugo. Vai de norte a sur desde a vila de Viveiro, situada na franxa costeira da Mariña Occidental, até a localidade de Xermade, situada na comarca da Terra Chá.

Comeza o seu trazado no centro do núcleo urbano da cidade de Viveiro, que une coa estrada LU-862. A estrada continua en dirección sur, cara a Ourol, atravesando a Serra do Xistral no alto do porto da Gañidoira, para finalmente terminar na rotonda situada na parroquia de Cabreiros, nos arredores de Xermade, uníndose neste sitio á autoestrada autonómica.

Monte Guriscado

O monte Guriscasdo está situado nas serras setentrionais de Galiza, ao norte da serra de Carba e limitado ao leste polo curso do río Landro. Ten unha altura de 932 metros sobre o nivel do mar. Dende o cimo, as vistas son á serra do Xistral e mais ao val do Landro.

Montes de Buio

Os montes de Buio son unha prolongación en dirección nordeste da serra do Xistral. Están situados nos concellos de Viveiro e Xove. Teñen forma arredondada e están conformados por granito de dúas micas con algúns xistos.

Montes dos Cabaleiros

Os montes dos Cabaleiros pertencen ás serras setentrionais de Galiza e están localizados ao norte da serra do Xistral. Ao sur, limitan coa montes de Buio, entre os concellos de Cervo, Foz, O Valadouro e Burela.

Son montes de escasa altura que describen unha curva de orientación NE-SO.

O lugar de maior altura é o Monte Neda, con 798 metros sobre o nivel do mar.

Montouto, Abadín

Santa María de Montouto é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2004 tiña 119 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 79 habitantes, sendo 87 homes e 98 mulleres.

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Eume

O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m. O nacemento está localizado na parroquia de Montouto, no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m. O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo esteiro que en marea baixa forma unha illa coñecida como As Croas, de gran valor marisqueiro e ecolóxico. Finalmente desemboca na Ría de Ares, no Golfo Ártabro, entre os concellos coruñeses de Pontedeume e Cabanas dos que é a súa fronteira natural.

Río Landro

O río Landro ou Landrove é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na ría de Viveiro. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².

Río Masma

O río Masma é un río da provincia de Lugo. Pertence polo tanto á vertente cantábrica.

Nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro. Percorre os concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz. Despois de 46 km de percorrido desemboca na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira e á praia de Altar no mar Cantábrico.

A superficie da súa conca supera escasamente os 290 quilómetros cadrados.

Río Ouro

O río Ouro pertence á vertente cantábrica. Nace na serra do Xistral, na parroquia do Pereiro (Alfoz) a uns 700 ou 800 metros de altitude e desemboca en Fazouro (Foz). Ten un percorrido de 30 quilómetros e forma o límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro: O Valadouro e Alfoz.

Na súa parte alta está a fervenza do Escouridal. Nese tramo predominan os rápidos e augas claras con abundante troita común, de pequeno tamaño. A medida que chega ao val, o río ensánchase e as súas augas discorren máis lentas, dando lugar a meandros, largas táboas e pozas. Na súa parte baixa (parroquias de Santo Acisclo e Fazouro) pódese pescar o reo, especie que todos os anos remonta o río procedente da ría para desovar.

Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro .

Río Tronceda

O río Tronceda é o principal afluente do río Masma. Nace na Serra do Xistral e desemboca no Masma á altura da parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo.

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Serras setentrionais de Galicia

As serras setentrionais son de Galiza son un conxunto de montañas orientada de leste a oeste e que están delimitadas ao norte pola Mariña de Lugo e os terreos litorais do mar Cantábrico, e ao oeste conectan coa dorsal galega, especialmente coa serra da Faladoira.

Turbeira

Unha turbeira é un ecosistema húmido, un tipo de braña aceda na que se acumulou materia orgánica en forma de turba. Están composta principalmente por plantas higrófilas que ao medrar e sucedérense no tempo e no espazo acumulan gran cantidade de materia vexetal morta que non se pode descompoñer rapidamente polas baixas temperaturas, a baixa cantidade de osíxeno na auga e a pouca actividade biolóxica das bacterias e fungos descompoñedores. Coma consecuencia, ao longo do tempo fórmanse capas de turba nas que se distinguen restos de materia orgánica morta.

As turbeiras adoitan atoparse en concas lacustres xeralmente de orixe glaciar que actualmente están cheas de material vexetal máis ou menos descomposto e que coñecemos coma turba de auga doce.

Hai turbeiras nas zonas húmidas de todo o mundo. En Galicia abundan nas serras de todo o territorio, salientando as da Serra do Xistral. As turbeiras galegas chegan a acadar os 2 –3 m de grosor de turba.

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias
Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.