Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Monte do Faro desde San Cristovo
Monte Faro visto desde San Cristovo.
MonteFaro
Monólito con poema de Johan de Requeixo no monte Faro.

Características

Presenta unha dirección NL-SO e dominan as rochas graníticas moi fracturadas. Divídese morfoloxicamente en tres grandes bloques, o superior situado a 900 metros, o central a 800 metros e o inferior a 700 metros. O monte Faro, con 1187 metros é a máxima altura, outros cumes destacados son Piorno (1059 metros), Penas Grandes (1026 metros), Cabeza (968 metros), Pena de Francia (914 metros) e Cantelle (896 metros).

A serra do Faro presenta tres ecosistemas diferenciados, o principal é o constituído por monte baixo, predominando os toxos, fentos, carpazas, queirogas e xestas no que habitan os coellos, lebres, lobos, raposos e toupas alén de cotovías, lavercas, paspallás, pombas e ferreiros. Nas valgadas aparece o bosque caducifolio, composto por carballos, cerquiños, bidueiros e abruñeiros xunto con arandeiras, cabaciñas ou xabroneiras. Por último o monocultivo de piñeiros constitúe o terceiro ecosistema.

Véxase tamén

Bibliografía

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Dorsal galega

Dorsal galega é o nome que recibe unha cadea montañosa de 210 quilómetros de lonxitude que se estende de norte a sur por Galiza, concretamente de Estaca de Bares á fronteira que o río Miño delimita con Portugal.

Faro

Un faro é unha construción dotada dun foco de luz para axudar á navegación marítima. Como topónimo pode referirse a:

Faro, parroquia do concello de Viveiro;

Faro, lugar de dita parroquia;

O Faro, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros;

O Faro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira;

O Faro, lugar da parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira;

O Faro, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois;

O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón.

Serra do Faro, cadea montañosa que separa a comarca do Deza da de Chantada;

Faro de Avión, monte da serra do Suído;

Monte Faro, monte da serra do Courel;

Faro de Domaio, monte da serra de Domaio.

Monte Faro, monte da serra do Faro;En Portugal

Faro, cidade da rexión do Algarve;

Distrito de Faro, con capital en dita rexión;

Faro do Alentejo, freguesía do concello de Cuba;No Brasil

Faro, cidade do Pará;

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Monte da Zapateira

A Zapateira é un monte de 236 metros de altitude, no límite dos concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo.

Montes da Paradanta

Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza. Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Río Arnego

O río Arnego é un río da provincia de Pontevedra.

O río Arnego ten o seu nacemento a 800 metros de altitude, na Pena de Francia (Serra do Faro) ao unírense varios regatos. Logo de recibir os cursos de auga do Alemparte, Pedroso, Gurgueiro, Parada, Cadrón, Vilariño, e Brantega, desemboca no río Ulla en Brocos, á entrada do encoro de Portodemouros.

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Serra da Cova da Serpe

A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña, en Galiza. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Martiñá

A serra da Martiñá é unha pequena serra encadrada na dorsal galega, moi preto da serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Xeoloxicamente está conformada principalmente por granitos.

As importantes diferenzas de altitude favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caducifolios nas abas e turbeiras nos cumios.

O punto de maior altitude é o monte Martiñá (tamén coñecido como O Castro), con 1042 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Queixa

A serra da Queixa é unha serra localizada na parte central do macizo central ourensán. Nela atópanse os puntos máis altos deste: monte de Cabeza de Manzaneda con 1782 m, Cabeza Pequena de Manzaneda con 1777 m e mais Os Toleiros con 1734 m. Está conformada na parte occidental por pelitas e areíscas, e na oriental por granito de dúas micas.

Serra do Barbanza

.

A serra do Barbanza é unha pequena cordilleira montañosa situada na península do Barbanza, na provincia da Coruña. Atópase entre a ría de Muros e Noia e a de Arousa, no extremo occidental de Galicia. Acada cotas superiores aos 600 metros sobre o nivel do mar, a apenas 5 quilómetros do litoral. O punto de máxima altura é o monte Iroite, con 685 metros. Tamén pertence a esta serra o monte da Curota.

Serra do Faro de Avión

A serra do Faro de Avión é unha importante elevación ao sur da dorsal galega situada entre os concellos de Melón, Avión e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense, e os concellos de Covelo e A Cañiza na provincia de Pontevedra.

Serra do Galiñeiro

A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Serra do Hospital

A serra do Hospital é a formación montañosa máis salientable dos denominados montes da Fonsagrada. As súas máximas alturas son o Pico do Hospital e o alto de Lagoaseca, ámbolos dous de 1.108 metros.

Serra do Larouco

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Taboada

Taboada (do latín tabulatam, aplicado a un terreo chairo, de tabula, "táboa") é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. No 2017 contaba con 2.862 habitantes.

É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da serra do Faro e na beira occidental do encoro de Belesar sobre o río Miño.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.