Serra do Farelo

A serra do Farelo é unha serra galega que se localiza no límite dos concellos de Agolada e Antas de Ulla.

Coordenadas: 42°43′55″N 07°56′18″O / 42.73194, -7.93833

Características

As rochas compóñense principalmente de granitos e pigmatitas. Monte Farelo, con 956 metros, é o cume máis alto. Outras elevacións son o Farelo Pequeno (806 m), Pico Longo (764 m), Pena Picota (732 m) e Monte Queimado (602 m).

Na serra teñen a súa nacenza moitos regatos que desembocan no río Ulla directamente ou a través do río Arnego.

Véxase tamén

Bibliografía

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Agolada

Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é agoladés ou aqualatense.

Cordal de Montouto

O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.

Cordal de Neda

O cordal de Neda é unha serra miúda que forma parte das serras setentrionais de Galiza, situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no límite norte da comarca da Terra Chá. É de relevo achaiado e ten unha altitude máxima de 798 metros sobre o nivel do mar, concretamente no monte Neda.

Monte Farelo

O Monte Farelo é o cumio da Serra do Farelo, con 951 m de altura. A súa cara suroeste pertence ás parroquias de Ventosa e As Trabancas, no concello de Agolada, mentres que a cara do nordés pertence á parroquia de San Martiño de Amarante, no concello de Antas de Ulla.

Montes de Correchouso

Os montes de Correchouso son unha prologación da serra de San Mamede cara ao sueste. O principal monte aquí situado é o chamada Alto de Baroncello, con 1.406 metros sobre o nivel do mar.

Na vertente sur nacen varios afluentes do río Támega.

Montes do Testeiro

Os Montes do Testeiro constitúen unha serra galega localizada entre a Comarca do Deza e a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, de dirección NL-SO e superficie achairada debido á acción dos ríos Deza, Avia e Lérez, os seus cumes máis importantes son o Monte Uceiro (1003 metros) e a Pena Pixín (988 metros).

Pazo de Borraxeiros

O pazo de Borraxeiros é unha casa señorial galega localizada na parroquia de Borraxeiros (Agolada).

Está situado nun outeiro a carón da serra do Farelo, no límite entre as provincias de Pontevedra e Lugo.

Serra da Cadeira

A serra da Cadeira é unha serra pertencente ás serras orientais de Galiza que está localizada ao leste do río Masma, entre o val de Lourenzá e mais o va do río Eo.

O punto de maior altura é Cerrochán, con 776 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Lastra

A serra da Lastra é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación norte-sur e está localizada entre os concellos da Fonsagrada e de Baleira.

O punto de maior altitude é O Padornelo, con 958 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Pena Forcada

A serra da Pena Forcada é unha pequena cordilleira localizada ao norte da ría de Camariñas, entre Traba e o cabo Vilán. O punto de maior altura é a Torre da Moa con 241 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra de Vilamane

A serra de Vilamane é unhas das serras orientais de Galiza e ten orientación NO-SE. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Navia.

O monte máis alto é o monte Lago, con 1.046 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Burgo

A serra do Burgo é unha serra galega que discorre paralela á serra da Queixa, da que queda separada polo río Navea. Está ocupada por un parque eólico.

O cumio de maior altitude é O Serro, con 1.211 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Serra do Muradal

A serra do Muradal é unha das serras orientais de Galiza e está unida á serra do Hospital na súa parte norte. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas e ten dirección NE-SO.

O punto de maior altura é o Pico do Muradal, con 1.108 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Pando e Maseiras

A serra do Pando e Maseiras é un sistema montañoso dentro das serras setentrionais de Galiza que pode ser considerado como unha prolongación dos Ancares. Ten orientación NE-SO.

O punto de maior altitude é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Piornal

A serra do Piornal é unhas das serras orientais de Galiza, con orientación NO-SE. Limita ao norte co concello de Pedrafita do Cebreiro e ao nordeste con Navia de Suarna.

O monte máis alto é o monte Carballeda, con 1.392 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Portelo

A serra do Portelo é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación NO-SE e está localizada no concello de Becerreá.

O punto de maior altitude é o Portelo, con 938 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Pozo

A serra do Pozo é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación norte-sur e limita a norte co río Eo e polo leste cun dos seus afluentes. No sur do sistema nace o río Neira, afluente do río Miño.

O punto de maior altitude é o monte Panda, con 933 metros sobre o nivel do mar.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.