Serra do Eixe

A serra do Eixe[1][2][3][4][5][6] ou serra do Eixo[7] é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.

Pena trevinca
Vista de Pena Trevinca, o pico máis alto da serra.

Características

Nela atópanse as alturas máis elevadas de Galicia: Pena Trevinca con 2127 m, Pena Negra con 2121 m, e Pena Surbia con 2116 m de altitude. Separa as concas do río Xares e do río Sil. Dun extraordinario interese natural, nela está O Teixedal, espazo único en Europa e vales glaciares. A aldea de Xares é dun gran valor arquitectónico e etnográfico e padece un lamentable abandono. Parte da Serra está incluída como lugar de importancia comunitaria proposto para a Rede Natura 2000. Encóntrase moi danada por explotacións de lousa e ameazada pola construción de parques eólicos. Limita cun parque natural de Seabra da provincia de Zamora pero a Xunta de Galicia carece dun proxecto de creación dun parque similar no territorio galego. Porén os seus atractivos propiciaron investimentos en turismo rural e de natureza e a declaración da Veiga como municipio turístico de Galicia.

Notas

  1. Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. Sª do Eixe: páxina 48. Serra do Eixe: páxina 109 (C1-2).
  2. "Eixe, Serra do" en Gran Enciclopedia Galega en DVD.
  3. Mapa: Serras de Galicia en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1920.
  4. Mapa físico de Galicia. Xunta de Galicia e Faro de Vigo. Escala 1:350.000. Abril 2012. Aneto Publicaciones. GradualMap. D.L. B-11909-2011.
  5. "Serra do Eixe" no visor do SIXPAC.
  6. Pena Trevinca e serra do Eixe en Turgalicia: [1] [2] [3]
  7. Rúa, A en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1839.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Carballeda de Valdeorras

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedego ou valdeorrés.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Galería de imaxes de montes de Galicia

Galería de imaxes de montes de Galicia.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Monte da Zapateira

A Zapateira é un monte de 236 metros de altitude, no límite dos concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo.

Montes da Paradanta

Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza. Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

O Eixo

O topónimo galego O Eixo pode referirse a:

O Eixo, parroquia do concello de Santiago de Compostela;

O Eixo de Abaixo, lugar de dita parroquia;

O Eixo de Arriba, lugar de dita parroquia;

O Eixo, lugar da parroquia de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo;

O Eixo, lugar da parroquia de Cordido, no concello de Foz;

O Eixo, lugar da parroquia de Fazouro, no concello de Foz.

Serra do Eixe, parte do macizo de Pena Trevinca.

Pena Trevinca

Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o maior punto de altitude do territorio galego pois está a 2127 m de altitude.Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) e que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. O ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. O seu interese de conservación é por ser un ecosistema subalpino galego ben conservado. Ademais, a parte zamorana de Pena Trevinca está recoñecida dentro do Parque Natural do Lago de Seabra e o pico ao completo como parte do lugar de interese xeolóxico dentro do "Altiplano da Serra Segundeira", e que se estende por parte da Veiga e de Seabra.

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Queixa

A serra da Queixa é unha serra localizada na parte central do macizo central ourensán. Nela atópanse os puntos máis altos deste: monte de Cabeza de Manzaneda con 1782 m, Cabeza Pequena de Manzaneda con 1777 m e mais Os Toleiros con 1734 m. Está conformada na parte occidental por pelitas e areíscas, e na oriental por granito de dúas micas.

Serra do Barbanza

.

A serra do Barbanza é unha pequena cordilleira montañosa situada na península do Barbanza, na provincia da Coruña. Atópase entre a ría de Muros e Noia e a de Arousa, no extremo occidental de Galicia. Acada cotas superiores aos 600 metros sobre o nivel do mar, a apenas 5 quilómetros do litoral. O punto de máxima altura é o monte Iroite, con 685 metros. Tamén pertence a esta serra o monte da Curota.

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Serra do Galiñeiro

A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Serra do Hospital

A serra do Hospital é a formación montañosa máis salientable dos denominados montes da Fonsagrada. As súas máximas alturas son o Pico do Hospital e o alto de Lagoaseca, ámbolos dous de 1.108 metros.

Vilamartín de Valdeorras

Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 1.793 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.