Serra do Courel

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.

Plegamiento de Campodola Leixazós en la Sierra do Caurel
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na serra do Courel.

Topónimo

A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.[1]

Localización e características

Ten unha extensión de 21 020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor, e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación esparéxese de xeito disperso, formando numerosos núcleos de poboación.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país[2].

Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Serra do Courel.
O Courel. Galiza (Spain)
Serra do Courel, Galicia
Serra do Courel, Galiza
Ancares – Courel Pico Formigueiros02

Vista desde o monte Formigueiros

Ancares – Courel Casa de Piedra cerca de Moreda

Casa de pedra tradicional cerca de Moreda

Notas

  1. Artigo sobre O Courel no Portal das Palabras da RAG.
  2. Descobren no Courel os restos humanos máis antigos de Galicia, La Voz de Galicia, 12 de marzo de 2010.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vázquez Saavedra, Merces. Guía do Courel. 2003. ISBN 978-84-8288-634-3.
  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
A Campa, Vilamor, Folgoso do Courel

A Campa é un lugar da parroquia de Vilamor no concello lugués de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga. Está situado a 750 metros de altitude, na serra do Courel. Segundo o IGE, en 2013 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres).

A Veneira de Roques, Ferreiros, A Pobra do Brollón

A Veneira de Roques é unha aldea da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón.

A aldea sitúase a 969 m de altitude na cara leste do concello, en plena Serra do Courel. Contaba en 2007 con 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres).

Só podemos acceder á aldea por unha estrada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón.

O motivo do orixe da aldea son as súas minas, que se explotaron moito antigamente pero que agora están pechadas e poucas persoas saben que atravesan todo o pobo baixo terra. Actualmente estanse a explotar minas de pedra con fósiles para revestimentos e pisos

Hai unha pequena capela sen arranxar na honra a Santa María Madalena, patroa da aldea, na que se celebran misas ocasionalmente. As festas celébranse no mes de xullo e dende 2008 celébrase o mesmo día a Festa do Caldo.

Carballal, Vilamor, Folgoso do Courel

Carballal é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel. Está situada a 940 metros de altitude, na serra do Courel. En 2008 tiña unha poboación de 28 habitantes (14 homes e 14 mulleres).

Castro Portela, Vilamor, Folgoso do Courel

Castro Portela é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel. Está situada na serra do Courel, moi preto do río Lor. En 2008 tiña unha poboación de 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres).

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Courel

O topónimo galego Courel pode referirse a:

Serra do Courel, cordilleira montañosa no sueste da provincia de Lugo;

Folgoso do Courel, concello da provincia de Lugo;

Folgoso do Courel, parroquia de dito concello;

Folgoso do Courel, lugar de dita parroquia;

Seoane do Courel, parroquia de dito concello;

Seoane do Courel, lugar de dita parroquia;

Pedrafita do Courel, lugar da parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel;

Courel, lugar da parroquia de Sa, no concello do Páramo;

O Courel, lugar da parroquia da Órrea, no concello de Riotorto.

Faro

Un faro é unha construción dotada dun foco de luz para axudar á navegación marítima. Como topónimo pode referirse a:

Faro, parroquia do concello de Viveiro;

Faro, lugar de dita parroquia;

O Faro, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros;

O Faro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira;

O Faro, lugar da parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira;

O Faro, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois;

O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón.

Serra do Faro, cadea montañosa que separa a comarca do Deza da de Chantada;

Faro de Avión, monte da serra do Suído;

Monte Faro, monte da serra do Courel;

Faro de Domaio, monte da serra de Domaio.

Monte Faro, monte da serra do Faro;En Portugal

Faro, cidade da rexión do Algarve;

Distrito de Faro, con capital en dita rexión;

Faro do Alentejo, freguesía do concello de Cuba;No Brasil

Faro, cidade do Pará;

Forgas, Ferreiros, A Pobra do Brollón

Forgas é unha aldea situada na parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón.

A parte baixa da aldea está a 580 metros de altitude, pero unha pequena parte chega ós 600 m, Forgas de Arriba. Está situada na cara leste do concello, en plena Serra do Courel. Contaba en 2008 con 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres).

Está situada en medio da montaña, ao lado do río Forgas ou Saa. A Forgas accédese unicamente por unha estrada de montaña asfaltada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón, aínda que tamén sobe unha corredoira dende Ferreiros. A Forgas de Arriba accédese unicamente por un carreiro dende Forgas.

O patrón da aldea é o San Vitoiro, e celébranse as súas festas nunha capela situada a varios quilómetros da aldea.

Galería de imaxes da Serra do Courel

Galería de imaxes da Serra do Courel.

Galería de imaxes de montes de Galicia

Galería de imaxes de montes de Galicia.

Lugar de interese xeolóxico

Un lugar de interese xeolóxico (LIX) é unha zona xeolóxica única ou de interese científico ou divulgativo catalogada para a súa promoción e protección no estado español. Estes lugares xeolóxicos decláranse pola presenza de estruturas xeolóxicas, de formas do terreo e elementos do seu modelado, de tipos de solo, de rochas ou dunha composición mineral, de fósiles ou meteoritos presentes, entre outros, e que son de interese para entender as orixes e evolución das formación xeolóxicas, da vida e do planeta.A declaración destas zonas está amparada pola lei 42/2007 española e actualízase no catálogo de lugares de interese xeolóxico, que é un traballo de colaboración entre o estado, as comunidades autónomas e entidades científicas. En 2017 só Andalucía, Aragón, Cataluña, e Euskadi contaban con inventarios propios e oficiais. Nas demais comunidades é o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME) quen mantén o rexistro de lugares de interese xeolóxico actualizado, en colaboración con organismos científicos. O IXME cataloga estes lugares indicando se é un proxecto cartográfico propio, das autonomías ou para o proxecto internacional Geosites.O número de LIX en España en 2015 foi de 2787, entre os cales estaban 276 unidades declaradas como Global Geosites. Galicia conta con 62 LIX, dos cales 16 son geosites.

Montes de Galicia

Os montes de Galicia son uns dos lugares máis referenciais do noso país, dado que o relevo galego e moi accidentado e case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda, ou unha montaña emblemáticos. Na tradición oral de lendas e historias os montes galegos teñen grande importancia, así coma os ríos e os animais, o que demostra o respecto e admiración que os nosos antergos sentían pola natureza.

Cómpre ter presente que a cuarta parte do territorio galego, é dicir, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en mancomún, xestionada por 2800 comunidades de montes. Isto non só pon de relevo a importancia desta figura como sinal de identidade e cultura do país, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

Penadexo, Saa, A Pobra do Brollón

Penadexo é unha aldea da parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo. Contaba en 2008 cunha poboación de 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).

Está situada a 805 m de altitude na Serra do Courel, preto do regueiro da Travesa. Accédese desde un desvío da pista que une A Pousa co O Busto logo de pasar Lourente ou desde un desvío da estrada que une A Pousa coa Veneira, logo de pasar a Capela do San Vitoiro e o desvío a Teixeira.

Pradelas, Saa, A Pobra do Brollón

Pradelas é unha aldea pertencente á parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2008 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).A aldea está situada a 864 m de altitude, en plena serra do Courel. Accédese por unha estreita pista que sobe desde Penadexo.

Serra da Trapa

A Serra da Trapa é unha pequena aliñación montañosa da serra do Courel, que se estende en dirección NNL-SSO entre as parroquias de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón e Vilamor, en Folgoso do Courel.

O seu cumio de maior altura é o monte Legua ou Pena dos Catro Cabaleiros, que acada os 1.301 metros sobre o nivel do mar.

Teixeira, Saa, A Pobra do Brollón

Teixeira é unha aldea deshabitada, pertencente á parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo.

A aldea está situada en plena Serra do Courel, a 742 m de altitude, xunto ao rego da Devesa. Accédese desde unha pista asfaltada que comeza despois de pasar a Capela do San Vitoiro.

Val de Lemos

O Val de Lemos é unha comarca natural galega, unha extensa planicie situada ó sur da provincia de Lugo, en Galicia.

Ocupa a maior parte da comarca da Terra de Lemos e corresponde coa depresión tectónica do río Cabe e os seus afluentes, coincidindo cunha sucesión de superficies de aplanamento a distintos niveis e dominadas pola sensación de planitude, só alterada polos canóns dos ríos Cabe, Miño e Sil e polos contrafortes occidentais da veciña serra do Courel. É unha das comarcas naturais mellor delimitada pola depresión do sector central, enmarcada por unha serie de montañas circundantes.

Vilamor, Vilamor, Folgoso do Courel

Vilamor é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel. Está situada a 700 metros de altitude, na serra do Courel. En 2008 tiña unha poboación de 27 habitantes (15 homes e 12 mulleres). Nela atopamos a igrexa parroquial.

Vilar, Vilamor, Folgoso do Courel

Vilar é unha aldea da parroquia de Vilamor, no concello lugués de Folgoso do Courel. Está situada na serra do Courel. En 2008 tiña catro habitantes (tres homes e unha muller).

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.