Serra do Candán

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).[1]

Coordenadas: 42°35′12″N 8°14′43″O / 42.586691, -8.2453634

serra do Candán
Mosteiro de Aciveiro, en plena Serra do Candán.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2004
Superficie: 10699 ha.
Lexislación: Decreto 37/2014
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra e Ourense
Concellos: Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo
Ríos:
Picos Alto de San Bieito, O Coco, Seixiños Brancos, Chamor, Alto de San Sebastián
Direccións de interese:
Teléfonos:

Características

A maior parte das rochas da serra está constituídas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes húmidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e como consecuencia condénsanse a auga, que descarga como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe o aire fresco que vai quecendo ao perder altura.

Cumes

Os principais cumes son o Alto de San Bieito -tamén chamado monte de San Bento- (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluída na Rede Natura pola riqueza dos seus ecosistemas, que varían desde os bosques de galería e as fragas nas zonas de menos altitude e nas ribeiras dos ríos, ata o monte baixo de toxo, carqueixa, queiroga e xesta. Entre a fauna presente no Candán destacan especies en perigo de extinción como o bufo real e a aguia real, xunto con especies máis comúns como o azor, o miñato, a curuxa, o lobo, o gato bravo, a denosiña e o raposo.

Notas

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Serra do Careón".

Véxase tamén

Bibliografía

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Outros artigos

Alto de San Bieito

O alto de San Bieito é a denominación do cimo maior da Serra do Candán, con 1015 metros de altura, o cal o converte nun dos puntos referenciais da denominada Dorsal Galega, xunto co alto do Faro e o Faro de Avión. Fica dentro do lugar de importancia comunitaria proposto para a Rede Natura 2000 denominado Serra do Candán.

Cordal de Montouto

O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.

Cordal de Neda

O cordal de Neda é unha serra miúda que forma parte das serras setentrionais de Galiza, situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no límite norte da comarca da Terra Chá. É de relevo achaiado e ten unha altitude máxima de 798 metros sobre o nivel do mar, concretamente no monte Neda.

Galería de imaxes do río Lérez

O río Lérez nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km. Na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

Montes de Correchouso

Os montes de Correchouso son unha prologación da serra de San Mamede cara ao sueste. O principal monte aquí situado é o chamada Alto de Baroncello, con 1.406 metros sobre o nivel do mar.

Na vertente sur nacen varios afluentes do río Támega.

Montes do Testeiro

Os Montes do Testeiro constitúen unha serra galega localizada entre a Comarca do Deza e a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, de dirección NL-SO e superficie achairada debido á acción dos ríos Deza, Avia e Lérez, os seus cumes máis importantes son o Monte Uceiro (1003 metros) e a Pena Pixín (988 metros).

Parada, Silleda

San Tomé de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 200 habitantes (99 mulleres e 101 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

San Bieito

O nome de San Bieito pódese referir aos seguintes santos do cristianismo:

Bieito de Nursia, celebrado o 11 de xullo;

Benedito Abade, festexado o 11 de xaneiro;

Benedito Biscop, abade e confesor, conmemorado o 12 de xaneiro;

Bieito de Aniane, freire, festexado o 12 de febreiro;

Bieito Crispo, festexado o 11 de marzo;

Benedito Revelli, festexado o 12 de febreiro;

Bieito o Mouro, festexado o 4 de abril;

Bieito Xosé Labre, conmemorado o 16 de abril;

Bieito II, papa, festexado o 8 de maio;

Bieito Menni, festexado o 24 de abril;

Bieito Mártir, festexado o 13 de outubro.Como topónimo, San Bieito pode referirse a:

Alto de San Bieito, cimo maior da Serra do Candán, con 1.017 metros de altura.Dá nome aos seguintes templos ou celebracións relixiosas:

Igrexa de San Bieito de Fefiñáns, templo católico do s. XVII, na praza de Fefiñáns (Cambados);

Romaría de San Benitiño de Lérez, celebrada o 11 de xullo en Lérez (Pontevedra;

Romaría do San Bieito da Uceira, celebrada o luns de Pascua e os segundos domingos de xullo na ermida do San Bieito no monte da Uceira, preto do lugar de Cerredelo (Couso de Limia, Sandiás).

Serra da Lastra

A serra da Lastra é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación norte-sur e está localizada entre os concellos da Fonsagrada e de Baleira.

O punto de maior altitude é O Padornelo, con 958 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Pena Forcada

A serra da Pena Forcada é unha pequena cordilleira localizada ao norte da ría de Camariñas, entre Traba e o cabo Vilán. O punto de maior altura é a Torre da Moa con 241 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra de Vilamane

A serra de Vilamane é unhas das serras orientais de Galiza e ten orientación NO-SE. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Navia.

O monte máis alto é o monte Lago, con 1.046 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Burgo

A serra do Burgo é unha serra galega que discorre paralela á serra da Queixa, da que queda separada polo río Navea. Está ocupada por un parque eólico.

O cumio de maior altitude é O Serro, con 1.211 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Cando

A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.

Serra do Muradal

A serra do Muradal é unha das serras orientais de Galiza e está unida á serra do Hospital na súa parte norte. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas e ten dirección NE-SO.

O punto de maior altura é o Pico do Muradal, con 1.108 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Portelo

A serra do Portelo é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación NO-SE e está localizada no concello de Becerreá.

O punto de maior altitude é o Portelo, con 938 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Pozo

A serra do Pozo é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación norte-sur e limita a norte co río Eo e polo leste cun dos seus afluentes. No sur do sistema nace o río Neira, afluente do río Miño.

O punto de maior altitude é o monte Panda, con 933 metros sobre o nivel do mar.

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias
Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.