Serra de San Mamede

A serra de San Mamede forma xunto coa serra da Queixa, a serra do Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta montaña galega, o gran macizo ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo (ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte do Santo, a 1614 metros de altitude, onde se atopa unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha romaría na segunda semana do mes de agosto.

Vaca Galega
Vaca preto da Fonte do Santo, o punto máis alto da serra de San Mamede.
Serra de San Mamede
Serra de Mamede.

Características

Vexetación

Na cara leste a vexetación é propia dun clima continental de alta montaña, a chamada rexión eurosiberiana galega. Atopamos no noso camiño vexetación de monte baixo, queirugas, cerquiños, uces brancas, arandos, cancireixos e máis bosques de coníferas resultado da repoboación forestal. Por outra banda, dirixindo a nosa mirada cara o oeste, baixando pois ao val de Maceda, aparecen carballos, castiñeiros e bidueiros.

Reserva natural

Trátase dunha área protexida coa cualificación de Lugar de importancia comunitaria (LIC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural. Ata o ano 2004 mantívose unha reserva de cervos e corzos nun cercado da parte oeste que hoxe existe e non está a ser empregada. Preto deste cercado se atopa o centro de educación medio ambiental As Corcerizas.

A paraxe da cara oeste da serra é coñecida como O Coudillo, apelido da familia dona do lugar até a década de 1950. Por entón o Estado adquiriu os terreos co propósito de construír unha residencia de verán para Francisco Franco. Co proxecto cancelado déuselle á zona un uso forestal, como casa do garda forestal. Na década de 1980 comezou a sufrir un abandono paulatino, que concluíu en 2003 co abandono total das instalacións.

Serra estanque
Serra de San Mamede.

Fauna e outros

A serra de San Mamede está repartida entre as moitas parroquias de cada un dos catro concellos que a forman. Así, as aldeas presentes na serra empregan os seus montes comunais repartidos por todo o territorio como lugar de pasto para o gando, maioritariamente vacún, e como zonas produtoras de madeira.

Repartidos por toda a serra, aínda que soamente son doados de divisar no inverno, pódense atopar corzos, cervos, xabaríns e lobos, ademais de coellos e lebres, claros indicadores das rexións da Galiza interior. Tamén hai ampla variedade de aves, réptiles e anfibios. En canto as aves, cómpre destacar a existencia de máis de cen especies, entre as que temos a charrela (perdix perdix), somormullos, martiño peixeiro, lavandeiras e un bo número de aguias e falcóns.

Véxase tamén

Outros artigos

A Alberguería, Laza

Santa María da Alberguería é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 39 habitantes (14 homes e 25 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000. É limítrofe coa homónima A Alberguería, Vilar de Barrio.

O río Támega nace no monte Talariño, a 960 m de altura, nas estribacións da Serra de San Mamede, no lugar coñecido como Fonte do Támega. Trátase do principal río galego da cunca duriense e, contando o tramo portugués, do cuarto en lonxitude, tras o Miño, o Sil e o Navia. É na localidade trasmontana de Entre-os-Ríos onde cede as súas augas ao Douro.

Altos do Samión

Coñécese como Altos do Samión unha pequena serra galega con orientación NE-S localizada entre a serra de San Mamede e a serra do Fial das Corzas, no termo municipal de Chandrexa de Queixa. Nesta serra nacen varios afluentes do río Navea.

O cumio de maior altitude é o Penedo de Samión, con 1.348 metros sobre o nivel do mar.

Cordal de Neda

O cordal de Neda é unha serra miúda que forma parte das serras setentrionais de Galiza, situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no límite norte da comarca da Terra Chá. É de relevo achaiado e ten unha altitude máxima de 798 metros sobre o nivel do mar, concretamente no monte Neda.

Maceda

Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Allariz - Maceda e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 2.924 habitantes (3.262 en 2004, 3.307 en 2003).

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Montes de Correchouso

Os montes de Correchouso son unha prologación da serra de San Mamede cara ao sueste. O principal monte aquí situado é o chamada Alto de Baroncello, con 1.406 metros sobre o nivel do mar.

Na vertente sur nacen varios afluentes do río Támega.

Montes de Toledo

Os montes de Toledo son unha formación orográfica sita na Península Ibérica, que separan a conca do Texo da do Guadiana. Constitúen ademais a linde setentrional da Mancha. Algúns autores coidan que este cordal se prolonga en Portugal a través da serra de San Mamede.

Os montes de Toledo dan nome a unha comarca da provincia de Toledo e a outra da provincia de Cidade Real, que son confinantes.

Montes do Testeiro

Os Montes do Testeiro constitúen unha serra galega localizada entre a Comarca do Deza e a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, de dirección NL-SO e superficie achairada debido á acción dos ríos Deza, Avia e Lérez, os seus cumes máis importantes son o Monte Uceiro (1003 metros) e a Pena Pixín (988 metros).

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Río Arnoia

O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Río Mao, río Sil

O río Mao é un curso fluvial galego. Nace nos altos da serra de San Mamede, no concello ourensán de Montederramo, e desauga no río Sil, entre os concellos da Teixeira e Parada de Sil.

Santiso, Maceda

Santa María de Santiso é unha parroquia do concello de Maceda. No ano 2008 tiña 36 habitantes.

Serra da Cabeza de Meda

A serra da Cabeza de Meda é unha serra galega de cumes arredondeados considerada decote unha prolongación da serra de San Mamede. No seu alto ten vistas ao Canón do Sil e mais ás depresión de Maceda e Monforte.

O cumio de maior altitude é a homónima Cabeza de Meda, con 1.323 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Pena Forcada

A serra da Pena Forcada é unha pequena cordilleira localizada ao norte da ría de Camariñas, entre Traba e o cabo Vilán. O punto de maior altura é a Torre da Moa con 241 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra de Vilamane

A serra de Vilamane é unhas das serras orientais de Galiza e ten orientación NO-SE. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Navia.

O monte máis alto é o monte Lago, con 1.046 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Burgo

A serra do Burgo é unha serra galega que discorre paralela á serra da Queixa, da que queda separada polo río Navea. Está ocupada por un parque eólico.

O cumio de maior altitude é O Serro, con 1.211 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Larouco

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Portelo

A serra do Portelo é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación NO-SE e está localizada no concello de Becerreá.

O punto de maior altitude é o Portelo, con 938 metros sobre o nivel do mar.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.