Serra da Cova da Serpe

A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña, en Galiza. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.

Características

Trátase dun pequeno cordal montañoso duns 25 quilómetros de lonxitude, que se estende en dirección N-S. Forma parte do conxunto de serras, denominadas polos xeógrafos, en conxunto, a dorsal atlántica ou dorsal galega, que atravesa Galiza desde a Estaca de Bares - serra da Faladoira - ata a serra do Faro de Avión, nas lindes entre Ourense e Pontevedra, seguindo unha liña de dirección meridiana, de arredor de 200 km. A serra da Cova da Serpe separa aproximadamente os concellos de Curtis e Sobrado, na provincia da Coruña, dos de Guitiriz e Friol na de Lugo.

A serra serve para a cría de gando vacún e cabalar libre. Pola zona hai grandes plantacións de piñeiros. No cumio da serra hai varias antenas de telecomunicacións e un parque eólico.

Nome do Parque Eólico Concello Muíños Data Empresa Potencia
kW
P. E. Cova da Serpe Friol, Guitiriz 12 2009 Parque Eólico Cova da Serpe SL 24.000
P. E. Amplición Cova da Serpe Friol, Guitiriz 12 2012 Parque Eólico Cova da Serpe II SL 25.200

Véxase tamén

Bibliografía

  • Torres Luna, Mª Pilar de; Pazo Labrador, Alberto J.; Santos Solla, José Manuel, Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago. 1990 - ISBN 84-7191-592-8
  • Fernández de la Cigoña, Estanislao, As covas de Galicia. Guía práctica para visitar as arcas, grutas, furnas, palas, buratos, cavernas, bolas e covas galegas. Edic. Xerais. Vigo. 1995 - ISBN 84-7507-897-4
  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
A Cova da Serpe

O topónimo galego A Cova da Serpe pode referirse a:

A serra da Cova da Serpe, situada no límite entre as provincias da Coruña e Lugo.

O monte da Cova da Serpe, cumio máis alto da citada serra.

Hórreo tipo Vilalba

O hórreo tipo Vilalba é un tipo de hórreo galego que se pode atopar con pouca densidade nunha área bastante extensa da parte occidental da Terra Chá delimitada pola serra da Cova da Serpe, a serra da Loba, o río Eume e o río Miño. Comparte espazo con outras tipoloxías de hórreo.

Lugares de importancia comunitaria en Galicia

En Galicia existen 21 novas propostas de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 28 de ampliación de zonas especiais de conservación (ZEC) desde 2011. Esta proposta da Xunta de Galicia, e por solicitude da Comisión Europea, suporía aumentar a Rede Natura 2000 galega en 154.174 ha. e acadar, se se aprobase, un total de 528.609 ha. protexidas polos ZEC e ZEPAs.

Monte Campelo

O monte Campelo é un cumio da serra da Cova da Serpe, situado no concello de Sobrado, na provincia da Coruña. Con 811 m é un dos puntos máis altos da provincia.

No cumio atópase unha base de comunicacións do exército, a Base Militar de Campelo, no seu día moi importante (chegou a ter un destacamento de 50 persoas) hoxe en estado semi-abandonado.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Montes da Paradanta

Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza. Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Río Boedo, río Parga

O río Boedo é un afluente do río Parga, co que se une no mesmo municipio. Recolle as correntes dos seus diversos afluentes, que descenden do Cordal de Montouto e da serra da Cova da Serpe, na provincia de Lugo.

Río Parga

O río Parga é un curso fluvial da Terra Chá. Nos terreos cuaternarios de Begonte, preto da aldea de Insua, desemboca no río Ladra, á súa vez afluente do río Miño.

Atravesa as parroquias de Rocha, Roimil, Carlín, Bra e Seixón (Friol), Mariz, Santa Locaia, Santo Estevo e San Breixo de Parga e Roca (Guitiriz), e Baamonde, Bóveda e San Martiño de Pacios (Begonte).

O Parga posúe diversas fontes, que veñen de drenar a vertente nororiental da Serra da Cova da Serpe e do Cordal de Montouto, ademais de recoller as augas do Cordal de Ousá.

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Queixa

A serra da Queixa é unha serra localizada na parte central do macizo central ourensán. Nela atópanse os puntos máis altos deste: monte de Cabeza de Manzaneda con 1782 m, Cabeza Pequena de Manzaneda con 1777 m e mais Os Toleiros con 1734 m. Está conformada na parte occidental por pelitas e areíscas, e na oriental por granito de dúas micas.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra do Barbanza

.

A serra do Barbanza é unha pequena cordilleira montañosa situada na península do Barbanza, na provincia da Coruña. Atópase entre a ría de Muros e Noia e a de Arousa, no extremo occidental de Galicia. Acada cotas superiores aos 600 metros sobre o nivel do mar, a apenas 5 quilómetros do litoral. O punto de máxima altura é o monte Iroite, con 685 metros. Tamén pertence a esta serra o monte da Curota.

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Serra do Galiñeiro

A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Serra do Hospital

A serra do Hospital é a formación montañosa máis salientable dos denominados montes da Fonsagrada. As súas máximas alturas son o Pico do Hospital e o alto de Lagoaseca, ámbolos dous de 1.108 metros.

Serra do Larouco

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias
Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.