Sermos Galiza

Sermos Galiza é un xornal semanario de comunicación xeral e de ámbito galego, publicado en Santiago de Compostela e dirixido por María Obelleiro. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 17 de maio de 2012. As súas linguas de edición son o galego e o portugués. O deseño do seu sitio web corre a cargo da empresa compostelá Sacauntos Cooperativa Gráfica.[1]

En novembro de 2017, o xornal anunciou a saída dun diario impreso para 2019,[2][3] que levará o nome de Nós Diario.[4]

Sermos Galiza
Diario de intereses galegos
Sermos galiza
TipoInformación xeral
Formato de páxinaberlinés
Fundación17 de maio de 2012
DirectorMaría Obelleiro (directora do diario semanal escrito) Xosé Mexuto (director do diario dixital)
Linguagalego e portugués
LocalidadeSantiago de Compostela
ÁmbitoGalicia
Periodicidadesemanal
Prezo3,50€ (en papel) 1,99€ (en PDF)
SecciónsTema de primeira,

Opinión

Sociedade

Política

Internacional

Economía

Fóra de serie (sección ampla que se empeza a ler por detrás e ao revés que trata sobre a cultura)
ISSN2444-9326
Na rede
Web
Twitter @SermosGaliza
Facebook

Notas

  1. "Sermos Galiza: jornal digital e desenho de cabeçalho" (en portugués).
  2. "Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019". sermosgaliza.gal.
  3. "'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social". sermosgaliza.gal.
  4. "“Nós Diario”, o nome do xornal en papel que impulsa Sermos Galiza". Sermos Galiza. Consultado o 4 de maio de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A esmorga (filme de 2014)

A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde trascorre a noite de troula dos tres personaxes principais.

O 15 de novembro de 2014, A esmorga proxectouse na inauguración da XIX edición do Festival de Cine de Ourense e estreouse nos cines de toda Galicia o 21 de novembro do mesmo ano. Grazas ó éxito colleitado nos cines galegos, o filme estreouse en España (en galego con subtítulos e dobrada ó castelán) o 8 de maio de 2015.

Abrente-Esquerda Democrática Galega

Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.

Antón Lopo

Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor galego.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Erguer - Estudantes da Galiza

Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.

Ignacio Vilar

Xosé Ignacio Vilar Díaz, coñecido como Ignacio Vilar, nado en Petín en 1951, é un director galego de cinema.

Lara Rozados

Lara Rozados Lorenzo, nada en Poio o 22 de outubro de 1982, é unha xornalista e escritora galega.

Luísa Villalta

Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega.

María Obelleiro Hermida

María Obelleiro Hermida, nada en Arcade, Soutomaior, o 4 de abril de 1985, é unha xornalista galega. É a directora de Sermos Galiza.

Mercedes Queixas

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora e escritora galega.

Nemesio Barxa

Nemesio Barxa Álvarez, tamén escrito Nemésio Barxa, nado en Caldesiños (Viana do Bolo) o 16 de febreiro de 1935, é un xurista e político galego.

Pañcatantra

Pañcatantra (en sánscrito: पञ्चतन्त्र) é unha célebre colección de fábulas escrita no século III a.C. en prosa e verso en lingua sánscrita. Con fins didácticos, tivo unha grande difusión fóra da India.A edición de Edgerton (1924) está conformada por Cinco libros de sabedoría práctica.

Foi traducida á lingua galega por José Virgilio García Trabazo e editada por Rinoceronte Editora no ano 2017.

Pilar Pallarés

Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.

Premio Xerais

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras.

Que voltem para a casa

Que voltem para a casa é un movemento social organizado nunha plataforma que defende o retorno dos, por eles definidos como presos políticos galegos, en especial daqueles que se atopan cumprindo condenas por delitos de terrorismo. Dita organización ten como obxectivo o cesamento da aplicación da lexislación antiterrorista a este grupo de presos, rematando coa política de dispersión empregada habitualmente en condenas por delitos de terrorismo.A plataforma foi creada en 2013 após da lectura dun manifesto en Santiago de Compostela.

Santiago Lopo

Santiago González Lopo, coñecido como Santiago Lopo, nado en Vigo o 2 de marzo de 1974, é un escritor, profesor e tradutor galego.

Susana Sánchez Arins

Susana María Sánchez Arins, nada en Vilagarcía de Arousa o 11 de maio de 1974, é unha escritora galega.

Twitter

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007.​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos de outros usuarios – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores,​ followers e as veces tweeps​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países.​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Xesús Pisón

Xesús Emilio Pisón Villapol, nado en Ferreira do Valadouro, Lugo, en 1954, é un autor dramático galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.